Ghastas Pista?

Dios Ke Te Crew
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'Dios Ke Te Crew':


Ciclo DOCE: Garcí­a MC e Dj Mil Alto Asalto en A Coruña

(texto engadido o día 21/ / 9/ / 18 )


Sábado, 22 de setembro ás 22h na Sala Mardi Gras

Anticipada 8€ (Descontos dispoñibles para músicos e colectivos de Hip Hop en enradas@salamardigras.com ). Billeteira 10€
Entrada de menores consultar en: salamardigras.com

García Mc e Dj Mil, a volta ás orixes da Cultura Hip Hop cun Mc e un Dj man a man representando a vella escola. O referente internacional do rap en galego con 20 anos de rimas ás súas costas (Deus Ke te Crew) e o máximo expoñente do turtablism galego actualmente, unen forzas neste show único e irrepetible na Mardi Gras da Coruña para conquistar, como acostuman, a un público que non é exclusivamente amante do Hip Hop e está aberto ao mundo musical.

ALTO ASALTO toma pulo dende o máis fondo e lúgubre Hades compostelán. Berran contra as elites e tinxen de rimas escuras as cancións bélicas que loitan contra as inxustizas e contan as vidas de quenes non o tiveron nada doado. Así MouDaFaKa e Riajos GatoPersa, coas mesturas, rañadas e picadas de pratos de Mestre Pi e a produción de Mourone (Dios ke te Crew), creador das atmosferas musicais, que axudan a debuxar a alma do rap hiperdimensional e fan de nexo ca criatura social que queren amosar en “Soños e Quimeras”, xúntanse para obralo milagro.

Todos coñecen de primeira man as trampas do mundo laboral e da política que asolagan Galiza, saen da cova para cazar o espírito primixenio do rap e vomitalo coas súas voces, a de ultratumba de MouDaFaka e a aterciopelada de Riajos GatoPersa, e mostrarlle ao mundo que a música segue a ser o xeito máis directo de chegar ao subconsciente da xente para erguelo contra as infamias.

O novo disco, “Soños e quimeras” é, ademais da creación dun novo mito, a representación cultural dunha loita que traen do inferno para deleitar a quen busca cancións para saír dunha realidade anestesiada e verse inmersos nunha guerra dialéctica que dará que falar. Rap galego e en galego para levar a terriña, Galiza, e os seus conflitos, fóra dos límites e das fronteiras que só os necios parecen respectar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



García MC & Nación Quilombo en Ferrol

(texto engadido o día 27/ / 4/ / 18 )


GARCÍA MC & NACIÓN QUILOMBO Sala SUPER 8 Ferrol
VENRES 27 ABRIL 2018 22:30 H.

Froito de 20 anos como MC e sendo un dos referentes indiscutibles do rap galego, García MC (Ghamberros, Dios Ke Te Crew, Labregos do Tempo dos Sputniks) sorprende cun espectaculo innovador á fronte da Nación Quilombo, unha banda composta por 4 instrumentistas e un DJ onde se combinan os ritmos do mundo e da diversidade co hip hop e coa palabra como centro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Zenzar e Cuarta Xusta en A Coruña

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 18 )


Sábado 7 de abril ás 23:00h
Forum Celticum Av Acea de Ama 16 b Culleredo A Coruña.


Fórmase no outono de 1987 co nome de Mördor. Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988 no pub Non sei sendo un sexteto. Mantiveron esa formación ata o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis. Destes primeiros anos destaca unha gravación en Meirama de 1990, a única que teñen como sexteto, e onde están as súas primeiras cancións e algunhas versións de bandas como Ilegales ou Nacha Pop.

A finais de 1992 gravan a súa primeira maqueta, Contos e lendas de terra adentro, con cinco temas. En 1993 dúas das súas canción aparecen no disco recompilatorio Rock na Costa da Morte, xunto con outras cinco bandas. A mediados de 1993 mudan o nome para Zënzar, debido a motivos legais.

En 1995 aparece a súa segunda maqueta, Fascinados polo prohibido, oito cancións coas que definen máis o son que os fará coñecidos. Nesa época realizan concertos ao lado de bandas xa consolidadas no panorama do rock estatal, como Extremoduro, Platero y tú, Boikot, Manolo Kabezabolo ou Barón Rojo.

No ano 1997, a banda edita o seu primeiro álbum, Disparados ó futuro, con 12 temas gravados nos estudios Fussión de Vigo. Despois da saída do disco realizan unha xira de presentación do mesmo que os levará a facer concertos durante dous anos, entre elas as actuacións nas primeiras edicións dos festivais Alen Galicia na Illa de Arousa, e Santi Rock en Santiago de Compostela. Ese ano tamén aparecen dous temas seus nos recompilatorios Bambán Vol. II e Oito anos de sequestros.

Durante a xira incorpórase a Zënzar o guitarrista Mario Grela. Despois dunha etapa de menor actividade, na primavera do 2001 aparece o seu segundo álbum, baixo o título Todo vai ben, con 13 temas, todos eles en galego. Dous dos temas inclúen as colaboracións do gaiteiro dos Papaqueixos, Xan, e de Rómulo Sanjurjo, acordeonista dos Diplomáticos de Monte Alto. Após o lanzamento a banda embárcase nunha xira de presentación duns 40 concertos por Galicia. Rematada a xira no ano 2002, a banda entra no estudio Bonham da Coruña para gravar oito temas dun novo disco, Rockanrol, que saíu á vente en xuño dese ano.

Despois do lanzamento a banda entra nun período de menor actividade, pero fan o seu primeiro concerto en Madrid e dúas actuacións logo do afundimento do Prestige en Malpica de Bergantiños e Cerceda.

A finais do ano 2004 comezan a traballar no que sería o seu seguinte álbum, pero pouco despois o guitarrista M. Silveira abandona a banda.. No 2006 entran no estudio de Xabier Abreu en Nigrán para gravaren Sigue... e dálle. O disco, que inclúe un DVD, foi presentado o 30 de xuño dese ano na sala Nunca Máis de Ordes. Ese mesmo ano incorpórase Paco Cerdeira como segunda guitarra, despois de colaborar na gravación do álbum. "A Tribu" foi o seguinte traballo, no que colaboran voces coma a de María Xosé Silvar (Sés), Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Martin (Machina), Gende Beat ou Xurxo Souto. Tamén músicos convidados que pasan a acompañalos en algúns concertos de presentación deste traballo.

No 2011 editouse un DVD titulado Zënzar ao Vivo, coa actuación no Festival de rock de Cerceda do ano 2009, que conta con 15 temas nos que aparecen todas as colaboracións antes mencionadas. No 2012 editouse Vaise armar. Nese ano participaron en festivais como o Derrame Rock, Brincadeira ou Festigal.

En febreiro de 2013 publicouse o disco-homenaxe Vai polos padriños, con 19 temas re-interpretados por 18 grupos galegos como Ruxe Ruxe, Dios ke te crew, Machina, Os tres trebóns, Invivo, Som do Galpom, Raiba, K-Raxe ou A compañía do ruído.

TICKETS 7€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sokram en Tenerife

(texto engadido o día 17/ / 3/ / 17 )


Sábado 18 de marzo ás 22:30h
Café Quilombo.
Rúa Cantos Canarios 9 Plaza del Quinto Centenario.
La Orotava. Tenerife

- Dios Ke Te Crew -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sokram en Tenerife

(texto engadido o día 16/ / 3/ / 17 )


Venres 17 de marzo ás 23:00h
LONE STAR Tenerife.
avenida francisco la roche nº 11.
Santa Cruz de Tenerife.

- Dios Ke Te Crew -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SOKRAM & MOU (DIOS KE TE CREW) en Pontecesures

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 15 )


Sokram, MC e letrista de DIOS KE TE CREW estará presentando o seu novo disco en solitario, Chuvia Ácida, xunto a Mou, tamén MC de DIOS KE TE CREW. Será o vindeiro sábado 28 de novembro ás 00:00.
Como sempre entrada gratuita. O vas a perder?.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Derradeira Noite na Terra nas Festas do Apostolo (Compostela)

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 15 )


Xoves 30 de xullo na Praza da Quintana

A Derradeira Noite na Terra é un novo proxecto que están argallando entre SOKRAM e MOU ( Dios Ke Te Crew), os membros de MALANDRÓMEDA, o mestre da batería L.A.R. LEGIDO e o guitarrista SANTINO (Lady Chatarra); e que culminará cun show exclusivo e único que pechará toda unha noite de concertos na praza da Quintana en Santiago de Compostela.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Lingua en Carballo

(texto engadido o día 16/ / 5/ / 14 )


Festa da Lingua coa música festeira de OS TRES TREBÓNS (Xurxo Souto, Antón Díaz, Fran Amil...), o hip hop de GARCÍA Mc (do colectivo Dios ke te Crew), a lectura do manifesto da mocidade "Polo futuro da nosa lingua" (Cristina Fuentes, Andrea Loureiro e Sabela Lista) e a entrega do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores a José Casás.
VENRES 16 DE MAIO
21.00 h
PAZO DA CULTURA DE CARBALLO
ENTRADA LIBRE E DE BALDE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto de Garcia Mc na Sala A Reserva (Carballo)

(texto engadido o día 14/ / 12/ / 13 )


Sábado 14 de Decembro, ás 23h
Garcí­a Mc (Ghamberros, Dios Ke Te Crew, Labregos do Tempo dos Sputniks...) está a presentar o seu "Abaixo e De Pé" (Vir.) un traballo no que amosa amor e rabia, unha mirada rebelde e zapatista que conduce a través dos ciclos naturais: a expresión das loitas de abaixo, as apegadas á terra. Será este un concerto de ritmo e oralidade, no que camiñaremos por Ordes, o Bronx ou a Selva Lacandona, acompañado por DJ Mil, todo desde un posicionamento claro: Abaixo, e de pé.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIV FESTIVAL DE PARDIÑAS (GUITIRIZ)
http://www.xermolos.org/
(texto engadido o día 30/ / 7/ / 13 )


Este ano, 2013, celebrarase os días 2-3 e 4 de Agosto. Cada Festival ten a súa identidade, os seus apelidos, o seu futuro, e medra coa fidelidade a este feito fundacional. O Festival de Pardiñas, nace co alcume de "Feira e Festa da música e da Arte". Xa fan 34 anos, coma una fervenza viva e dinámica de todas as artes, multiplicándose en moitos espazos ateigados de creación: a Mostra de Artesanía, a de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional, aCasa das Artes, o Certame "Terra Cha" de literatura e debuxo infantil.



VENRES, día 2:

 Ás 18.00;
 Taller de batukada co Bloquinho de Xermolos.

 Ás 19,30:
Festival de videos musicais, presentados polos directores: "Soro da verdade" de Tonhito de Pol, "Terra" de Dakidarria, "A lus do mundo" alumn@s do Ies de Guitiriz, "Abaixo e de Pé" de Garcia MC,"Zinfonia" de Kamy

 As 21,00:
Batukada ata o Campo da Feira dos alumn@s do Taller e Bloquinho

As 21,30:
Teatro no Campo da Feira: Menciñeiros de Volta e Dálle coa música de Mini e Mero



SABADO, día 3:

Ás 12,30:
CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA polos bares de Guitiriz, os participantes e gañadores van ser agasallados con pezas conmemorativas de xermolos.
Pardiñas tamé é Gastronomia, porque a consideramos CULTURA NOSA, e este ano abrimos esta nova actividade. Os bares van ofrecer estes días unha nova tapa: "Bolo pardiñeiro", a base se aceite, xamón cocido, etc

Ás 16.00;
Apertura das exposicións de Pintura, Escultura, Fotografía, cerámica na CASA DAS ARTES DE PARDIÑAS. Son dúas salas nas que se mostra pintura e escultura de Marcos Lamas, Euloxio Penas, Lomarti, Valdi, Xan Amil, etc. Exposición monográfica das ferramentas antigas de carpintería.
 Mostra Extraordinaria de Fotografía sobre Díaz Castro no Festival de Pardiñas, a cargo de Xan Muras, na Casa das Artes.
Comezo da Mostra do XXXIV Certame de Debuxo Infantil, Son traballos de máis de 70 colexios que participaron neste certame. Os debuxos son expostos aquí, pero as poesías e os contos premiados poden lerse na Revista que presentamos neste día
Apertura da XXXIV Mostra de Artesanía, son cesteiros, teceláns, alfareiros, etc. Que mostran a súa obra en máis de 60 postos, en dous espazos, cunha especial referencia á artesanía da Terra Cha. Algúns deles traballan cara o público.

Äs 17.00;
Apertura da XX Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, son dúas xornadas nas que se estudia o universo da música tradicional por artesáns, investigadores, intérpretes, etc.
Pregón da Mostra de Artesáns a cargo dun músico representativo da nosa terra.
Entrega dos premios dos Cantos de Taberna
Entrega dos premios do XXXIV maratón de Guitiriz
Obradoiro de Regueifas
Obradoiro da danza tradicional

Ás 19.00;
Primeiro concertó de música tradicional no palco deste espazo.
O longo da tarde, noite tamén actúan grupos espontáneos, pois varios dos artesáns son tamén intérpretes dos seus instrumentos, este é un dos eixes do Fetival. Organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, nun recinto cuberto de postos, onde hai una mostra do seu traballo; gaitas, percusión, zanfona, guitarras, etc.
Dende esta hora e nos dous días do Festival, hai sesión didácticas sobre temas musicais, así; seminarios e obradoiros sobre danza tradicional, xoguetes sonoros, afinación de palletas, etc.


Dende ás 21.00 – 04.00;
Primeiro Festival de música, no esceario principal cos grupos :

Bloquinho de Xermolos (21:00) GALIZA
COANHADEIRA (22:00) GALIZA
HARMONICA CREAMS (00:00) XAPÓN
TARA (02:00) CATALUNYA
DIOS KE TE CREW (03:00) GALIZA




DOMINGO, día 4:

Ás 11.00:
Apertura da Feira de Libros de Xermolos, Como estamos nuunha feira e festa da música e da arte, tamén estivo presente a literatura, mesmo as letras vivas coa presencia de escritores como Bernardino Graña, Neira Vilas, Paco Martín, David Otero, Marica Campo, etc. Neste día presentamos o nº 57 da Revista Xermolos.
Neste día asinarán libros que van presentarse neste momento coma "Reticencias" de Xosé lois García, "Peito ó descuberto". Poesía de Fiz Vergara, de Yago Rodriguez, Guieiro Avelino Pousa Antelo. Etc.
Apertura das Exposicións XXXIV Mostra de Artesanía, de artes plásticas, cerámica, fotografía na Casa das Artes

Dende ás 11.30-13.30:
Escenario libre para músicos espontáneos na Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.

Äs 12.00:
Obradoiros, seminario de baile tradicional.
HOMENAXE A XOSE SEIVANE, 1º Pregoeiro da mostra de Artesanía, de fal 20 anos, coa presentación do Guieiro nª 14, no que participan máis de 100 músicos, escritores, artesáns, gaiteiros, etc

Ás 13.30:
Concerto da Coral De Xermolos na Igrexa de Santo Domingo.
Merendas en todo o recinto do Festival amenizadas polo Fanfarria TAKIKARDIA.

Dende ás 16.00-21.00:
Concertos no esceario libre de músicos espontáneos

As 16:30:
Actuación de PETER PUNK para nenos e nenas

As 17:00:
Obradoiro de baile tradicional
Taller de percusión brasileña

Äs 18.00:
Pregón do escritor, XOSE VAZQUEZ PINTOR

Ás 18.30:
Entrega polos escritores e creadores de lotes de libros como premios do XXXIV Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo Infantil. Neste momento presentanse os libros deste Festival: Tedempo e Lusofonía de Xose Lois García, Poesía de Fiz Vergara de Yago Rodriguez, Guieiro Avelino Pousa Antelo, Patriarca do Festival de Pardiñas.

A Real Academia Galega elixiu a Díaz Castro, o autor do Dia das Letras Galegas. Unha das notas biograficas da súa relación co noso país, pois viviu gran parte en Madrid, foi a súa asistencia ó Festival de Pardiñas, coma un festivaleiro máis. No pregón imos proclamar ós catro ventos o Ano de Díaz Castro, coa actuación do rapeiro David Gómez e os alumnos do Ies de Guitiriz que van cantar varios poemas de Díaz Castro, gravados no viedo "A lus do mundo", e os cantautores Mini e Mero van cantar "Penelope" de Díaz Castro

 Ás 19.00:
Concerto de música tradicional dentro da XX Mostra de Artesáns.

Dende ás 20.00 – 22.00:
Escenario libre de músicos espontáneos.



Dende ás 22.00 – 03.00:
Segundo Festival de música, no esceario principal, con grupos :

OS MINHOTOS (20:00) GALIZA
SUSANA SEIVANE (22:00) GALIZA
SKARALLAOS (00:00) GALICIA
MR, FISHMAN AKA DR. THINK & MIKE ROLLING (01:30)

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Castelo Rock - 2 e 3 de agosto en Muros
http://www.castelorock.com
(texto engadido o día 15/ / 7/ / 13 )


Castelo Rock é a festa do rocanrol que se celebra na praia do Castelo de Muros, unha das vilas máis fermosas de Galicia. Polo que calquera que se achegue ata aquí poderá gozar dunha fin de semana inesquecible de música, praia e gastronomía.

A revolución musical que supuxo o Castelo Rock fixo de Muros un lugar referente no mapa musical galego. Nel mestúranse bandas locais, galegas e estatais, ademais, promove unha filosofía que permite que diversas bandas locais poidan compartir escenario coas mellores bandas galegas e estatais tales como Ruxe Ruxe, Dios ke te Crew, LaMatumba, Barricada, Ilegales, Gatillazo, Boikot ou Siniestro Total.



VENRES, 2 DE AGOSTO

ACTIVIDADES DE RÚA (gratuítas)
20.00 h | MANICÓMICOS | Teatro de rúa | Curro da Praza


CONCERTOS (de pagamento) NO RECINTO DA PRAIA DO CASTELO
Apertura de portas | 20.15 h
KOLISIÓN FRONTAL | 21.15 h
BANDA FURA FURA | 22.30 h
REINCIDENTES | 00.00 h
ZËNZAR | 01.45 h
THE SKARNIVALS | 03.30 h
CROMA | 05.00 h



SÁBADO, 3 DE AGOSTO

ACTIVIDADES DE RÚA (gratuítas)
17.00 h | GRAN XOGO CASTELO ROCK | Animación para cativos/as | Curro da Praza
20.00 h | MÁSTER CLASS DE ZUMBA | Praia do Castelo
20.00 h | BTK! PERCU-LUME | Centro histórico


CONCERTOS (de pagamento) NO RECINTO DA PRAIA DO CASTELO
Apertura de portas | 21.15 h|
TRAPOS SUCIOS | 22.30 h
LENDAKARIS MUERTOS | 00.00 h
O’FUNK’ILLO | 01.45 h
CHOTOKOEU | 03.30 h
HADRI H | 05.00 h


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pardiñas 2013 - Adianto da programación

(texto engadido o día 29/ / 6/ / 13 )


SABADO, 3 DE AGOSTO

BLOQUINHO DE XERMOLOS GALIZA
COANHADEIRA (22:00) GALIZA
HARMONICA CREAMS (00:00) XAPÓN
TARA (02:00) CATALUNYA
DIOS KE TE CREW (04:00) GALIZA

DOMINGO, 4 DE AGOSTO

TAQUIKARDIA (13:00)
PETER PUNK (16:30)
OS MINHOTOS (20:00) GALIZA
SUSANA SEIVANE (22:00) GALIZA
SKARALLAOS (00:00) GALIZA
MR. FISHMAN a.k.a DR. THINK (01:30) GALIZA
- Pardiñas- Coanhadeira- Dios Ke Te Crew- Os Minhotos- Susana Seivane -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



DIOS KE TE CREW - Datas da Xira DOS DEZ
http://www.diosketecrew.com/novas/2013/02/18/datas-xira-dos-dez
(texto engadido o día 22/ / 2/ / 13 )


22 febreiro GASTEIZ Gora Taberna

23 Febreiro BILBO Café Antzokia

2 Marzo MADRID Jimmy Jazz

8 Marzo SEVILLA Sala Fanatic

9 Marzo CÁDIZ Imagina Club

15 Marzo XIXÓN Monkey Club

22 Marzo SABADELL La Sala

29 Marzo ZARAGOZA Sala Explosive

30 Marzo HUESCA Serjos Musical (Monzón)

25 Maio COMPOSTELA Capitol (Décimo Aniversario)

- Dios Ke Te Crew -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Aberto o prazo de votación de Girando Por Salas ate o 5 de Outubro (as 12.00)
http://www.girandoporsalas.com/noticias/324-manual-de-votacion/
(texto engadido o día 1/ / 10/ / 12 )


Actualización
Dios Ke Te Crew, Faltriqueira e Novidades Carminha entre os grupos seleccionados


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Festival da Poesia volta ao Condado com a denuncia do sistema económico como eixo
http://scdcondado.org/festival.htm
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )


A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado pechou o programa da XXVI ediçom do seu Festival da Poesia, que tem como eixo vertebrador o lema ‘Capitalismo é um feito, revoluçom um direito’. Exposiçons, projecçons, recitais e outras actividades vam estar relacionadas com essa legenda, com a que, por parte da SCD, se quer denunciar a farsa da crise e a inhumanidade do sistema económico.

O Festival da Poesia começa na tardinha sexta-feira, 31 de agosto, com a apertura de exposiçons e a projecçom de audiovisuais. Às dez e meia começa a Noite nas Minas com a actuaçom de Sés. Esta convocatória é a única com aforo limitado, já que se celebra dentro das Covas de Dona Urraca. As entradas podem-se reservar no endereço de correio electrónico scdcondado@scdcondado.org. Depois do concerto haverá repichoca no campo da festa.

No sábado, 1 de setembro, as actividades começam de manhá com um passa-ruas com Nos Chamam, o Aberto de Bilharda da Poesia, e a feira de artesanato e associaçons. Também de manhá, na Casa do Conde, haverá umha mesa redonda com repressentantes sindicais para debater sobre o assunto que centra esta ediçom do Festival.

Na tarde do sábado os pequenos e pequanas som protagonistas com a Festa Infantil (desde as cinco na zona das muralhas). Às sete e meia projectaram-se as curtas premiadas no Festival de Cans. O Festival Poético-Musical começa às nove. Apresentado por Clara Gayo e Íria Pinheiro, nel vam dar mostra do seu trabalho poético Daniel Salgado, Xiana Arias, Roi Vidal, Eduardo Estévez, Ramiro Vidal, Susana Sánchez Aríns, Gonzalo Hermo, Silvia Penas e Claudio Rodríguez Fer. As súas leituras mesturaram-se com as actuaçons de O Sonoro Maxín, Cuchufellos, Sacha na Horta e Dios Que Te Krew.

Como cada ano, a SCD edita umha compilaçom de textos dos e das poetas participantes que se poderá adquirir nos dias do Festival. Ademais, disponibiliza todo tipo de serviços para o público, como campismo, duchas, etc., de balde.

Nos vindeiros dias iram-se confirmando algúns detalhes. Polo momento, a SCD do Condado agradece a difusom desta informaçom.

Para mais informaçom podem contactar com o endereço de correio electrónico scdcondado@scdcondado.org ou com os telefones 699268032 (Irene), 690034632 (Manolo) ou 671200160 (Lara).


Sexta-feira 31 de agosto

19.30
Apertura de exposiçons: Humor Gráfico
COVAS DE DONA URRACA / CASA DO CONDE

20.15
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Umha pola Outra

22.30
Noite nas minas
COVAS DE DONA URRACA
Concerto de SÉS
Ao remate: repichoca ao ar livre e festa!

- Entrada 10 €
- Reservas: info@scdcondado.org ou 646 95 95 87



Sábado 1 de setembro

11.30
Passa-ruas
Grupo 'Nos Chaman'

11.30
Campionato de bilharda
Feira popular: colectivos e artesanato
ZONA DAS MURALHAS

- Reserva de postos: postosfestivaldapoesia@gmail.com

13.00
Mesa redonda
CASA DO CONDE

17.00
Festa Infantil
- Obradoiros de jogos tradicionais galegos
ZONA DAS MURALHAS

19.30
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans

21.00
FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
ZONA DAS MURALHAS

- Apresentam: Clara Gayo e Iria Pinheiro

POETAS
- Daniel Salgado
- Xiana Arias
- Roi Vidal
- Eduardo Estévez
- Ramiro Vidal
- Susana Sánchez Aríns
- Gonzalo Hermo
- Silvia Penas
- Claudio Rodríguez Fer

GRUPOS
- Cuchufellos
- O Sonoro Maxín
- Sacha na Horta
- Dios Ke Te Crew
- Festival de Poesía do Condado- Cuchufellos- O Sonoro Maxín- Sacha na Horta- Dios Ke Te Crew -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Revenidas 2012

(texto engadido o día 5/ / 7/ / 12 )


20 e 21 de Xullo en Vilaxoán de Arousa
- Revenidas- Guezos- Dios Ke Te Crew- Os Cempés- O Sonoro Maxín- Terbutailna -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas do Barrio de San Pedro (Compostela)
http://fbsp.info/programa/programa-das-festas-2012/
(texto engadido o día 26/ / 6/ / 12 )


Programa do 2012
27, 28, 29, 30 de Xuño e 1 de Xullo de 2012


MÉRCORES 27

22.00h MÚSICA. (Praza da Angustia)

Talabarte

23.00h CONTACONTOS. (Adro da Igrexa da Angustia)

María da Pontragha





XOVES 28



20.00h. VIDEO-FORO (Na Xuntanza, Rúa Fraguas)

A crise da débeda

22.30h. FOLIADA. (Praza 8 de marzo)

Maghúa
Os Modernos
Ardentía





VENRES 29

19.00h. ENCONTRO DE CORAIS. (Museo do Pobo Galego)

Coral «A Xuntanza»
Duo Mara
Coral José Saramago

19.00h. PASARRÚAS E CONCERTO. (Praza de Home Santo)

Banda de Lousame

19.00h. PASARRÚAS E CABEZUDOS. Tabernícolas
20.30h. DANZA. (Na Praciña de San Pedro)

Mostra do Centro Starben
«Un disfraz equivocado» Cía. Cisma

22:00 NOITE DO LASTRO. (Praza 8 de Marzo)

Presenta: Leo i Arremecághona!
Sacha na horta
Dios Ke Te Crew
Terbutalina





SÁBADO 30



10:00h. PERFORMANCE. «Alborada de Pedra».Diana musical a cargo de Mónica de Nut.
11.00h. FEIRA. (Rúa de San Pedro)
11.00h. ALMORZO NA RÚA. (Praciña de San Pedro)
11.00h. PASARRÚAS. Un de cada.
12:00h. RECITAL POÉTICO E MUSICAL. (Na Praciña de San Pedro)

A Rebelión da Décima Musa V

12.30h. LÍNGUA DE SIGNOS. (Na Praciña de San Pedro)
13.30h SESIÓN VERMOUTH. (No Torreiro)

Orquesta Atlanta.

14.15h. PASARRÚAS. A Magnifique Band dos Homes Sen Medo. (Do Torreiro á Praza 8 de Marzo)
17.00h. A RÚA EN DANZA: Espacio Aberto. Clase de Tango. (Na Praciña de San Pedro)
17.00h. CIRCO DE RÚA. «Velocíclopes» Fantoches Baj. (Na Praza 8 de Marzo)

18.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN.

Grupo de música e baile tradicionais Brincadeira

19.00h. CIRCO DE RÚA. (Na praciña de San Pedro)

Pedro

19.00h. CABARET. «Unha cadeira para movelo mundo» Femme Fatale (Na Rúa de San Pedro)
20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA
20.00h. CONCERTO. (Na Praza 8 de Marzo)

Xerock

22.30h. VERBENA. (No Torreiro)

Orquesta Atlanta.

24.00h. PASARRÚAS ESPECIAL.

«Ragnarok» Kull d’sac. (Rúa dos Concheiros)







DOMINGO 1



10.00h. DEPORTE. I Romaría do Fútbol. (Campo de Belvís)
11.00h. PASARRÚAS.

Quarteto da Gentalha do Píchel
Gaiteiros da Xuntanza

13.00h. PASARRÚAS.

Grupo de Baile e Gaiteiros da Xuntanza e Escola de Pandeireta de Brincadeira

14.00h. ROMARÍA. (Parque de Belvís)

Os Estalotes
As pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén
Xandobela
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Polbo e Churrasco

- Talabarte- Os Modernos- Ardentía- Sacha na Horta- Dios Ke Te Crew- Terbutalina- Os Estalotes- -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Nordestazo Rock (Malpica)
http://www.nordestazorock.com/
(texto engadido o día 25/ / 6/ / 12 )


14 de Xullo. Apertura das portas ás 21h

22:00 EXIT
22:50 MOON CRESTA
00:05 HEREDEIROS DA CRUS
02:20 DIOS KE TE CREW
03:25 TOÑO DJ
- Heredeiros da Crus- Moon Cresta- Dios ke te crew -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Festival Castelo Rock (Muros)

(texto engadido o día 22/ / 6/ / 12 )


Bandas do estado, bandas galegas e bandas da bisbarra.

Xunto co cartel presentamos o vídeo promocional do festival (dentro da campaña #adianteCasteloRock) que conta coa participación de: Ruxe-Ruxe, Xota, Javi Maneiro, García MC, Miguel de Lira, Adrián Búa, Ricardo Alonso, Lisardo, Antía e máis xente da vila. Aos que estamos eternamente agradecidos… Ademais de quedarmos marabillados co traballo do equipo que fixo posible a súa gravación: Sergio González, Iria Priegue, Juan Figueiras e María Martínez.

A todos e a todas dicirvos, #adiante. E temos unha cita pendente o 3 e 4 de agosto!

Porque, o bailar non vai ser só dar voltas!


- Castelo Rock- Ruxe-Ruxe- Medomedá- Skarallaos- Dios Ke Te Crew -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Ruxe-Ruxe na praza do Correxidor de Ourense

(texto engadido o día 22/ / 6/ / 12 )


O vindeiro sábado día 23 de Xuño, a partir das 23:30 h na Praza do Correxidor de Ourense, o grupo compostelán Ruxe-Ruxe presentará ao vivo as pezas compoñen o seu último traballo discográfico: "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras". Este concerto forma parte do programa de actividades organizado pola Asociación Cultural Auriense con motivo da celebración do Campionato de Futbolin Cidade de Ourense e no que actuarán tamén os grupos Hora Meiga e La Kinky Beat.

Coa súa persoal proposta musical, baseada nunha contaxiosa fusión de rock, punk, rock´n´roll, folc ou ska, levan os Ruxe-Ruxe dende o ano 1.996 levando a súa música por toda a xeografía galega e española, grazas ao seu enérxico e potente directo. "Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras" e a súa oitava achega discográfica, un disco gravado en Oceanoestudio polo prestixioso produtor Javier Abreu (Os Resentidos, Los Piratas, Cornelius 1960, Boikot, etc) e que conta cunhas colaboracións de auténtico luxo: Xavier Díaz (Berrogüetto), Dios Ke Te Crew, Roi Maceda (Quempallou), Bocixa (Zenzar) ou Esteban (Skacha), o que fai deste traballo discográfico un disco imprescindible para os seguidores do rock feito en Galiza.

Despois de 16 anos, Ruxe-Ruxe é sen dúbidas unha das bandas máis emerxentes e con maior proxección da actual escena rock galega. Cultura, compromiso coa terra e coa língua, traballo, actitude e honestidade son as súas armas.




- Ruxe-Ruxe -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



* o cortelho dos ruxe » VAI POLOS PADRIÑOS

* Preséntase o disco 'Vozes Novas'

* A gran cita da industria cultural



Dios Ke Te Crew

( Hip Hop / Breakbeat / Electrónica )


Web oficial

en Myspace







buscar mais información
sobre Dios Ke Te Crew en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Dios Ke Te Crew en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]