Resultados para:

Castro Floxo
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Castro Floxo':


VI Noite de Fiadeiro en Ramirás
http://www.noitedefiadeiro.com/
(texto engadido o día 6/ / 4/ / 12 )


Esta edición da Noite de Fiadeiro seguirá sendo na Aldea de Vilavidal (Ramirás) pero cambiará de ubicación. Deixará de ser na Praza de San Andrés, para ser na parte alta do Pobo, na explanada do Bar O Retiro.



COLECTIVOS PARTICIPANTES



Recordade que estes serán os colectivos que están confirmados, pero que na mesma xornada poderanse incorporar outros que desexen tocar no noso torreiro e farano segundo vaian rematando estes ou escepcionalmente de xeito intercalado.
.
Deste xeito, a lista de participantes/colaboradores será a seguinte:
.
- CASTRO FLOXO (Ourense)
- A REQUINTA DA LAXEIRA (Vedra)
- TRASPÉS (Vigo)
- XESTREU (Ourense)
- ELEFANTE ELEGANTE (O Ribeiro)
- OS JALOS D`ANTIOQUIA (A Limia)
- CANDAIRA, Cantareiros e Charanga Tradicional (Castrelo do Val)
- Pandereteiras LECER (Pazos de Borbén)
- MAÇAEDA DA LIMIA (Maceda)
- Os SERANDEIROS (Boborás)
- Pandereteiras AS PICONAS (O Irixo)
- Pandereteiras FLOR DE TOXO (Avión)
- DEBANADOIRA (Maceda)
- Cantareiras CELAVELLA (Celanova)
- Os VARACUNCAS (Rodeiro)
- Os FURAFOLLAS (A Cañiza)
- O AMANEXO (Oleiros)
- Murga Tradicional OS ESTOUPAPOZAS (Ourense)
- AS ALTERNATIVAS (Ourense)
- SONS DA EIRA (O Morrazo)
- REBULIR E.B.M.T. (Ramirás)
- Banda Municipal de Música de Ramirás



COLECTIVOS ANIMACIÓN



- "Contos na maleta" con ARUNRUN
- Animación de rúa con LÚCETE lecer
- Colectivo ALTERNATIVAS SOCIAIS
- Centro de Cultura Popular XAQUIN LORENZO
- LIGA NACIONAL DE BILLARDA (LNB)
- D. Santiago, o AFIADOR de Nogueira de Ramuín.
- CABEZUDOS de Rebulir


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Premio "Xabier Prado Lameiro" 2011 ao Colectivo Castro Floxo

(texto engadido o día 17/ / 10/ / 11 )


O Xurado do premio "Xabier Prado Lameiro" ven de conceder o recoñecemento 2011 ao COLECTIVO CASTRO-FLOXO DE OURENSE "polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.".



ACTA DO XURADO.
__________________________________________________________________

O luns, día 10 de outubro de 2011, reuniuse o xurado nomeado pola Coral de Ruada para estudar as candidaturas presentadas para a segunda edición do Premio Xabie Prado Lameiro, co que se pretende, segundo contemplan as súas bases, “…premiar, de xeito simbólico, o labor desinteresado daquelas persoas ou colectivos que destaquen polo seu compromiso coa cultura de Galicia de expresión en idioma galego e de carácter popular, fundamentalmente no eido do folclore e, máis concretamente, na música popular e polifónica galegas.”


O xurado estaba formado por:

Presidente: Emilio Rodríguez Portabales (Vicepresidente Primeiro da CORAL DE RUADA).

Secretario: Manuel Souto Prieto (Secretario Xeral da CORAL DE RUADA, con voz pero sen voto).

Vogais:Eladio Quevedo Almoina (Presidente da CORAL DE RUADA).

Antonio Piñeiro Feijóo (Xornalista e Director da revista Auria).

César Francisco González Fernández (Director da Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro “PITA”).

Xosé María Carballeira Anllo (Coautor dos Dicionarios Xerais de Lingua Galega e

Director do IES “Universidade Laboral” de Ourense).


O xurado acordou, por unanimidade:


Conceder o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, organizado pola CORAL DE RUADA de Ourense, na súa segunda edición, correspondente ó ano 2011, ó colectivo Castro Floxo de Ourense polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.


O principal mérito que atesoura a traxectoria do grupo Castro Floxo, non é soamente o inxente traballo que durante estas tres décadas teñen realizado no campo da recolla, conservación, interpretación e divulgación do noso folclore (que xa de por si merecería un recoñecemento explícito, por teren sido quen de levar as nosas manifestacións artísticas por un gran número de países de Europa, Asia, África e América), senón que souberon ir un paso máis alá e interpretar a cultura tradicional coma un todo, promovendo a publicación de monográficos sobre moi diversos aspectos das nosas tradicións que constitúen exemplos para o resto de Galicia, como é o caso do “Cancioneiro Popular da provincia de Ourense”, os dous tomos de “Danzas Gremiais e procesionais de Ourense”, a “Arquitectura popular galega”, a colección “Memoria fotográfica” que recolle a fotografía histórica de diversas comarcas da provincia de Ourense, así como a revista Raigame, que está considerada un referente na divulgación da nosa cultura, ademais da creación e organización anual da Romaría Etnográfica Raigame que se celebra cada ano o día 17 de maio en Vilanova dos Infantes e que está servindo de modelo para toda Galicia de cómo celebrar o Día das Letras Galegas.


Pero ademais, dende o seu nacemento Castro Floxo tamén coordina a organización das Xornadas do Folclore que ó longo de 28 edicións teñen de espectacular e diverso escaparate do folclore de todo o mundo, manténdose coma un dos principais eventos escénicos e culturais do verán ourensán, sen esquecer a organización de varios Congresos sobre etnografía en colaboración coa Universidade.


O inxente labor de Castro Floxo constitúe, polo tanto, un exemplo de traballo pausado, calado e de compromiso coa cultura popular galega e o PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, con este galardón, non fai, senón, recoñecer a coherente traxectoria que o colectivo ten mantido neste campo ó longo de máis de tres décadas.

• O acto de entrega do II PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO terá lugar o día 27 de outubro no teatro Principal de Ourense, segundo horario e programa que se anunciará oportunamente.

• O I PREMIO XABIER PRADO LAMEIRO, correspondente ao ano 2010, fóralle concedido ao Real Coro Toxos e Froles de Ferrol.
- Coral de Ruada- Castro Floxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



RAIGAME, Espectáculo Castro-Floxo .Xornadas de Folclore
http://www.ccpxaquinlorenz​o.es
(texto engadido o día 1/ / 8/ / 11 )


O Grupo Castro-Floxo porá en escea a Raigame, un espectáculo que resalta música, baile e tradicións recompiladas nos máis de 30 anos de historia do colectivo.

Seguindo o guión desenvolto recentemente no Auditorio Ilduara de Celanova , polo taboleiro irán pasando diferentes manifestacións tradicionais como eran os fiadeiros, as romarías, os pasarrúas de Cabezudos, o entroido, os xogos dos nenos... Desta vez contase coa colaboración dun Folión de Viana do Bolo, que fará tremer o teatro.

Deste xeito, cun acto inaugural preténdese dar comezo as XXVII Xornadas de Folclore, que a partir do día 8 de Agosto percorrerán as Vilas da Provincia de Ourense con grupos chegados de diferentes puntos do globo.

- Data: 8 de Agosto de 2011
- Lugar: Teatro Principal de Ourense (Rúa da Paz)
- Hora: 20:30 h
- Entrada: Gratuíta (Prioridade membros grupos Xornadas de Folclore)



Castro Floxo nace no ano 1977 en Ourense, apadriñado polo ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde este momento comenza a súa labor de recuperación e difusión da cultura tradicional galega nas súas múltiples manifestacións facendo especial fincapé na música e baile.

No ano 1984 crease a Escola Provincial de Danza que axudará a dar continuidade a este proxecto ata a actualidade. No ano 2004, créase o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o cal actualmente integra no seu seo o grupo Castro-Floxo.

Castro Floxo leva percorrido numerosos escearios por todo o mundo, chegando a lugares como: Francia, Alemaña, Letonia, Lituania, Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Bolivia, Taiwan, Turquia, Polonia, Rusia, Ukrania, Italia, Portugal, Arxelia, Israel, Grecia, Bulgaria... etc. Ademais de desenvolver innumerables actuacións en territorio galego e español.

- Raigame- Castro-Floxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



ESPECTÁCULO ROMARÍA RAIGAME
http://www.ccpxaquinlorenzo.es/
(texto engadido o día 9/ / 5/ / 11 )


Castro-Floxo, Escola Provincial de Danza

O grupo Castro Floxo sintetizará nun espectáculo a xeito de homenaxe o que é Romaría Raigame no X Aniversario da súa celebración. Deste xeito aparecerán no escenario as múltiples esceas que identifican a Romaria: A música, o baile, os artesáns, os xogos, animación de rúa...

A representación vai máis aló do taboleiro como espazo físico, haberá momentos para a mistura co público, incluso a media tarde haberá un pasarrúas pola Vila de Celanova, facendo un chamamento a Festa. Así, tratase de transmitir en todo momento a atmosfera lúdica e participativa que cada 17 de Maio se vive en Vilanova dos Infantes.

Lugar: Auditorio Ilduara (Celanova)
Data: Sábado 14 de Maio
Hora: 20:30 h.
Entrada: Gratuíta (Ata completar aforo)

Recordemos que Castro Floxo nace no ano 1977 en Ourense, apadriñado polo ilustre etnógrafo Xaquín Lorenzo, Xocas. Desde este momento comenza a súa labor de recuperación e difusión da cultura tradicional galega nas súas múltiples manifestacións facendo especial fincapé na música e baile.

No ano 1984 crease a Escola Provincial de Danza que axudará a dar continuidade a este proxecto ata a actualidade. No ano 2004, créase o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o cal actualmente integra no seu seo o grupo Castro-Floxo.

Castro Floxo leva percorrido numerosos escearios por todo o mundo, chegando a lugares como: Francia, Estados Unidos, Canadá, México, Brasil, Bolivia, Taiwan, Turquia, Polonia, Rusia, Ukrania, Italia, Portugal, Arxelia, Israel, Grecia, Bulgaria... etc. Ademais de desenvolver innumerables actuacións en territorio galego e español.


Un adianto do que pode dar de sí este espectáculo vai neste vídeo do Alalá adicado ao Grupo Castro-Floxo no seo da Romaría Raigame fai dúas edicións.


- Romaría- Raigame- Castro Floxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVII XORNADAS DE FOLCLORE - OURENSE
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=87916
(texto engadido o día 9/ / 8/ / 10 )


Chegan un ano máis as Xornadas de Folclore, que este ano cumpren XXVII edicións ininterrumpidas estando na elite dos festivais de baile e música tradicional.

Desde o vindeiro Lúns 9 de Agosto, cando o grupo anfitrión "Castro Floxo" lles dará a benvida cun pequeno espectaculo no teatro principal da cidade, ata o día 19 percorrerán as proncipais vilas da Provincia de Ourense, así como Monforte en Lugo e Chaves en Portugal.

Doce son os Grupos participantes nesta edición, procedentes de diferentes puntos do globo.
- España (Segovia) - La Esteva
- Portugal - Grupo Etnografico da Areosa
- Polonia - Grupo Poloniny
- Servia - Grupo Simionov Tucovic
- República de Daguestán - Compañía Estatal Lezginka
- Senegal - Ballet Jammu
- Kenia - African Tumbas
- Indonesia - Klub Peminatan
- Cuba - Conjunto Artístico Maraguán
- México - Compañia de Danza Tenochtitlan
- Argentina - Instituto El Cimarrón
- Brasil - Ballet Folclórico da Amazonía

Para máis información podedes visitar a páxina propias das Xornadas:
http://xornadasdefolclore.teatroprincipalourense

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IX ROMARIA RAIGAME
http://www.romariaraigame.es/
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 10 )


Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante toda a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facian os nosos devanceiros nas Antigas Romarías.

Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ...

http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE
http://www.youtube.com/watch?v=GOlR42PQHnQ&feature=related

Para máis información: http://www.romariaraigame.es/



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV NOITE DE FIADEIRO
www.rebulir.blogspot.com
(texto engadido o día 13/ / 4/ / 10 )


PROGRAMA
11.30h
- Inauguración Exposición de Fotografías Antigas de Ramirás e Comarca no Bar Emilia de Vilavidal
17:00 h
- Obradoiro de Xogos e Enredos Tradicionais. Desenvolto por Centro de Cultura Popular Xaquin Lorenzo
17:30 h
- Campionato de Futbol-chapas. Desenvolto por Alternativas Sociais Ourense.
19:30 h
- Animación de rúa con Lúcete Lecer
- Animación co Grupo de Música Tradicional Rebulir
20:00 h
- Chamada a Festa con Pasarrúas de Xigantes e Cabezudos e animación de rúa, acompañados da Charanga Tradicional Os Estoupapozas.
20.30 h
- Apertura do torreiro do Fiadeiro cunha tirada de foguetes.
21:00 h
- Comezo da IV Noite de Fiadeiro coa participación dos colectivos colaboradores entre outros.
00:00 h
- Lectura do Esconxuro da Queimada e reparto entre os presentes.

Aínda que chova non se suspenderán os actos grazas a unha carpa que cubrirá a practica totalidade da Praza.

+ Info en www.rebulir.blogspot.com

Organiza:
- Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional

Patrocinan:
- Concello de Ramirás
- Deputación de Ourense

Colaboran:
- Linho do Cuco (Lalín)
- Cantigas e Agarimos (Compostela)
- Escola Provincial de Danza - Castro Floxo (Ourense)
- Os Chichisos (Pontevedra)
- Atalúns (Pontevedra)
- Pandereteiras Xestreu (Seixalbo - Ourense)
- Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén)
- Cantareiras da Bola (A Bola)
- Gaiteiros Trisquel (Xinzo da Limia)
- Pandereteiras Ediunra (Arnuide - Vilar de Barrio)
- Airiños d´Arnoia (Arnoia)
- Escola de Música Tradicional de Ourense (Ourense)
- Pandereteiras Debanadoira (Maceda)
- MaÇaeda da Limia (Maceda)
- Lembranza-Solpor (Celanova)
- Os Estoupapozas (Ourense)
- CPR Sagrado Corazón (Celanova). Aportarán os Cabezudos a festa
- Alternativas Sociais OU (Ourense). Traerán o Futbol-Chapas
- Lúcete Lecer. (Ourense). Farán Animación de rúa.

QUEDADES CONVIDAD@S!!!!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII ROMARIA RAIGAME

(texto engadido o día 11/ / 5/ / 09 )


Coma todos os 17 de Maio, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e mais o Concello de Celanova organizan a Romaría Raigame, que este ano cumpre oito anos. O lugar elexido é o pobo de Vilanova dos Infantes, situado ao carón de Celanova.

Durante todo o día xuntaránse a armar troula músicos, bailadores, regueifeiros, cantareiras/Os, artesáns, taberneiros, animadores de rúa, etc. A festa xa é un referente no almanaque para todos aqueles que lles guste disfrutar un día ao xeito máis enxebre e tradicional.

O ano pasado, un equipo do programa alalá desprazouse ata Vilanova para adicarlle un programa a Romaría e ao Grupo Castro Floxo, e velaquí unha pequena escolma do resultado final:


E aqui vai outro vídeo para que vos fagades ainda mellor a idea:

Tedes máis información sobre o programa, grupos, mapa, etc na páxina propia da Romaría : http://www.raigame.es/



Noticia enviada por Rebulir

- romaria- raigame -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III NOITE DE FIADEIRO
http://www.rebulir.blogspot.com
(texto engadido o día 20/ / 4/ / 09 )


A A.C. Rebulir, Escola de Baile e Música Tradicional, organiza un ano máis a Noite de Fiadeiro, que chega a súa terceira edición. A cita como ven sendo habitual, será o derradeiro Sábado de Abril, día 25, na Praza de San Andrés (Vilavidal-Ramirás).

A idea desta festa é poder recuperar a esencia dos antigos Fiadeiros que se celebraban na Comarca, onde mozos e mozas se xuntaban a noitiña para cantar, bailar, tocar e en definitiva pasalo ben. Para procurar crear ese ambiente contaremos con máis de 10 colectivos que porán a ambientación musical, e que son:

- Escola Provincial de Danza –Castro Floxo (Ourense)
- Airiños d´Arnoia (Arnoia)
- Cantareiras da Bola (A Bola)
- Os Jalos d´Antioquia (A Limia)
- Grupo Lembranza-Solpor (Celanova)
- Brixel (Verín)
- Os Chichisos (Bueu)
- Atalúns (Pontevedra)
- Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén)
- Cantareiros Maghúa (A Coruña)

Non é un festival, nin unha actuación dos grupos sen máis. A intención é que os asistentes participen do ambiente de troula, e que mesmo se animen a botarlle uns puntos ou uns agarrados, porque o torreiro está aberto a todos. Na mesma praza contaremos con posto de pulpo, comida e taberna, para ir repoñendo forzas e que as pernas non fallen segundo vaia descorrendo a noite, para poder chegar as 12 e brindar xuntos cunha cunca de queimada, que se distribuirá de xeito gratuíto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir , o 20 de nadal en Ramirás
http://rebulir.blogspot.com/2008/11/actividades-de-nadal.html
(texto engadido o día 1/ / 12/ / 08 )


- Sábado día 20 de Decembro, no Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás),
III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir coa participación dos grupos:
Retrouso de Cela (Bueu), Brisas do Quenllo (Tordoia),
Etnográfico Vila Praia de Ancora (Portugal), Castro Floxo (Ourense)
e Rebulir (Ramirás)


Ademáis:

- Sábado día 27 de Decembro. Obradoiro de Xogos Bailados
para todas as idades as 17:00 h no Local de Rebulir.

- Sábado día 3 de Xaneiro. Inauguración da Exposición
"Os tempos de antes. Fotografías Antigas de Ramirás",
no Centro Cultural do Picouto as 18:00 h.
Esta exposición rematará o día 17 de Xaneiro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XoRnadAs De FoLcLoRe 2008
http://www.frouma.com/
(texto engadido o día 10/ / 8/ / 08 )
O vindeiro luns día 11 de agosto comenzará a XXV edición das Xornadas de Folclore coa gala de apertura no Teatro Principal de Ourense, onde tras o acto de bandeiras, o grupo Castro Floxo daralle a benvida os grupos cun pequeno espectáculo. A partir desta data percorrerán 16 Concellos Ourensáns xunto con Monforte de Lemos e Chaves para dar peche o día 21 de Agosto.
Este ano os grupos convidados son os seguintes :

- Benín - Ases do Benim Kanlin te te man du
- Bolivia - Ballet Tradiciones Bolivianas
- Chile - Ballet Folclorico de Chile
- Cuba - Ballet Maraguán
- Rep. de Kalmikia - Grupo Djangar
- Rep. de Komi - Grupo Assia Kya
- México - Compañía de Danza Folclórica Tenochtitlan
- Portugal - Grupo Etnográfico de Areosa
- Serbia - Ballet Simyonov
- Taiwan - Yo Tzy Dance Troupe
- Venezuela - Grupo Enigma 92 e Musical Maisanta
- Xeorxia - National Ensamble Georgian Folklore
- Senegal - Ballet Kora


Estades todos convidados a que asistades a calquera dos numerosos espectáculos que se desenvolverán durante eses 10 días porque realmente merecen a pena.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



HOXE ALALA DE CASTRO FLOXO
http://rebulir.blogspot.com/2008/06/hoxe-alala-de-castro-floxo.html
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 08 )



Hoxe, luns, día 23/06/2008


Hoxe o Alalá vai facer unha viaxe no tempo da mellor forma posible: indo de romaría a Vilanova dos Infantes. Alí os veciños ceden os baixos das súas casas para que se instalen artesáns que veñen de toda Galicia amosar o seu saber tradicional. Así que se queredes aprender oficios, bailar, cantar ou comer como facían os nosos avós este é o lugar; o único requisito é vir con ganas de divertirse e de aprender un pouco máis sobre nós mesmos. A Romaría Raigame só se celebra unha vez ao ano; o 17 de Maio, Día das Letras Galegas. Detrás deste mundo de músicos e artesáns está o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense. Deles partiu a idea e a materialización, porque levan máis de 30 anos a recoller e espallar todo o saber da nosa cultura popular con publicacións como a prestixiosa revista etnográfica Raigame, pero tamén difunden a través de obradoiros e clases de pandeireta ou baile, actividades onde os que destacan pasan a formar parte do prestixioso grupo Castro Floxo. Así que neste programa témolo todo: os artesáns, a romaría e os amigos de Castro Floxo, un luxo.

ASI QUE AS 9:30 TODOS PENDENTES DA PANTALLA DA TVG, QUE SAIREMOS OS PROFESORES E MOITOS DOS AMIGOS DE REBULIR.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II NOITE DE FIADEIRO
WWW.REBULIR.BLOGSPOT.COM
(texto engadido o día 20/ / 4/ / 08 )
http://bp1.blogger.com/_dctcHQ4fAGQ/R_dxIF6kjPI/AAAAAAAAAMg/doWcNbpvFUk/s1600-h/FIADEIRO+3.jpg

Un ano máis e visto o éxito da pasada edición organizamos a Noite de Fiadeiro. Unha festa onde intentamos recrear a esencia das antigas reunións festivas que nesta Comarca de Celanova se facían os chamados Fiadeiros, onde as mulleres fiaban ou facían outras labouras e mentres cantaban, chegado o momento aparecerían os homes do pobo en busca de parella e aquí comezaría a troula con moita música e baile durante o transcurso da noite. Non é un festival nin unha mostra “folclórica” senón que unha festa tradicional da que intentaremos facer partícipes a todos os asistentes. A continuación expoñemos unha ficha explicativa.

• Data : 26 de Abril de 2008
• Lugar : Praza de San Andrés – Vilavidal – Concello de Ramirás
• Hora : 20:30 H
• Organiza : - Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional
• Patrocina : - Concello de Ramirás
- Deputación Provincial de Ourense
• Colaboran: - Escola Provincial de Danza - Castro Floxo ( Ourense )
- AOFT Gomes Mouro ( Ourense )
- Grupo Coanhadeira – Música en Galego ( Ourense )
- Grupo Folk Vichelocrego ( Ourense )
- Grupo de Baile Tradicional Solpor ( Celanova )
- Grupo de Música Tradicional Airiños do Arnoia ( Arnoia )
- Grupo Pandereteiras Debanadoira ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional do Concello de Paderne de Allariz
- Grupo de Pandereteiras Alicornia ( Soutomaior – Pontevedra )

Para crear o ambiente axeitado contaremos cunha carpa que cubrirá practicamente a totalidade da praza ( polo que non se suspenderán os actos inda que chova ), pulpeira, taberna, foguetes, sorteo de cestas, reparto gratuíto de queimada o chegar a media noite e sobretodo e grazas a colaboración e participación de máis de 10 colectivos teremos moita música e troula durante toda a noite.

Na Provincia de Pontevedra seguida de A Coruña levan anos organizando os chamados “seráns” que veñen sendo unha festa similar, nós queremos traer estas celebracións cara a Provincia de Ourense sempre coas nosas particularidades e onde os Fiadeiros eran máis coñecidos que os Seráns, inda que a finalidade e a esencia é a mesma, pasalo ben bailando, tocando ou cantando. Desde Rebulir convidámosvos a asistir a esta II Noite de Fiadeiro que intentaremos que sexa unha gran festa tradicional.

PARA MAIS INFORMACIÓN PODEDES IR A NOSA PÁXINA/BLOG NO SEGUINTE ENDEREZO: WWW.REBULIR.BLOGSPOT.COM

Noticia enviada por Rebulir

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Noite de Fiadeiro
www.rebulir.blogspot.com
A un mes da II Noite de Fiadeiro xa temos practicamente ultimados todos os detalles. Recordamos que a data na que imos a celebrala é o derradeiro Sábado de Abril, que este ano é día 26.

Comezaremos arredor das 8:30 da tarde na Praza de San Andrés que estará cuberta cunha carpa e adornada con luces. Na mesma Praza estará un posto de pulpo e unha taberna para poder mollar as gorxas segundo vaia avanzando a noite.

Ata o momento colaboran con nós 10 colectivos:

- Escola Provincial de Danza – Castro Floxo ( Ourense )
- AOFT Gomes Mouro ( Ourense )
- Grupo Coanhadeira – Música en Galego ( Ourense )
- Grupo Folk Vichelocrego ( Ourense )
- Grupo de Baile Tradicional Solpor ( Celanova )
- Grupo de Música Tradicional Airiños do Arnoia ( Arnoia )
- Grupo Pandereteiras Debanadoira ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional MaÇaeda da Limia ( Maceda )
- Grupo de Música Tradicional do Concello de Paderne de Allariz
- Grupo de Pandereteiras Alicornia ( Soutomaior – Pontevedra )

Patrocinándonos O Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense. E sempre contamos coa axuda e apoio dos membros, nais/pais , amigos e colaboradores da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir.

Esperamos vervos a tod@s o día 26 Bailando, Cantando, Tocando en definitiva Pasándoo ben. Xa vos avanzaremos mais detalles, porque ai que deixar algunha sorpresa no tinteiro.


Para vir desde Vigo:, pódese coller a saída da A-52 na Cañiza e vir por Cortegada ou por Crecente ata chegar a Vilavidal ( Ramiras ).

Para vir desde Ourense:, coller a OU-540 ata Celanova, e na entrada de Celanova desviarse no primeiro semáforo a dereita e seguir pola OU-531 ata chegar a Vilavidal ( Ramiras ).




Noticia enviada por Rebulir

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



*

buscar mais información
sobre Castro Floxo en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]