Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:
Novas que incluen 'Buxaina': (texto engadido o día 21/ / 1/ / 13 ) | 
Terá lugar o vindeiro venres 25 de Xaneiro no bar Vilariño en Palas de Reis.
Comezará as 20 horas con un roteiro polos bares da zona a cargo dos grupos: Escola de Música e Baile Tradicional Xurde, , AC As Nadelas de Caión, AC Galanía de Muros, AC Xacarandaina de A COruña e a AC Fonte de Merlán de Palas de Reis.
A Partir das 22 horas no bar Vilariño concertos de:
- Buxaina
- Bico da Balouta
- Leirabuxo
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 24/ / 11/ / 12 ) | 
O 25 de novembro ás 19 horas no Teatro Sala de Concertos Nova Caixa Galicia.
A homenaxe estará presentada por Cé Orquestra Pantasma.
As actuacións correrán a cargo de:
- Tanxedoras
- Grupo Etnográfico A Buxaina
- Zurrumalla
| - Cé Orquestra Pantasma- Tanxedoras- A Buxaina- Zurrumalla -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 12 ) | 
VENRES 7 SETEMBRO :
17:00 Oportunidades no rural. Debate - José Manuel del Barrio Aliste (Universidade de Salamanca): A sociedade rural como obxecto de consumo - Lourenzo Fernández Prieto (Universidade de Santiago de Compostela): Desertores do agro - Luís Vale (Universidade Fernando Pessoa. Porto): Turismo Vinhais - projectar o passado, através das oportunidades presentes, no futuro - Sandra González Sousa (Universitat de Barcelona): Posta en valor do patrimonio rural 20:00 Proxección fotográfica comentada polo fotógrafo Carlos Valcárcel 21:00 Peza teatral ó aire libre representada por alumnos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e outros participantes na Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei dentro do proxecto "A herencia antropolóxica" 22:00 Cea – Degustación de productos da aldea 23:00 Actuación músical de grupo folclórico “Buxaina”
SABADO 8 SETEMBRO:
10:00 Recepción 10:30 Roteiro Teatral: A Tenza, A Fonte, O Prado, A Corrupia, A Casa Caseteira, O Forno, A Escola e O Repestorio. 14:30 Xantar na aldea con “Amigos do gaiteiro Ramiro de Santo Xusto” 17:00 Xogos populares por Xotramu e mostra de oficios artesans e artesanía alimentária 19:00 Contacontos: Celso F. Sanmartín 20:00 Romaría : Concerto “Os Modernos” e Agrupación Musical Buxaina
| - Buxaina- Os Modernos -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 2/ / 8/ / 12 ) | 
O día 4 de agosto a partir das 20:00 h Cariño soará a música tradicional.
Comezaremos cun desfile polo pobo que rematará na Plaza Roja, alí disfrutaremos dos concertos das bandas de gaitas e do grupo Coanhadeira.
As Bandas participantes neste tercer Repichocón serán:
Banda de Gaitas San Xiao do Trebo (Cariño) Grupo de Baile Troula do Ortegal (San Adrián) Banda de gaitas de Ladrido Grupo de baile Buxainas (Cedeira) Banda de gaitas El Penedón de Castropol (Asturias) Banda de gaitas Brisas da Croa (Ladrido)
CONCERTO DE COANHADEIRA
Ó rematar faremos unha Gran Queimada!!!!!
TRAEDE OS VOSOS INSTRUMENTOS QUE HABERÁ FOLIADA ATA QUE O CORPO AGUANTE!!!!!!!!!!!!!!
Estades todos invitados!!!!
| - Coanhadeira -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| XIII Festa Folc de Vilariño - O Hio ( Cangas do Morrazo )
| (texto engadido o día 7/ / 7/ / 12 ) | 
Sábado 18 de Agosto a partires das 22h. Con Ludovaina, Zurrumalla, Ruxe-Ruxe, A Compañía do Ruído e Arremecághona's produsións a pé de palco.
Colabora co festival! Xa podedes atopar as camiisolas nos seguintes locais: As Lagoas, A Cova da Laxe, Buxaina, Churumbel, Froitería Quina, Pizza Bona
Ver mapa máis grande
| - Vilariño- Ludovaina- Zurrumalla- Ruxe-Ruxe- A Compañía do Ruído- Arremecághona -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 5/ / 7/ / 12 ) | 
Unha das festas máis importantes de Vigo, está a punto de chegar a nosa cidade: A Festa da Cultura de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
A próxima fin de semana, 7 e 8 de xullo, tedes unha cita na Porta do Sol en Vigo. Actuacións de forma continua; grandes concertos; serán; postos de artesanía; feito a man...Dous días cheos de cultura e diversión. A programación e a prde de actuacións serán as seguintes: -Sábado 7 de xullo: - 10:30- Inauguración - 11:00- Grupo de gaitas "O Coto" - 11:00- Exhibición Tenis de mesa - 12:30- A.F.os ventos de Comesaña - 13:00- A.F. Corisco
-18:00- A.F.Queixumes -18:30- A.F.os trasnos da gaita -19:00- Cantareitas da A.F.Rueiro -19:30- A.F. Lembranzas Galegas -20:00- Grupo de danza oriental da SCD Helios de Bembrive -20:30- Grupo Etnográfico A Buxaina -21:00- A.F.Froles Novas -21:30- A.F.Andarela -22:00- A.F.Asubío -22:30- A.C.Traspés -23:00- Serán popular
-Domingo 8 de xullo: -11:00- Grupo de Gaitas do CCR de Cabral -11:30- Escola de Acordeóns do CVC de Valladares -12:00- Grupo Baile Moderno Matamá -12:30- Banda de música Ateneo de Bembrive -13:15 -Acto Central con Autoridades -13:30- Actuación de 150 gaiteiros da Agrupación -14:30- Comida oficial Autoridades e Entidades -22:00- Concerto da orquesta Folk "Son de Seu" Para acompañar todo isto, haberá talleres para nenos, postos artesanais pola rua, animación exposicións...e unha morea de cousas que non vos podedes perder. ¡¡Esperámosvos!!
| - SonDeSeu -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 30/ / 8/ / 11 ) | 
| - A Quenlla- Buxaina -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 29/ / 7/ / 11 ) | 
O venres celebrarase na vila monterrosina a primeira edición da Foliada de Monterroso, que organizan os gaiteiros locais coa colaboración do Concello. Será a primeira de dúas xornadas seguidas de actividades, xa que o sábado desenvolverase durante todo o día a Festa do Deporte, que promove o organismo municipal.
A Foliada será na antiga Feira do Froito, lugar no que ás dez da noite comezarán as actuacións que estarán a cargo dos grupos D'Ambarría, de Monterroso; Falcatruerios, tamén do municipio; Vos D'Eiquí, de Taboada; Fiadeira, de Antas de Ulla; Buxaina, de Pas de Rei, e Varacuncas, do concello pontevedrés de Rodeiro.
Ao finalizar o concerto destes grupos haberá «festa rachada ata que ou corpo aguante», segundo anunciaron onte os organizadores. Tamén haberá queimada «para espantar as meigas».
Pola súa banda, o organismo local espera que a animación na localidade sexa permanente durante todo o fin de semana, que coincide co cambio de mes e co comezo da chegada de emigrantes de vacacións.
| - Foliada -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 19/ / 7/ / 11 ) | 
Un ano mais celebramos na Pontraga (Tordoia) a Romaría Galega.
Este ano facémola o dia 23 de Xullo e este é o programa:
Grupo de Baile e Banda de Gaitas Brisas do Quenllo Grupo de Baile Camiño Real de Poulo Cuadrilla do Pan Quente
Antón Castro "de cantar e de contar"
XII Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos...
Os Serranos (Águeda) Buxainas (Cedeira) Brisas do Quenllo (A Pontraga-Tordoia) Vai de Roda (Rianxo) Pilarica (Valladolid)
Tropa de Trapo "contos coas mans abertas"
O afiador Rodesindo da Barrosa
Flor da Maquía, Faíscas da Pontraga, Charanga "Vai de Roda", Bouba...
Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha pequena mostra de folclore do noso e do resto de tribus ibéricas, escoitar contos, música.. e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer.... nós xa imos estar ali!! esperámosvos!
*Para máis info neste correo: brisasdoquenllo at gmail.com
| - Romaría Galega na Pontagra -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 1/ / 7/ / 11 ) | 
Sen dúbida, asistir a Festa da Cultura de Vigo non ten nada que perder. Habrá actuacións de folclore, teatro, baile, bandas de música; non faltarán stands dos nosos colectivos, os cales representarán a súa historia, as súas actividades, habrá degustación de comida e bebida,...e como remate de festa, o domingo a noite o concerto da grandísima gaiteria Susana seivane. Ademáis de todo isto, habrá regalos para tódolos asistentes. Como poden ver, trátase dun acontecemento o que non poden faltar. A dierctiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animámolos para que non se perdan esta Festa da Cultura de Vigo. Teñen dende o sábado ás 10 da mañán, ata o domingo ben pasada a noite, para disfrutar deste acontecemente cultural, que non poden perder e no que non teñen tempo para aburrirse.
A programación da Festa da Cultura de Vigo será: Sábado 2 de xullo - 10:30 Os Trasnos da gaita - 11:00 Coro Portugués "Vox- Populi" - 12:00 Xalundes Danzas do mundo - 12:30 A.F. Corisco - 13:00 Acto Central - 13:30 Acordeóns CVC Valladares - 14:00 COMIDA - 19:00 A.F.Rueiro de Coia - 19:30 A.F.Queixumes - 20:00 A.F.Os ventos de Comesaña - 20:30 A.F.Froles Novas - 21:00 A.F.Andarela - 21:30 A.F.Asubío - 22:00 Monteira Danzas do Mundo - 22:30 Grupo Folc Xistra de Coruxo
Domingo3 de xullo - 11:00 Grupo de gaitas "a Buxaina" do C.R.A.C. de Coruxo - 11:30 Grupo de gaitas "Fume de Caroso" do c.C. de Cabral - 12:00 Banda de Música Atlántida de Matamá - 14:00 COMIDA - 20:00 Charanga "los Clavelitos" - 21:00 Banda de gaitas Charamuscas da S.D.R.C Helios de Bembrive - 22:00 Concerto Susana Seivane
Aclarar que estes horarios pertencen os que estes grupos farán no esceario montado na Porta do Sol. Pero media hora antes desta actuación, os grupos farán pasarúas por distintas zonas de Vigo. Nada máis dicir, que esperamos a súa visita pola Festa da Cultura de Vigo, que con tanto ánimo e ilusión a directiva da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, levamos organizando dende fai meses.
| - Xistra de Coruxo- Susana Seivane -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 18/ / 6/ / 11 ) | 
A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, participou esta mañá na presentación da programación de actuacións musicais que durante este verán percorrerán as rúas do barrio histórico mesturando a música folk co baile moderno ou as actuacións de grupos de gaitas. Baixo o título de “Sábados de Folclore no Casco Vello”, a iniciativa cultural está organizada pola Asociación de Comerciantes VigoVello e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, e conta co patrocinio da Xunta de Galicia. O seu obxectivo: dinamizar e animar as rúas do Casco Vello con festivais musicais durante 12 fins de semana dos meses de verán. O festival reunirá aos 30 principais grupos de baile, gaitas e música tradicional da cidade e, así, grupos coma Corisco, A Buxaina, Os Ventos, Lembranzas Galegas, Os Trasnos, Asubío ou Andarela formarán parte desta programación musical que durante os sábados dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro actuarán nas rúas do Casco Vello. Sen ir máis lonxe, as actuacións comezarán este vindeiro sábado día 18 ás 20.00 horas cunha Mostra de Danza na que actuarán os grupos de baile moderno das Asociacións de Cabral, Valadares, Helios e Matamá. A presidenta do Consorcio, acompañada dos responsables de VigoVello, Anxo Méndez e Milagros Domínguez, así coma do presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, presentou a iniciativa esta mañá na sede que a Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) ten na zona vella, e felicitou aos organizadores do evento por levar a cabo este tipo de iniciativas “no corazón da cidade” para conseguir o obxectivo de “dinamizar” e “animar” a zona histórica, o que, segundo apuntou, supón “un punto máis” para revitalizar o casco histórico. ”Neste traballo de recuperación debemos estar todos xuntos”, dixo a presidenta do Consorcio, quen agradeceu á APEC que cedera a súa sala de usos –que nestes momentos conta cunha exposición técnica do traballo feito polo CCVV- para a celebración da presentación desta iniciativa cultural. “Este é o exemplo de rehabilitación”, engadiu Molares, volvendo a amosar “a aposta clara e decidida” pola recuperación integral do barrio a través do CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia en un 10% polo Concello de Vigo-. Neste senso, reiterou o traballo feito ata o de agora por levar vida á zona histórica coa incorporación de novas familias, ou a instalación de servizos administrativos coma é o caso de APEC, o futuro Rexistro Civil ou a sede do Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España, que se fixo efectivo no día de onte coa sinatura do convenio de compravenda e das mesmas escrituras ante notario.
| + 1 noticia relacionada ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 17/ / 11/ / 10 ) | 
Un ano máis dende fai 21 celebraremos unha nova edicion da Homenaxe ao Gaiteiro Este ano ademáis do Grupo Etnográfico A Buxaina, que celebra o seu 25 aniversario de existenza, contaremos coa presenza do Coro Tradicional Cantares do Brión do centro cultural de Vincios e Os Terribles de Donas. Carlos do Viso estará tamén con nos como presentador dando continuidade e dinamismo os actos que compoñen o espectáculo. A Homenaxe o Gaiteiro terá lugar o 21 de novembro as 18 horas no teatro Caixanova, a entrada é de balde e farase por medio de invitacións a recoller no Centro Recreativo Artistico e Cultural de Coruxo (CRAC) do 8 ao 13 de novembro para os socios e do 14 ao 20 para os non socios en horario de 19:30 a 21:30 horas, sábados e domingo de 12 a 14 horas. Quedades todos convidados!!
| - Homenaxe ao gaiteiro -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 10 ) | 
Avelino Cachafeiro Bugallo é un dos persoeiros máis importantes do noso panorama musical tradicional galego. Nado en Soutelo de Montes o 26 de maio de 1899. Avelino Cachafeiro, acostumado desde a súa nenez ó son da gaita, debido a que o seu avó e o seu pai foron tamén gaiteiros, non tardou en formar un grupo familiar de gaiteiros, constituído polos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e caixa), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que de modo ocasional tocaba o pandeiro. Avelino era a alma do grupo, como director e compositor, as súas actuacións caracterizábanse polo baile e por contar chistes. Non tardaron en ser coñecidos por toda a comarca e tamén alén dos mares, co alcume de “Os Gaiteiros de Soutelo”. Avelino é nomeado gaiteiro da Sociedade Artística de Pontevedra, e con só 25 anos preséntase a un concurso en Santiago onde se dirime quen é o mellor gaiteiro de Galicia. Un concurso con parte literaria, onde se presenta xente coma Otero Pedraio, Vicente Risco, Filgueira Valverde, e que o final ganaría Eladio Rodríguez González. Otero Pedraio cualificaba a Avelino como “O grande e puro artista, por Castelao abrazado en data solemne pro esprito como o máis rexo e armoño Carballo do bosque antigo”. O Concello de Forcarei organiza este ano a XXXI edición da Festa do Gaiteiro de Soutelo, concebida coa finalidade de homenaxear a súa figura, tanto humana como artística.
VENRES 20 23:00 H CONCERTO FOLK DE “FIA NA ROCA” NA PRAZA DA IGREXA DE SOUTELO- PATROCINADO POLO XACOBEO E A DEPUTACION DE PONTEVEDRA SABADO 21 10:00 H PASARRÚAS DAS BANDAS DE GAITAS 10:30 H APERTURA “FEIRA DE ARTESANÍA” 11:00 H ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS “BUXAINA” DE TARAGOÑA (RIANXO) 11:30 H ACTUACIÓN DO GRUPO VAGALUME DE ALCALA DE HENARES 12:00 H ACTUACIÓN DO GRUPO “LUME NA LAREIRA” 12:15 H ACTUACIÓN DO GRUPO “O FIADEIRO” 13:15 H SAUDA DO ALCALDE 13:30 H PREGÓN POR D. XOSÉ LUIS BARREIRO RIVAS 13:45 H ACTUACIÓN DE MANUELA CORTIZO MEDAL 14:00 H ENTREGA DE MEDALLAS 14:20 H IMPOSICIÓN DO EMBAIXADOR DA FESTA 14:30 H INTERVENCIÓN DE PILAR ROJO NOGUERA, PRESIDENTA DO PARLAMENTO GALEGO 14:40 H ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS DE FORCAREI, INTERPRETARÁN O HIMNO GALEGO CON VOZ DA CANTANTE ALMUDENA JANEIRO 15:00 H TRAILER CAMPAÑA GADIS “SUPER GAITEIRO” 17:00 H ACTUACIÓN DE “A MAGNIFIQUE BANDE DOS HOMES SEN MEDO” 17:30 H XII CONCURSO DE GAITEIROS AVELINO CACHAFEIRO “GAITEIRO DE SOUTELO” 18:30 H ACTUACIÓN DO RANCHO FOLKLORICO DE VILA DE PRADO DE VILAVERDE – PORTUGAL 22:30 H CONCERTO NA PRAZA DO GAITEIRO EN HOMENAXE A JOSÉ FIRVIDA CACHAFEIRO “ MADURO” - LUME NA LAREIRA
- DIPLOMATICOS DO ACORDEON
HABERÁ PULPEIRA E CARPAS POLA TARDE HABERÁ INCHABLES E XOGOS PARA OS MÁIS PEQUENOS
| - Festa do Gaiteiro- Soutelo- Fia Na Roca- O Fiadeiro- Lume na Lareira- Diplomáticos do Acordeón -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 18/ / 12/ / 09 ) | 
O Etnográfico A Buxaina organiza un ano máis o " Homenaxe O Gaiteiro" que terá lugar o próximo sábado 19 de Decembro as 18 horas no Auditorio do Centro Cultural Caixanova.
No acto, que estaá presentado polo narrador Celso Sanmartín, participarán xunto ao noso grupo "Os terribles de Donas" e "Moxenas, Musical Galego" nun recoñecemento a traxectoria musical de Secundino de Cambados e Javier de Pol.
Podense recoller as invitacions esta semana a partires da 20 horas.
Coma tódolos anos a festa está garantizada o remate no Centro Cultural de Coruxo.
| Noticia enviada por foliadeiro
- Buxaina- Homenaxe ao Gaiteiro -
...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 22/ / 11/ / 08 ) | 
A Asociación Mozas e Mozos celebra un gran magosto mañá domingo, día 23 de novembro, en Beluso (Bueu). O evento desenvolverase no parque Novas, a carón do novo pavillón de deportes, a partir das doce do día, e prolongarase durante toda a xornada.
O colectivo ten previsto asar uns cen quilos de castañas que se distribuirán de balde nos típicos cucuruchos de papel. Do mesmo xeito, a Asociación porá á venda ó prezo de 1 euro os seus vasos ecolóxicos, feitos dun plástico que permite a súa reutilización e posterior reciclaxe. As persoas que adquiran este vaso poderán enchelo tantas veces como queiran dos refrescos que se ofrecerán gratuitamente.
A organización anima ós asistentes a traer as súas buxainas e instrumentos musicais para amenizar o evento, que contará con varios intérpretes de música tradicional. Cada outono, ducias de nenos e non tan nenos participan nas tiradas de trompos que Mozas e Mozos convoca no parque Novas, contribuíndo a dinamizar este espazo da parroquia e a recuperar os xogos tradicionais.
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
| A BUXAINA celebra a XX edición do HOMENAXE O GAITEIRO
| (texto engadido o día 24/ / 10/ / 08 ) | 
O vindeiro 15 de novembro as 19,30 horas A Buxaina celebra a XX edición da "Homenaxe o Gaiteiro" no Teatro-Sala de concertos Caixanova (non no auditorio como figura neste cartel).
A entrada será de balde mediante invitacións que se poderán recoller a partires do sábado 8 de novembro no Centro Cultural de Coruxo (unha semana antes para os socios do CRACC).Podedes contactar conosco no mail: a_buxaina@yahoo.com
Este ano estará presentado por Luís "O Caruncho" e nos acompañarán no recoñecemento ós homenaxeados:
Faíscas de Solobeira Cántigas da terra Asociacion Cultural "Lembranzas da Ria”
Ó rematares seguiremos coa festa no Centro Cultural de Coruxo donde estades convidados a vir tocar e bailar.
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
(texto engadido o día 27/ / 8/ / 08 ) | A concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide, comprometido coa necesidade de recuperar a identidade propia do noso concello, está organizando a I Mostra do Traxe e Música Tradicional que terá lugar o 29, 30 e 31 de agosto de 2008. O obxectivo primeiro desta mostra é exaltar e conservar unha parte importantísima da nosa riqueza cultural, como unha ferramenta de coñecemento do noso pasado e como un mecanismo de participación e comunicación entre particulares, asociacións e toda a poboación melidense en xeral.
| Programa da Mostra
12.00 h -Inauguración da Mostra cos Regueifeiros de Galicia (Luis O Caruncho e Benito Lobariñas)
12.00 h: Obradoiro de BOTÓNS DE FÍO para maiores de 12 anos.
17.00 h.- Pasarrúas da REQUINTA DE XIÁN
Praza do Convento
19.30 h.- Actuación da REQUINTA DE XIÁN
Cantón de San Roque.
23.00 h.- Actuación de LEILÍA TRADICIONAL
Cantón de San Roque.
11.30 h.- Obradoiro de PASAMANERÍA para maiores de 12 anos.
Praza do Convento
12.00 h: Pasarrúas con OS MELIDAOS.
13.00 h - Conferencia "O Traxe tradicional galego" por CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ.
Praza do Convento
17.00 h: Pasarrúas con "OS SANTIAGUIÑOS" de Boimorto.
18.00 h : Pasarrúas co grupo AXÓUXERE
18.00 h - "Xogos cantados e bailados" con LUIS PREGO
Praza do Convento.
20.00 h.- Actuación e desfile de traxes do grupo BRINCADEIRA
Cantón de San Roque
23.00 h.- Actuación musical co grupo PE DE BOI
Cantón de San Roque.
11.30 h: Obradoiro de COLARES para maiores de 12 anos.
12.00 h: Pasarrúas cos gaiteiros FROITO NOVO
Praza do Convento
12.30 h: "Xogando cos nosos instrumentos" por Lola Fernández.
Praza do Convento
17.00 h: Pasarrúas co grupo de música e baile tradicional "A MARISTELA" de Sobrado.
17.30 h: Concerto didáctico con PABLO DÍAZ e OLGA KIRK (Grupo Route)
Praza do Convento
18.00 h: Pasarrúas coa agrupación musical "BUXAINA" de Palas de Rei.
19.00 h: Conferencia e actuación de zanfoña.
Capela de Santo Antón
20.30 h: Actuación de música e baile tradicional co grupo ENTRECAIXAS
Cantón de San Roque
22.00 h: Actuación de baile e música tradicional co grupo CANTIGAS E AGARIMOS.
Explanada do Edificio Multiusos.
| 
Ademais, exposicións de instrumentos tradicionais , e exposición fotográfica dos 35 anos de Froito Novo na Capela de Santo Antón. |
|
| ...comentarios.. :: Enlace a esta nova ::
En 'Novas Relacionadas'
* Presentación Son de Rianxo
* Vai de Roda no Son de Rianxo
* Proxecto Son de Rianxo
* Tradescola: botamos un rouso?
* Polo San Martiño... peóns ao camiño!
|
|
|
buscar mais información
sobre Buxaina en
Ghastas Pista?
|
Voltar á páxina anterior
|