Resultados para:

Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk':


Grande Exito da Orquestra Folk de Galicia "SonDeSeu" en Helsinky

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 11 )


A Orquestra Folk de Galicia “SondeSeu” acadou con grande éxito o aplauso unánime do público congregado na sá SONORA do recentemente inaugurado Musiikkitalo de Helsinki, o novo Music Centre da cidade, no que o governo finés invertiu 180 millóns de Euros para a súa posta en marcha. O pasado dia 7 e co repertorio do seu último traballo discográfico “Barlovento” deu cumprida mostra das enormes posibilidades que ofrece este novo tipo de formación na escea folk europea. Sons evocados por instrumentos tradicionais, agrupados por seccións numerosas, consiguen conformar una orquestra cunha densidade tímbrica que a aproxima a una experiencia sinfónica, mais con toda a enerxía, proximidade e denominación de orixe que ubica o oído da audiencia nunha experiencia novidosa e engaiolante.

Do Piemonte italiano chegou a música da Orquestra Tradalp, conxugando con mestría a tradición e a mestura con elementos de xéneros diversos como o jazz. De Finlandia, a orquestra da Academia Sibelius, que facía a súa primeira presentación tras un ano de preparación, amosando una vez máis o porqué do respecto que existe en toda Europa cando alguén se refire a esta institución.

A guinda, unha suite de temas italianos, galegos e fineses interpretada polo centenar de músicos que forman as tres orquestras. Non é fácil describir con palabras a sorte de sonora festa pirotécnica que produciron estes 9 minutos de música. Un experimento levado a cabo por primeira vez que puxo en pé a todo o público asistente. Entre os asistentes, o persoeiros da vida cultural e politica finesa, o embaixador de Italia, Giorgio Visetti, o reitor da Sibelius Academy, Gustav Djupsjöbacka ou a célebre artista finesa María Kalaniemi.

O concerto levouse a cabo dentro do programa de actos de presentación en Helsinki da Rede Europea de Orquestras de Música Folk ENFO, liderada polo Concello de Vigo a través da E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) en colaboración coa Axencia Europea EACEA. A OFG SondeSeu contou coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

O proxecto ENFO terá a súa culminación na I ENFO Conference en Vigo, no mes de marzo de 2012. Ás orquestras que interviñeron en Helsinki engadiráse unha agrupación do Royal Conservatoire of Scotland, asociado nos últimos meses ao partenariado do programa.
- SonDeSeu- Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) en Helsinki

(texto engadido o día 4/ / 9/ / 11 )


Do dia 5 ao 9 de setembro, máis de 100 musicos e profesores da e-Trad, Sondeseu, Tradalp (Piemonte), Sibelius Academy (Helsinki) e Royal Conservatoire of Scotland celebran o segundo dos tres encontros previstos polo programa ENFO, liderado polo Concello de Vigo.


Masterclasses, obradoiros e concertos públicos asi como unha reunión de traballo compoñen as actividades do programa de eventos entre os que destaca un concerto conxunto das tres orquestras, Sondeseu, Tradalp e Sibelius FBB no recentemente inaugurado Music Center de Helsinki. O programa ENFO rematará en marzo de 2012 coa celebración da I Conferencia ENFO en Vigo.

ENFO é un proxecto enmarcado nas tarefas de preservación, estudio e desenvolvemento do patrimonio musical europeo de tradición oral e que pretende o establecemento dunha rede de colaboración permanente entre centros educativos, orquestras e outras agrupacións en torno ao cultivo da música folk e tradicional dende a contemporaneidade e a cultura urbana. ENFO apóyase no respeto ás diferentes tradicións musicais de cada comunidade europea, no firme convencimento de que a tradición oral pode ser un lugar de encontró e intercambio de experiencias entre os países que forman a Unión e o seu achegamento a outras culturas do mundo, facilitando a súa comprensión e axudando á convivencia de distintas visións dunha mesma linguaxe musical.

Os principais obxectivos son:
- A creación de orquestras de música folk contemporánea ligadas a institucións de diferentes niveles educativos que tengan departamentos o estén centradas en la pedagogía de la música tradicional.
- Consolidar unha infraestructura que asista aos diferentes socios en colaboracións e sinerxias para beneficiarse do coñecemento e a promoción da música folk contemporánea europea.
- A promoción da mobilidade transnacional dos músicos, alumnos e profesores promovendo os intercambios, a transferencia de coñecementos sobre as tradicións musicais e o seu tratamento moderno.
- A organización de eventos musicais e encontros destinados á promoción da diversidade musical ao longo de Europa.


- sondeseu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






buscar mais información
sobre Encontro da Rede Europea de Orquestras Folk en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]