Ghastas Pista?

Ce orquestra Pantasma
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5]

Novas que incluen 'Ce orquestra Pantasma':


XIX Folk De Raiz en Callobre

(texto engadido o día 3/ / 7/ / 18 )


Venres 13 de xullo ás 22:30h
Callobre.


Ven pasar unha noite espectacular con nos, o venres 13 de Xullo en Callobre (A estrada).
Actuaran Habelas Hainas, Pelepau, Grupo Regatos, Ce orquestra Pantasma.
- Habelas Hainas- Pelepau- Grupo Regatos- Ce orquestra Pantasma -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto Expansivo por un Monte Vivo
https://cexmv.wordpress.com
(texto engadido o día 4/ / 11/ / 17 )


O Concerto Expansivo por un Monte Vivo celébrase simultáneamente o sábado 4 de novembro en:

OURENSE. 21h
El Pueblo Café Cultural: Ménage à trois grupo, Blues do País, Thetetasvan Van e O Sonoro Maxín.

COMPOSTELA
21h A Gramola Café: Regueifesta e Banda da Gramola
20h Gentalha Do Pichel: Gergelyes, Paula Carballeira e Foliada Popular

FERROL 22h
Fundaçom Artábria: Rottentown e Iron Hunter.

MOS 18h
CSCD As Pedriñas: Asacocirco Compañia, A Vacaloura Vermella e Tanto Nos Ten (TNT) Música Tradicional Furtiva

VILAR DE SANTOS 18h
A Arca da Noe: A Banda dos Cueiros

MANZANEDA 21h
Festival A Rebusca: Maskarpone OU, Cé orquestra pantasma e Leo Arremecághona

VILA DE CRUCES 21.30h
A Esghalla: Charabiscas e Musicantes

Solidariedade: O diñeiro recadado no Concerto Expansivo destínase integramente a proxectos pedagóxicos e de recuperación medioambiental dos colectivos: Asociación Ecoloxista Adega, Amigos da Terra , Amigos das Arbores da Limia e Amigas das árbores · Ourense


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Rockmería - Festas dos Liñares. Canido (Vigo)

(texto engadido o día 11/ / 9/ / 17 )


Luns 11 de setembro a partires das 19h

Cé Orquestra Pantasma
A Polémica Banda dos Bechuchos
Dreams of Dolly Sheep
Aphonnic
Dakidarría.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa do Emigrante no Val do Dubra

(texto engadido o día 5/ / 8/ / 17 )


Sábado 5 de agosto a partires das 10:00h con Guadi Galego, FanfarriaTaquikardia, Cé Orquestra Pantasma, Familia Caamagno, Faíscas da Pontraga e máis!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Edición Laroucofest (Baltar. Ourense)

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 17 )


Sábado 29 de xullo
III Edición Laroucofest 2017. Concertos, parapente, artesanía, xogos, camping, río, rutas sendeirismo...

Pola tarde actuacións de Xeitosiñas, Banda de Gaitas de Baltar, Cé Orquestra Pantasma...

E á noite:
Tanto Nos Ten-Música tradicional furtiva
Os da Porfía
The Tetas’ Van
Sacha na Horta


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cé Orquestra Pantasma na Pobra do Caramiñal

(texto engadido o día 11/ / 7/ / 17 )


Martes 11 de xullo ás 20:30h
Música infantil no Cantón da leña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Música nas Noites dos Museos no Castro de Viladonga (Castro de Rei. Lugo)

(texto engadido o día 20/ / 5/ / 17 )


Sábado 20 de maio

17:30h Cé Orquestra Pantasma
20:00h Davide Salvado e Pedro Pascual
.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FestiLetras na Aldea do Couto (Ponteceso)

(texto engadido o día 19/ / 5/ / 17 )


DOMINGO 14 MAIO

Sesión matinal

12:15 horas. OS BOS E XENEROSOS

Lugar: Igrexa de San Tirso, O Couto.
Ofrenda floral no adro da igrexa de San Tirso.
Rosalía, Curros, Pondal e Inllar co Himno do Antigo Reino de Galicia.
Alba e Francisco Costa interpretan “Ponteceso”.
Entrega do premios ” Bos e Xenerosos” a Ramón Villares, Uxía Senlle, Fundación Barrié, Concha Blanco, Touriñán e Pereiro.
Presenta: Patricia Blanco.

12:45 horas. EXPOSICIÓN DE PINTURA “A CANTIGA DE BUSERÁN”

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Vicky Rivadulla e a voz de Adhara Caamaño (Adhara & Ritman).
Himno Galego a cargo da Coral A Oliveira de Monte Branco.

13:00 horas. SESIÓN MUSICAL

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Escola de zonfonas de Cántigas da Terra, coordinada por Miro Casabella (Lembranza de Saturnino Cuíñas Lois).

Sesión de tarde

15:30 horas. A FADA ROURIZ

Lugar: Dolmen de Dombate, Borneiro.
Itinerario dramatizado por Dombate, Fornellas e Reirís en colaboración coa AA.VV. “A Fonte” de Fornelos con: Yago Espasandín, Tamara Lema e Silvia Losada.

20:00 horas. MARCOS PEREIRO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Monólogo “Como ser armario empotrado”.
Donativo: 3€


LUNS 15 MAIO

Sesión matinal

11:30 horas. FINA CASALDERREY

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Eduación Primaria de Corme e Ponteceso.
“Icía quere cambiar o mundo”.
Coloquio coa autora.

Sesión de tarde

15:30 horas. CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Lugar: Biblioteca do CEIP Eduardo Pondal, Ponteceso.
Actividade “A xogar, cantar e bailar” dirixida ao alumnado de educación Infantil de Corme e Ponteceso.

16:30 horas. ASUNCIÓN ANTELO

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Actividade dirixida ao alumnado do IES Ponteceso.
“A voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal”.
Participan: Cristina Abelleira, Lupe Blanco, Silvia Losada, Eloi Vidal, Miguel Calvo e J. A. Andrade
Recital poético da mocidade.
Entrega do premio Berghantiñana.
Visita exposición Asunción Antelo

18:30 horas. LABREGHA BERGHANTIÑANA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Armando os coros para o concerto con María Xosé Silvar.

20:30 horas. XEOGRAFÍA PONDALIANA

Lugar: Casa dos Veciños, O Couto.
Presentación do libro Xeografía pondaliana de Manuel Ferreiro, arroupado por: Goretti Sanmartín, Rocío Romar e Tino Gómez.

21:00 horas. CONCERTO DE SÉS

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Donativo: 3€

MARTES 16 MAIO

Sesión matinal

10:00 horas. VAL NATIVO

Visita dos clubes de lectura do IES de Monelos.

11:00 horas. VEN BAILAR CONNOSCO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Actividade con música e danza tradicionais dirixidas ao alumnado do CRA Nosa Señora do Faro, a cargo de “PESDELÁN”.

Sesión de tarde

16:00 horas. A GALIÑA AZUL

Lugar: A Galiña Azul, Ponteceso.
Sesión para nais, pais e alumnado da Escola Infantil A galiña azul de Ponteceso, con Fran Rei.

Sesión de noite

23:00 horas. GUADI GALEGO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Concerto “O mundo está parado”.
Donativo: 3€


MÉRCORES 17 MAIO

Sesión matinal

11:00 horas. 35 FESTILETRAS

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Recital cívico baseado na obra dos autores e das autoras homenaxeados/as nestes trinta e cinco anos.

12:30 horas. SESIÓN TERRAS GAUDA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Actuación musical de Mini e Mero coas letras dos nosos poetas.
Degustación da adega “Terras Gauda”.

Sesión de tarde

16:00 horas. PAISAXE PONDALIANA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
II Certame infantil de pintura “Álvarez de Sotomayor”.
Pasacalle dos gaiteiros A Fonte de Fornelos.
Cen pequenos/as pintores/as doarán a súa obra a prol dunha causa solidaria.

19:00 horas. OS BOLECHAS NO DÍA DAS LETRAS

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Espectáculo “Unha parada na terra de Pondal”.

20:00 horas. MÚSICA DE TABERNA

Lugar: Bar “Agra de Mares”, O Couto.
Actuación de “No Fílo da Ferreña”.


XOVES 18 MAIO

Sesión matinal

10:00 – 17:00 horas. O REXURDIMENTO: ROSALÍA E PONDAL

Con Xoán Babarro e Ana Mª Fernández.
Sesión de animación á lectura e creactividade poética nas bibliotecas escolares de Ponteceso e de Corme.

11:00 horas. QUEIXUMES DOS PINOS

Visita do IES Chano Piñeiro (Forcarei) para visitar: Dombate, casa de Pondal, Monte Branco, Osmo e Nariga.

Sesión de tarde

16:30 horas. COUSAS DE CASTELAO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Escenificación teatral de “Os Quinquilláns” para veteranos/as.

Sesión de noite

20:30 horas. SESIÓN DELEITE

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Concerto familiar acargo de “De Vacas”.
Donativo: 3€



VENRES 19 MAIO

Sesión matinal

10:00 – 14:00 horas. FESTICIENCIA

Tralas pegadas de Isidro Parga Pondal polo areal de Valarés.
Convidados grupos de alumnos e de alumnas de 6º nivel de Educación Primaria de Cabana, Laxe, Malpica, Ponteceso e Zas.
Obradoiros, observacións e animación.

Sesión de tarde

16:00 – 18:00 horas. NON DÉS A ESQUECEMENTO

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Café da memoria arredor de Titania S.A., documental de Omar Rabuñal.
Representación de “Historias de vida, amor, guerra e case morte” a cargo de Daboapipa.

Sesión de noite

22:00 horas. NOITE DO PRÁCIDO LUAR

Lugar: Pozo da señora en Lagares, O Couto.
Escenificación de “As lavandeiras” a cargo de Daboapipa.

23:30 horas. OS TEMPOS SON CHEGADOS

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Cantos da lusofonía con Uxía Senlle e Joâo Afonso.
Donativo: 3€


SÁBADO 20 MAIO

Sesión matinal

10:00 – 14:00 horas. ESE POBO RENACE, RESURXE, NON MORRE

Lugar: Sede da Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
IV Encontro de Aldeas Singulares.
Percorrido por iniciativas de desenvolvemento do territorio.

Sesión de tarde

16:00 horas. COVA CÉLTICA

Lugar: Fundación Eduardo Pondal, O Couto.
Regueifeiros e regueifeiras de Bergantiños. Documentación e posterior regueifa.

19:00 horas. AS VÉSPERAS

Obradoiros de treboada e posterior pasacalle, coordinados por Oli Xiraldez na praza do Quinteiro.
Clase maxistral do debuxante Luís Dávila no salón da Sede da Fundación Eduardo Pondal.
Pasacalle a cargo de “Xa era hora”.

Sesión de noite

23:00 horas. CARLOS BLANCO

Lugar: Casa dos veciños, O Couto.
Donativo: 3€



DOMINGO 21 MAIO

Lugar: Carpa Festiletras, O Couto, Ponteceso.

Sesión matinal

11:00 horas. XXXV FEIRA DA ARTESANÍA

Un percorrido polas diferentes artesanías de Galicia con obradoiros participativos de artesanía e xogos tradicionais

ROMARÍA DAS LETRAS

12:30 horas. FOLIADA

Adro, de Baio.
Arrancadeira, de Malpica de Bergantiños.
Os Farrapos do Fol, de Cesullas.
O Son do Castro, de Borneiro.

XANTAR

Sesión de tarde

17:00 horas. MARUXIÑA

Espectáculo de INLLAR baseado na música e danza tradicionais co adubo da poesía de Pondal.

19:00. LUAR NA LUBRE

Concerto, entrada de balde.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantos de Taberna e Zurrumalla en Manzaneda

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 17 )


Sábado 25 de marzo
Cantos de Taberna polas adegas e bares da vila de Manzaneda, rematando o percorrido no local da Asc. Cultural A Rebusca.
A partir das 23:30h as compañeiras de Zurrumalla rebentarán o torreiro da festa.

E o domingo pola tarde, a partir das 17:00h...REBUSCA INFANTIL!!!!!! Si, señora carnocha, os cativos queren festa e, nós, dámoslle festa. A canteira manzanedense porá a proba a resistencia de, nin máis nin menos...., Ce Orquestra Pantasma e Chuches Amil! Hai canteira!!

Avisadas quedades.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival da Liberdade (Cangas)

(texto engadido o día 9/ / 10/ / 16 )


13, 14 e 15 de Outubro na vila de Cangas do Morraço. Apertura de portas: 20:30h | Inicio: 21:00h

O II Festival da Liberdade vem carregado de muita música e diversom solidária. Na anterior ediçom conseguimos produzir um evento musical e cultural ao que assistirom quase 2000 pessoas ao longo daquele fim de semana. Este ano ampliamos um dia mais nos que nom só poderemos dançar ao som das nossas cançons preferidas no escenário principal, senom aliás teremos a apresentaçom de vários documentários, charlas, féria de postos, sessom vermú, circo, acampada, …

Este ano a maiores apresentamos o primeiro Concurso Suso Vaamonde em honor ao senlheiro compositor e cantautor. Neste Concurso, ao que irám destinados um 25% dos benefícios totais do Festival, poderám participar todas aquelas organizaçons, entidades e coletivos sociais do País que precissem ajuda na autogestom dos seus projetos, e que finalmente, serám escolhidos por todas vós.





13 de Outubro
Superoito
Los Chikos del Maíz
Rebeliom do Inframundo
Xenderal

14 de outubro
Apresentaçom documentário: Os Gaiteiros do Mar con Xurxo Souto
KOP
Disturbio 77
Mafalda
Sara Hebe
Fanfarria Taquikardia
La sincereza Pincha Cumbia

15 de outubro
Ce Orquestra Pantasma
Compañía do Ruído
Tino Baz
Tropico de Grelos
Konsumo Respeto
Falperrys
Porretas
Dakidarría
The Skarnivals
Tremenda Jauría
Brigada Am Sound Sistem

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V As Penizas Folk (Paramos-Tui)

(texto engadido o día 20/ / 9/ / 16 )


23 e 24 de setembro

Venres 23
Actuacións Cé Orquestra Pantasma e de grupos da zona

Sábado 24
Arume de Malvas, Os Terribles de Seoanes, Os Carunhos, Riobó, Pelepau

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Noite Folk San Xurxo De Vea (A Estrada)

(texto engadido o día 29/ / 8/ / 16 )


Venres 02 de setembro
Campo da Festa de Quintáns - San Xurxo de Vea


Os Regatos (Callobre)
Cé Orquestra Pantasma (Vigo)
Nosoutros (A Estrada)
Os Melidaos (Melide)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival do Castro 2016 (Ferreira de Pantón, Lugo)

(texto engadido o día 19/ / 8/ / 16 )


Sábado 20 de agosto
Ferreira de Pantón
Queremos convidarvos a todas a esta nova edición do Festival do Castro. Ás que xa estivestes algún ano pouco vos podemos contar que non saibades e aos que non estivestes aínda ¡¿como puido pasar tal cousa?!

Son xa 11 anos de festa, de artesanía, de xantares e cafés concertos, ducias de actividades de teatro e circo e enormes actuacións musicais. O 20 de agosto queremos vervos de novo no Castro de Ferreira de Pantón. Este é o menú que temos preparado:

11h00. Feira de artesanía.
11h30. Obradoiro de brinquedos sonoros.
13h00. Vermú gaiteiro.
14h00. Xantar popular
15h30. Café concerto:
Cé orquestra pantasma
17h30. Animación infantil
18h00. Teatro, circo e clown.
21h00. Anoitecer no Castro
Blues do País
23h00. Concertos
Bloquinho De Xermolos
Coanhadeira
Once Tiros
NAO Galiza
Skandalo GZ
Soundkilla Soundsystem
- Coanhadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVII Folk de Raíz en Callobre (A Estrada)

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 16 )


Venres 8 de xullo

FOLK DE RAIZ DARA COMEZO AS 22:30 HORAS, OS ENCARGADOS DE ABRIR O FESTIVAL SERAN OS AMIGOS DA PONTE VELLA
AS 23:30 COMEZARAN OS CONCERTOS NO ESCEARIO, NA SEGUINTE ORDEN DE ACTUACIÓN:
*REGATOS
*KEPA JUNKERA
*TANTO NOS TEN
OS CAMBIOS DE ESCEARIO SERAN AMENIZADOS POLO GRAN
CE ORQUESTRA PANTASMA.
AS ACTUACIÓNS REMATARAN A ESO DAS 4:00 HORAS, A PARTIR DE ESE MOMENTO A FESTA SEGUIRA CON ACTUACIÓNS IMPROVISADAS.
NON DEIXES O TEU INSTRUMENTO NA CASA.
VEMONOS NO TORREIRO¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Treze Catorze en Salceda de Caselas

(texto engadido o día 28/ / 4/ / 16 )



TrezeCatorze outro ano no mundo.

Desde o venres 13 coa Xira Taberneira polos bares colaboradores e o concerto da Cromática Pistona no Pub Novecento + Dj Mijel Inllo, non imos parar de bailar, danzar e cantar!

Megasesión vermú o sábado 14 con Os Tres Trebóns, Los Pontiaks.
Peque13/14 con Cé Orquestra Pantasma, Xogando miudiño e o ioga para nenos de Om Bala.
Alegría, swing, samba, protesta, rumba, blues, cumbia, torreiro, funky, soul, aleluia, rocanrol.
Samba sem fronteiras, Alpargata, Station Road.
Se quedan folgos Dj Enxebere se encargará de finiquitalos.

Benvidos á TrezeCatorze, benvidos á Festa.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación do libro-cd "Fí­os do querer"
http://blogescolaofiadeiro.blogspot.com/2016/02/presentacion-do-libro-cd-fios-do-querer.html
(texto engadido o día 5/ / 3/ / 16 )



"Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, aloumiños e fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando FíOS DO QUERER, resultando envoltorio agarimoso para xogar, cantar e bailar cos nenos de colo".

Estas verbas serven para presentar o traballo en formato Libro-cd de Cé orquestra pantasma, vintecatro sinxelas e agarimosas cancións para meniños e meniñas de 0 a 3 anos.
Ví­deo presentación Fí­os do querer
+ Info: Ubicación: ACF O FIADEIROData e horario: Sábado 5 de marzo, ás 18hPrezo: gratuí­to

Tamén podes visitar a páxina da S. Coop. Galega Miudiño para máis información:
www.miudiño.com
ofiadeiro@ofiadeiro.com629 585 355 / 986 253 585

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX Magosto Popular e a festa da Recolleita do Millo (Matamá - Vigo)

(texto engadido o día 6/ / 10/ / 15 )


A Asociación Colectivo Malaherba celebrará sábado 10 de Outubro nas
proximidades do Muíño da Regueira (Matamá-Vigo) o IX Magosto Popular e a
festa da Recolleita do Millo.

A festa comezará as catro da tarde, coa Recolleita do Millo sementado na
festa da Sementeira, a finais de Abril. O millo será transportado nun
carro tirado por unha parella de bois ata o lugar da festa para prodecer a
esfollada.

A partir das 17H. comezarán os *OBRADOIROS PARA NEN@S* e as probas
das *OLIMPIADAS
DO CAMPO* para quen queira poida participar nas distintas probas
anotándose previamente (mais información no facebook do colectivo
malaherba).

As 19:00H. fará acto de presenza "PETER PUNK" co seu xenial espectáculo
de animación, que a bó seguro maravillará coma sempre, a pequenos e maiores.

As 20:00H. PROCEDEREMOS AO REPARTO DE CASTAÑAS.

Á noitiña festa rachada. A partir das 21:00H. sucederanse as actuacións do
home orquestra *CÉ ORQUESTRA PANTASMA* e o grupo folc *MIRAOTÍ*.
Agardamosvos!!.

(HABERÁ ZONA CUBERTA POR SE CHOVE...)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Noite da Lúa Meiga (O Viso - Redondela)
http://www.noitedaluameiga.org/
(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


Sábado 29 de agosto

A BANDA DOS CUEIROS
CE ORQUESTRA PANTASMA
OS CARRIÇOS
ABÓBRIGA
MAGHÚA
ULTREIA
QUEMPALLOU


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Treixadura e Riobó na Foliada Nordestía en San Ciprián (Cervo)
http://www.noticieirogalego.com/2015/06/a-foliada-nordestia-traera-aos-grupos-treixadura-e-riobo-e-a-ce-orquestra-pantasma-a-san-ciprian/?PageSpeed=noscript
(texto engadido o día 11/ / 7/ / 15 )


Os días 10 e 11 de xullo San Ciprián reunirá a numerosos grupos de música folk e popular galega na Foliada Nordestía, coincidindo ademais coa celebración das Festas do Carme. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, os membros da Asociación Clan, Ricardo García e Marcelino Bermúdez, que organiza esta iniciativa, e o presidente da Comisión de Festas do Carme, José Ramón Soto, presentaron o cartel e os detalles deste evento musical.
A primeira actividade terá lugar o venres día 10, a partir das 19:30 h. con “Cantos de taberna”, que inclúe a degustación de tapas a 1 euro con acompañamento de música tradicional en directo da man de numerosos grupos chegados da Mariña e doutras partes de Galicia.
Un evento do que formarán parte 19 bares e restaurantes de San Ciprián e no que se sortearán 200 euros. Os locais que participan son: El Puerto, Pedregal, O Pulgas, O Mesón do Pulpo, CIT, A Bodega, O Noso Lar, Candal, Camarote, Pizzería O Trasgo, Mesón da Ría, Lusco Fusco, Bierzo, Sombriza, Maruxaina, O Encontro, Telvi´s, Titas e Bruno´s.
A noite continuará coa actuación de Ce Orquestra Pantasma, músico vigués autodidacta que leva dende o 2008 ofrecendo espectáculos como home orquestra pero que conta cunha longa traxectoria, tendo formado parte de grupos recoñecidos como A Roda.

Treixadura e Riobó
O sábado 11 de xullo será o día forte, comezando cunha actividade infantil, o espectáculo “Sen medidas” de Novocirco, a partir das 13:00 h. Pola tarde, a partir das 21 h. catro grupos de música folk e tradicional galega participarán na foliada na praza dos Campos, dous deles de San Ciprián, como son Mistura e A Rebolaxe. Tamén ofrecerán a súa música A Rexouba da Coruña e Buxos Verdes, de Vilalba.
As actuacións continuarán ás 23:30 h. con Treixadura, un grupo de gaiteiros das Rías Baixas con 25 anos de traxectoria que presentarán o seu novo disco e que traerán música popular de tradición oral e tamén composicións propias.
Pechará a noite o grupo Riobó, composto pola violinista folk galega Begoña Riobó, que traballou nas bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane ou Sondeseu, e outros catro músicos cunha sólida traxectoria.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI Encontro na Pontraga

(texto engadido o día 11/ / 7/ / 15 )


O sábado 11 de xullo teremos parranda dende primeira hora:

Banda de Gaitas e Grupo Infantil Brisas do Quenllo
Sesión Vermú e Xantar Popular

XVI Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos…

A.C. Brisas do Quenllo da Pontraga, Tordoia
Os Rueiriños de Oleiros
Os Serranos de Águeda
Novxs Bailadorxs da Pontraga

LUDOTECA BRINCALHONA e MÚSICA A TUTIPLÉN

o CE ORQUESTRA PANTASMA!!

e...MÚSICA NA NOITE PRA BAILAR E DESFRUTAR CON:

Cuadrilla do Pan Quente
Zanfonistas da Pontragha
Bouba
Os Campantes da Baña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5]


En 'Novas Relacionadas'



* Festival “De noso”, a proposta galega para o San Froilán

* FESTAS DE VILAMEÑE 2013

* XI Festival Xironsa - Cambados

* Fundación Risco e empresas de Allariz ofrecen un ciclo musical



Cé orquestra pantasma



Web oficial

en Myspace







buscar mais información
sobre Ce orquestra Pantasma en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Ce orquestra Pantasma en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]