Ghastas Pista?

Cuchufellos
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

Editar información sobre o grupo

Cuchufellos


Para presentarnos botamos man das sabias verbas do reputado crtico musical caldelao, o Sr.Ceboleiro:Para comprender cabalmente a musica do conxunto qu ..>>


[1] [2]

Novas que incluen 'Cuchufellos':


Aberto de Billarda e FOLIADA-ROCK no Bar Porriño de Mondoñedo
http://ovaral.blogspot.com.es/2013/02/a-foliada-rock-o-novo-xenero-musical.html
(texto engadido o día 22/ / 2/ / 13 )


SON CENTOS E MILES AS FOLIADAS QUE DE XEITO IMPARÁBEL SE ESPALLAN POLA GALIZA ADIANTE COMA COLOFÓN BRUTAL DE CALQUERA ACTIVIDADE COMPROMETIDA COA CULTURA DO PAÍS, UN XEITO PERFECTO PARA DESFRUTAR EN COMUNIDADE DUNHA FESTA QUE MANTÉN A FLOR DE PEL O MÁIS PURO ESPÍRITO TRIBAL DO POBO ALEBRE A COMBATIVO DO QUE A SEPRE MULTICOR DA LNB FORMA PARTE. É POR ELO QUE ISTE 23 F EN MONDOÑEDO NO BAR O PORRIÑO DE MONDOÑEDO A LNB LANZARASE A UN NOVO PRICIPICIO DE SILVAS E ESTRUGAS DÁNDOLLE UNHA NOVA VOLTA DE TORCA Ó CONCEPTO DA FOLIDA TRADICIONAL....

REFREGADE OS OLLOS ANTE O ESPECTACULAR CARTAZ QUE ANUNCIA ARRUPCIÓN DU NOVO XÉNERO NA MÚSICA GALEGA IMPULSADO POLOS PALÁNS DA LNB, ISTE SÁBADO NON PODES FALTAR Á INCENDIARIA E HISTÓRICA PRIMEIRA "FOLIADAS ROCK" QUE SE CELEBRA NA GALIZA XESTADA GRAZAS Ó ATREVEMENTOS DAS RESPONSÁBEIS E ARMADANZAS DO ENTRAMADO SOCIO-CULTURAL DO PORRIÑO-BAR, ANA E MARIOLA DESAFIARON A SEMPRE MALDITA LÓXICA E PUXÉRON O SEU LOCAL Á DISPOSICION DISTE PEQUENO PASO PARA O CAN DE PALLEIRO PERO UN ENORME PARA A CIVILIZACION BILLARDEIRA.


Un local , O Porriño-Bar, cunha especular historia sobre as súas lastras e paredes mais cun presente e futuro absolutamente raiboso e arrebatador que se vai fraguando coa intensidade dos días e as noites dende que a nova xerencia colleu as rendas diste carro xunguido a bois desbocados.

E fronte ó Bar Porriño atopamos a espectacular praza do concello donde fai uns meses en pleno verán os irmáns Cuchufellos estiveron dando un explosivo concerto, unha praza que acollerá apartires das 20 h o agardadísmo Aberto do Botelo do Golpe - Unha incendiaria acción no corazón mesmos da zona vella da vila de Cunqueiro coa que se serpe multicor da LNB comezará a surfear no lusco e fusco Mindoniense para adentrarnos nunha noite histórica cuxo colofón será a iso das 23 h. coa leitura do Manifesto Golpista polo profeta do Indixenismo Galego , Toño Randeeira, que dará paso ó impredecíbel e alebrestrado concerto semi-akustico de Ex-Tension Agraria...se non podes estar , recapacita porque senón pagarálo coa salú!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival A Rebusca (Manzaneda)
https://www.arebusca.com
(texto engadido o día 18/ / 11/ / 12 )


24 de Novembro de 2012 en Manzaneda, no que tempo atrás foi mercado gandeiro, na area de Toural.


O Festival de A Rebusca é organizado pola asocacion á que lle debe o nome. Naceu no 2009 no mes de novembro, e viñase celebrando no mesmo mes, coincidindo sempre coa rebusca das últimas castañas, o que pola zona chaman "andar á rebusca".

Logo do éxito da celebración dun festival no mes de Xuño, neste ano 2012, a asociación organiza novamente A Rebusca de Outono. O festival celebrarase baixo cuberto e contará coa actuación de Cé Orquestra Pantasma, Chotokoeu, Residuos Atractivas, Sacha na Horta e Cuchufellos.
- A Rebusca- Cé Orquestra Pantasma- Chotokoeu- Residuos Atractivas- Sacha na Horta- Cuchufellos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Castañazo Rock 2012 (Chantada)

(texto engadido o día 28/ / 10/ / 12 )


Recordade que podedes mercar a vosa entrada por 12 euriños e asistir a un concerto irrepetible con Diplomaticos, Papaqueixos e Rastreros outra vez xuntos, berce do rock bravu. Acompañados de dous grupazos como Cuchufellos e Liviao de Marrao. Asi como o Ce Orquesta Pantasma e Os veraneantes, quentando o ambiente.
- Castañazo- Os Diplomáticos de Monte Alto- Papaqueixos- Rastreros- Cuchufellos- Ce Orquestra Pantasma- Os veraneantes -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Espazo Activo da Ulla 27 e 28 de Outubro en San Miguel de Sarandón- Vedra

(texto engadido o día 25/ / 10/ / 12 )


Organiza:
Asociación Cultural San Campio - A requinta da Laxeira.

Agrupacións participantes:
-As sobreiras Ulla
- Regato de Matamulleres
- O ghusto do boi
- Asc Agarimo San Fins
- A Ferreña Furtiva
- Os Re-voltas
- Vouvirvorver
- Raiolo
- Os Esfolladores de Illobre
- Vai de Roda
- Devotos Do Folclore
- Os ke hai
- O Recobio de Vaamonde
- Xarandeira
- Trécola
- Varacuncas
- Os de Couso
- Celturia
- A Gaita de Sarandón
Os espacios culturais:
- Rebulir Cultura Tradicional
- Titeres Pés ceibes
- Asociación Raiceiros
Os grupos que nos ofreceran fabulosos concertos pola noite:
- Pet pipers´project
- Carapaus
- Cuchufellos de Manzaneda


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos do Cristo no Barco de Valdeorras

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 12 )



- Cuchufellos- Zenzar- Festicultores -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Festival da Poesia volta ao Condado com a denuncia do sistema económico como eixo
http://scdcondado.org/festival.htm
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )


A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado pechou o programa da XXVI ediçom do seu Festival da Poesia, que tem como eixo vertebrador o lema ‘Capitalismo é um feito, revoluçom um direito’. Exposiçons, projecçons, recitais e outras actividades vam estar relacionadas com essa legenda, com a que, por parte da SCD, se quer denunciar a farsa da crise e a inhumanidade do sistema económico.

O Festival da Poesia começa na tardinha sexta-feira, 31 de agosto, com a apertura de exposiçons e a projecçom de audiovisuais. Às dez e meia começa a Noite nas Minas com a actuaçom de Sés. Esta convocatória é a única com aforo limitado, já que se celebra dentro das Covas de Dona Urraca. As entradas podem-se reservar no endereço de correio electrónico scdcondado@scdcondado.org. Depois do concerto haverá repichoca no campo da festa.

No sábado, 1 de setembro, as actividades começam de manhá com um passa-ruas com Nos Chamam, o Aberto de Bilharda da Poesia, e a feira de artesanato e associaçons. Também de manhá, na Casa do Conde, haverá umha mesa redonda com repressentantes sindicais para debater sobre o assunto que centra esta ediçom do Festival.

Na tarde do sábado os pequenos e pequanas som protagonistas com a Festa Infantil (desde as cinco na zona das muralhas). Às sete e meia projectaram-se as curtas premiadas no Festival de Cans. O Festival Poético-Musical começa às nove. Apresentado por Clara Gayo e Íria Pinheiro, nel vam dar mostra do seu trabalho poético Daniel Salgado, Xiana Arias, Roi Vidal, Eduardo Estévez, Ramiro Vidal, Susana Sánchez Aríns, Gonzalo Hermo, Silvia Penas e Claudio Rodríguez Fer. As súas leituras mesturaram-se com as actuaçons de O Sonoro Maxín, Cuchufellos, Sacha na Horta e Dios Que Te Krew.

Como cada ano, a SCD edita umha compilaçom de textos dos e das poetas participantes que se poderá adquirir nos dias do Festival. Ademais, disponibiliza todo tipo de serviços para o público, como campismo, duchas, etc., de balde.

Nos vindeiros dias iram-se confirmando algúns detalhes. Polo momento, a SCD do Condado agradece a difusom desta informaçom.

Para mais informaçom podem contactar com o endereço de correio electrónico scdcondado@scdcondado.org ou com os telefones 699268032 (Irene), 690034632 (Manolo) ou 671200160 (Lara).


Sexta-feira 31 de agosto

19.30
Apertura de exposiçons: Humor Gráfico
COVAS DE DONA URRACA / CASA DO CONDE

20.15
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Umha pola Outra

22.30
Noite nas minas
COVAS DE DONA URRACA
Concerto de SÉS
Ao remate: repichoca ao ar livre e festa!

- Entrada 10 €
- Reservas: info@scdcondado.org ou 646 95 95 87



Sábado 1 de setembro

11.30
Passa-ruas
Grupo 'Nos Chaman'

11.30
Campionato de bilharda
Feira popular: colectivos e artesanato
ZONA DAS MURALHAS

- Reserva de postos: postosfestivaldapoesia@gmail.com

13.00
Mesa redonda
CASA DO CONDE

17.00
Festa Infantil
- Obradoiros de jogos tradicionais galegos
ZONA DAS MURALHAS

19.30
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans

21.00
FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
ZONA DAS MURALHAS

- Apresentam: Clara Gayo e Iria Pinheiro

POETAS
- Daniel Salgado
- Xiana Arias
- Roi Vidal
- Eduardo Estévez
- Ramiro Vidal
- Susana Sánchez Aríns
- Gonzalo Hermo
- Silvia Penas
- Claudio Rodríguez Fer

GRUPOS
- Cuchufellos
- O Sonoro Maxín
- Sacha na Horta
- Dios Ke Te Crew
- Festival de Poesía do Condado- Sés- Cuchufellos- O Sonoro Maxín- Sacha na Horta- Dios Ke Te Crew -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Rebumbio Mos 2012 | 24 e 25 de Agosto
http://festivalrebumbio.blogaliza.org/
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )


Volvemos a carga cun Rebumbio cheo de música e diversión, para quitarnos de enriba o pesadelo da crise, ou polo menos para esquecela durante uns días. Porque loita si, pero festa tamén, faremos que o Rebullón acabe coas patas do revés.
E iso como se consegue? enchendo o monte do mellorciño da musica feita na Galiza, sabemos que non están todos, pero temos preparada unha boa colleita.

Para escomenzar o venres 24, abrindo palco, dende o Val da Louriña petándolle o rock´n roll e buscando un cervo “The Cillit Band”. Dende máis aló do Confurco, cargados de carraxe e moito punk “Skandalo Gz”. Volvendo a casa, pasando polo turreiro de Torroso “The Turre´s Band”. Pero inda temos máis en calquera momento da noite, do dia ou da madrugada “Os Veraneantes”.

O Sábado 25, abrindo a noite ben preto da barra, facendo palleiro punk “Os Residuos atractivas”. Xa no palco da festa, dende as terras de Vigo collendo impulso cun tirante de Rande “ La Banda de Andrelo”. Fasendo ruído coa barrijiña, dende Ribeira (Viva a festa da Dorna!) “A Compañía do Ruído”. Recen chegados de andar polas europas levando a súa música e o seu espectáculo, farán unha parada no Rebumbio “Chotokoeu”. Máis que músicos, son amantes da festa e da diversión, dende a República do Macizo Central “Os Cuchufellos”. E dándolle o remate que se merece a unha noite tan longa, unha sesión que fará bailar os sobreviventes de tanto Rebumbio, os pratos “Hadri Hache”.

Si meus querid@s feligreses da festa, dous días cheos de festa, regados con abundantes vatios de son e luces, tapadiños por unha carpa, nun entorno previlixiado... pero xa sabedes que todo iso non seria posible, de non ser polas empresas anunciadoras, a Comunidade de Montes de Tameiga, a xente das Pedriñas e moita máis xente que nos bota unha man ou as dúas.

- Rebumbio- Compañía do Ruído- Chotokoeu- Cuchufellos- Skandalo Gz- The Turre´s Band- Os Veraneantes -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIV ESMORGA FOLK
http://www.facebook.com/esmorgafolk.abandeira
(texto engadido o día 2/ / 8/ / 12 )


17 DE AGOSTO NA BANDEIRA (SILLEDA)

- CARAPAUS

- ZURRUMALLA

- TANTO NOS TEN

- CUCHUFELLOS

A PARTIRES DAS 22:30.

Noticia enviada por esmorgafolk

- esmorga folk- carapaus- zurrumalla- tanto nos ten- cuchufellos- a bandeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Derrame Rock (Ourense)

(texto engadido o día 25/ / 6/ / 12 )



- Heredeiros da Crus- Dakidarria- Zenzar- Machina- Novedades Carminha- Kambotes- O Sonoro Maxin- Festicultores- Cuchufellos- Ulträqäns -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Sons da Lameira (Matamá - Vigo)

(texto engadido o día 21/ / 6/ / 12 )


Venres 6 de Xullo (Matamáfolc) e sábado 7 de Xullo (MalaherbaRock) no Torreiro de Matamá(Vigo)



- Sons da Lameira- O Fiadeiro- Abóbriga- Zurrumalla- Cuchufellos- Sobre Rodas- Pelepau- Dios Ke Te Crew- Falperrys- Dakidarría -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIII Festival de Pardiñas (Guitiriz)
http://www.xermolos.org/index.php/festival/pardinas-2012
(texto engadido o día 28/ / 5/ / 12 )


SABADO, 4
Bloquinho de Xermolos GALIZA
MILESIOS (22:00) GALIZA
COETUS + ELISEO PARRA (23:30) CATALUÑA
KEPA JUNKERA (01:30) EUSKADI
QUEMPALLOU (02:30) GALIZA
CUCHUFELLOS (03:30) GALIZA

DOMINGO, 5
TAMBORADA CHOTOKOEU - (13:00)
ZURRUMALLA (20:00) GALIZA
BELTAINE (22:00) POLONIA
CHOTOKOEU (00:00) GALIZA

(Horario non definitivo)
- Pardiñas -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Grelo Folc 2011

(texto engadido o día 19/ / 10/ / 11 )


Sábado 22 de Outubro a partires das 22.00 h. no Mosteiro de Monfero

ONDAS MARTENOT (homenaxe a Lois Pereiro)
ORQUESTRA OS MODERNOS
OS CUCHUFELLOS
ESTIMABA QUE VIÑERAS

Presentará XOSÉ MANUEL PEREIRO (ex Radio Océano, escritor e xornalista)
- Cuchufellos- Estimaba que Viñeras- Lois Pereiro- Grelo Folc -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival da Poesia no Condado
http://scdcondado.blogaliza.org
(texto engadido o día 25/ / 8/ / 11 )


Sexta-feira 2 de Setembro

19:30 | COVAS DE DONA URRACA/CASA DO CONDE
APERTURA DE EXPOSIÇONS

20:15 | COVAS DE DONA URRACA
PROJECÇOM DE AUDIOVISUAIS
Umha pola Outra


22:30 | Covas De Dona Urraca

NOITE NAS MINAS*
Recital de MARIA DO CEBREIRO
Concerto de DE OUTRA MARGEM

O Remate Repichoca e Festa!!!

*Aforo limitado. Entrada 10€
Reserva de bilhetes:
 info at scdcondado.org ou 667 336 730 |986 658 036

Sábado 3 de Setembro
11:30
PASSA-RUAS E VIAGENS NO COMBOIO
DE BAIXA VELOCIDADE

12:30 | ZONA DAS MURALHAS
CAMPIONATO DE BILHARDA
FEIRA POPULAR: COLECTIVOS E ARTESANATO

13:00 | CASA DO CONDE
MESA REDONDA DE MOVIMENTOS FEMINISTAS

17:00 | ZONA DAS MURALHAS
FESTA INFANTIL
PAULA CARBALLEIRA
OBRADOIROS

19:00 | COVAS DE DONA URRACA
PROJECÇOM DE VÍDEO-POEMAS

María Lado
Lucía Aldao
Ledicia Costas
Colectivo Rec-deiras

19:30 | COVAS DE DONA URRACA
PROJECÇOM DE AUDIOVISUAIS
Curtas premiadas no Festival de Cans
Gato Encerrado (Peque Varela)

21.00 | ZONA DAS MURALHAS
FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
APRESENTAM: Os da Ria

POETAS:
Andrea Nunes Brións
Catarina Nunes
Claudio Pato
Iolanda Aldrei
Lorena Souto
Manuel Darriba
Maria Rosendo
Paula San Vicente
Sechu Sende
X. M. Álvarez Cáccamo


- Poesía no Condado- Habelas Hainas- Marful- Ulträqäns- Cuchufellos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romaría do San Caetano en Celeiro de Mariñaos (Barreiros - Lugo)

(texto engadido o día 9/ / 8/ / 11 )


Música galega con Tumba e Dálle, Habelas Hainas e Cuchufellos.

San Caetano Sempre - Promo Documental from akersia on Vimeo.


- Tumba e Dálle- Habelas Hainas- Cuchufellos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival A Rebusca 2010
http://www.arebusca.com/
(texto engadido o día 16/ / 11/ / 10 )


A Asociación Cultural A Rebusca invita a todos a II edición do festival A rebusca o 20 de Novembro en Manzaneda (Ourense)
A rebusca é un festival gratuito que intenta ofertar unha ampla variedade de actividades, que incluen comida, artesania , pasarrauas, obradoiros ,xogos ,teatro, e moita musica en directo.


PROGRAMA A REBUSCA 2010

9:30
ANDAINA
Ruta da Devesa
11:00
PASARRÚAS
Os Musarapas
Sonoros da Corcoba
12:00
Iº CAMPEONATO FUTEBOL-CHAPA CONCELLO DE MANZANEDA
12:45
CONCERTO
Cé Orquestra Pantasma
13:30
COMIDA NOS RESTAURANTES DA VILA
15:00
OBRADOIRO PARA CATIVOS
XOGOS TRADICIONAIS
CAMPEONATO DE BOLOS
I AGROOLIMPIADAS DO MACIZO CENTRAL
18:00
CONCERTO
Cé Orquestra Pantasma
19:00
TEATRO DE RÚA
Pés Ceibes
20:00
CONCERTO
Humanity
21:00
CEA POPULAR
Empanada
Costela ó forno con patacas asadas
Chourizo Criollo
Bica
Viño do Bibei
Prezo : 9 Euros
22:30
CONCERTOS
Cé Orquestra Pantasma
Melech Mechaya
Farra Fanfarra
Os tres Trebóns
Cuchufellos
- A Rebusca- Cuchufellos- Os Tres Trebóns- Ce Orquestra Pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Magosto Celta de BALBOA

(texto engadido o día 3/ / 11/ / 10 )


5, 6 e 7 de Novembro na Palloza de Balboa e a Palloza de Chis


CELTICÚE, RESIDUOS ATRACTIVAS, L'ARCU LA VIEYA, RUXE-RUXE, ULTRÄQÄNS, HABERLAS HAINAS, OS CUCHUFELLOS, MEDULIA BANANA FOLK, XUACO AMIEVA...

- Balboa- Ruxe-Ruxe- Ulträqäns- Cuchufellos- Xuacu Amieva -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



PONTE LOUCO 2010, 20 e 21 de Agosto en Castrocaldelas
http://pontelouco.blogspot.com/2010/08/programacion.html
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 10 )


VENRES 20

17:00 Xogos Populares
Obradoiro de Malabares

23:30 Cé e a Orquestra Pantasma (home orquestra)

SÁBADO 21

11:00 Feira de Artesanía

17:00 Anxo Moure (atrapacontos)
Viravolta (Títeres)

22:00 Xitumá Batuké (batukada)
Ce e a Orquestra Pantasma
CHOTOKOEU
ALPARGATA
CUCHUFELLOS

Acampada e entrada de balde
- Orquestra Pantasma- Chotokoeu- Alpargata- Cuchufellos- Pontelouco -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Festa Celta do Lugnasad

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 10 )



- Lugnasad- Cuchufellos- Cempés- Saltanocribo- Pan de Capazo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival AntrosPinos 2010 en Taragoña (Rianxo)

(texto engadido o día 30/ / 7/ / 10 )


Venres 30 de Xullo.
A Compañí­a do Ruido
Tiruleque
Falperrys
Estimaba que viñeras

Sábado 31 de Xullo.
Funky Style Brass
Festicultores Troupe
Cuchufellos
A Banda da Balbina

A acampada é libre, non podes faltar!!!
- Antrospinos- Compañía do Ruido- Tiruleque- Festicultores- Cuchufellos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Xornadas de cultura mariñeira en Muros
http://www.muros.es/murosmiraaomar/programacion.html
(texto engadido o día 6/ / 7/ / 10 )


O programa das actividades das Xornadas de cultura mariñeira “Muros Mira ao Mar” trata de recoller unha oferta equilibrada en catro días de exaltación da nosa cultura. As diferentes actividades tratarán de dar cabida aos diferentes sectores de público e aos diferentes aspectos da cultura mariñeira.


O programa das actividades distinguirá dous espazos claramente definidos, por un lado o MAR e por outro a TERRA:


O MAR, medio imprescindible para programar as actividades, xa que as xornadas xiran aos redor deste, no que destacamos actuacións como: cursos de navegación, regatas, concetración de embarcacións tradicionais, certames de pesca, saídas cara a outros portos do municipio...


Mentres na TERRA a programación caracterizarase pola diversificación e pola atención aos diferentes públicos e intereses, contando con: exposicións, obradoiros, mercado tradicional, concertos, funcións teatrais, charlas, roteiros, degustacións...





“MUROS MIRA AO MAR” 2010

8 - 11 de XULLO, MUROS


ANTES DAS XORNADAS:

Luns, 5 de xullo: inauguración das exposicións

Do luns 5 ata o venres 9: Iniciación á vela tradicional na dársena de Muros


XOVES, 8 DE XULLO

18.30 h. Pasacalles

18.30 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, na praia do Castelo

19.00 h. Apertura oficial das xornadas, no Centro San Xosé

19.15 h. Debate no Centro San Xosé: “Mar e Mercadorías”

21.00 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, no Curro da Praza

21.30 h. Teatro de rúa: Gostoso Pá, itinerante


VENRES, 9 DE XULLO

11.00 h. Pasacalles

11.00 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, no Curro da Praza

18.30 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, na praia do Castelo

18.30 h. Pasacalles

18.30 h. Apertura do Mercado Mariñeiro

19.00 h. Debate no Centro San Xosé: “O Patrimonio Marítimo”

21.00 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, na Carpa Mariñeira

21.30 h. Teatro de rúa: Pista Catro con “Circo Expreso”, no varadoiro

23.30 h. Concerto: Os Cuchufellos, no Curro da Praza


SÁBADO, 10 DE XULLO

11.00 h. Concentración e navegación das embarcacións tradicionais

11.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro e obradoiros

12.00 h. Pasacalles

12.30 h. Animación no mercado: “Os Piratas Chascóns”

13.00 h. O. Teatro de Muros con “O Bautismo de Aquilino”, na Pr. do Mercado

18.00 h. Concentración e navegación das embarcacións tradicionais

18.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro

18.00 h. Animación no Mercado: “Chirinos e Chanfallas”

19.30 h. Animación no Mercado: “Deuses do Mar”

19.30 h. Pasacalles: Os Tabernícolas do Leiradal

20.30 h. Teatro de rúa: Mago Teto con “O Afiador”

21.30 h. Teatro de rúa: Os Quinquilláns con “Arrieiros”

22.30 h. Animación no Mercado: “Os Monstros Mariños”

23.30 h. Concerto: Bonovo, no Curro da Praza


DOMINGO, 11 DE XULLO

11.00 h.Concentración e navegación das embarcacións tradicionais

11.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro e obradoiros

12.00 h. Pasacalles

13.00 h. O. Teatro de Muros con “O Bautismo de Aquilino” na Pr. do Mercado

18.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro

18.00 h. Animación no Mercado: “Deuses do Mar”

18.30 h. Entrega de premios dos concursos

18.45 h. Encontro Coral de Cantos Mariñeiros no Curro da Praza

19.30 h. Animación no Mercado: “Piratas Contistas”

20.00 h. Festival folclórico. Galanía de Muros

22.00 h. Animación no Mercado: “Akelarre de Meigas”


EXPOSICIÓNS (de 11h a 13h e de 19h a 21h)

- No Muíño de Mareas do Pozo do Cachón

Marabilla Soa, mostra de artesanía

- No Centro San Xosé

“Motores Mariños en Movemento, Patelo” de José Mª Hermo

“O Mar da Memoria” do Museo do Mar de Galicia

“Reordenación da dársena interior”, de Portos

- No Centro Social

Fotografías de M. Longueira: “Xente no medio e memoria do IX Encontro”

- Na Fundación Comarcal

Cunchas de J. M. Porrúa e maquetas de Xubimar

Concurso de fotografías



DEBATES (no Centro San Xosé)

- Xoves ás 19.15 h.: “Mar e Mercadorías” coa intervención de: Afonso Touceda, Proxecto Amorodo.
Antonio Portomuíños, Usos Alimenticios das Algas.
Óscar Santamaría, A Orella de Mar.
Coordina: Maika González García

- Venres ás 19.00 h.: “O patrimonio marítimo, embarcacións e navegación,
museos do mar...”
coa intervención de: Víctor Fernández, presidente da F.G.C.M.F. Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Galicia.
Uxío Allo, secretario da F.G.C.M.F. Coordina: Mar de Muros

OBRADOIROS (de 11h a 13h e de 19h a 21h)

- Nas prazas do Cristo e do Mercado e na Porta da Vila

Mostra do secado do congro, afumado da sardiña, reprodución dunha cociña e dunha taberna tradicional, cestaría,
sancosmeiros, pan, cabullaría, ferraría e encaixe

- No Mercado Mariñeiro

Cerámica

- Na Pescadería Vella

Carpintaría de ribeira

- No Chalón

Mostra e obradoiro de Xogos Tradicionais (de 11.30 h. a 13.30 h.)

- Na praia do Castelo

Faluchos (horario: dende as 18h00)

- Na rúa Ancha

Mostra do Cascallo


VISITAS TURÍSTICAS GUIADAS (inscrición previa na Oficina de Turismo)

- Galicia Seadventure. Ruta do Mexillón: ás 12.00 h. e ás 18.00 h., de venres a
domingo

- Casco antigo: ás 11.30 h. e ás 17.30 h.

- Moita vida no areal, ás 19.30 h., sábado e domingo


CONCURSOS

- De venres a domingo: I Certame de Tapas e Petiscos. 12.00 h a 14.30 h

- De venres a domingo: I Certame de Ambientación Mariñeira

- Sábado e domingo. VI Concurso de pesca a flote. 6.00 h a 13.00 h


NAVEGACIÓN

- Iniciación á vela tradicional na dársena de Muros. Inscrición previa na Casa de
Cultura.

Concentración e navegación das embarcacións tradicionais, sábado e domingo. Mañá e tarde.


CARPA MARIÑEIRA

Aberta de 12.00 h - 15.30 h e de 19.30 h - 23.30 h


- Muros- Cuchufellos- Bonovo- Banda Potemkin -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* MAGOSTO 2010: HORARIOS i ENLACES



Cuchufellos



Web oficial

en Myspace


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



cuchufellos:
Directo en Balboa (2007)





buscar mais información
sobre Cuchufellos en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Cuchufellos en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]