Ghastas Pista?

Coanhadeira
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Coanhadeira':


Ábrete de orellas.com celebra o seu X aniversario con actuacións ao vivo
http://abretedeorellas.com/detallenoticias.asp?cod=2539
(texto engadido o día 26/ / 2/ / 13 )


O portal galego Ábrete de orellas.com cumpre 10 anos este mes de marzo e celebrarao cunha serie de actuacións en colaboración con colectivos e locais de Pontedeume, Ferrol e Compostela: catro concertos e unha representación teatral ben musical.

Ademais das actuacións ao vivo, non han faltar sorteo de Galeokes e gravacións de música feita en Galiza, pois o selo DoFol Música colabora co agasallo dun lote de cedés.

venres 15, Pontedeume:
- "O fútbol é así" da compañía Obras Públicas no local do Colectivo Terra Pontedeume. 21:00 h. Apertura de portas 20:30 h. 4 €

sábado 16, Ferrol:
- O dúo 2uS en sesión vermú no bar Cantón Vello ás 13:30 h. 3 €
- Grampoder + Projecto Mourente ás 21:30 h no Manchita Cosa. 5 €

martes 19, Compostela:
- o dúo de Fernando Barroso e Luis Peixoto presenta o seu recente álbum "Pop" na Casa das Crechas. 21:30 h. 5 €
Tras eles, unha sesión de picadiscos orelluda.

Ábrete de orellas.com non ten afán de lucro, polo que os prezos das entradas son ben económicos e destinados a pagar os artistas. Os aforos son limitados e as camisolas conmemorativas por encarga, así que aceptamos reservas en abretedeorellas@gmail.com


"Ábrete de orellas" xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a súa faceta de comentarista musical por diversos medios (Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia, TVG ... ) hai xa dez anos creou Ábrete de orellas.com, portal especializado en música e concertos na Galiza. Cunha atención especial a artistas, salas e produtoras do país, non pretende crear tendencias, senón divulgar, ser un punto de encontro das diferentes propostas. Máis de 1500 seareiros en facebook e máis de 20000 visitas no último ano animan a seguir mellorando.

Sobre os artistas participantes no aniversario:

"O fútbol é así" é unha historia baseada en feitos inventados que ben puideron ter ocorrido na fase final dun mundial no que xogaba unha selección vestida de vermello. Producción de Obras Públicas, escrita e dirixida por Xosé Prieto e protagonizada polos actores Leandro Lamas e Mos, que descreben o espectáculo como "60 minutos de música e teatro con xornalistas deportivos, coa afección e por suposto cos xogadores". Gargalladas aseguradas e un bo feixe de recoñecibles cancións con letras irónicas e acedas.

2uS é a unión da guitarra eléctrica de Pablo Carrera (Doutor Harapos) e o clarinete de Fernando Abreu (Cuarteto Caramuxo, OMEGA, Banda Crebinsky ...) que se presentou hai uns anos co álbum "Só son sons". Desde o sur de Pontevedra e de proxectos ben diferentes, estes músicos arrédanse de teorías para unirse instrumentalmente con calma, agarimo e sen prexuízos para ir deixando pingas máis ou menos abondosas de jazz, funk, pop, música contemporánea, world music con arumes africanos, caribeños ou orientais ... segundo pidan o ánimo ou o momento. Con elegancia, sen brusquedade nin elitismo, pasan do acústico ao eléctrico, da tranquilidade e a calma ao baile suave e incluso momentos de desacougo ou experimentación.

Grampoder é o novo proxecto dos composteláns Le Roi e Martin Wu, anteriormente en bandas como The Homens, Stay Pretty, Fame Neghra ou Mato Grosso. Neste novo proxecto en dúo mesturan a súa actitude roqueira de sempre cunha instrumentación acústica, máis portátil. Chamémoslle pop campestre, folk psicodélico, punk acústico ou hardcore hippie, pero o mellor é descubrilo ao vivo mentres agardamos vexa a luz o seu primeiro álbum.

Projecto Mourente é uma iniciativa persoal aberta à participaçom da gente. Trata-se de fazer pop em galego com tecnologia doméstica. Compomos e gravamos na casa para difundir o resultado na rede. Poucas vezes damos concertos, pero já temos percorrido umas quantas vilas "senlheiras" (Melide, Carvalho, Lalim etc.). Voltamos a Ferrol para celebrar o aniversário de "Abrete de orellas" presentando algumas canções do novo álbum "A pior" sem esquecer os nossos temas mais conhecidos (Como os caranguejos, Que me enterrem na discoteca, Chuliboy, Controla-te).

Luís Peixoto e Fernando Barroso son dous músicos novos pero experimentados. O galego Fernando (Riobó, Coanhadeira, Os Cempés) e o portugués Luís (Anxo Lorenzo, Kepa Junkera, Quadrilha, Galandum Galundaina ou Dazkarieh) xa traballaron xuntos no trío Assembly Point e agora presentan "Pop", un novidoso proxecto que se afasta do estrictamente tradicional e popular para afondar na música instrumental en diferentes estilos. Os piares fundamentais de "Pop" son a variedade instrumental (bouzouki irlandês, guitarra de Coimbra, viola braguesa, bandolim, cavaquinho, banjo tenor, ou as guitarras acústica, clásica e eléctrica, pandeireta, pandeiro, asubíos, sintetizadores ...) e os ritmos con influencias que van desde os antigos trobadores até os anos 80 ou a actualidade. Gravado, arranxado e producido por eles dous, "Pop" é o resultado de "desprendernos dos nosos referentes, o que pode soar a vello, pero que se ve claramente que non foi gravado hai anos."

Grazas aos locais colaboradores:

Colectivo Terra, Pontedeume. Boa Vista 8, Baixo.
CantónVello, Ferrol. Rúa Taxonera 1, Entrechán.
Manchita Cosa, Ferrol. Rúa Magdalena, 138.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela. Rúa Vía Sacra, 3.
- Ábrete de Orellas- 2us- Projecto Mourente- Casa das Crechas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música Tradicional nas Festas de San Froilán
http://www.sanfroilan.info/
(texto engadido o día 2/ / 10/ / 12 )


4 de Outubro
Coanhadeira e Leilía (praza de Santa María ás 21.15)

5 de Outubro
Saltanocribo e Sondeseu (Praza de Santa Maria ás 20:15)
IV Zumbanocoiro con A Volta do Agro, As Lagharteiras, e Tiruleque (Praza do Campo Castelo ás 22:30)

6 de Outubro
X Festival de Cultura Tradicional (Praza de Santa María ás 18:00)

7 de Outubro
XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas ás 11:30 e ás 17:30
I Certame do Traxe Tradicional Galego no Parque de Rosalía de Castro ás 12:00
Brincadeira, Ruote e Malvela na praza de Santa María ás 19:30
- San Froilán- Coanhadeira- Leilía- Saltanocribo- Sondeseu- A Volta do Agro- Tiruleque- Brincadeira- Ruote- Malvela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



4 de Agosto, Repichocon en Cariño e actuación de Coanhadeira
http://www.frouma.com/index.php?option=com_content&view=article&id=363:repichocon-en-carino&catid=37:novas&Itemid=102
(texto engadido o día 2/ / 8/ / 12 )


O día 4 de agosto a partir das 20:00 h Cariño soará a música tradicional.

Comezaremos cun desfile polo pobo que rematará na Plaza Roja, alí disfrutaremos dos concertos das bandas de gaitas e do grupo Coanhadeira.

As Bandas participantes neste tercer Repichocón serán:

Banda de Gaitas San Xiao do Trebo (Cariño)
Grupo de Baile Troula do Ortegal (San Adrián)
Banda de gaitas de Ladrido
Grupo de baile Buxainas (Cedeira)
Banda de gaitas El Penedón de Castropol (Asturias)
Banda de gaitas Brisas da Croa (Ladrido)

CONCERTO DE COANHADEIRA

Ó rematar faremos unha Gran Queimada!!!!!

TRAEDE OS VOSOS INSTRUMENTOS QUE HABERÁ FOLIADA ATA QUE O CORPO AGUANTE!!!!!!!!!!!!!!

Estades todos invitados!!!!
- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festival Folk Pontenova (Salvaterra do Miño)

(texto engadido o día 30/ / 7/ / 12 )


Venres 3 de agosto a partir das 22:00h. celébrase a terceira edición do festival folk da , no recinto amurallado.

- Pontenova
- Fonteliño
- Coanhadeira

Organiza: Asociación Cultural Pontenova de Salvaterra de Miño
- Festival Folk Pontenova- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Coanhadeira, Xose Manuel Budiño e Kepa Junkera nas Festas de Ourense

(texto engadido o día 26/ / 6/ / 12 )


30 de Xuño a partires das 22:30 na Praza Maior de Ourense
- Coanhadeira- Budiño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concertos en Xuño de Assembly Point

(texto engadido o día 15/ / 6/ / 12 )


Assembly Point é un proxecto innovador de tres músicos excepcionais que atoparon un punto común á súa paixón, a música folk acústica, creando novos temas instrumentais a partires das ricas tradicións dos seus países de orixe: Galicia, Portugal e Irlanda.

Luis Peixoto é un multi-instrumentista especializado en instrumentos de corda portugueses. Da súa lista de proxectos e colaboracións destacan Anxo Lorenzo (Galicia), Kepa Junkera (Euskadi), Flook (Irlanda), Quadrilha, Galandum Galundaina, Dazkarieh, Realejo (Portugal). É sen dúbida un dos máis destacados instrumentistas folk portugueses, dominando á perfección a mandolina e o cavaquinho.

Eoghan Neff é un violinista e musicólogo irlandés premiado internacionalmente. Ten gravado e participado en producciónns de prestixio como Riverdance, The London Metropolitan Orchestra, NeffBros, e Anxo Lorenzo. Recentemente participuo na gravación da banda sonora original do novo filme “The Eagle” do director Kevin Mcdonald, gañador dun Oscar.

Fernando Barroso é un músico galego especializado en instrumentos de corda pulsada. Dende os inicios da súa carreira, estivo presente na creación de numerosos proxectos relacionados coa música tradicional. Compaxina a súa actividade musical en Assembly Point, coas bandas galegas Riobó, Coanhadeira e Os Cempés
- Assembly Point -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Barrikas Folk Rock (Milladoiro - Ames)

(texto engadido o día 8/ / 6/ / 12 )



- Magúa- Coanhadeira- Abóbriga- Anxo Lorenzo- Berrogüetto- Guezos- Medomedá- Labazada- Kallaikoi -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Noite da Lúa Meiga en O Viso - Redondela
http://www.noitedaluameiga.org/
(texto engadido o día 11/ / 8/ / 11 )


A Noite da Lúa Meiga preséntase coma a unión de tradición e cultura; coma a explosión do que se leva a facer en Galicia dende hai séculos representado nun enclave especialmente seleccionado para tal evento.

Así, a finais de agosto no Monte Outeiro Grande (O Viso - Redondela), un lugar cheo de encanto, ten lugar esta Noite de Lúa Meiga, traducida nunha velada marabillosa para tódolos amantes da cultura e tradición galegas.

A X Noite da Lúa Meiga comezará na noitiña do sábado 27 de agosto de 2011 cun concerto onde se representará o máis festeiro da música tradicional da nosa terra.

O domingo 28 de agosto de 2011 volverá a música a partir do mediodía cunha sesión vermú, a subida dos Meighachimpíns e un xantar popular. Pola tarde realizarase unha recreación dos Xogos Populares que xa practicaban os nosos antepasados e seguiremos coa música e o baile con diversas agrupacións folclóricas, gaiteiros e pandereteiras da comarca. Como non, a participación de todos aqueles que desexen está aberta, así que leva o teu instrumento e ÚNETE Á FESTA ¡¡.
- Noite de Lúa Meiga- Sobre Rodas- Coanhadeira- A Requinta da Laxeira- Brisas de Tomiño -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVIII Festa da Carballeira de Zas
http://festadacarballeira.com/
(texto engadido o día 13/ / 7/ / 11 )


Sábado, 6 de Agosto do 2011



Actuarán: A partir das 6 da tarde:



- A.C. CASTRO MEDA de ZAS
- Grupo folklórico Palacio do Rei (Lugo)
- Banda de gaitas Inllar (Ponteceso)

A partir das 9 da noite:



- Muxarega (As Pontes)
- Coanhadeira (Ourense)
- Korrontzi (Euskadi)
- Four Man and Dog (Irlanda)
- Festicultores Troupe (Galiza)

Acceso: 5€, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancións de cada grupo.
Exposición: XXVIII Carballeira, do 31 de Xullo ó 7 de Agosto, no Centro de usos múltiples do Concello de Zas.

- Festa da Carballeira- Muxarega- Festicultores- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FESTIVAL DO CASTRO en Ferreira de Pantón
http://www.festivaldocastro.com/index.php?option=com_content&view=article&id=59&Itemid=55
(texto engadido o día 18/ / 8/ / 10 )


PROGRAMA
11,00h Apertura da Feira de Artesanía


11,00h Final do 3º Torneo de Birlos
(no campo de birlos de San Fiz de Cangas)


13,30h Sesión vermú

AS PICONAS D'O IRIXO




14,30h Xantar Popular


15,30h Entrega de premios do Torneo de Birlos


16,00h Café Concerto

OS VERANEANTES


18,30h Teatro e circo de rúa

RINGO RANGO (un espectáculo de Pista 4)

UNHA TARDE DE CIRCO (da asociación Paso de Valverde)


22,00h Concerto

presentado por Carlos Blanco

COANHADEIRA
ALBERTO MVUNDI
FESTICULTORES
FUNKY STYLE BRASS
DJ IVAN DZ
SERGIO RV DJ
- Coanhadeira- Festicultores- Alberto Mvundi- Festival do Castro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



En Agosto, Coanhadeira!!!
http://coanhadeira.com/2010/07/29/e-en-agosto-coanhadeira/
(texto engadido o día 3/ / 8/ / 10 )



Noticia enviada por Foliadeiro

- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



40 º FESTIVAL INTERCÉLTICO DE LORIENT

(texto engadido o día 2/ / 8/ / 10 )


Do 6 ó 15 de agosto celébrase na Bretaña Francesa a edición 40 do Festival Intercéltico de Lorient no que participarán os seguintes grupos galegos:

CÁNTIGAS DA TERRA
COANHADEIRA
ESCOLA DE GAITAS ORTIGUEIRA
FOLK BRANHAS
LUZ CASAL
MILLADOIRO

O primeiro grupo galego que foi á Bretaña Farncesa foi Cántigas da Terra no ano 1954, que asiste como invitado ó II Congreso de música celta celebrado na cidade de Brest, congreso no que se aceptaría, logo da comunicación presentada pola representación do Coro, que “as características e constantes esenciais da música popular galega, eran coincidentes con aquelas outras dos países representados” pasando Galicia a ser considerada unha das nacións celtas.

Noticia enviada por www.frouma.com

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Coanhadeira en rede con 'Haique' e 'Po'
http://vieiros.com/nova/78666/coanhadeira-en-rede-con-haique-e-po
(texto engadido o día 16/ / 3/ / 10 )


Gañadores do concurso folk internacional 'Escenario PRAU 2009', en Cantabria, o grupo ourensán presenta xa o seu segundo traballo discográfico.

Dicíaselle "coanhadeira" nalgúns recunchos do país ás persoas, ou á mesma vasoira empregada para separar e recoller os restos que quedaban na aira logo das mallas. A palabra acaeulles a un grupo de ourensáns para poñer a andar en 2006 o seu proxecto musical, segundo explican, tratando de recoller tamén "eses restos da malla que sofre a nosa cultura musical, restos sempre aproveitábeis".

Nado como grupo de gaiteiros para armar festa, a formación musical clásica dalgúns deles mesturou coa experiencia na música tradicional e folk doutros e non renuncian á experimentación: "Engádense instrumentos non tradicionais, e sérvese todo cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros engadidos".

Desde o seu nacemento, Coanhadeira suman un feixe de actuacións en escenarios diversos, a musicalización da obra de títeres 'Os barballocas' e o triunfo na sección folk do primeiro concurso Nsaio no Camiño. Na Radio Galega gravaron a súa primeira maqueta en 2007. En 2008 gañaron o XI Concurso Folk Radio Obradoiro, grazas ao cal gravaron o primeiro disco: 'Haique. Máis recentemente, triunfaron no concurso internacional "Escenario PRAU 2009", en Cantabria, o que lles permitiu gravar o seu segundo álbume, 'Po'. No espazo web en Myspace de Coanhadeira poden ampliar información.

Noticia enviada por Suso

- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IVª Xornadas de Agroecoloxí­a
http://www.amigosdaterra.net/info/080513_adt/novas-consumo/466-amigos-da-terra-a-esmorga-amarante-semente-e-verdegaia-organizan-as-ivo-xornadas-de-agroecoloxia#
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 10 )


As IV Xornadas de Agroecoloxía de Ourense son unha mostra da consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense.


 


Amigos da Terra, A Esmorga, Amarante, Semente e Verdegaia presentan, durante 10 días de festa e reflexión colectiva, o traballo realizado conxuntamente ao longo de todo o 2009 e comezos de 2010 para que sexan cada vez máis visibles, para que cada vez teñan máis voz, proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.


 


Un ano máis, as Xornadas de Agroecoloxía ofrecen achegármonos, se cadra un pouco máis, ao mundo que todas/os desexamos: un mundo no que actuemos de forma activa contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles a calquera consideración de saúde pública, de benestar animal ou de respecto ao medio natural.


 


A Agroecoloxía é unha ferramenta cun enorme potencial transformador da sociedade na que vivimos, porque se asenta nas relacións de confianza entre o colectivo que produce e o que consome, substituíndo as relacións meramente comerciais entre elas/es, ademais de potenciar a/o pequena/o productor/a local. Impulsar este sector poñería freo á expasión das grandes superficies comerciais apoiadas na política do consumo insustentable.


 


Retomando o modelo de financiación das anteriores edicións das Xornadas, dende a organización optamos por traballar por un evento autoxestionado, que busca sustentarse nas diferentes actividades lúdicas que se organizan. Contamos, ademais, coa colaboración artística de destacadas figuras culturais galegas. Este compromiso de autoxestión constitúe unha aposta pola independencia e o fortalecemento das redes sociais como motor da cidadanía.


 


 


PROGRAMA:


IV XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE (do 20 de febreiro de 2010 ao 27 de febreiro de 2010)


 


· Sábado 20 de febreiro: Horticultura urbana. Fundamentos, técnicas e valores. Realizaremos un breve repaso a horticultura urbana, as súas orixes, as técnicas actuais e a pegada filosófico do movemento de horticultura urbana no mundo. Tamén presentaremos a recentemente formada Asociación Galega de Horticultura Urbana e os seus plans de futuro e farase un pequeno obradoiro práctico de sementeira e cultivo en entornos urbanos. Participan: Ramón Paz, da Asociación Galega de Horticultura urbana. Lugar: Aula de Natureza de Oira, de 11:30 a 14:00 horas.





· Agri – CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical de Uxía + Guadi Galego + Fred Martins, Coanhadeira e Ergom, que colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Teatro Principal, rúa da Paz 9, ás 20:00 horas. Prezo: 5€


 


· Luns 22 de febreiro: O reto da soberanía alimentaria. Un dos obxectivos do Centro de Investigación de Leboso é o da dignificación da profesión de agricultor a través dunha experiencia que o pon en valor, recoñece a súa aportación á sociedade e á conservación do medio natural. O Centro de Leboso traballa por e para os agricultores, recuperando, seleccionado e mellorando sementes, dándolles formación e facéndoos partícipes dunha estrutura económica novedosa. Participan: Enrique Banet, da Fundación Galicia Verde. Lugar: Ateneo de Ourense, Salón de Actos, Rúa Curros Enríquez 1, ás 20:00 horas


 


· Martes 23 de febreiro: Grupos de consumo responsable: a experiencia de Semente. Reunión informativa con persoas e colectivos da vila do Carballiño interesadas/os en montar un grupo de consumo local de produtos ecolóxicos. A través do camiño percorrido pola iniciativa ourensá "Semente", exploraremos diferentes maneiras de organizármonos na busca dunha forma máis responsable de cubrir as nosas necesidades alimentarias. Participan: Alice Alonso e Laura Seco, da Asociacion de Consumo responsable Semente. Lugar: Casa da Cultura do Carballiño, ás 20:15 horas


 


· Mércores 24 de febreiro: Mesa redonda do leite. A vaca sempre foi parte da cultura galega, mais a tradicional imaxe de vacas a pacer está pronta a desaparecer da nosa paisaxe. A produción intensiva, a carencia de industrias propias, a perda de mercados, a concorrencia con outras rexións resultante da política agraria da UE está levando á case total extinción dun sistema de vida, polo que para reverter esta situación, apostamos por producións tradicionais, ecolóxicas e locais. Participan: Xosé Manuel G. Santiso, coordenador do Séctor Lácteo do SLG; José Luis Carrera Valín, de Arqueixal, e Broder Fernández-Obanza, de Casa Grande de Xanceda. Lugar: Centro Social A Esmorga, rúa Telleira 9, ás 20:00 horas.




· Xoves 25 de febreiro: Proxección do documental Earthlings. Este documental ofrécenos unha visión global e en profundidade da nosa relación cos demais animais naqueles ámbitos nos que os utilizamos como mascotas, comida, entretemento, vestiario e investigacins científicas, cunha total falta de respecto aos animais. Lugar: Biblioteca Publica de Ourense, ás 20:30 horas.




· Venres 26 de Febreiro: Agroideoloxía. Díse do surtido de ideoloxías, dende o independentismo ate o anarquismo, que orbitan e propoñen liñas de actuación social en torno ao AgroEcoloxismo. Mesa redonda que centra o seu debate na defensa dun Agro Ético-Responsable, visto dende a óptica de todo o espectro ideolóxico galego. Participan: Analía Moares, de Amigos da Terra; experiencias de permacultura: Chozas; María Bagaria, de Sem um Cam; Izquierdo, do movemento libertario, e Alice Alonso, d'A Esmorga. Lugar: Centro Social Sem um Cam, Rúa do Vilar 9 ás 20:00 horas.


 


· Sábado 27 de Febreiro: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas/os nosas/os agricultoras/es locais. Participan: invitamos á participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: Parque Infantil do Polvorín (Barrio do Polvorín), de 11 a 14:00 horas.


 


 


“Agroexposición: Retratos da Sustentabilidade”


Vintenove fotografías de 15 estudantes de primeiro curso de Fotografía da escola “Antoino Failde” retratan o medio rural dende diversos puntos de vista, pero co fio condutor da agroecoloxía. A exposición “Retratos da Sustentabilidade” pretende achegar a realidade do mundo rural á sociedade dende distintos puntos de vista, amosando fórmulas de desenvolvemento e relación co “medio” diferentes. Lugar: CHOU-Hospital Provincial, na sala de Consultas Externas, dende o 23 de febreiro ao 12 de marzo.


- Ergom- Uxía- Guadi Galego- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Certame Folk Radio Obradoiro
http://www.radioobradoiro.com/index.php?idMenu=1&int1=4&int2=113&accion=verNoticias
(texto engadido o día 17/ / 11/ / 09 )


Organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e o Grupo Correo
Gallego, fomenta a creatividade entre os músicos novos
O gañador do X Certame Folk Radio Obradoiro
recibirá un premio en metálico de 1.500 euros

Os grupos teñen de prazo até o 31 de decembro para enviar as
súas maquetas. A gala final será o 22 de xaneiro




Fomentar a creatividade músical e dar unha oportunidade aos
músicos novos. Co mesmo espírito co que se creou hai unha década, hoxe presentouse o X
Certame Folk Radio Obradoiro, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude
e Radio Obradoiro, e que ao longo da súa xa dilatada traxectoria converteuse nun certame
polo que pasaron os principais grupos que hoxe conforman o panorama folk galego.
Todos os grupos que desexen participar nesta edición do certame deberán enviar as súas
maquetas antes do 31 de decembro á sede central de Radio Obradoiro, podendo consultar as
bases en www.radioobradoiro.com/folk. O gañador do certame, que recibirá un premio en
metálico de 1.500 euros, coñecerase na gala que se celebrará o 22 de xaneiro no Teatro
Principal de Santiago, que todos os anos rexistra un cheo absoluto para presenciar as
actuacións en directo do catro finalistas.
O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro Tato, destacou hoxe na presentación no Club
Internacional de Prensa, o feito de que este certame xurdise da iniciativa de dous mozos que
en 1999 apenas superaban os 20 anos: María José Gómez e Paulo Gacio, que contaron co
apoio de Radio Obradoiro. “Unha idea que foi apoiada por unha empresa privada, como o
Grupo Correo Gallego, para recuperar a música tradicional galega e manter a galeguidade”,
explicou
Ovidio Rodeiro destacou que neste certame “valórase a música folk e foméntase a
creatividade”, xa que os grupos que desexen participar no certame terán que entregar unha
maqueta con 3 temas, dos que “dous teñen que ser inéditos”. Ademais, o catro grupos que se
clasifiquen para disputar a final terán que “tocar en directo dous temas tamén inéditos”, que
non teñen porqué coincidir cos presentados previamente na maqueta. Rodeiro Tato sinalou
que a Dirección Xeral de Xuventude decidiuse a apoiar e coorganizar o X Certame Folk, que se
celebra no Ano Europeo da Creatividade, polo feito de que a música folk, até o momento, non
estaba contemplada no Certame Galego de Creadores Novos. “A Dirección Xeral de Xuventude
marcouse como un dos seus obxectivos para esta lexislatura a promoción e a difusión da
creatividade xuvenil”, e este certame encaixa neste obxectivo explicou Ovidio Rodeiro.
O director de Radio Obradoiro, José Antonio Pérez, resaltou o éxito que durante este dez anos
tivo o Certame Folk, que “foi promovido por dous mozos compoñentes de Radio Obradoiro
(María José Gómez e Paulo Gacio) e que nesta década supuxo a primeira oportunidade para
moitos grupos que triunfaron tanto no panorama musical galego, como español e
internacional”.
Neste sentido, Paulo Gacio destacou que Quempallou (gañador de 2001) xa gravou tres discos
e chegou a ser número uno nunha radio especializada de Estados Unidos. Daniel Bellón e
Diego Maceiras (gañadores en 2006), actuaron no Festival Internacional de Lorient; Xochilmica
(2004) xa gravou dous discos e actuou en Nova York. O gañador do Certame Folk 2008, os
lucense Coanhadeira, acaban de gravar o seu segundo disco e tamén se proclamaron
vencedores dun festival estatal despois de participar no Radio Obradoiro.

Máis de 500 grupos de toda España
Nas nove edicións anteriores do Certame Folk Radio Obradoiro participaron máis de 500
grupos. Aínda que nos inicios só acudían grupos da comarca de Santiago, o prestixio do
Certame Folk foise estendendo tanto polo resto de España como por Portugal. Neste sentido,
José Antonio Pérez resaltou que grupos de Portugal, León, Asturias, Cataluña, Andalucía e, o
ano pasado, do País Vasco, participaron no Certame Folk.
Pérez Docampo resaltou que este ano o festival celébrase “dacabalo entre 2009 e 2010, para
converterse nun dos primeiros festivais de música que se celebra no Xacobeo, precisamente
nun Ano Santo que tardará moitos anos en repetirse”.

Premio de 1.500 euros
Paulo Gacio, un dos promotores do certame, explicou que nesta edición produciuse un cambio
importante respecto ao premio que recibirá o gañador do Certame Folk. “O vencedor recibirá
un premio en metálico de 1.500 euros. Fai dez anos a posibilidade de gravar o seu primeiro
disco resultaba moi atractivo para moitos grupos, pero hoxe día, cos avances tecnolóxicos, a
gravación é máis alcanzable para os músicos, e o premio en metálico resulta máis atractivo e
sérvelles para que poidan gravar as súas propias maquetas”, explicou o director do programa
“En Clave de Folk”, orixe do certame.
Neste sentido, José Antonio Pérez indicou como o certame foi fiel testemuña da evolución
tecnolóxica. “Si nos primeiros anos os grupos enviaban as súas maquetas nunha cinta de
casette, hoxe xa o poden facer nun mp3, un pen drive ou nun CD”.
Paulo Gacio sinalou que para participar, os grupos ou solistas deberán enviar unha maqueta
con 3 temas. “Non se valorará a calidade de gravación da maqueta, senón a creatividade e a
calidade da música en si”, explicou Gacio, quen sinalou que “aínda que o grupo teña uns
medios precarios para facer a gravación, mesmo nunha cinta de casette, pódese ver si a
calidade da súa música é boa. Si realmente fai boa música folk”, indicou.
Gacio sinalou que, aínda que ata o de agora, a mayoría dos compoñentes dos grupos eran
mozos, este ano as bases explicitan que só se permitirá que o 25% dos compoñentes do grupo
superan os 30 anos.
José Antonio Pérez agradeceu o apoio dos colaboradores que fan posible a celebración do X
Certame Folk Radio Obradoiro, coorganizado coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
e que conta co apoio da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Estrella de Galicia,
Amboa, Pazo Valdoviño e o Concellaría de Cultura do Concello de Santiago.

Certame Galego de Creadores Novos
Durante a súa intervención, Ovidio Rodeiro lembrou que ao Certame Galego de Creadores
Novos que organiza a Dirección Xeral de Xuventude presentáronse este ano máis de 300 obras,
no once modalidades de que dispón: teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve,
poesía, videocreación, cómic, grafiti, carteis e deseño de xoias. “Até agora os premios que
recibían os gañadores eran en metálico, e a partir do próximo ano pretendemos que se
incrementen as posibilidades de promoción e difusión destas obras, para que os nosos
mellores artistas teñan a oportunidade real de lanzar a súa carreira, mediante a organización
de exposicións, foros de creadores, ou fomentando o intercambio de creatividade con outras
comunidades e países”.
Mañá venres, inaugúrase no Centro Comercial Compostela (O Corte Inglés) a exposición que
mostra os traballos dos finalistas en deseño de xoias e artes plásticas, avanzou Rodeiro.


Noticia enviada por Foliadeiro

- Radio Obradoiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Mostra de patrimonio inmaterial 2009
http://ronsel.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=80&Itemid=40#
(texto engadido o día 10/ / 11/ / 09 )


Despois do éxito acadado pola Mostra de PCI organizada o ano pasado na cidade das Burgas, e coa intención de visibilizar de novo este patrimonio e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, a Asociación de Gaiteiros Galegos o Concello de Ourense e todos os parceiros do proxecto Ronsel organizan e patrocinan esta Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial na cidade de Ourense. No Portal do Patrimonio que desenvolve o proxecto Ronsel, pódense ver fotografías e vídeos gravados pola TV da Universidade de Vigo en edicións anteriores na sección de videos e imaxes.
Esta mostra pretende reflectir a diversidade patrimonial inmaterial poñendo ao alcance de todos e todas unhas representacións da súa riqueza, amosando como os coñecementos tradicionais se poden adaptar e vivir na sociedade actual, e como poden xerar expresións de alto valor estético, funcional e económico.
Estas expresións, á marxe dos procesos globalizadores e uniformizantes, unha vez estudadas, postas en valor, reelaboradas e difundidas, reactivaranse para contribuír a un diálogo eficaz coas demais sociedades modernas, desde as nosas interpretacións particulares e diferenciais. Esta mostra ten como fío condutor os valores do propio patrimonio cultural inmaterial. Entre os moitos que se poderían destacar escollemos reciclaxe, comunidade, utilidade e contacto. Deste xeito, na Praza Maior de Ourense acharán unha caseta especificamente dedicada a cada un destes valores onde se mesturan e interaccionan, de xeito indisoluble, os cinco ámbitos do PCI. Nesta Mostra do PCI acharán tamén exposicións, debates, producións audiovisuais realizadas polo proxecto Ronsel e por outros axentes culturais interesados na salvagarda do PCI así como a degustación de produtos ecolóxicos. Os máis cativos terán oportunidade de practicar na construción de simples instrumentos musicais e, por suposto, asistir aos concertos didácticos de Pablo Carpintero que con certeza os deixará abraiados.
Polas noites, ás 20.00 remataremos a xornada cunha actuación musical de grupos musicais de recoñecido prestixio no que agardamos contar coa vosa presenza: Coanhadeira (martes), Tinta Femia (mércores), Leilía (venres) ou os Carunchos (sábado) constitúen distintas formas de entender e facer chegar a nosa música tradicional.
Podes consultar o programa completo da mostra premendo a continuación: Programa da mostra

- Patrimonio- inmaterial- ronsel -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Once grupos galegos no Outonalidades'09

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 09 )


Un total de 11 grupos galegos de diferentes estilos musicais actuarán este ano en Portugal nunha nova edición do programa de intercambio entre a Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) e o circuíto portugués OuTonalidades, no que tamén se insiren as actuacións de 6 bandas lusas en Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a d’Orfeu Associação Cultural colaboran por segundo ano consecutivo na organización desta iniciativa transfronteiriza, que ofrecerá un total de 47 concertos en Galicia e Portugal entre setembro e decembro.

En concreto, os grupos galegos Aló Django, Banda Potemkin, Bukowski Blues Trío, Carmen Dor, Coanhadeira, De Outra Margem, Lamatumbá, Modulok Trío, Portrait, Som do Galpom e Son+D2 protagonizarán un total de 25 actuacións no país veciño, mentres que os portugueses Comcordas, Olivetree, Samasati, Sofia Ribeiro, Taberna Revisitada e Uxu Kalhus realizarán 22 recitais en Galicia, conformando así un amplo cartel que se desenvolverá en 20 localidades galegas e lusas.

O programa portugués percorrerá 11 dos locais que durante o próximo outono acollerán a décimo terceira edición de OuTonalidades, circuíto musical que promove a asociación d’Orfeu no país veciño. O calendario de actuacións dará comezo o 25 de setembro coa presentación de Som de Galpom na Casa da Juventude de Amarante e continuará até o 19 de decembro, visitando tamén Águeda (Espaço d’Orfeu), Aveiro (Mercado Negro), Chaves (Sala Multiusos), Estarreja (Bar do Cine-Teatro), Évora (Espaço Celeiros), Fundão (Casa da Moagem), Ovar (Café-Concerto do Centro de Arte), Porto (Contagiarte), Tondela (Bar do Novo Ciclo Acert) e Torres Novas (Café Teatro Virginia).

En Galicia, a programación inaugurarase igualmente o 25 de setembro cun concerto da banda portuguesa Taberna Revisitada na sala Aturuxo de Bueu. O cartel estenderase até o 5 de decembro por 9 espazos da Rede Galega de Música ao Vivo, que a AGADIC promove en colaboración coa asociación Clubtura: ademais do Aturuxo Bar, Jazz Vides da Coruña, Pun D’Antón Rock Café da Laracha, Café-Cultural Roi Xordo de Allariz, Sala Run Rum de Ferrol, o Náutico do Grove, Clavicémbalo de Lugo, Pub Gatos de Melide e Auriense Café Cultural de Ourense.
- Outonalidades -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Festividade do Salvador de Budiño, O Porriño

(texto engadido o día 17/ / 7/ / 09 )



- Porriño- Avelaíña- Coanhadeira- Guezos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Foliada da Mariña - Xove 2009

(texto engadido o día 16/ / 7/ / 09 )



- Foliada- Mariña- Coanhadeira- Tanto nos Ten -

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::



Coanhadeira presenta o seu novo CD: `Haique´

(texto engadido o día 29/ / 6/ / 09 )



- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



* OuTonalidades, música a ambas beiras do Miño



Coanhadeira



Web oficial

en Myspace







buscar mais información
sobre Coanhadeira en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Coanhadeira en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]