|
Ghastas Pista?
David Bellas |
|
Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:
Novas que incluen 'David Bellas': (texto engadido o día 12/ / 12/ / 12 ) | 
PROGRAMA DAS ACTIVIDADES DO IX DÍA DO ORGULLO GAITEIRO, QUE TERÁ LUGAR OS VINDEIROS DÍAS 13,14 E 15 DE DECEMBRO NO AUDITORIO DE OURENSE, NA RÚA DA CANLE. (OURENSE)
Xoves 13 20h O Gaiteiro de Texas. Historia dunha gravación Charla por Cástor Castro Sanfonices. Ed. Difusora. Presentación cd-homenaxe a Faustino Santalices. Con Pancho Alvarez e Xesús Saburido
Venres 14 19-21h Curso de birimbao con Emilio do Pando Gratuito, prazas limitadas
Sábado 15 de Decembro Mañá 10-14h Curso de técnicas de gaita de fol Con David Bellas Gratuito, prazas limitadas, (continúa de 16:00 a 18:00) 11 a 13h Taller de xoguetes musicais. A cargo de Lito Prado , CCP Xaquín Lorenzo Xocas.
Tarde 17 h Concerto TIC-TAC de Pablo Díaz Cos temas do libro-disco infantil
18 h ACTO DE HOMENAXE: A EMILIO DO PANDO, principal recuperador da trompa Galega ou birimbao . Ca actuación de Os Amigos da Gaita A RUBÉN GONZÁLEZ, Gaiteiro e artesán de palletas
19-21h Concertos DE PÉ FEITO Agrupación tradicional OS VIQUEIRAS DE ORDES
Programación guiada por Carlos Rafael
22 h CEA – FESTA DO ORGULLO GAITEIRO No local de AIXIÑA R/ Recaredo Paz 1 (xunto Paco Paz) Prezo: 20 € (15 € alumnos e socios AOFT Gomes Mouro) Reservas antes do 13 decembro en gabelairas@yahoo.es ou tlf 654173524 e 654173498
| - Orgullo Gaiteiro -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 25/ / 11/ / 12 ) | 
No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.
Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queiran saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosaranse outras da man dos mellores especialistas chegados dende Zamora, País Vasco ou Asturias.
Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos consideramos que actividades deste tipo son necesarias tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosará a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se poderá participar de xeito activo nos diversos debates e ponencias.
DATAS:
15 e 16 de decembro de 2012
Prema no título para ver a nova ao completo
LUGAR
Centro Lug2
Rúa Pintor Corredoira 4
27002 Lugo
INSCRICIÓN
Para participar é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.com ou do teléfono 986 84 70 74
O prazo de inscrición rematará o 13 de decembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.
Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.
PREZO DA MATRÍCULA
Socios da AGG: 5 €
Outros : 10 €
FORMA DE PAGO
Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto “Xornadas de Música Tradicional” e o nome completo da persoa.
PROGRAMA
SÁBADO 15 DE DECEMBRO
Mañá
10.30 h - Acto de apertura das xornadas.
11.00 h - I RELATORIO: Ouribería Popular Galega. Francisco Rodríguez Fdez "Pancho"
12.00 h - DESCANSO
12.15 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL
- Vámola Alboreando. Músicas de Teo. Asociación Cultural “A Regionalista”
- Son do Fol. Xaime Estévez
13.00 h - II RELATORIO: Proxecto Treboada Galega. Xerardo F. Santomé
Tarde:
16.00 h - III RELATORIO: A gaita asturiana: historia e usos tradicionais. Alfonso Fernández
17.00 h- IV RELATORIO: Zahagidun gaita Euskal Herrian- A cornamusa no País Vasco. Juan Mari Beltran
18.00 h - DESCANSO
18.15 h - V RELATORIO: As gaitas de fol na Pontevedra de finais do S. XIX. Tipoloxía, técnica interpretativa e repertorio. Pablo Carpintero
19.15 h – CONCERTO: Xirolarrua - Gaita de bota. Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón
Domingo 16 de decembro
Mañá:
10.00 h - VI RELATORIO: A gaita de fol em Portugal. Asociación Gaita de Foles
11.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL
- A Requinta adobada. Alexandre Cadarso "Cano"
- Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos. Rafael Quintía
11.40 h – DESCANSO
12.00 h – VII RELATORIO: D. Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. Xavier Groba
13.00 h-VIII RELATORIO: A Gaita en Zamora. Escalas e repertorio nas distintas comarcas. Alberto Jambrina e Pablo Madrid
Tarde:
16.00 h - IX RELATORIO: Técnica expandida ou o gaiteiro moderno. Paulo González
17.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL
- O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños. Olga Kirk e Pablo Díaz
- Caderno 20: 24 Estudos Tonais para gaita de fol. David Bellas
17:40 h - DESCANSO
18.00 h – RELATORIO – CONCERTO: Unha Imaxe, unha melodía, un recordo. Exposición e percorrido gráfico - sonoro polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Asociación Berros do Castro
19.00 h - Remate das Xornadas
| - Son do Fol- Pablo Carpintero- Chichisos- Olga Kirk- Pablo Díaz- David Bellas -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| 1º Obradoiro Maghúa de Folclore Galego
| (texto engadido o día 19/ / 10/ / 11 ) | 
Logo dos problemas que levaron ao adiamento deste encontro, xa temos data oficial. 22 de outubro, no IES UNIVERSIDADE LABORAL (antes IES CRUCEIRO BALEARES).
Esta semana amañaremos para xantar nas instalacións do IES, a un prezo módico (contamos con poder xantar a un prezo de arredor de 7, 7'50 euros).
Este encontro vai consistir nos catro módulos de perfeccionamento xa comunicados na convocatória de xuño: baile tradicional (impartido por Luis Prego), canto tradicional (impartido por Xabier Diaz), gaita galega (David Bellas) e percusión tradicional (impartido por Lola de Ribeira).
O prezo por cada módulo será de 35 euros, mais logo, o xantar, no caso de quererdes xantar ali, na Laboral. Cada módulo terá unha duración de 8 horas (de 10 a 14 e de 16 a 20).
Para reservar praza, ou receber info: maghua.cantareiros@gmail.com ou no 696607342
Para @s indecis@s, eis os programas dos catro módulos!
BAILE GALEGO (impartido por Luis Prego):
JOTA DOS VELLOS. (PONTEVEDRA) MOVEMENTOS, COREOGRAFÍAS E PUNTOS DA “JOTA DOS VELLOS”, NOS CONCELLOS DE PAZOS DE BORBÉN, PONTECALDELAS E MONDARIZ.
CARBALLESA. (LUGO) TÉCNICAS, COREOGRAFÍAS, MOVEMENTOS E XEITOS DE BAILAR A CARBALLESA NOS CONCELLOS DO CAUREL E DO INCIO.
JOTA E MUIÑEIRA DA EDREIRA VELLA. (OURENSE) BOTAREMOS UNHA OLLADA AMPLIA AO XEITO DE BAILAR O SOLTO NA AREA XEOGRÁFICA DA SERRA DO SUÍDO, E CONCRETAREMOS CON PUNTOS DO POBO DA EDREIRA VELLA.
MUIÑEIRAS E PATEADOS NA COMARCA DE SANTIAGO. (A CORUÑA) VEREMOS PUNTOS E VOLTAS DOS CONCELLOS DE AMES, VAL DO DUBRA E SANTIAGO DE COMPOSTELA.
CANTO TRADICIONAL (impartido por Xabier Diaz):
Eis o PROGRAMA:
- Breve estudo das escalas modais e a suaa asociación às melodias tradicionais.
- Apontamentos sobre afinación, dinámicas e expresividade no canto popular.
- Adufes, Pandeiras e Pandeiretas apontamentos técnicos e ritmos.
- Repertório aplicado.
GAITA GALEGA (impartido por David Bellas):
Eis o PROGRAMA:
- Análise de música tradicional aplicada à interpretación
- Fundamentos básicos da música tonal e a sua importáncia na interpretación
- A articulación, a ornamentación e a sua aplicación dende unha visión musical
- Ferramentas para a articulación (posición de silenzo e os seus diferentes usos non só como un corte abrupto)
- Preparación do instrumento (diferentes elementos) segundo o repertório a) Punteiro (preparación da palleta) b) Bordóns (Volume, timbre, etc)
- Afinación: 1. Os tons diferenciais. a) Recoñecimento auditivo b) Exercizos básicos sen mudar o diferencial c) Traballo con diferente número de gaitas d) Traballo con diferentes intervalos e) Liña melódica dos diferenciais f) Interrelación entre a interpretación/composición e os tons diferenciais 2. Afinación dos diferentes elementos sonoros 3. Diferenzas entre tocar con bordóns ou sen eles 4. Afinación de sons en horizontal (liñas melódicas) e vertical (bloques acórdicos) 5. A série de Harmónicos e a sua repercusión na formación de acordes. 6. Afinación de bloques acórdicos: a) Xerarquias dentro do acorde b) Duas gaitas (diferentes intervalos) c) Acordes tríadas d) Acordes cuatríadas 7. Relación entre o volume e o timbre coa afinación en grupos de gaitas. 8. Peculiaridades propias do instrumento: conicidade moi pronunciada, diferentes posicións para cada son, instrumento moi agudo…e a sua relación co repertório.
- Introdución à técnica expandida a) Medios furados b) Dedos oitavadores c) Posicións nos diferentes rexistros d)Harmónicos e notas reais
- introdución aos diferentes repertórios para gaita ademais da mús. Trad. Galega.
- Exercizos tanto individuais como en grupos para experimentar o falado no curso.
• Todos os contidos especificados serán tratados dende unha óptica puramente prática
PERCUSIÓN TRADICIONAL (impartido por Lola de Ribeira):
Eis o PROGRAMA:
.-Exercizos vários de técnica de baqueta(acentuacións, mordentes,paradiles,...).
.-Traballo de pergunta-resposta rítmica,como entrenamento auditivo e da memória.
.-Traballo de repentización rítmica apartir dun modelo melódico prefixado.
,.-Traballo de composición e arranxos de percusións para tambor,bombo e pandeireta(1.básicos,2.debuxo da melodía,3.contraposición coa melodía,...).
-Manexo de pequenas percusións(tarrañolas,culleres,..)
A idea principal é traballar sobre todo arranxos
| - Luis Prego- Xabier Díaz- David Bellas- Maghúa -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 11 ) | 
Organizado pola A.C. Maghúa coa colaboración da Deputación d'A Coruña e o Concello d'A COruña, através da Concellaria de Cultua.
Orientado ao nível de PERFECCIONAMENTO, constará de catro módulos: - BAILE GALEGO, impartido por Montse Rivera. - GAITA GALEGA , impartido por David Bellas. - PERCUSIÓN TRADICIONAL, Lola Fernández. - CANTO TRADICIONAL, impartido por Xabier Díaz.
Celebrará-se o dia 25 de xuño de 2011, sábado, no marco incomparábel do antigo Cárcere provincial d’A Coruña, co seguinte horário: Mañá: 10 a 14 e Tarde: 16 a 20.
Cada módulo terá un custo de 35 euros.
Para mais info, ou para solicitar inscrición (as prazas serán limitadas) podes escrever ao email da asociación (maghua.cantareiros@gmail.com), ou ben poñer-te en contacto co celular 696607342.
| - Montse Rivera- David Bellas- Lola Fernández- Xabier Díaz- Maghúa -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 21/ / 6/ / 11 ) | 
24 de Xuño, ás 20h Auditorio Martín Códax (Conservatorio Superior de Música de Vigo)
Programa
1ª PARTE
OFRENDA MUSICAL (BMW 1079) - J.S.Bach
Canon a 2 per motum contrarium, Canon perpetuus super tema regium e Canon a 2 por Augmentationen, contrario motu.
Gaita en Dó: Xurxo Fernández Zanfona 1: Iván Abal Zanfona 2: Paulo González
CONTORNO #1 - Paulo Glez.
Gaita en La: Xurxo Fernández Piano: Iván Abal
2ª PARTE
ALBORADA ANTERGA DE PONTEVEDRA - “Repertorio Perfecto Feijóo” Gaita tumbal: Xurxo Fernández Tambor: Cristian Silva Bombo: Rafa Crespo
CANTO DE FIADA - “Repertorio Aires da Terra” V.O. por Aires da Terra
ALALÁ Nº2 - “Repertorio Aires da Terra” Gaita tumbal: Xurxo Fernández Tambor: Cristian Silva Bombo: Rafa Crespo Voces: Cristian Silva, Rafa Crespo, Ánxela Vidal, Nuria Gesteira, Andrea Río, Jose Comesaña, Fran Sieira, Bruno Díaz.
MUIÑEIRA (CF012) - “Repertorio de Manuel Villanueva” Gaita tumbal: Xurxo Fernández Tambor: Cristian Silva Bombo: Rafa Crespo
3ª PARTE
NICTEO O ESTETA - David Bellas I. NICTEO V.LICO II. ANTÍOPE
Gaitas: Projecto de Foles (Xurxo Fernández, Ánxela Vidal,Lucía Comesaña e David Bellas)
GEA INVICTA* - Xurxo Fernández
Gaita en Sib: Xurxo Fernández Electroacústica
*(Estrea absoluta)(Primeira obra composta para gaita e electroacústica)
| - Xurxo Fernández -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 11 ) | 
Auditorio Martín Codax do Cmus. sup. de Vigo Manuel Olivié nº1
Programa:
Primeira parte:
- Estudo 4 em Dó M-- Paulo p. de 21 estudos para gaita contralto
- Longtemps y a-- (Thielman Susato) (ca. 1510 - ca. 1570) de Premier livre des chãsõs a deux ou a troix parts (1544) Zanfonas: Paulo Gonzalez e Iván Abal
- Sonata I para gaita e continuo, op.27 (1730)-- Joseph-Bodin de Boismortier(1689-1755) -Allemande. Gayment -Courante. Vivement -Rondeau. Gracieusement -Gigue Viola da gamba: Víctor Soto
Segunda parte:
- Repertorio gaita de cana-- Trad. -Jota do Piñeiro (Trad. Piñeiro, concello do Corgo (Lugo), do repertorio de Xabier Blanco) -Muiñeira das Muiñeiras (Popular, do repertorio de Xabier Blanco) Tamboril: Noa Vidal Bombo: Marcos Gallego
- Repertorio de José Marentes-- Trad. -Muiñeira, Fonsagrada (Lugo) -Pasodoble, Fonsagrada (Lugo) Caixa antiga: Noa Vidal Bombo con pratos: Marcos gallego
- Repertorio Vocal-- Trad. -Maneo Ercebedo, Coristanco (A Coruña) -Cantar da danza Comarca de Soneira, recollido pola A.C. Castro de Meda, Zas (A coruña) Grialia (Cantareiras): Sara Abalde, Patricia Sobreira e Laura Vila
Terceira Parte
- A Ω-- D. Bellas Bordóns: Pedro Álvarez, Ánxela Vidal, Lucía Comesaña e Xurxo Fdez.
- Nicteo o esteta-- D. Bellas III-Epopeo VI-Dirce VII-Anfión e Zeto Projecto de Foles (gaita de fol): Ánxela Vidal, Lucía Comesaña e Xurxo Fdez.
- Alea Iacta Est-- D. Bellas Zanfona: Lucía Comesaña
| - David Bellas -
1 comentario :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 22/ / 4/ / 11 ) | 
Os días 21, 22 e 23 de Abril celebraranse os VI Obradoiros da Banda de Gaitas Xarabal. Levaranse a cabo no C.E.I.P. San Salvador de Teis, en Vigo. A data límite para a preinscrición é o 18 de Abril.
Os obradoiros que se impartirán son os seguintes: Nome do curso Mestre Gaita Xurxo Fernández Percusión Folk Roi Adrio Percusión Tradicional Iván Blanco Baile galego (A danza galega: o taller do corpo) Cristian Silva Afinación David Bellas Construcción de palletas Patricia Cela
Horarios: Curso: Horario Gaita (12 horas) Grupo 1: 10:00-14:00 Grupo 2: 16:00-20:00 Percusión Folk (12 horas) 16:00 – 20:00 Percusión Tradicional (12 horas) 10:00 – 14:00 Baile galego (12 horas) 16:00 – 20:00 Afinación (12 horas) 10:00 – 14:00 Construcción de palletas (24 horas) De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Prezos: Sen comida Con comida 1 curso 70 euros 95 euros 2 cursos 120 euros 145 euros
| - Xarabal -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Estrea do grupo Matamá Ensemble na Taberna Rianxeira
| (texto engadido o día 29/ / 4/ / 10 ) | 
Lucía Comesaña (zanfona electroacústica), Noa Vidal (percusións), David Bellas ( saxo soprano), e Xián Herrera (gaita de fol)
| + 1 noticia relacionada ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 1/ / 12/ / 09 ) | 
Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e da figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.
Dende que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos coma o piano, a arpa, ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.
O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica composta para a gaita de fol galega do s. XXI, que ata agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.
Nesta segunda edición do MUSGAFOL, que terá lugar o 12 de decembro no Teatro Principal de Pontevedra e dedicada ao repertorio para banda sinfónica e gaita, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso país acompañados pola Banda de Música de Pontevedra, baixo a batuta do director convidado X. L. Represas, gravando ao vivo, o primeiro CD monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso instrumento.
Presentador: Luís Costa. Director do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra e Profesor na Universidade de Vigo
Programa:
Banda de Música de Pontevedra. Director convidado: X. L. Represas Solista: Pedro ílvarez Fantasía Popular (E. Campos e X. L. Represas)
Solista: Xoan Carlos Rilo Para os da nosa terra! (Xoan Carlos Rilo e Joan B. Bernat)
Solista: Pedro Lamas A miña burriña (Trad. / Arr.: Pedro Lamas e Roberto Somoza / Instr. banda: Roberto Somoza)
Solista: Oscar Ibáñez Crema de Whisky (E. Campos e X. L. Represas)
Solista: David Bellas A lenda de Montelongo (Bernardo del Río / Adapt.: X. L. Represas)
Solista: José Manuel López Fábulas do Pico Sacro (E. Campos)
Solista: Pablo Devigo Bí¨nnu (Pablo Devigo)
Todos xuntos Alborada de Veiga (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas) Himno Galego (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas)
Organiza: Asociación Toque Pechado de Pontevedra
Promove: Concello de Pontevedra
Colabora: Teatro Principal de Pontevedra, Radio Galega, Banda de Música de Pontevedra e Dos Acordes
| - Musgafol -
+ 1 noticia relacionada ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 15/ / 11/ / 08 ) | 
O venres 28 de novembro ás 21 h no Teatro Principal de Pontevedra. Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e a figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.
Dende que a LOGSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos coma o piano, a arpa, ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.
O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica contemporánea composta para a gaita galega do s. XXI, que polo de agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.
Nesta primeira edición do MUSGAFOL daranse cita algúns dos mellores gaiteiros e pianistas do noso país para interpretar unha selección do repertorio contemporáneo para gaita e piano, gravando ao vivo, o primeiro CD monográfico desta formación, que marcará un fito na historia do noso instrumento.
Programa: Agustín Sánchez Gabriel López Capricho de gaita (Agustín Sánchez) Pablo Devigo Lucas Llumá Bría (Pablo Devigo) Cristian Silva Olalla Bouzas “Corticata”: Odisea entre Mylitus Galloprovincialis (David Bellas) Oscar Ibáñez Pilar Isabel Rodríguez Redondelana (Ernesto Campos) Paulo González Iván Abal Contorno #1 (Paulo González) David Bellas Ana Belén López-Villar H2O (David Bellas)
Presenta: Javier Jurado
A ENTRADA É LIBRE
| + 3 noticias relacionadas ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 22/ / 10/ / 08 ) | O cuarteto de música tradicional gañou o concurso de música de Luou.
O cuarteto O Chupacabras ten metade de sangue mariñán porque dous dos seus integrantes, David Bellas e Xesús Riveira, ambos os gaiteiros, son de Viveiro e O Vicedo respectivamente. Completan o conxunto Cristian Silva de Vilagarcía e Rafael Crespo de Vigo. Hoxe forman parte da actualidade informativa porque o pasado domingo metéronse no peto por segundo ano consecutivo o primeiro premio do II Concurso de Música Tradicional de Luou (Teo), dotado con mil euros que lles axudarán no comezo da gravación do seu primeiro disco. Mellor investimento, imposible.
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 25/ / 9/ / 08 ) | 
O cuarteto 'O chupacabras' gaña a XLI edición do concurso de cuartetos de Ponteareas 2008, coa interpretación dos temas 'Muiñeira de Ourense' Trad. e 'Xota de Parapar' Trad. ambos con arranxos do propio grupo.
O Chupacabras son:
Xesús Riveira (Suso) : Gaita
David Bellas: Gaita
Cristian Silva: Tamboril
Rafael Crespo: Bombo
Nesta ocasión, por mor de asuntos de índole laboral Rafa Crespo non puido acompañarnos e tivemos a sorte de contar ó bombo con un dos mellores percusionistas de música trad. de Galiza, Alberto costas, que supo captar perfectamente a esencia e o son da formación e co cal foi un pracer disfrutar facendo música xuntos.
Para máis info. www.myspace.com/cuartetochupacabras
| Noticia enviada por Cuarteto "O chupacabras"
1 comentario :: Enlace a esta nova ::
| PROGRAMA DA CELEBRACIÓN DO XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN”
| (texto engadido o día 28/ / 8/ / 08 ) | DÍAS 30 e 31 de AGOSTO de 2008 no TEATRO JOFRE DATA: 30 de agosto LUGAR: TEATRO JOFRE - FERROL HORA: 20,30 h. da tarde PRESENTACIÓN da EDICIÓN do DOBRE CD DA GRAVACIÓN DOS ACTOS DO 2007 PRESENTACIÓN DA PEZA GAÑADORA DO CONCURSO DE COMPOSICIÓN “CONSTANTINO BELLÓN” 2008. INTERPRETACIÓN DA PEZA GAÑADORA 2008 Autor: PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura “BRÍA” para Gaita Solista en DO, Cordas e Piano FINALISTAS deste premio: JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “A DERRADEIRA SINTAXE” para Gaita e Orquestra de Corda. DAVID BELLAS GARCIA coa obra “HISTORIA DE AMOR en Bb” para Gaita, Violin e Piano. Actuación da ORQUESTRA DE CÁMARA CEA E REUNIÓN GRUPOS INVITADOS E PERSONALIDADES XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN" PROGRAMA PREVISTO: DATA: 31 de agosto ................................................................................................................................. 14,30 h.: ENCONTRO - COMIDA GAITEIROS SOLISTAS SELECCIONADOS E PERSONALIDADES DO MUNDO DA GAITA GALEGA INVITADAS ................................................................................................................................. LUGAR: TEATRO JOFRE HORA: 20,30 h. FINAL DO XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” * Presentación: ANTÍA DÍAZ * FINAL DO “CONSTANTINO BELLÓN” 2008 1) Santiago Agustín Molina,Arxentina.(Gaiteiro de Soutelo) 2) Isidro Vidal Gallardo,Ourense, 3) Vicente Carlos González Siri.Uruguay (Gaiteiro de Soutelo) 4) Gonzalo Abelairas Lemos.Ourense. 5) Jordi Torres Piñeiro,Arxentina. (Gaiteiro de Soutelo) 6) Ricardo Mouriño Freire.Ferrol 7) Daniel Lumbreras Rodríguez,Gipuzkoa, (Gaiteiro de Soutelo) 8) Pablo Devigo Vázquez,Castro Caldelas,Ourense. 9) José Manuel Mojón Pérez.Ourense. 10) Bruno Villamar Gay.Lugo * RECEPCIÓN AOS FINALISTAS POR REPRESENTANTES DO CONCELLO * Mención de Gaita “Constantino Bellón” Presentación e Entrega “Gaita de Ouro” 2008 ao programa da CRTVG “ALALÁ” pola súa laboura de difusión e defensa da música tradicional galega. * Entrega do PREMIO de “Composición para Gaita Galega Solista” punto nº 9 das Bases do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a: PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola partitura “BRÍA” para Gaita Solista en DO, Cordas e Piano
* ENTREGA aos finalistas : Figura Sargadelos , Diploma Participantes e, como aportación especial para este Concurso por parte da Fundación Pedro Barrié de la Maza , no seu nome Dona Carmela Arias y Díaz de Rábago, faise entrega das reedicións críticas dos CANCIONEROS editados pola Fundación aos participantes nesta Final. * Actuación Conxunta Finalistas * LECTURA FALLO DO XURADO ENTREGA DE PREMIOS e ENTREGA do PREMIO (punto g) correspondente ao “Gaiteiro de Soutelo” (Punto 5 das Bases do Constantino Bellón”) que di: g.- Coa intención de estimular e recompensar a dedicación e amor pola música e cultura galega na diáspora, o Obradoiro de Gaitas Seivane crea o ‘Premio Seivane’. Poderá optar a el calquera gaiteiro incluído no Premio Gaiteiro de Soutelo. Consistirá nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición do Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”. Será concedido aquel concursante que, a xuízo do xurado, mellor defina, tanto na súa presenza como na súa interpretación, a imaxe tradicional do gaiteiro. XURADO: D. Víctor Fernández Gabeiras (Presidente) D. Xavier Rodríguez Fariñas D. Pablo López Torneiro D. Xoán Rodríguez Silvar D. Xesús Vaamonde Manteiga Dª Cristina Meizoso Alonso(Secretaria, sen voto) ENTIDADES COLABORADORAS: * XUNTA DE GALICIA: CONSELLERÍA DE CULTURA – SECRETARÍA XERAL EMIGRACIÓN * DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA * CONCELLO DE FERROL * SARGADELOS * Familia de LUÍS SEOANE
O Constantino Bellón, concurso de interpretación e composición de música para gaita galega, organizado polo Ateneo Ferrolán, ven celebrando a súa cita anual inequívoca tódolos 31 de agosto, dende o seu nacemento no ano 91. Este Certame pretende manter e potencia-lo xeito de toca-la nosa gaita, con técnicas e xiros propiamente galegos. Ano tras ano vaise consolidando coma un punto de encontro dos gaiteiros mais experimentados da grande comunidade galega. Un Xurado altamente cualificado encárgase de face-la selección dos finalistas, entre as gravacións chegadas de toda Galicia e de diversos puntos das Comunidades Galegas. Dende o ano 96, na Final participan catro gaiteiros procedentes do exterior, seleccionados por medio do “Gaiteiro de Soutelo” –Punto 5º do Bellón-, que teñen subvencionados os gastos da súa participación por medio da SecretaríaXeral de Emigración. Os ganadores das anteriores edicións foron: Ano 1991. Iván Costa Blanco, de Moaña que interpretou Muiñeira da Xiada e Xota para Ourense. Ano 1992. Xesús Vaamonde Manteiga, da Coruña coa Xota nº 354 e Muiñeira. Ano 1993. Juanjo Fernández, de Vigo que tocou Muiñeira da Cabra e Muiñeira picada. Ano 1994. Xose Ramón Vaamonde, da Coruña coa interpretación de Preludios de gaita e Aturuxeira. Ano 1995. Carlos Lorenzo Lemos, de Fene, con Troulada de Campañó e Muiñeira. Ano 1996. Pepe Vaamonde Manteiga, da Coruña, con “Non te namores meniña” (Tradicional) e “Saltareira” (xota), de Pepe Vaamonde. Ano 1997. Jesús Vaamonde Manteiga, de Ferrol, con “Peizoquiña”, de Suso Vaamonde e “Muiñeira do mesón”, de Suso Vaamonde. Ano 1998. Pablo López Torneiro, de Oleiros, A Coruña, con “Valse de Cecebre”, de Pedro Lamas e “Postludio Indigestat”, de autor. Ano 1999. Iván Costa Blanco, de Moaña, con “Piricuchiña” e “A gaita de Melchor”, de Iván Costa. Ano 2000. Pepe Vaamonde Manteiga, de A Coruña, “Alalá de Pradías”, de Pepe Vaamonde, “415 de Casto Sampedro”, “Muiñeira de San Froilán” de Pepe Vaamonde. Ano 2001. Daniel Bellón García, de Fene, con “A codea de pan” de Daniel Bellon e “O bicho que furaba na cenoria xogando a base de muiñeira” de Pedro Lamas Varela. Ano 2002. Oscar Miranda Lodeiros, de Arteixo, con ”Barlovento” e “Cuasimuiñeira” de Oscar Miranda. Ano 2003. Agustín Sánchez Iglesias, de A Coruña, con ”Aloumiños” e “Andame unha pulga atrás dun piollo” de Agustín Sánchez. Ano 2004. Alberto Coya Otero, de Hio, Pontevedra, con “Malditas Palletas” e “Non me amoles” de Alberto Coya. Ano 2005. Daniel Bellón García de Barallobre (Fene), con “Un Lustro” de Daniel Bellón García, “Río de Anxo” de Xosé Romero Suárez e “Prieguiceira” de Ernesto Campos. Ano 2006. Daniel Bellón García de Barallobre (Fene), con “Fisterra, variacións de noitébrega” de Brian Booshby- Xosé R. Suárez (Daniel Bellón) e “Sen máis” de Daniel Bellón. Ano 2007. Brais Monxardín López, de A Fonsagrada (Lugo), con “ARIA, SUITE Nº 3” de J.S. Bach / Arranxos Pepe Vaamonde e “AIRES DE SAN MARTIN” de Brais Monxardín López. REVOGADO POSTERIORMENTE. FINALISTAS DO XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN” O Xurado ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas para participar na FINAL que terá lugar o día 31 de agosto no Teatro JOFRE ás 20,30 h. (Entrada libre e gratuíta): 1) Santiago Agustín Molina,Arxentina.(Gaiteiro de Soutelo) 2) Isidro Vidal Gallardo,Ourense, 3) Vicente Carlos González Siri. Uruguay (Gaiteiro de Soutelo) 4) Gonzalo Abelairas Lemos.Ourense. 5) Jordi Torres Piñeiro,Arxentina.(Gaiteiro de Soutelo) 6) Ricardo Mouriño Freire.Ferrol 7) Daniel Lumbreras Rodríguez,Gipuzkoa, (Gaiteiro de Soutelo) 8) Pablo Devigo Vázquez,Castro Caldelas,Ourense. 9) José Manuel Mojón Pérez.Ourense. 10) Bruno Villamar Gay.Lugo
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| Presentación do disco "Asumindo riscos" do grupo de folk Arrás!!
|
| O grupo folk Arrás!! gañador da sexta edición do certamen para grupos folk de Radio Obradoiro,presenta o seu disco "Asumindo riscos",(que en menos dun mes estará nas tendas)no teatro Pastor Díaz de Viveiro o vindeiro día 22 de decembro as 21:30 da noite.
"Asumindo riscos",como o seu nome indica é un disco no que o grupo Arrás!! fai unha proposta innovadora e arriscada,poderias falar de un folk fusión,ainda que o nome máis acertado sería o de "Potaxe galego",xa que podemos nesta pequena pota sonora podemos atopar ben cocido e misturado,dende unha muiñeira,swing,bossa,etc...
O disco grabado e mesturado nos estudos Phonos da Estrada e artedixital de Redondela e masterizado en Mastering Mansion de Madrid,terá unha tirada incial de 1000 copias.
En breve ireivos informando de máis novedades.
Saúdos de Arrás!!
Rocio Jiménez: Voz,pandeireta e multipercusión Michel Rivadulla: Guitarra acústica e española e coros Pablo Esqueira: Piano,teclados e voz Manolo Abraldes: baixo eléctrico e coros Jimmy Failde: Bateria e percusión David Bellas: Gaitas galegas,uillean pipe,saxo tenor e soprano e low e tin whistle. Xabi Esqueira: Técnico de son.
| Noticia enviada por Arrás!!
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
En 'Novas Relacionadas'
*
* Folque: Noticias
* Pontevedra acolle o primeiro encontro sobre música contemporanea para gaita
*
|
buscar mais información
sobre David Bellas en
Ghastas Pista?
|
|
|
buscar mais información
sobre David Bellas en
Ghastas Pista?
|
Voltar á páxina anterior
|