Ghastas Pista?

Coral de Ruada
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

Editar información sobre o grupo

Coral de Ruada


A CORAL DE RUADA foi fundada no ano 1918 polos ourensáns Fabriciano Iglesias, Xabier Prado “Lameiro”, Xulio Prieto Nespereira, Virxilio Fernández e Ce ..>>


[1] [2]

Novas que incluen 'Coral de Ruada':


A Coral De Ruada celebra o seu Centenario en Ourense

(texto engadido o día 9/ / 4/ / 19 )


O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este venres, día 12 de abril, ás 20.30 horas o concerto “De Ruada entre amigos”, no que a coral ourensá celebrará o centenario do seu nacemento. As persoas interesadas en desfrutar do espectáculo poderán recoller as entradas desde mañá ate o propio venres, de 9 a 14 horas, na recepción do Auditorio. Son gratuítas, cun máximo de 2 localidades por persoa. En caso de que quedaran entradas dispoñibles, poderíanse retirar tamén o propio venres pola tarde no despacho de billetes.

O concerto, organizado polo Concello, a través da Concellería de Cultura e a Coral de Ruada, contará coa participación de agrupacións de música tradicional tan senlleiras como Rebulir, Gomez Mouro, Os Melidaos, Treixadura e Luar na Lubre, que quixeron sumarse a esta celebración, na que colaboran tamén a Deputación de Ourense, o Consello da Cultura Galega, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a Obra Social “la Caixa”, Anpian, Cabú, Bodegas Arnoya e Estrella Galicia.

(Entrada libre, a recoller no auditorio dende o día 9 de abril)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



14 Ciclo de Coros Galegos históricos e novos en A Coruña
https://www.facebook.com/cantigasdaterra/photos/gm.311394299688212/2124800080917419/?type=3&theater
(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Domingo 2 de decembro ás 19h. podedes asistir á terceira e última xornada do 14' Ciclo de Coros Galegos, Históricos e Novos. Nesta terceira xornada do Ciclo, participaran:
- CORAL DE RUADA. Coro irmán e Histórico, neste ano está de centenario. Fundado o 5 de outubro de 1918. Moitos parabéns polos 100 !
- CORAL POLIFÓNICA EL ECO. 137 anos de historia musical coruñesa.
Se non chove, faremos pasarrúas pola rúa Real ás 18.30h.
-Pechará o acto o coro anfitrión, CÁNTIGAS DA TERRA, que nesta ocasión contará coa intervención especial do grupo de Zanfonas da Entidade, coordinado por Miro Casabella.
Se non chove, non vos perdades o pasarrúas pola rúa Real ás18.30h.!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar Na Lubre en Esgos (Ourense)

(texto engadido o día 17/ / 8/ / 18 )


Domingo, 19 de Agosto

Romerí­a dende as 12 de mañá na Finca da Casa Reitoral de Esgos, na que tamén haberá espazo para a artesaní­a, os xogos tradicionais, a olerí­a e a gastronomí­a.

As 20:30h actuación de Dequenvessendo, e despois:

CONCERTO ESPECIAL DE LUAR NA LUBRE, con máis de 60 convidados: a Coral de Ruada, Felix e Castor Castro, Oscar Rosende, SÉS, Nani Garcí­a, Marisa Valle Roso e Pablo Carreira, Astarot, Bieito Romero Diéguez, Irene Cerqueiro... e máis sorpresas.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cerimonia VIII Premio X. Prado Lameiro (Ourense)

(texto engadido o día 19/ / 1/ / 18 )


Venres 19 de xaneiro ás 20:30h
Teatro Principal de Ourense.

O acceso ao Teatro é libre ata completar aforo.

Actuarán: Grupo de Teatro Xabier Prado Lameiro, Colectivo Rebulir, Coral de Ruada.


A Asociación Cultural Rebulir recollerá o vindeiro venres día 19 de Xaneiro as 20:30 h. no Teatro Principal de Ourense o VIII Premio Xabier Prado Lameiro da Cultura Galega que otorga a Coral de Ruada. Deste xeito, a asociación ramirense súmase a outros nomes ilustres no eido da cultura tradicional como son as asociacións Cantigas e Agarimos, na pasada edición; Xacarandaina, Cantigas da Terra, o Real Coro Toxos e Frores... entre outros.

No acta do xurado, reunido o 6 de Outubro, destacábase o traballo realizado ao longo de máis de 12 anos no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da música, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que o acompañan, como son os grupos de bailes, os instrumentais, as escolas, a animación sociocultural, a organización de eventos culturais... etc.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar Na Lubre e amigos en A Coruña

(texto engadido o día 19/ / 12/ / 17 )


Martes 19 de decembro ás 20:30h
Teatro Rosalía de Castro.
Número, 37.
A Coruña.


Concerto especial de Nadal no que participarán como convidados especiais as voces Irene Cerqueiro e Irma Macías, a CORAL De RUADA, xunto con Pablo Rosales e Bieito Romero Diéguez do grupo Dequenvessendo








- Luar Na Lubre -

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar Na Lubre en Compostela

(texto engadido o día 23/ / 1/ / 17 )


Sábado 28 de xaneiro ás 21:00h
Auditorio Abanca.
Rúa do Preguntoiro, 23,15704 Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela.



1º concerto da xira "XXX Aniversario" con convidados especiais como a Coral de Ruada, Ismael Serrano etc e tamén novidades de cara a nova tempada.
- Luar Na Lubre -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Lembrade Nós - Homenaxe á xeración Nós. En Ourense

(texto engadido o día 5/ / 11/ / 16 )




Sábado 5 de novembro partir das 20h no Liceo de Ourense.

Real Coro Toxos e Froles
Grupo de Baile Perfecto Feijoo
Agrupación Abertal
Coral De Ruada

Entrada de balde

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación do coro Agarimos da Terra, no Balneario (Mondariz)
http://www.todocondado.com/presentacion-do-coro-agarimos-da-terra-no-balneario/
(texto engadido o día 22/ / 4/ / 16 )


Domingo 24 de abril ás 19h no Auditorio do Hotel Balneario de Mondariz

Agarimos da Terra
Bicarelo
Pé de Pote
Volta e Dalle

Agarimos da Terra foi un coro creado no Balneario de Mondariz en 1916, nunha tradición que tivo a súa orixe en 1883 en Pontevedra seguindo o modelo acuñado polo boticario Perfecto Feijóo Poncet (o famoso dono do loro Ravachol) na agrupación Aires d’a Terra coa pretensión de dignificar as músicas aldeanas, no marco da recuperación do folclore, que creou un patrón de enxebreza musical que deu pé ao nacemento de agrupacións semellantes noutras localidades galegas ao principio do século XX, coincidindo co desenvolvemento das ideas galeguistas que levarían en 1916 á creación das Irmandades da Fala. Son os casos de Toxos e Froles (1915) en Ferrol e de Cántigas e Aturuxos (1915) en Lugo, de Cántigas da Terra (1916) na Coruña, que por ventura mantivo o seu pulo ininterrumpido até hoxe; Foliadas e Cantigas (1916) en Pontevedra; Agarimos da Terra (1916) en Mondariz; Agrupación Artística de Pontevedra (1917); Queixumes dos Pinos (1917) en Santiago; Agrupación Artística de Vigo (1918); Coral de Ruada (1918) de Ourense, Cantigas e Agarimos (1923) de Santiago e Cantigas e Frores (1948), tres agrupacións estas últimas que aínda manteñen a súa actividade.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Luar Na Lubre presenta Extra Mundi en Vigo e A Coruña

(texto engadido o día 7/ / 1/ / 16 )


Venres, 8 de xaneiro ás 20:30 no Teatro García Barbón.
Sábado, 9 de xaneiro ás 20:30 no Teatro Rosalía de Castro.

Acompañados pola Coral de Ruada de Ourense.


- Luar Na Lubre -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Coral de Ruada (Ourense) - Clases de gaita galega e percusión
http://www.coralderuada.com/index.php?sec=Blog&ap=blog_visualizar&id_blog=116
(texto engadido o día 20/ / 9/ / 15 )


Cando estamos a inciciar un novo curso, dende a Coral queremos ofrecer aos ourensáns unha nova inciativa na que temos depositadas grandes esperanzas: a Escola de Música Tradicional “Virxilio Fernández”, que, como se pode apreciar, leva o nome do noso primeiro gaiteiro e un dos nosos fundadores, para quen, por certo, temos solicitado ao Concello unha rúa ou praza da cidade.

As características máis salientables desta actividade son as seguintes:

Esta escola está organizada pola Coral De Ruada.

Poden participar mulleres e homes cunha idade mínima de 10 anos.

As clases terán lugar no local de ensaio da Coral De Ruada, situado no ático do teatro Principal, na rúa da Paz, nº 9.

Terá lugar os martes de 18,00 a 20,00 horas.Dependendo do nivel previo dos alumnos, poden organizarse en dous niveis: inicio (de 18,00 a 19,00 horas) e perfeccionamento (de 19,00 a 20,00 horas).

Daranse clases de gaita galega e percusión (tamboril, bombo, pandeireta e pandeiro).

As clases serán impartidas polo prestixioso gaiteiro Gonzalo Abelairas, titulado profesional de música na especialidade de Gaita Galega, membro da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional (AOFT), membro do Grupo de Música Tradicional “Gomez Mouro”, gaiteiro e compositor do Cuarteto de Gaitas “Abelente”, director da Agrupación de Gaitas “De Pé Feito”, membro do Cuarteto de Gaitas “parDpar”, etc.

Os interesados en participar deben dirixirse aos teléfonos: 654 173 524 (Gonzalo) ou 657 677 411 (Emilio). Tamén poden enviar un correo electrónico á dirección seguinte: info@coralderuada.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto Aires da Terra no Museo de Pontevedra - O legado de Feijóo
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3286:concerto-aires-da-terra-o-legado-de-feijoo&catid=32&Itemid=18
(texto engadido o día 10/ / 12/ / 14 )


O vindeiro 13 de decembro, Suso Vaamonde e sete músicos máis revivirán o primeiro coro galego: Aires da Terra.


A só dous días do centenario da disolución do coro por parte do seu creador, Perfecto Feijoo, rememoraranse algunhas melodías do coro interpretadas con instrumentos orixinais.


Presentará o acto Xurxo Souto, e contarase coa presencia de José Luís Calle (autor do libro "Aires da Terra. La poesía musical en Galicia"), de Xosé Manuel Aldea Moscoso (Director da editorial "Ouvirmos"), e de representantes directivos dos coros "fillos" directos de Aires da Terra: Toxos e Frores (Ferrol), Cántigas da Terra (A Coruña), Coral De Ruada (Ourense) e Cantigas e Agarimos (Santiago), entre outros persoeiros do mundo da música tradicional.


O concerto terá lugar no Museo de Pontevedra - Sexto Edificio as 20h.


Quedades todos convidados a celebrar este centenario. Entrada de balde.

- Cantigas e Agarimos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Ciclo de Coros Históricos - C.C. Ágora (A Coruña)
http://www.cantigasdaterra.com/
(texto engadido o día 12/ / 10/ / 13 )


20 de Outubro
- Coral de Ruada
- Homenaxe a E. Vilariño e A. Mato
- Cántigas da Terra

10 de Novembro
- Aires de Bergantiños
- Cántigas da Terra

24 de Novembro
- Toxos e Froles
- J.M. Yáñez (piano) e Victoria Á. Acón (voz)
- Cántigas da Terra

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto dos amigos da Coral de Ruada (Ourense)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=123602
(texto engadido o día 27/ / 6/ / 13 )


O xoves, día 27 de xuño, a Coral de Ruada ofrece o seu tradicional Concerto dos Amigos no Teatro Principal de Ourense, ás 20.30 horas.

Os amigos da coral poderán recoller as invitacións para asistir ao concerto na taquilla do teatro, os días 25, 26 e 27 de xuño de 11.30 a 13.00 horas, previa identificación como amigo da Coral.

As invitacións non retiradas polos amigos do grupo serán ofrecidas ao público o mesmo día do concerto, 27 de xuño, de 19.30 a 20.30 horas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos no Toxos

(texto engadido o día 15/ / 5/ / 13 )


O Real Coro "Toxos e Froles" convídaos ao concerto que terá lugar no noso local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol) o vindeiro sábado 18 de Maio ás 20:30 horas. Nesta ocasión contamos coa presenza do Coro Aimil de Xinzo de Limia (Ourense).

Formado por un grupo de xente que gosta do canto popular como mostra do espíritu lúdico da música, recolle a herdanza musical dos coros galegos iniciada en 1883 polo pontevedrés Coro Aires da Terra e continuada polo Real Coro Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral De Ruada, Cantigas e Agarimos, ...
Nesa arela de transmisión e continuidade, o Coro Aimil achega unha nova xeira na reinterpretación de cantos populares, así como incide na procura e desenvolvemento de temas da tradición musical galega.
Ao longo de estes anos, o Coro Aimil participou en varios eventos musicais de carácter local, autonómico e internacional, como os organizados polo Orfeão de Barrô (Águeda, Portugal) e a Asoc. Cultural de Canidelo (Vilanova de Gaia, Portugal) ou o internacional de Coros organizado pola Coral De Ruada.
Dende fai tres anos o Coro Aimil organiza un festival anual baixo o nome xenérico de "Coralimia", no que se van dando cita prestixiosas agrupacións de ámbeto internacional. Sendo así que na primeira edición contou coa presenza do Real Coro Toxos e Froles.
Compoñen o Coro Aimil trinta voces mixtas e grupo instrumental.
Dirixe o Coro Aimil dende a súa fundación o gaiteiro ferrolán Fernando Dopico Blanco.

A entrada é libre e gratuita.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Encontro de Coros Tradicionais, CANTARES NO MIÑOR

(texto engadido o día 18/ / 1/ / 13 )


Sábado, 26 de xaneiro, ás 20,00 horas, en Baiona, no Auditorio Municipal Quinto Centenario.

Presenta: Leo de Matamá.

Actuación da Coral De Ruada, de Ourense, e do Coro Tradicional Cantares do Brión, con sede no Centro Cultural de Vincios (Gondomar).

Se no I Encontro acudiu ao Val Miñor o coro Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, nesta ocasión será a tamén histórica agrupación Coral De Ruada quen nos visite. En 2011 foi Cántigas da Terra, da Coruña, quen estivo na presentación oficial de Cantares do Brión, en Vincios, realizando o apadriñamento desta formación.

O repertorio de cada coro é, fundamentalmente, de orixe popular, a base de foliadas, alalás, pandeiradas, maneos..., pero tamén haberá pezas de nova creación, sempre con base na música tradicional de Galicia.

A organización do evento corre a cargo de Cantares do Brión, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Baiona.

A entrada é de balde, até completar aforo.
- Coral de Ruada- Cantares do Brión -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Vindeiros concertos de Treixadura
http://www.treixadura.com/
(texto engadido o día 19/ / 6/ / 12 )


Música tradicional salvagardada polos coros decanos galegos.
Cantigas populares que arrouparon a gaita no século pasado.
Melodías de gaita que máis prenden nos galegos.
Novas cantigas que Treixadura “peneira no seu tremiñado”.


29 xuño - Festas de Ourense coa Coral de Ruada
25 xullo - Sargadelos
6 agosto - A Rúa (Valdeorras)
15 de agosto, 22:30 - Pontevedra.Festas da Peregrina
18 de agosto - Malpica
9 de novembro - As Pontes

- Treixadura -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Certame Internacional de Coros De Ruada

(texto engadido o día 21/ / 6/ / 12 )


Coa participación da Coral De Ruada, Cantares do Brión, Orfeâo de Águeda, Coro Aimil, Cántigas da Terra e o Orfeão de Águeda (Portugal)

- Coral De Ruada- Cantares do Brión -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura en Ourense

(texto engadido o día 21/ / 6/ / 12 )


Treixadura presenta "Esa si que é Muiñada" o 29 de Xuño ás 23h na Praza Maior de Ourense, acompañados pola Coral de Ruada
- Treixadura -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura presenta ESA SÍ QUE É MUIÑADA en Pontevedra, Vilagarcía e Narón
http://www.treixadura.com
(texto engadido o día 9/ / 2/ / 12 )


O grupo realizara unha xira por teatros que na que, de momento, están confirmados os concertos en Vilagarcía de Arousa e Narón, mentres se está a xestionar a presentación do novo disco noutras grandes cidades de Galicia

O vindeiro 11 de Febreiro Treixadura subirá ao escenario do Pazo da cultura de Pontevedra para presentar en directo o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada”. Un disco que toma forma dende o son máis tradicional do grupo, e os cantos populares, que ben souberon reflectir coa colaboración dos coros decanos de Galicia “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela) , “Cántigas da Terra” (A Coruña), “Real coro Toxos e Froles” (Ferrol) e “Coral De Ruada” (Ourense).
O concerto comezará ás 21:00 h e as entradas poden mercarse na billeteira do auditorio e na páxina web servinova tanto para este concerto como para o que ofrecerán o próximo 21 de Abril no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. O 17 de maio, Treixadura celebrará o Día das Letras Galegas cun novo concerto no Pazo da Cultura de Narón.


- Treixadura -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura reunirá a 1.500 persoas no Auditorio Mar de Vigo

(texto engadido o día 17/ / 12/ / 11 )


A Fundación Inade, Instituto Atlántico del Seguro organiza, para o próximo 17 de decembro, un concerto baixo o título “Gracias a ti”, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.
Con esta celebración, a fundación Inade quere agradecer ao conxunto da sociedade a confianza depositada nos mediadores de seguros para proteger o seu patrimonio, as súas persoas e as súas responsabilidades a través de contratos coas entidades aseguradoras, así como a labor que teñen levado a cabo, e continúan a facer as persoas que traballan no conxunto do sector asegurador.
O concerto “Gracias a ti” será interpretado polo grupo de música tradicional Treixadura, que presenta en Vigo o seu último disco “Esa si que é muiñada”. Esta agrupación conta con 20 anos de grabaciónns e concertos, cinco discos no mercado e unha chea de colaboraciónns discográficas.
Con este novo traballo, Treixadura pretende “revivir a música e os cantos populares que aínda se ocultan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural”. Para desenvolver esta declaración de intencións, o grupo contou coa colaboración dos coros decanos Galegos “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela), “Cántigas da Terra” (A Coruña), “Real coro Toxos e Froles” (Ferrol), “Coral de Ruada” (Ourense) e “Agrupación Musical de O Rosal” (O Rosal, Pontevedra).
- Treixadura -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* Tocar na casa é unha responsabilidade, pero tamén é sempre un pracer enorme

* Ouvirmos presenta `90 aniversario da Coral de Ruada´

*

*



Coral de Ruada



Web oficial







buscar mais información
sobre Coral de Ruada en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Coral de Ruada en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]