Ghastas Pista?

Brincadeira
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'Brincadeira':


Obradoiro de Felisa Segade e Xermán Muiños en Vilar de Santos (Ourense)
https://www.facebook.com/ArcaDaNoe/photos/a.771845476213668/2261456557252545/?type=3&theater
(texto engadido o día 29/ / 3/ / 19 )


Novo rumo: 31 de março com Felisa Segade e Xermán Muiños.

Domingo, 31 de março, de 11h00 a 14h00 e de 16h00 a 19h00 (6horas). Obradoiro de Tradição e musicalidade de Ourense com Felisa Segade e Xermán Muiños

OBRADOIRO
Com este obradoiro querem aproximar-se à Ourense, onde tem encontrado instrumentos, modos e sonoridades específicos e próprios, configurando um leque de imenso atrativo. Vão trabalhar sobre o panorama geral de instrumentos como a lata, a caçola (ou tijola), as cunchas, as colheres e o ferrinho, ensaiando toques e tons concretos seleccionados. Ainda que em muitos dos trabalhos de campo não encontram referência à pandeireta, vão ver os seus modos para aqueles em que sim.
Trazei os vossos instrumentos, ainda que eles tambén vão trazer diferentes modelos para conhecê-los e trabalhar com eles.

Preço: 30 euros (envia sms ao facebook da Arca para inscrever-te)

FELISA SEGADE
De formação autodidata, leva desde o ano 86 dedicada ao trabalho de campo na recolhida da nossa música e tradição cultural, com o que alimenta tanto os seus trabalhos musicais, como docentes. Desde 1989 é integrante do grupo de baile e música Brincadeira (Compostela). É co-fundadora de Leilía e também de Três Pesos, de recente formação.

XERMÁN MUÍÑOS
Estudoso e investigador da tradição musical galega desde começos dos 90, amante e defensor do trabalho de campo, ao que tem dedicado boa parte do seu tempo. Formado através deste trabalho de campo, partilhando experiências com outras e outros investigadoras/es, acudindo a cursos dados por estas pessoas e outras/os profissionais...
Felisa e Xermán, ministram aulas arredor da percussão e da tradição oral e colaboram com investigadoras/es e mestres/as, assim como em projetos musicais, de trabalho e de investigação

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán na Malatesta (Compostela)
https://www.facebook.com/events/321252158506646/
(texto engadido o día 21/ / 2/ / 19 )


FOLIADERXS! Neste mes dxs namoradxs, voltamos á Malatesta para brindarvos a oportunidade que quizais non teñades este 14 de febreiro. Por iso, bailadorxs e tocadorxs, convidámosvos a traer os vosos PANOS DE NAMORAR como parte do voso conxunto da noite!

Este 21 DE FEBREIRO, namoradxs e por namorar bailaremos ao son de Davide Salvado (23h), Brincadeira (23.45h) e Prima de Buxo (00.30h)! E seguiremos a noite en FOLIADA ABERTA!

VINDE NAMORAR O XOVES PRÓXIMO Á MALATESTA! ACUDIDE, VECIÑXS! NON O PERDADES!
- Davide Salvado- Prima de Buxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Taller de danza galega en Granollers
https://www.facebook.com/events/533560040471236/
(texto engadido o día 15/ / 2/ / 19 )




DATA: dissabte 16 de febrer de 2019
HORARI: de 17h a 24h
LLOC: La Troca de Roca Umbert (Granollers)
PREU: 30€ socis i socis amics i 40€ no socis
* El preu és únic i inclou 4 hores de taller i sopar.

Taller de danses gallegues mab Carme Campo

Carme Campo comença el seu aprenentatge en el ball tradicional gallec en el seu poble natal. Allà balla amb el grup “Agarimo de Torneiros”. Després es trasllada a Santiago on segueix aprenen a l'escola “Brincadeira”.

Ha continuant formant-se i fent treballs de camp aprenent de les persones grans que conserven les formes de ballar. Viatja per tot el món ballant i ensenyant.

El 2004 comença a fer de ballarina i professora a l'associació “A gentalha do Pichel”. I es complementa amb el seu treball al “Museo do Pobo Galego” a l'àrea d'educació impartint cursos centrats en la practica i la investigació del ball tradicional gallec, a través de jocs, cants i experimentació amb instruments musicals, utilitzant el ball com a recurs didàctic i d'integració en malalts mentals.

La seva feina també consisteix en la organització de jornades teòriques i xerrades sobre la igualtat de gènere en manifestacions tradicionals com el ball. També ha publicat diversos escrits i entrevistes.


info@passaltpas.cat

* cal reservar la plaça a través del correu i després fer l’ingrés al compte de l'entitat que us facilitarem per mail i la plaça ja estarà confirmada.

- Brincadeira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noites de Raíz na Estrada

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


Sábado 9 de febreiro en Callobre.
Escola Tradicional Brincadeira
Son da Fervenza
Regatos
- Sons da Fervenza- Regatos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Romarí­a de Santa Margarida (A Coruña)
https://www.facebook.com/foliadasdacoruna/photos/a.456502317866713/913385278845079/?type=3
(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


PROGRAMACIÓN COMPLETA DA ROMARÍA 2018!

Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas #maríapita18.

* Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe.

* Obradoiros e actuacións nas prazas o sábado 25!

- PRAZA DE VIGO (BAILE):
Actuacións da A. C. Donaire e Af Aturuxo.
Obradoiros con Carminha Campo e Chus Caramés, Montse Rivera e Pablo Díaz! (non hai que inscribirse!)

- PRAZA DE GALICIA (MÚSICA):
Actuacións da A.C. Donaire e A.F. Aturuxo.
Obradoiros con Oli Xiráldez, Xulia Feixoo e Tanxugueiras.

- PRAZA DE LUGO (MIÚDA):
Obradoiro de brinquedos sonoros con Miudiño S Coop Galega, de mariquiñas con traxe tradicional e de danza de paus e fitas con Marta Otero e intervención de Dúbidadúo.

* Concertos no parque de Santa Margarida!
- Sábado: Dúbidadúo Trío Band, Os Melidaos, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e Tanxugueiras.
- Domingo: Banda Municipal de A Coruña, A. C. Xacarandaina, Samarúas e SondeSeu Orquestra Folk + convidados.

Desfrutade da romaría, espallade para que chegue a todos os recunchos! :)

http://www.coruna.gal/portal/es/ayuntamiento/noticias/detalle-noticias/o-concello-pon-o-broche-a-unas-festas-de-maria-pita-marcadas-pola-innovacion-e-a-tradicion-coa/suceso/1453664509023

Concellería de Culturas da Coruña | Concello da Coruña

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXX Festa do Requeixo en A Capela

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 18 )


Domingo 26 de agosto, con Lenda Ártabra, No Cómbarro, Abrindo Rejo, Brincadeira, Tiruleque, A Roda

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantigas e Agarimos no Folc na Rúa (Compostela)
http://www.facebook.com/1034494363366305
(texto engadido o día 9/ / 5/ / 18 )


Este xoves da Ascensión, coma tódolos anos, hai Folc na Rúa. Aquí poderedes ver a Cantigas e Agarimos:

18.00h: Praza do Toural
18.30h: Praza de Cervantes
19.00h: Praza do Obradoiro
19.30h: Praza das Praterías
20.00h: Praza da Inmaculada/Acibechería (actuación conxunta con Brincadeira, Colexiata do Sar e Ultreia.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Roda na Festa da Brincadeira (Bouzas. Vigo)

(texto engadido o día 20/ / 4/ / 18 )


Domingo 22 de abril

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Noites De Raiz en Callobre (A Estrada)

(texto engadido o día 20/ / 4/ / 18 )


Sábado 21 de abril ás 22:00h
TELECLUBE DE CALLOBRE (A ESTRADA).

Con Aires da Pina, Brincadeira e Madialeva



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Zenzar e Cuarta Xusta en A Coruña

(texto engadido o día 7/ / 4/ / 18 )


Sábado 7 de abril ás 23:00h
Forum Celticum Av Acea de Ama 16 b Culleredo A Coruña.


Fórmase no outono de 1987 co nome de Mördor. Son a banda con máis anos de actividade en Galiza facendo rock en galego. O seu primeiro concerto foi no Nadal de 1988 no pub Non sei sendo un sexteto. Mantiveron esa formación ata o ano 1991 cando saíron da banda o teclista Manuel Jesús e o guitarrista Luis. Destes primeiros anos destaca unha gravación en Meirama de 1990, a única que teñen como sexteto, e onde están as súas primeiras cancións e algunhas versións de bandas como Ilegales ou Nacha Pop.

A finais de 1992 gravan a súa primeira maqueta, Contos e lendas de terra adentro, con cinco temas. En 1993 dúas das súas canción aparecen no disco recompilatorio Rock na Costa da Morte, xunto con outras cinco bandas. A mediados de 1993 mudan o nome para Zënzar, debido a motivos legais.

En 1995 aparece a súa segunda maqueta, Fascinados polo prohibido, oito cancións coas que definen máis o son que os fará coñecidos. Nesa época realizan concertos ao lado de bandas xa consolidadas no panorama do rock estatal, como Extremoduro, Platero y tú, Boikot, Manolo Kabezabolo ou Barón Rojo.

No ano 1997, a banda edita o seu primeiro álbum, Disparados ó futuro, con 12 temas gravados nos estudios Fussión de Vigo. Despois da saída do disco realizan unha xira de presentación do mesmo que os levará a facer concertos durante dous anos, entre elas as actuacións nas primeiras edicións dos festivais Alen Galicia na Illa de Arousa, e Santi Rock en Santiago de Compostela. Ese ano tamén aparecen dous temas seus nos recompilatorios Bambán Vol. II e Oito anos de sequestros.

Durante a xira incorpórase a Zënzar o guitarrista Mario Grela. Despois dunha etapa de menor actividade, na primavera do 2001 aparece o seu segundo álbum, baixo o título Todo vai ben, con 13 temas, todos eles en galego. Dous dos temas inclúen as colaboracións do gaiteiro dos Papaqueixos, Xan, e de Rómulo Sanjurjo, acordeonista dos Diplomáticos de Monte Alto. Após o lanzamento a banda embárcase nunha xira de presentación duns 40 concertos por Galicia. Rematada a xira no ano 2002, a banda entra no estudio Bonham da Coruña para gravar oito temas dun novo disco, Rockanrol, que saíu á vente en xuño dese ano.

Despois do lanzamento a banda entra nun período de menor actividade, pero fan o seu primeiro concerto en Madrid e dúas actuacións logo do afundimento do Prestige en Malpica de Bergantiños e Cerceda.

A finais do ano 2004 comezan a traballar no que sería o seu seguinte álbum, pero pouco despois o guitarrista M. Silveira abandona a banda.. No 2006 entran no estudio de Xabier Abreu en Nigrán para gravaren Sigue... e dálle. O disco, que inclúe un DVD, foi presentado o 30 de xuño dese ano na sala Nunca Máis de Ordes. Ese mesmo ano incorpórase Paco Cerdeira como segunda guitarra, despois de colaborar na gravación do álbum. "A Tribu" foi o seguinte traballo, no que colaboran voces coma a de María Xosé Silvar (Sés), Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Martin (Machina), Gende Beat ou Xurxo Souto. Tamén músicos convidados que pasan a acompañalos en algúns concertos de presentación deste traballo.

No 2011 editouse un DVD titulado Zënzar ao Vivo, coa actuación no Festival de rock de Cerceda do ano 2009, que conta con 15 temas nos que aparecen todas as colaboracións antes mencionadas. No 2012 editouse Vaise armar. Nese ano participaron en festivais como o Derrame Rock, Brincadeira ou Festigal.

En febreiro de 2013 publicouse o disco-homenaxe Vai polos padriños, con 19 temas re-interpretados por 18 grupos galegos como Ruxe Ruxe, Dios ke te crew, Machina, Os tres trebóns, Invivo, Som do Galpom, Raiba, K-Raxe ou A compañía do ruído.

TICKETS 7€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I I I Foliada A Fonsagrada

(texto engadido o día 8/ / 12/ / 17 )


O sábado 9 de decembro a partires das 11:00h celebrarase Foliada da Fonsagrada, este ano homenaxeando a Emilio do Pando

PROGRAMA
11.00-19.00h. Feira de Artesanía. Concello Vello.
12.00-14.30h. Pasabares amenizado por A Sona de Berghantiños e De Ningures.
16.00-17.00h. Taller de baile tradicional con Lis Latas. Praza da Igrexa.
17.00-18.00h. Adianto documental: «Emilio do Pando, unha lenda viva». Salón de actos (Os Chaos).
18.00-19.15h. Concerto interactivo con Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Praza da Igrexa.
19.30-22.00h. Cantos de Taberna.
Dequenvessendo (A Coruña), Os fedellos da Ulloa (Palas de Rei), En faldas y a lo loco (Ribadeo), A.C. Xirandela (Madrid), Azorriskalle (Oleiros), @s Pantox@s (A Coruña), Son de Lugh (Lugo), Os do 13 (Lugo), Antaruxas e Sorteiros (A Fonsagrada), Reviravolta (O Pino), Brincadeiras (Castroverde), A sona de Berghantiños (Berghantiños) e Fiadeira (Antas de Ulla).
22.15h. Gran Foliada: ábrena os «vellos gaiteiros». Praza Igrexa.
00.30h. Concerto de Os Carunchos. Praza da Igrexa.







+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Traxe vai á rúa (Compostela)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 16 )


Este sábado día 10 o traxe vai á rúa con Brincadeira!
Dende as 17h estaremos na praza do Toural cunha mostra de traxes, roupeiro, photocall e proxección de imaxes.
Ás 17h obradoiro de colares e ás 19h obradoiro de botóns de fío (Inscricións para os obradorios en gbrincadeira@gmail.com).
Ademáis poderás atoparnos animando as rúas de Compostela dende as 17h ata as 21h.
Convidámosvos a participar canda nós nesta xornada para coñecer máis sobre o noso traxe tradicional.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V festival Lembranzas Da Ría (Cangas)

(texto engadido o día 29/ / 8/ / 16 )


Sábado 3 de setembro as 21:30 no Parque de Andrea en Cangas.
Actuarán Lembranzas Da Ría e o grupo Brincadeira de Santiago.
- Lembranzas Da Ría -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornadas de Folclore Galego en Compostelas

(texto engadido o día 15/ / 7/ / 16 )


Sábado 16 de xullo,
Praza da Quintana

Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Seráns da Nave (Compostela)

(texto engadido o día 2/ / 4/ / 16 )


Xoves 07 de abril
A Nave de Vidán

21h30 . Obradoiro de baile
22h30 . Gaiteiros da Xuntanza
23h15 . Brincadeira
24h00 . Os Regatos
01h00 . Foliada aberta até que o corpo aguante

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto De Tres Pesos Na Gentalha Do Pichel (Compostela)

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )


Venres 13 de novembro ás 22h30
Felisa segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira som Tres Pesos. Tres jeitos de fazer, tres adictos à nossa música, tres caras da mesma moeda. Um projecto, um sonho. Tres músicas, tres vozes e tres vidas ligadas a duzias de projectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o cenário e miles fora del sonhando com a nossa música, com a nossa tradiçom.
A música é matemática e a matemática de este trío devolve em esta ecuaçom um resultado entranhável.
O seu primeiro trabalho “Acta Fundacional” concentra em nove temas a essência do que som os Tres Pesos. Música de raíz, música de hoje.

A entrada será à vontade. Passaremos a gorra.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Magosto Foliadeiro en Compostela

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 15 )


Sábado 7 de novembro
Cantigas E Agarimos (Antigo CEIP Ramón Cabanillas R/ Castiñeiriño, 21)

Teremos actividades para os máis pequenos dende as seis da tarde. Despois actuarán algúns grupos da escola de muiñeira e, a partir das dez da noite faremos foliada con varios grupos invitados (Do fondo do Peto, Lina e Lola, Fortín de Pomba, Xirandaina, Grupos da escola de Brincadeira, "Grupo A" de pandeireta da E.M. Cantigas e Agarimos, Os Micos) e con todos aqueles que vos queirades achegar.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Brincadeira (Compostela) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 11/ / 9/ / 15 )



Inscricións do 15 ao 30 de setembro no local (Rúa do Home Santo, 62, baixo) de 19:30 a 21:30, ou a través da web:
http://www.brincadeira.org/gl/escola-horario-tarifa

OS MESTRES E MESTRAS DA ESCOLA

Pandeireta: Felisa Segade, Marita Giadáns, María Iglesias e Rebeca Ces

Baile: Montse Rivera, Mario Ferreira e Marcos Franqueira

Gaita e percusión: Xoán Porto e Marcos Varela

Acordeón: Marcos Varela

Indumentaria tradicional: Toño López



HORARIOS

Baile:

Iniciación nenos: Martes 17:30/18:30 Montse Rivera
Medio nenos A: Martes 18:30/19:30 Montse Rivera (@s nen@s que foron alumn@s do grupo de nen@s o curso pasado)
Medio nenos B: Martes 19:30/20:30 Montse Rivera (@s nen@s que foron alumn@s do grupo medio dos xoves o curso pasado)
Iniciación adultos: Luns 19:30/20:30 Mario Ferreira/Marcos Franqueira
Medio adultos: Luns 20:30/21:30 Mario Ferreira/Marcos Franqueira
Perfeccionamento Adultos: Martes 20:30/21:30 Montse Rivera


Pandeireta:

Iniciación nenos : Xoves 18:30/19:30 María Iglesias
Nenos Medio: Xoves 18:00/18:30/19:30 Felisa Segade (nen@s que foron alumn@s da escola previamente. Consultar no local o horario no que teñen que asistir)
Iniciación adultos: Xoves 20:30/21:30 María Iglesias
Medio A: Martes 19:30/20:30 Rebeca Ces (alumn@s que o curso pasado acudiron a medio os xoves con María Iglesias)
Medio B: Martes 20:30/21:30 Marita Giadáns
Medio C: Xoves 19:30/20:30 María Iglesias (alumn@a que o curso pasado acudiron a iniciación)
Perfeccionamento: Xoves 19:30/20:30 Felisa Segade
Homes (grupo pechado): Xoves 20:30/21:30 Felisa Segade


Gaita:

Iniciación: Venres 18:00/19:00 Marcos Varela
Medio A: Luns 19:30/20:30 Marcos Varela
Medio B: Mércores 19:00/20:00 Marcos Varela
Nivel Avanzado: Mércores 20:00/21:00 Xoán Porto


Acordeón:

Luns 18:00/19:30 Marcos Varela


Percusión:

Mércores 18:00/19:00 Marcos Varela
Indumentaria tradicional:
Martes 18:30/19:30 Toño López

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festas de San Bartolomeu (Noia)

(texto engadido o día 22/ / 8/ / 15 )


Domingo 23:
Xoan Curiel

Luns 24:
a partires das 20h actuación pola rúa a cargo do grupo de música e baile tradicional Brincadeira, e ás 23h na Praza do Tapal: Faltriqueira

Martes 25:
ás 23h, Leilía na Praza do Tapal




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Traspés na XXXVI Festa do Pemento Arnoia

(texto engadido o día 28/ / 7/ / 15 )


O sábado, día 1 de agosto, as nosas seccións musicais marchan a terras ourensanas a tocar nunha festa das que xa teñen sona...

Dende as 12 do mediodía, e tamén a partir das 19:30 da tarde, poderedes gozar da música da nosa charanga, que estará amenizando a velada nesta Festa do Pemento que se celebra no concello de Arnoia.

Por se fora pouco, ás 22 h., e no mesmo lugar, dará comezo o I Festival Certame de Pandereteiras "Arnoia Viva" onde participarán o noso grupo de pandereteiras, e tamén o grupo de pandereteiros, ademáis estarán as pandereteiras de Brincadeira e A Subela.

Vas perder este gran día?¿?¿ Nós non... E veña festa!!

Esperámosvos a todos en AR NO IA... e veña pemento

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



* Unha foliada enxalza A Fonsagrada como «terra de gaiteiros»

* És de meu gosto, és da minha opinião, "da raíz do coração"



Brincadeira



Web oficial







buscar mais información
sobre Brincadeira en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre Brincadeira en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]