Ghastas Pista?

Ergom
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Ergom':


Festival Independente de Os Peares
http://www.tempodelecerourense.com/concerto/A%20peroxa/festival%20independiente%20os%20peares%202011.dwt
(texto engadido o día 5/ / 8/ / 11 )


A Praia Fluvial de Os Peares acolle durante os días 5 e 6 de agosto a celebración do Festival Independente de Os Peares (FIP), unha iniciativa de carácter musical no que participarán agrupacións punteiras do panorama artístico actual. O programa de concertos é o seguinte:

Venres, 5 de agosto de 2011. 22.00 horas.
- Ergom.
- L´Akusticasesina
- Hora Meiga
- Amigas da Muiñeira.


Sábado, 6 de agosto de 2011. 23.00 horas.
- The Daltons
- A Velas Vir
- Mitocondrias
- Dementia

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



3ª Mostra das tradicións mariñeiras - A Guarda

(texto engadido o día 22/ / 7/ / 11 )


Venres 22



PRESENTACIÓN
Centro Cultural, 20:30h

Nesta terceira edición a temática escollida foi "O Mar das Mulleres" que resaltará a labor e esforzo das mulleres no mar ó longo dos anos e as rexacións. O acto contará ca charla "O traballo das mulleres no mar" a cargo de Marta Dacosta.
No trascurso do acto será proxectado o documental " O Mar de Mulleres" elaborado grazas a colaboración dos veciños ligados ó mar.


Tamén intervirán Dona Elena Herbello da GAC Ría de Vigo - A Guarda e Don José Manuel Domínguez Freitas, Alcalde da Guarda, que desvelará os pormenores da III edición da Mostra das Tradicións Mariñeiras que terá lugar o 30 e 31 de xullo no porto da Guarda.


Sábado 30 e Domingo 31



MÚSICA NA CARPA DO PORTO
Sábado ás 22h: Serán Mariñeiro. Participan grupos de música tradicional da Guarda e Baixo Miño
Domingo ás 21h: Actuación do grupo de mulleres caboverdianas BATUKO TABANKA de Burela.

EXPOSICIÓNS
Embarcacións tradicionais. Paseo Marítimo
Exposición Permanente no Museo do Mar. Museo Atalaia.
"O Patrimonio marítimo de Galicia", Carpa Porto
Fotografías antigas. Carpa Porto

OBRADOIROS
Obradoiros de cerámica, cestería, nós, cordoería, encascado.. abertos á participación do público. Nave Redeiras e Carpa Porto.

MERCADO MARIÑEIRO
Diversos stands na rúa do Porto

ACTIVIDADES LÚDICAS
Remo ergómetro, deportes náuticos. Varadeiro do Porto

TABERNA MARIÑEIRA
Taberna. Carpa do Porto.
Degustación percebes no cuberto de perceibeiras no Porto.
Degustación peixe espada no stand Orpagu na rúa do Porto.
Pratos típicos da cociña mariñeira nos restaurantes do Porto.
- Batuko Tabanka -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SerradeQueixa 2010
http://www.serradequeixa.com/serradequeixa010.html
(texto engadido o día 15/ / 7/ / 10 )


17 de Xullo...Ergom, Lamatumbá, Canteca de Macao e os Perktores...Entrada 5€ o dia do Festival...Acampada de balde...Acordaivos de traer cartos que non ai caixeiro...e tamen que o Festival faise case 3/4 partes co da barra con lo cual PEDIMOS que nn se faga botellon, que senon non se pode seguir crecendo..

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ergom: Xira de presentación de Fronkiria

(texto engadido o día 17/ / 3/ / 10 )



- Ergom -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IVª Xornadas de Agroecoloxí­a
http://www.amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-consumo/466-amigos-da-terra-a-esmorga-amarante-semente-e-verdegaia-organizan-as-ivo-xornadas-de-agroecoloxia#
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 10 )


As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense son unha mostra da consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.


 


Amigos da Terra, A Esmorga, Amarante, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexan cada vez máis visibles, para que cada vez teñan máis voz, proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.


 


Un ano máis, as Xornadas de Agroecoloxía ofrecen achegármonos, se cadra un pouco máis, ao mundo que todas/os desexamos: un mundo no que actuemos de forma activa contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles a calquera consideración de saúde pública, de benestar animal ou de respecto ao medio natural.


 


A Agroecoloxía é unha ferramenta cun enorme potencial transformador da sociedade na que vivimos, porque se asenta nas relacións de confianza entre o colectivo que produce e o que consome, substituíndo as relacións meramente comerciais entre elas/es, ademais de potenciar a/o pequena/o productor/a local. Impulsar este sector poñería freo á expasión das grandes superficies comerciais apoiadas na política do consumo insustentable.


 


Retomando o modelo de financiación das anteriores edicións das Xornadas, dende a organización optamos por traballar por un evento autoxestionado, que busca sustentarse nas diferentes actividades lúdicas que se organizan. Contamos, ademais, coa colaboración artística de destacadas figuras culturais galegas. Este compromiso de autoxestión constitúe unha aposta pola independencia e o fortalecemento das redes sociais como motor da cidadanía.


 


 


PROGRAMA:


IV XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE (do 20 de febreiro de 2010 ao 27 de febreiro de 2010)


 


· Sábado 20 de febreiro: Horticultura urbana. Fundamentos, técnicas e valores. Realizaremos un breve repaso a horticultura urbana, as súas orixes, as técnicas actuais e a pegada filosófico do movemento de horticultura urbana no mundo. Tamén presentaremos a recentemente formada Asociación Galega de Horticultura Urbana e os seus plans de futuro e farase un pequeno obradoiro práctico de sementeira e cultivo en entornos urbanos. Participan: Ramón Paz, da Asociación Galega de Horticultura urbana. Lugar: Aula de Natureza de Oira, de 11:30 a 14:00 horas.





· Agri – CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical de Uxía + Guadi Galego + Fred Martins, Coanhadeira e Ergom, que colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Teatro Principal, rúa da Paz 9, ás 20:00 horas. Prezo: 5€


 


· Luns 22 de febreiro: O reto da soberanía alimentaria. Un dos obxectivos do Centro de Investigación de Leboso é o da dignificación da profesión de agricultor a través dunha experiencia que o pon en valor, recoñece a súa aportación á sociedade e á conservación do medio natural. O Centro de Leboso traballa por e para os agricultores, recuperando, seleccionado e mellorando sementes, dándolles formación e facéndoos partícipes dunha estrutura económica novedosa. Participan: Enrique Banet, da Fundación Galicia Verde. Lugar: Ateneo de Ourense, Salón de Actos, Rúa Curros Enríquez 1, ás 20:00 horas


 


· Martes 23 de febreiro: Grupos de consumo responsable: a experiencia de Semente. Reunión informativa con persoas e colectivos da vila do Carballiño interesadas/os en montar un grupo de consumo local de produtos ecolóxicos. A través do camiño percorrido pola iniciativa ourensá "Semente", exploraremos diferentes maneiras de organizármonos na busca dunha forma máis responsable de cubrir as nosas necesidades alimentarias. Participan: Alice Alonso e Laura Seco, da Asociacion de Consumo responsable Semente. Lugar: Casa da Cultura do Carballiño, ás 20:15 horas


 


· Mércores 24 de febreiro: Mesa redonda do leite. A vaca sempre foi parte da cultura galega, mais a tradicional imaxe de vacas a pacer está pronta a desaparecer da nosa paisaxe. A produción intensiva, a carencia de industrias propias, a perda de mercados, a concorrencia con outras rexións resultante da política agraria da UE está levando á case total extinción dun sistema de vida, polo que para reverter esta situación, apostamos por producións tradicionais, ecolóxicas e locais. Participan: Xosé Manuel G. Santiso, coordenador do Séctor Lácteo do SLG; José Luis Carrera Valín, de Arqueixal, e Broder Fernández-Obanza, de Casa Grande de Xanceda. Lugar: Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9, ás 20:00 horas.




· Xoves 25 de febreiro: Proxección do documental Earthlings. Este documental ofrécenos unha visión global e en profundidade da nosa relación cos demais animais naqueles ámbitos nos que os utilizamos como mascotas, comida, entretemento, vestiario e investigacins científicas, cunha total falta de respecto aos animais. Lugar: Biblioteca Publica de Ourense, ás 20:30 horas.




· Venres 26 de Febreiro: Agroideoloxía. Díse do surtido de ideoloxías, dende o independentismo ate o anarquismo, que orbitan e propoñen liñas de actuación social en torno ao AgroEcoloxismo. Mesa redonda que centra o seu debate na defensa dun Agro Ético-Responsable, visto dende a óptica de todo o espectro ideolóxico galego. Participan: Analía Moares, de Amigos da Terra; experiencias de permacultura: Chozas; María Bagaria, de Sem um Cam; Izquierdo, do movemento libertario, e Alice Alonso, d'A Esmorga. Lugar: Centro Social Sem um Cam, Rúa do Vilar 9 ás 20:00 horas.


 


· Sábado 27 de Febreiro: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas/os nosas/os agricultoras/es locais. Participan: invitamos á participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: Parque Infantil do Polvorín (Barrio do Polvorín), de 11 a 14:00 horas.


 


 


“Agroexposición: Retratos da Sustentabilidade”


Vintenove fotografías de 15 estudantes de primeiro curso de Fotografía da escola “Antoino Failde” retratan o medio rural dende diversos puntos de vista, pero co fio condutor da agroecoloxía. A exposición “Retratos da Sustentabilidade” pretende achegar a realidade do mundo rural á sociedade dende distintos puntos de vista, amosando fórmulas de desenvolvemento e relación co “medio” diferentes. Lugar: CHOU-Hospital Provincial, na sala de Consultas Externas, dende o 23 de febreiro ao 12 de marzo.


- Ergom- Uxía- Guadi Galego- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xira "TRAGANDO ASFALTO" GUEZOS
http://www.blogs.ya.com/guezos/

POR FIN CHEGA

AQUÍ ESTÁ

A XIRA GALEGA DE GUEZOS VAINOS LEVAR POR TODOS OS RECUNCHOS DA XEOGRAFÍA GALAICA.E AINDA NON ESTÁ PECHADA E HAI SITIO PARA MÁIS.

AS DATAS QUE TEMOS DE MOMENTO SON:

8 NOV OURENSE - Cervexaria O Moucho Concerto acústico
dentro das xornadas de CAFES DA PALABRA organizado
polo colectivo A Esmorga

10 NOV SAN SADURNIÑO Sala DZINE co grupo ERGOM

8 DIC MELIDE Sala 600.

9 DIC VIGO Local Social A Revolta

12 XAN PONTEVEDRA A Casa do Coto.


20 XAN OURENSE cafe-teatro Xesteira

Noticia enviada por GUEZOS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::








Ergom



en Myspace







buscar mais información
sobre Ergom en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Ergom en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]