O Real Coro "Toxos e Froles" convídaos ao concerto que terá lugar no noso local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol) o vindeiro sábado 18 de Maio ás 20:30 horas. Nesta ocasión contamos coa presenza do Coro Aimil de Xinzo de Limia (Ourense).
Formado por un grupo de xente que gosta do canto popular como mostra do espíritu lúdico da música, recolle a herdanza musical dos coros galegos iniciada en 1883 polo pontevedrés Coro Aires da Terra e continuada polo Real Coro Toxos e Froles, Cántigas da Terra, Coral De Ruada, Cantigas e Agarimos, ... Nesa arela de transmisión e continuidade, o Coro Aimil achega unha nova xeira na reinterpretación de cantos populares, así como incide na procura e desenvolvemento de temas da tradición musical galega. Ao longo de estes anos, o Coro Aimil participou en varios eventos musicais de carácter local, autonómico e internacional, como os organizados polo Orfeão de Barrô (Águeda, Portugal) e a Asoc. Cultural de Canidelo (Vilanova de Gaia, Portugal) ou o internacional de Coros organizado pola Coral De Ruada. Dende fai tres anos o Coro Aimil organiza un festival anual baixo o nome xenérico de "Coralimia", no que se van dando cita prestixiosas agrupacións de ámbeto internacional. Sendo así que na primeira edición contou coa presenza do Real Coro Toxos e Froles. Compoñen o Coro Aimil trinta voces mixtas e grupo instrumental. Dirixe o Coro Aimil dende a súa fundación o gaiteiro ferrolán Fernando Dopico Blanco.
Xoves 28 de Marzo a partires das 13h no Porto do Barqueiro (A Coruña) Organiza: O Son do Sor
Xa está en marcha o Serán deste ano!
Ide preparando as vosas gorxas, as vosas pernas e as vosas mans para pasar un día de Xoves Santo inesquecible. Este ano comenzaremos máis cedo, á unha do mediodía actuará o Coro Galego Cántigas da Terra, que nos traerá un repertorio de cancións por todos coñecidas, así como o seu Grupo de Gaitas, que interpretará pezas tradicionais e de autor.
Ás cinco da tarde comezará unha exposición de artes tradicionais de pesca, onde atoparemos aparellos, novos e vellos, que nos contarán historias da xente que adicou ao mar a súa vida.
E ás oito e media comenzarán as pernas a moverse ao ritmo da música…
II Encontro de Coros Tradicionais, CANTARES NO MIÑOR
(texto engadido o día 18/ / 1/ / 13 )
Sábado, 26 de xaneiro, ás 20,00 horas, en Baiona, no Auditorio Municipal Quinto Centenario.
Presenta: Leo de Matamá.
Actuación da Coral De Ruada, de Ourense, e do Coro Tradicional Cantares do Brión, con sede no Centro Cultural de Vincios (Gondomar).
Se no I Encontro acudiu ao Val Miñor o coro Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, nesta ocasión será a tamén histórica agrupación Coral De Ruada quen nos visite. En 2011 foi Cántigas da Terra, da Coruña, quen estivo na presentación oficial de Cantares do Brión, en Vincios, realizando o apadriñamento desta formación.
O repertorio de cada coro é, fundamentalmente, de orixe popular, a base de foliadas, alalás, pandeiradas, maneos..., pero tamén haberá pezas de nova creación, sempre con base na música tradicional de Galicia.
A organización do evento corre a cargo de Cantares do Brión, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Baiona.
Homenaxe en A Coruña a Xosé López BAO, O Rei do Si bemol.
(texto engadido o día 15/ / 1/ / 13 )
O día 26 de Xaneiro, a partir das 19 h, no Ágora da Coruña, Cántigas da Terra organiza e participa na homenaxe ao magnífico artesán e gaiteiro Xosé López Bao. Artesán de referencia na cidade da Coruña durante moitos anos, Xosé López Bao, "Bao" como o coñecemos moitos, forneceu de gaitas ás principais asociacións da Coruña, entre elas, por suposto, Cántigas da Terra. Alcumado "o rei do Si bemol", as súas gaitas gozan de merecido prestixio polo seu son limpo e potente, e aínda hoxe son utilizadas pola maioría dos gaiteiros de Cántigas da Terra. Canda el, recoñecerase tamén o bo facer doutros dous artesáns: Xoan Brea (gaiteiro e palleteiro) e Xosé Torres (artesán de tambores), que tamén traballaron con Bao
Escola de Música e Baile Tradicional VAI DE RODA (Rianxo) Sábados pola tarde no baixo da Biblioteca Municipal de Rianxo http://www.blogoteca.com/vaideroda Baile, pandeireta, gaita, percusión
Asociación Cultural A Fuliada http://www.fuliada.blogspot.com No Ambulatorio vello de Betanzos os Xoves de 19:30 a 20:30 con flauta e gaita , e os sábados a partires das 17:30 con baile tradicional. A finalidade de estas actividades é ir collendo os coñecementos necesarios para poder desfrutar da nosa cultura.
O BIERZO
Centro Galicia en Ponferrada Colexio Público Navaliegos http://centrogaliciaenponferrada.blogspot.com/ Pandeireta, gaita, percusión e baile
COMPOSTELA
Escola Livre da MPG Centros Socioculturais cedidos polo Concello do Castiñeiriño, Pontepedriña e Fontiñas (As oficinas de aCentral Folque atópanse no barrio de Vista Alegre, na zona norte da cidade e centralizan toda a actividade organizativa da Escola Livre da MPG) http://folque.com/centro.php?txt=arbore_web7&lg=gal gaita, percusión, sanfona, requinta, violino, acordeón diatónico
Gentalha do Pichel rua santaclara, 21. Compostela http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/ iniciaçom à pandeireta, percussom tradicional, baile, gaita, percussom brasileira, capoeira...
Asociación Veciñal A XUNTANZA http://www.axuntanza.org Corredoira das Fraguas, 37 baixo Barrio de San Pedro, Compostela baile galego, canto, gaita, pandeireta, tamboril, acordeón..
Brincadeira http://www.brincadeira.org Rúa do Home Santo, 62 - Baixo - Santiago de Compostela BAILE, GAITA E PERCUSIÓN, PANDEIRETA, ACORDEÓN E BORDADOS.
Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS Algalia de Arriba 11 - Baixo, Compostela http://www.cantigaseagarimos.es BAILE TRADICIONAL, PADEIRETA E CANTO TRADICIONAL, GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, ACORDEÓN, LINGUAXE MUSICAL
Armadanzas de Laraño Laraño, Compostela http://www.armadanzastradicional.com Gaita, Acordeón, Percusión, Pandeireta e Baile
A CORUÑA
Cántigas da Terra http://www.cantigasdaterra.com Baile, Gaita, Pandeireta, Zanfona, Canto e Percusión Anótate nos teléfonos 981 203 284 ou 654 413 467 O prezo de cada unha é de 15 euros ao mes (agás zanfona que custa 10 euros cada clase). Na segunda actividade tes un desconto de 5 euros. Válido tamén se anotas a un parente! Mínimo catro alumnos por aula.
Obradoiro gratuito de canto Todos os venres de 20:00h a 21:00h no local da AAVV do Agra na rúa Entrepeñas 38 Para desfrotarmos cantando, a cargo de Ricardo Seixo Fernández.
FERROLTERRA
Escola de Música BELLÓNMACEIRAS (Fene) Rúa Antonia Montero nº11 baixo, Fene - A Coruña http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=2266
http://www.bellonmaceiras.com/ Gaita, Acordeón, Percusión Tradicional, Baile galego...
Universidade Popular de Corcubión http://universidadecorcubion.blogspot.com/ Baile, Pandeireta..
LUGO
Tradescola Complexo Residencial Xuvenil 'Lug II' Rúa Pintor Corredoira, 4 · 27001 · Lugo http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/tradescola/Tradescola.html Gaita, Zanfona, Acordeón, Requinta, Percusión, Canto e Pandeireta, Linguaxe Musical, Baile Tradicional, Etnografía e Investigación
Asociación Cultural CÁNTIGAS E FRORES Nave de Asociacións. Local 10. Parque da Milagrosa, s/n. Lugo http://www.cantigasefrores.com gaita, percusión tradicional, baile tradicional, violín, zanfona, acrodeón, canto e pandeireta.
C. S. Madialeva Rua Manuel Amor Meilám (antiga Rua do Sol) 18 http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/ gaita, pandeireta, ..
A VOLTA DO AGRO Obradoiro de Cultura Tradicional Galega Rúa Paxariños, 32 baixo (LUGO) Tlf: 982 222390 (MARTA), 666370815 (ANA E MANUEL), 639993052 (SENÉN) http://www.avoltadoagro.org/ Gaita, percusión tradicional, baile tradicional, canto e pandeireta.
A MARIÑA ORIENTAL
A.F. O Arco da Vella Nos Colexios Vellos, San Miguel de Reinante - Barreiros (Lugo) BAILE, GAITA, PANDEIRETA e PERCUSIÓN
O MORRAZO
Asociación Cultural Loaira (Marín) https://www.facebook.com/acloaira e-mail: acloaira@gmail.com Grupos: -Grupo de Baile Trébede -Grupo de Pandereteiras Trébede -Vilarachos Actividades e cursos anuais: Baile tradicional, Canto e pandeireta, Gaita
Lembranzas da Ría (Cangas) http://www.lembranzasdaria.com/ Local de ensaio de Cimadevila, San Pedro - Cangas (ver mapa na web) baile, gaita, canto e pandeireta, e percusión
O Retrouso de Cela (Bueu) Complexo Cultural de Cela (Bueu) http://www.blogoteca.com/retrouso/ baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral
OURENSE
AOFT Gomes Mouro - Escola de Música Tradicional de Ourense http://aoftou.wordpress.com EMT de Ourense (Tras bloque 8 - Baixo, Barrocás), Parque Barbaña, , EMT de Allariz, EMT de Maceda Gaita, percusión, canto, pandeireta..
PONTEVEDRA
TRÉPIA Asociación Cultural Palamios nº7 6º-A Pontevedra http://www.trepia.org pandeireta e canto, baile, gaita, tamboril, bordado..
Aula Folque Infantil (5 e 13 anos) e Laboratorio de Sons (8 e 15 anos) http://www.folque.com/centro.php?txt=arbore_web28&lg=gal A Aula Folque Infantil (AFI) pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. En paralelo, existe o Laboratorio de Sons, unha aula propia de experimentación diferenciada da AFI e que serve para a investigación sonora e escénica sempre co compoñente lúdico como motor da aprendizaxe
Trazantes (Tenorio - Cotobade) Instituto de Cotobade, en Tenorio http://www.trazantes.com Pandeireta, canto, baile, percusión e gaita
TABEIRÓS - TERRA DE MONTES
A Fervenza de Ouzande (A Estrada) http://carreiros.blogspot.com/ Gaita, baile, pandeireta e tamboril
TERRA DE CELANOVA
Escola de Baile e Música Tradicional REBULIR (Concello de Ramirás) Praza de San Andrés. s/n. Vilavidal. Ramirás(Ourense) http://www.rebulir.blogspot.com/ Baile Tradicional, Canto e Pandeireta, Percusión Tradicional, Gaita..
A. V. C Casco Vello (Vigo) Rúa Oliva, 12 http://www.avcascovello.com Baile, Gaita e percusión, Canto popular e pandeireta, Acordeón diatónico, Confección de traxe tradicional Galego, Guitarra..
A.C.F. O Fiadeiro R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo. Vigo http://www.ofiadeiro.com Violín folk, Requinta, Baile tradicional, Zanfona, Gaita, Acordeón, Percusión tradicional, Canto tradicional e pandeireta..
A. VV. Cultural e Deportiva " Castrelos " (Monte da Mina) Monte da Mina, 16 . Vigo - Tfno: 986472758 Gaita, acordeón..
Escola de Música de Mos Outeiro, s/n. Torroso - Mos http://www.crctorroso.com Gaita, Percusión tradicional,..
PORTUGAL
LISBOA
Centro Galego de Lisboa http://www.juventudedagaliza.com Rua Julio Andrade, 3 | 1150-206 Lisboa Gaita, baile galego, pandeireta..
Tradballs Pandeireta Galega por Sara Louraço Vidal Domingos, 15 em 15 dias Iniciados: 16h-17h Intermédios:17h-18h - Fábrica do Braço de Prata Rua da Fábrica do Material de Guerra, nº 1
Treixadura presenta ESA SÍ QUE É MUIÑADA en Pontevedra, Vilagarcía e Narón http://www.treixadura.com
(texto engadido o día 9/ / 2/ / 12 )
O grupo realizara unha xira por teatros que na que, de momento, están confirmados os concertos en Vilagarcía de Arousa e Narón, mentres se está a xestionar a presentación do novo disco noutras grandes cidades de Galicia
O vindeiro 11 de Febreiro Treixadura subirá ao escenario do Pazo da cultura de Pontevedra para presentar en directo o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada”. Un disco que toma forma dende o son máis tradicional do grupo, e os cantos populares, que ben souberon reflectir coa colaboración dos coros decanos de Galicia “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela) , “Cántigas da Terra” (A Coruña), “Real coro Toxos e Froles” (Ferrol) e “Coral De Ruada” (Ourense). O concerto comezará ás 21:00 h e as entradas poden mercarse na billeteira do auditorio e na páxina web servinova tanto para este concerto como para o que ofrecerán o próximo 21 de Abril no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. O 17 de maio, Treixadura celebrará o Día das Letras Galegas cun novo concerto no Pazo da Cultura de Narón.
CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais
(texto engadido o día 21/ / 1/ / 12 )
A Agupación Folclórica Cantigas e Agarimos e o Coro Tradicional Cantares do Brión, organizador do evento, actuarán o sábado 21 ás 20:30h no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar
O sábado 21 de xaneiro, a partir das 20:30h, no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, celébrase o evento «CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais». No acto participarán a Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela, e o Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, do Centro Cultural de Vincios (Gondomar), que é a entidade organizadora. O acto será presentado por Xilberte Manso de la Torre, profesor do Instituto ProVal e membro destacado do Instituto de Estudos Miñoranos.
Despois de que Perfecto Feijoo crease en 1883 en Pontevedra a agrupación coral Aires da Terra, a comezos do século XX formáronse algúns dos coros que aínda hoxe permanecen, como Toxos e Froles (Ferrol, 1915), Cántigas da Terra (A Coruña, 1916), De Ruada (Ourense, 1919) ou Cantigas e Agarimos (Compostela, 1923). Estas formacións preservaron a tradición coral que chega aos nosos días arrequecida pola achega popular durante décadas de actividade a prol da música, da cultura e do idioma de Galicia.
Seguindo a súa estela, durante os últimos anos xurdiron en Galicia algúns coros de corte tradicional, entre os que se atopa Cantares do Brión, que ten as primeiras actuacións públicas en 2009 e que se constitúe formalmente o 7 de marzo de 2010. A súa presentación oficial celébrase o 22 de xaneiro de 2011, apadriñados polo coro Cántigas da Terra.
A proximidade desta data de presentación é a escollida para celebrar de hoxe en diante o que se chamará «CANTARES NO MIÑOR. Encontro de Coros Tradicionais». Como o seu nome indica, este evento terá como marco a comarca do Val Miñor e por aquí pasarán, nos próximos anos, as agrupacións corais máis representativas de Galicia, sempre baixo o signo da tradición musical galega.
Treixadura reunirá a 1.500 persoas no Auditorio Mar de Vigo
(texto engadido o día 17/ / 12/ / 11 )
A Fundación Inade, Instituto Atlántico del Seguro organiza, para o próximo 17 de decembro, un concerto baixo o título “Gracias a ti”, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo. Con esta celebración, a fundación Inade quere agradecer ao conxunto da sociedade a confianza depositada nos mediadores de seguros para proteger o seu patrimonio, as súas persoas e as súas responsabilidades a través de contratos coas entidades aseguradoras, así como a labor que teñen levado a cabo, e continúan a facer as persoas que traballan no conxunto do sector asegurador. O concerto “Gracias a ti” será interpretado polo grupo de música tradicional Treixadura, que presenta en Vigo o seu último disco “Esa si que é muiñada”. Esta agrupación conta con 20 anos de grabaciónns e concertos, cinco discos no mercado e unha chea de colaboraciónns discográficas. Con este novo traballo, Treixadura pretende “revivir a música e os cantos populares que aínda se ocultan no substrato dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural”. Para desenvolver esta declaración de intencións, o grupo contou coa colaboración dos coros decanos Galegos “Cantigas e Agarimos” (Santiago de Compostela), “Cántigas da Terra” (A Coruña), “Real coro Toxos e Froles” (Ferrol), “Coral de Ruada” (Ourense) e “Agrupación Musical de O Rosal” (O Rosal, Pontevedra).
POLAFÍA en MONTE ALTO Clube de Mar San Amaro (A Coruña) Sábado, 26 de novembro de 2011, ás 19:30 horas.
Monte Alto, Monte Alto, porque aquí a alma ten forma de barco (O pregón de Monte Alto, Manuel Rivas e Os Diplomáticos de Monte Alto)
Contos, cantos e historias do mar da Coruña, coa participación de Emilio Mariñas (sabio percebeiro) Serafín Mourelle (patrón do Gran Sol), Luis Dopico (patrón de baixura), Xurxo Souto, Moncho do Orzán, Manuel Lugrís, Isidro Novo, Comparsa Monte Alto a 100, coro Cántigas da Terra, e aínda máis amigas e amigos co seu saber contar e cantar.
Proxección do vídeo “A recuperación microtoponímica da Peninsula da Torre” elaborado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
O sábado 10 celebraremos unha festiña por todo o alto, unha foliada para que participedes cantando, tocando, bailando... coas músicas da Terra!! Aquelas que enchen os peitos de emoción!! Vémonos alí!!
XXXII Edición da Festa do Gaiteiro en Soutelo de Montes
(texto engadido o día 19/ / 8/ / 11 )
VENRES 19
23:00 Actuación do Grupo Folk ARDENTÍA 00:30 Actuación do Gaiteiro Xosé Manuél BUDIÑO (Coa presentación do séu novo disco. Volta)
Lugar: Rúa Alfredo González Barros (Ó lado da Igrexa)
SÁBADO 20
10:00 Apertura da "FEIRA DE ARTESANÍA" 10:30 Pasarrúas "BANDA DE GAITAS DE VERÍN" 11:00 Actuación da "Banda de Gaitas de LOIA" 11:30 Actuación de "XIRANDOLA" 12:15 Actuación de "CANTIGAS DA TERRA" 13:00 Benvida do ALCALDE 13:10 Pregón por Carlos G. Reigosa. 13:25 Entrega de Medallas 13:45 Imposición do embaixador da festa. 13:55 Actuación da "Banda de Gaitas do Concello de Forcarei" 14:10 XANTAR POPULAR (Carpa no parque Venezuela) 16:45 Inauguración do monumento en lembranza de Avelino Cachafeiro. 17:00 XIII Concurso de Solistas "AVELINO CACHAFEIRO" 18:30 Actuación do Grupo Folclórico "FREGUESÍA DE SOTELO- PORTUGAL" 19:15 Entrega de premios 19:30 Actuación do Ballet Folclórico "TIERRA ADENTRO DE URUGUAY" 20:30 "Ruada POPULAR" "CHARANGA DO FIADEIRO" e "CANTAREIRAS DA FERVENZA"
Dentro do Ciclo Forumfolk, Foliada (concerto participativo), coa presenza de Os Gaiteiriños, Grileiros, Asociación Cultural Donaire, Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa, Cántigas da Terra e Maghúa. Ramiro Neira será o mestre de ceremonias desta tarde-noite de festa.
Presentación oficial do Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN
(texto engadido o día 20/ / 1/ / 11 )
O sábado, 22 de xaneiro, a partir das 8,00 do serán, terá lugar no Centro Cultural de Vincios, no concello de Gondomar, o acto de presentación do Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, con apadriñamento a cargo do histórico Coro CÁNTIGAS DA TERRA. Dous anos despois da súa constitución, e despois de actuar en distintos eventos, como o Festival Folc Sons da Lameira, en Matamá, ou na Homenaxe ao Gaiteiro, recentemente celebrada no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, en Vigo, CANTARES DO BRIÓN, unha formación de 60 membros, preséntase oficialmente no lugar onde naceu e onde ten a súa sede social: na parroquia miñorana de Vincios, en Gondomar, no seu Centro Cultural. Cántigas da Terra, con case cen anos de existencia, colleitou importantes éxitos, entre eles na súa intervención no Festival de Lorient no pasado ano. Nesta actividade, á que están invitadas as máis altas autoridades da cultura, académicas e políticas, como o público en xeral, con entrada libre, os coros citados: Cántigas da Terra e Cantares do Brión interpretarán pezas do repertorio popular e tradicional de Galicia. Dentro da actuación de Cantares do Brión, vai ser gravada en directo unha peza que o grupo Zurrumalla incluirá nun disco de próxima aparición.
Outubro 02/2010 20:00 horas na SCRD Agarimo de Sillobre
Homenaxe a Toxos e Frores ( Ferrol)
Local Social Agarimo de Sillobre
"O Real Coro “Toxos e Froles” e unha entidade da nosa bisbarra que foi fundado no ano 1.915 e é o decano dos coros galegos. Para nos é un orgullo adicarlle a nosa xuntanza a unha entidade da que poderíamos ser os seus bisnetos ou tataranetos. O “Toxos”, tal e como o coñecemos a maioría, foi e é un referente, no que á nosa música se refire, e que se destacou e destaca polo seu traballo, incluso en momentos moi difíciles, a prol da nosa cultura. O “Toxos e Froles” ó longo dos seus 95 anos de historia recuperou, gardou e espallou ó longo de medio mundo a nosa música popular."
Do 6 ó 15 de agosto celébrase na Bretaña Francesa a edición 40 do Festival Intercéltico de Lorient no que participarán os seguintes grupos galegos:
CÁNTIGAS DA TERRA COANHADEIRA ESCOLA DE GAITAS ORTIGUEIRA FOLK BRANHAS LUZ CASAL MILLADOIRO
O primeiro grupo galego que foi á Bretaña Farncesa foi Cántigas da Terra no ano 1954, que asiste como invitado ó II Congreso de música celta celebrado na cidade de Brest, congreso no que se aceptaría, logo da comunicación presentada pola representación do Coro, que “as características e constantes esenciais da música popular galega, eran coincidentes con aquelas outras dos países representados” pasando Galicia a ser considerada unha das nacións celtas.
Concerto 16 de maio ás 12.00 h. no Auditorio Gabriel García Márquez en Mera - Oleiros. Entrada gratuita ata completar aforo. Actuarán: Cántigas da Terra ( A Coruña), Cántigas e Agarimos (Santiago) e Dorna (Dorneda Oleiros), para celebrar o XXV aniversario desta agrupación.