Resultados para:

Chichisos
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2]

Novas que incluen 'Chichisos':


Os Chichisos en Pontevedra

(texto engadido o día 4/ / 11/ / 16 )


Este venres, 4 de novembro ás 21:00 horas na Taberna o Grove, cerca do convento de Santa Clara

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival de Música Tradicional de Cerdedo

(texto engadido o día 13/ / 5/ / 16 )


Sábado 14 de maio ás 20:30h no Centro Cultural de Cerdedo.

Os Trazantes de Tenorio.
Os Chichisos de Pontevedra.
A Seneira de Baiona.
Os Saljariteiros de Marín.
Os Abrentes de Cerdedo


Organizan: Os Abrentes de Cerdedo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornadas de Educación e Cultura Tradicional (Sarreaus)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=140454
(texto engadido o día 15/ / 4/ / 16 )


PROGRAMA:

SíBADO 16


10:30h Recepción e entrega de material

11h Panel: "O pobo- escola de Lodoselo. 30 anos de historia". Imparte: Antonio Rodrí­guez

12h Relatorio: "O patrimonio oral como recurso educativo". Imparte: Antón Castro

14h Xantar

16:30h "Bailar a canda os tempos. Xénero e orientacións metodolóxicas para o baile". Imparten: Carme Campo e Chus Caramés

18:30h Relatorio-concerto: "O gaiteiro verde". Imparte: Xavier Blanco

21:30h Cea

22:30h Velada: "Tradicións e usos lúdicos". Imparte: CDR O Viso



DOMINGO 17

10:15h Almorzo

11h Obradoiro-roteiro: "A música tradicional e o medio. Os instrumentos vexetais, unha ví­a á educación ambiental". Imparte: Colectivo Os Chichisos

14h Conclusións e entrega de certificados

14:30h Xantar de despedida



MATRíCULA:

OPCIóN 1- Só ASISTENCIA:

- Asociados/as NEG: 25 €

- Desempregados/as: 35€

- Ordinaria: 45 €

*Os xantares teñen un custo de 6€ que se pagará a maiores xunto coa inscrición.

OPCIóN 2- COMPLETA (inclúe xantar, cea, velada e aloxamento do sábado e xantar do domingo):

- Asociados/as NEG: 55 €

- Desempregados/as: 65€

- Ordinaria: 75€



Enviar a folla de inscrición+ xustificante bancario a neg@neg.gal ou por correo ordinario a: Nova Escola Galega- R/das Hedras, 4-2ºO. 15895 Milladoiro-Ames.



INGRESO MATRíCULA:

ABANCA- Nova Escola Galega

ES77 2080 0300 85 3040089500

(Indicar nome, apelido e actividade)



www.nova-escola-galega.org

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noites Abertas 2015. Obradoiro de Instrumentos de andar por casa. Pontevedra

(texto engadido o día 4/ / 3/ / 15 )


Os Chichisos organizan unha nova edición deste Obradoiro de "Instrumentos humildes" da música tradicional.
Será o venres 6 de marzo no Local de Música

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de defuntos cos Chichisos (Pontevedra)
http://chichisos.wordpress.com/2014/10/22/noite-de-defuntos-cos-chichisos/
(texto engadido o día 31/ / 10/ / 14 )


Venres 31 de outubro a partires das 17h
Obradoiro de talla de calacús, pasacorredoiras co grupo Os Chihcisos e colocación das caveiras pola senda do río dos Gafos.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada do Demo en Pontevedra
http://chichisos.wordpress.com/2014/08/21/foliada-dos-chichisos/
(texto engadido o día 21/ / 8/ / 14 )


O sábado 23 de agosto de 2014, na Praza de Curros Enríquez (Pontevedra) a partires das 21.30


Verbena Anos 50, coa Orquestra Os Modernos e Os Chichisos, e a presenza dunha rosquilleira, luces de cores, bandeiriñas…


Animádevos a vestirvos coas roupas que se levaban naqueles anos e viaxade ao pasado coas nosas melodías.


Agardámosvos !!





...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Os Chichisos organizan unha nova edición de Campás e Campaneiros

(texto engadido o día 7/ / 8/ / 14 )


Domingo 17 de agosto de 2014

IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LAIOSA, O INCIO, LUGO

- 10.30 Comezo da demostración dos toques das campás por, José

Antonio González Gómez e Ricardo Casas Rodríguez, campaneiros de San Martiño de Laiosa.

- 12.00 Campanario aberto aos asistentes que desexen tocar as campás.

- 12.30 Presentación do libro “As Campás Galegas. Fundicións” de Celso García Alonso, na Igrexa de San Martiño de Laiosa.

- 14.00 Xantar nas Teixugueiras, Laiosa coa actuación dos Gaiteiros de Goián

- Proxección: "Elaboración das campás no Obradoiro Ocampo, de Arcos da Condesa" de Rosa María Lede.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de Os Defuntos con Os Chichisos (Pontevedra)

(texto engadido o día 30/ / 10/ / 13 )


Xoves 31 de Outubro na Fonte do Gorgullón (Paseo do Río dos Gafos)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



6ª Xornada de "Campas e Campaneiros" - 21 de Setembro en Oia

(texto engadido o día 9/ / 9/ / 13 )


6ª XORNADA DE CAMPAS E CAMPANEIROS
PATRIMONIO SONORO E LINGUAXE TRADICIONAL

- 11.30 Visita á igrexa monacal de Santa María de Oia,
guiada por membros da Asociación Cultural Amigos
do Mosteiro de Oia.
- 12.30 Presentación do libro “As Campás Galegas.
Fundicións” de Celso García Alonso, na Oficina de
Turismo do Concello.
- 14.00 Xantar.
- 16.30 Comezo da demostración dos toques das
campás por JESUSA CRESPO DOMINGUEZ
(CAMPANEIRA) E RORY VICENTE DORADO
CARMODY (EX SACRISTÁN E CAMPANEIRO).
- 17.30 Campanario Aberto.
- 18.00 Actuación de VENTOS DO VALDARCA

Os toques das campás serán gravados polo colectivo escoitar.org

Organizan: Os Chichisos
Colaboran: Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia
- Chichisos- Campás e Campaneiros -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada do Demo en Pontevedra

(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


Venres 23 de agosto na Praza do Teucro.

Abóbriga
Os Chichisos
- Foliada do Demo- Abóbriga- Os Chichisos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festival Val da Maí­a, Bertamiráns
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2453:v-festival-val-da-maia&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 24/ / 2/ / 13 )


A ASOCIACIÓN CULTURAL E XUVENIL “VAL DA MAÍA” Ten a ben convidarvos á celebración do V Festival “Val da Maía”, que terá lugar o vindeiro sábado, 2 de marzo, ás 20:00, na Casa da Cultura de Bertamiráns, no que actuarán o grupo de pandereteiras “Maianas”, organizadoras do evento e gañadoras do premio do xurado no concurso da Radio Galega "Vas sacar nota 2012"; “Quodlibet”, de Pontevedra; “Irmandades do Falo”, de Vilalba (gañadores do premio do público no concurso da Radio Galega "Vas sacar nota 2012"); “Os Chichisos”, de Pontevedra; “O Ghusto do Boi”, de Boqueixón, e “Picuíña”, de Marín.
- Maianas- Quodilbet- Chichisos- Ghusto do Boi- Picuiña -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos e Danzas de Nadal e Reis en Pontevedra

(texto engadido o día 7/ / 12/ / 12 )


Cantos de Nadal. Maravallada
-Venres 21 de Nadal. 20.00 horas. Praza de Curros Enríquez
-Sábado 29 de Nadal. 20.00 horas. Praza da Verdura
-Xoves 3 de Xaneiro. 20.00 horas. Praza da Peregrina

Danzas de Nadal. Proxecto Trepia
-Sábado 22 e viernes 28 de Nadal. 18.00 horas.
Saída dende a Praza da Peregrina, percorrendo as prazas Curros Enríquez, Méndez Núñez, Verdura e Leña.

Cantar de Reis. Os Chichisos
-Venres 4 de Xaneiro. 17.30 horas. Prazas e rúas da vila.
- Maravallada- Chichisos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Xornadas arredor da Música Tradicional
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2381:i-xornadas-arredor-da-musica-tradicional-&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 25/ / 11/ / 12 )


No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.

Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queiran saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosaranse outras da man dos mellores especialistas chegados dende Zamora, País Vasco ou Asturias.

Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos consideramos que actividades deste tipo son necesarias tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosará a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se poderá participar de xeito activo nos diversos debates e ponencias.

DATAS:

15 e 16 de decembro de 2012

Prema no título para ver a nova ao completo

LUGAR

Centro Lug2

Rúa Pintor Corredoira 4

27002 Lugo

INSCRICIÓN

Para participar é preciso inscribirse a través do correo secretaria@gaiteirosgalegos.com ou do teléfono 986 84 70 74

O prazo de inscrición rematará o 13 de decembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición.

PREZO DA MATRÍCULA

Socios da AGG: 5 €

Outros : 10 €

FORMA DE PAGO

Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto “Xornadas de Música Tradicional” e o nome completo da persoa.

PROGRAMA

SÁBADO 15 DE DECEMBRO

Mañá

10.30 h - Acto de apertura das xornadas.

11.00 h - I RELATORIO: Ouribería Popular Galega. Francisco Rodríguez Fdez "Pancho"

12.00 h - DESCANSO

12.15 h – PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL

- Vámola Alboreando. Músicas de Teo. Asociación Cultural “A Regionalista”

- Son do Fol. Xaime Estévez

13.00 h - II RELATORIO: Proxecto Treboada Galega. Xerardo F. Santomé

Tarde:

16.00 h - III RELATORIO: A gaita asturiana: historia e usos tradicionais. Alfonso Fernández

17.00 h- IV RELATORIO: Zahagidun gaita Euskal Herrian- A cornamusa no País Vasco. Juan Mari Beltran

18.00 h - DESCANSO

18.15 h - V RELATORIO: As gaitas de fol na Pontevedra de finais do S. XIX. Tipoloxía, técnica interpretativa e repertorio. Pablo Carpintero

19.15 h – CONCERTO: Xirolarrua - Gaita de bota. Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón

Domingo 16 de decembro

Mañá:

10.00 h - VI RELATORIO: A gaita de fol em Portugal. Asociación Gaita de Foles

11.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL

- A Requinta adobada. Alexandre Cadarso "Cano"

- Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos. Rafael Quintía

11.40 h – DESCANSO

12.00 h – VII RELATORIO: D. Casto Sampedro e a música do cantigueiro galego de tradición oral. Xavier Groba

13.00 h-VIII RELATORIO: A Gaita en Zamora. Escalas e repertorio nas distintas comarcas. Alberto Jambrina e Pablo Madrid

Tarde:

16.00 h - IX RELATORIO: Técnica expandida ou o gaiteiro moderno. Paulo González

17.00 h - PRESENTACIÓN DE NOVAS PUBLICACIÓNS SOBRE MÚSICA TRADICIONAL

- O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños. Olga Kirk e Pablo Díaz

- Caderno 20: 24 Estudos Tonais para gaita de fol. David Bellas

17:40 h - DESCANSO

18.00 h – RELATORIO – CONCERTO: Unha Imaxe, unha melodía, un recordo. Exposición e percorrido gráfico - sonoro polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Asociación Berros do Castro

19.00 h - Remate das Xornadas
- Son do Fol- Pablo Carpintero- Chichisos- Olga Kirk- Pablo Díaz- David Bellas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noite de Defuntos en Pontevedra cos Chichisos

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 12 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas dentro das festas de San Froilán (Lugo)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2317:xiv-mostra-de-musica-tradicional-do-domingo-das-mozas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 12 )


O vindeiro 7 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cun total de 16 formacións de todo o país nas que se atopan:

Charanga Alvariza (Cacheiras – Teo ), CaraPaus (Santiago de Compostela), Faiscas de Solobeira (Cambados), Os Viqueiras (Ordes), Picuiña (Marín ), Os Terribles de Donas (Gondomar ), Os Chichisos (Pontevedra), Millo Verde (Cambre), Gomes Mouro (Ourense), Os Resesos (Ames), Caivanca (Lugo), Xarín (O Incio), Biouteiro (Vigo), Cantareiras de Alende (As Pontes)

Estos grupos actuarán pola mañá e pola tarde nas Portas da Muralla, rúas e prazas máis significativas de Lugo estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...).

Xa pola tarde ás 19.30 horas terán lugar as actuacións en escenario, na Praza de Santa María, cos grupos

- Grupo de Pandereteiras de Brincadeira – Santiago de Compostela

- Ruote- A Coruña
- San Froilán- Alvariza- Viqueiras- Terribles de Donas- Chichisos- Xarín- Ruote -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornada de Campás e Campaneiros

(texto engadido o día 16/ / 9/ / 12 )


22 de Setembro na Igrexa Parroquial de Santa María de Lamas, Boqueixón - A Coruña

Os Chichisos organizamos por 5º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”, con elo queremos seguir dando a coñecer o PATRIMONIO SONORO cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.

Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta LINGUAXE TRADICIONAL.

Todos os sons serán grabados polo colectivo Escoitar.org, que está a traballar na recuperación do patrimonio sonoro de Galicia, é dun xeito especial dos sons en perigo de extinción, que é o caso que nos ocupa.

CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE

· O COLECTIVO ESCOITAR.ORG
· VICTOR CURROS REY, CAMPANEIRO DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE LAMAS, BOQUEIXÓN, A CORUÑA.

- Campás e Campaneiros -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada do Demo en Pontevedra

(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )


“REVIVINDO O ESPÍRITO DAS VELLAS VERBENAS”

O segundo terzo do século XX foi un tempo de cambios para a música tradicional galega. Novas modas e novos ritmos chegaron ó noso folclore da man de viaxeiros, emigrantes e, como non, tamén da radio. Rumbas, polkas, vals ou pasodobres empezaron a ser frecuentes nas nosas festas, e eses novos ritmos levaron tamén a novos bailes. Aparecía así, non sen a forte oposición da Igrexa, o baile agarrado que competía coas nosas muiñeiras e xotas.



Xunto cos gaiteiros tradicionais, xa dende comezos de século, empezaron a aparecer novas formacións que, por influenza das bandas de música, incorporaban instrumentos como o saxofón, o clarinete, a caixa ou o bombo con pratos. Nacen así as charangas, as murgas e as orquestillas que incorporan no seu repertorio os novos ritmos e bailes de moda no momento. A partir dos anos 60 irrompen as orquestras que van relegando nas festas, pouco a pouco, as populares bandas de música.



Estes cambios e novos aires na nosa música influíron, como non podía ser doutro xeito, nas nosas festas e bailes. Os tradicionais seráns, ruadas e fiadeiros convivían como boamente podían cos bailes organizados e coas verbenas que, amenizadas por charangas e orquestras, se organizaban co gallo das festas patronais.



É precisamente o espírito desas verbenas dos anos 40 e 50 o que Os Chichisos pretendemos recuperar coa Foliada do Demo. O baile agarrado ó ritmo das charangas e baixo un ceo de bandeiriñas e bombillas de colores, un xeito de vivi-la festa onde a música e o baile son os protagonistas, onde a participación da xente —máis alá de meros espectadores— é fundamental para poder revivi-lo ambiente e emoción daquelas verbenas de verán que hoxe tan só existen na lembranza dos máis vellos.



Agardamos a túa presenza nesta festa, se pode ser ataviado con roupas propias dos anos 50...un sombreiro, un chaleco, unha saia de tubo, ou acampanada, unha blusa ou un xersei, queda todo no voso propio gosto ou posibilidade.



Haberá unha rosquilleira, pra endulzar a noite, bandeiriñas e luces de colores.

- Foliada do Demo- Os Chichisos- Alvariza -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Prehistoria 2012 (Mos - Pontevedra)
http://festadaprehistoria.wordpress.com/2012/07/11/programacion-festa-da-prehistoria-2012/
(texto engadido o día 8/ / 8/ / 12 )


VENRES 3 – no Pazo de Mos ás 19:00h.

- Inauguración da exposición “ARTESANÍA DA PREHISTORIA” (todo o mes de agosto).

- CONFERENCIA: “AS PEDRAFITAS EN GALIZA, funcións e xeneralidades: Grupos específicos”

de X. Alberte Alonso Fernández membro da S.A.G.A. (Sociadade Antropolóxica Galega).



DOMINGO 5 – EXCURSIÓN-VISITA GUIADA ÁS MÁMOAS DE ERVILLE.

Percorrido circular: saída ás 10:00 h. Alto de San Cosme / Chegada ás 13:00 h. Aprox.

VENRES 10 – dia da involucion -

- Apertura do poboado da Penacova . Acendido do Lume Sagrado (10:00h.) = Actuacións musicais.

SABADO 11- dia grande .

- Demostracións e obradoiros: instrumentos musicais vexetais, tiro con propulsor, fabricación de ferramentas líticas, técnicas para facer lume, elaboración de pan prehistórico e pintura corporal.

- Gastronomía cavernícola.

- Enfrontamento e recepción das tribos participantes na Lapiñeira da Fraga.

- Xogos e competicións entre as tribos participantes.

- Compañía de títeres TANXARINA -nova versión do seu espectáculo “Trogloditas”.

- Invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova.

- Actuacións musicais.

Atun con Punk / Vaite Xa / Os Chichisos / Kallaikoi / Covers Band

- Festa da Prehistoria -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Visita guiada á Casa da Gaita en Viascón (Cotobade - Pontevedra)

(texto engadido o día 22/ / 6/ / 12 )


Xoves 28 de Xuño. Organizan Os Chichisos coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos
- Chichisos- Asociación de Gaiteiros Galegos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Instrumentos Vexetais na Ponte da Condesa (Pontevedra)

(texto engadido o día 7/ / 5/ / 12 )



- Os Chichisos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2]


En 'Novas Relacionadas'



*

* CANTOS DE REIS 2009 (CHICHISOS)

buscar mais información
sobre Chichisos en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]