Resultados para:

Bellón
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4]

Novas que incluen 'Bellón':


Escola de Música BellónMaceiras (Fene) - Curso 2018/2019

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 18 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Fiadeiro en Baltar

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 17 )


AGRUPACIÓN O FIADEIRO
dentro do ciclo...
DANZA 3 - Folclore na rúa

Sábado 18 de novembro de 2017 ás 22:00h
Lugar: Baltar (no pabellón de deportes)

Entrada: de balde.
Organiza: Agadic, Concello de Baltar

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

O proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupacións a distintos Concellos da xeografía galega.

Nesta ocasión, o grupo de baile e música de O Fiadeiro, pretende dar mostra do seu amplo repertorio a pé de rúa. Para esta proposta, contará cun repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento. Creando en 60 minutos un espectáculo único, espontáneo e persoal, polo que non haberá dous espectáculos iguais.
Para isto, O Fiadeiro, contará co grupo de baile, grupo de pandereteiros, pandereteiras e da súa charanga, para animar á xente a que participe deste FOLCLORE NA RÚA.
Os temas que interpretarán serán variados, en canto a ritmos e formacións.
- O Fiadeiro -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Bellón Maceiras Dúo en Ortigueira

(texto engadido o día 17/ / 11/ / 17 )


Sábado 18 de novembro ás 20:00h
Teatro Da Beneficiencia De Ortigueira.
Praza Isabel II, S/N.
Ortigueira.


Comeza esta nova tempada do ciclo “Festival no teatro” con este dúo ben coñecido. Esta formación nace na primavera de 2005 coa finalidade de profundizar nunha formación pouco desenrolada no eido musical, con dous instrumentos tan representativos na nosa cultura como son a gaita e o acordeón. A consolidación dun repertorio adecuado e variado que defina as múltiples posibilidades do dúo é unha prioridade que está na mente destes músicos. Os dous integrantes son músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego.
Prezo das entradas: 4,50€

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Documental "DEFOLXXI" e Foliada Aberta na Cova Celtica (A Coruña)

(texto engadido o día 24/ / 8/ / 17 )


O xoves 24 de agosto, e dentro das actividades previas á Romaría de Santa Margarida 2017, A Cova Céltica acollerá dúas actividades ás que vos convidamos.

Ás 20:30h. veremos, logo da súa estrea no Festival de Ortigueira e no Festival Interceltique de Lorient, o documental "DEFOLXXI", unha visión de David Ramos sobre a gaita galega, con entrevistas e pezas musicais de distintas persoas dentro da gaita. Antón Corral, Patricia Cela, Daniel Bellón, Pablo Carpintero, Pepe Vaamonde, Anne-Sophie Vogel...

Ao seu remate, en torno ás 21:30h., foliada aberta para que non pare a música tradicional na cidade.

Actividade enmarcada dentro de Ardelloeixo, proxecto de dinamización da música e o baile tradicional na Coruña.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXIV Día Da Muiñeira En Pontedeume

(texto engadido o día 26/ / 5/ / 17 )


Domingo 28 de maio ás 18:00h
Pabellon A Casqueira.
Avenida Da Marina.
Pontedeume.


Exaltación do baile máis tradicional de Galicia : A Muiñeira.

Se formas parte dunha asociación ou colectivo de baile tradicional e queres que o teu grupo participe, escríbenos a orballo@orballo.org e informámoste

Se che gusta o baile tradicional, non o podes perder!!!! Esperámoste o vindeiro 28 de Maio no Pavillón da Casqueira!!
- Orballo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



1º Curso De Afinación De Gaita Galega Impartido Por Dani Bellón - Castro Caldelas

(texto engadido o día 12/ / 3/ / 16 )


Sábado 02 de abril
Castelo Castro Caldelas
1º Curso de afinación de gaita galega impartido por Daniel Bellón o vindeiro dia 2 de Abril no salón nobre do Castelo de Castro Caldelas.
Mais info e inscripcions no mail: asociacionculturalbran@gmail.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VIII SERÁN e I SERÁN SOLIDARIO PARADANDA (O GROVE)

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )


Domingo, 22 de novembro no Pabellon Municipal De O Grove

Primeiro serán solidario a favor da Fundación Amigos de Galicia. Vinde pasar unha boa tarde de xogos, música e baile a cambio de alimentos non perecedeiros.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A OFG SONDESEU EN CONCERTO. 11 DE OUTUBRO. PAZO DA CULTURA DE NARÓN. 20:00HS
http://e-tradvigo.blogspot.com/2014/10/a-ofg-sondeseu-en-concerto-11-de.html
(texto engadido o día 11/ / 10/ / 14 )


O vindeiro 11 de outubro ás 20:00hs. a OFG SonDeSeu estará no Pazo da Cultura de Narón presentando o seu cuarto traballo discográfico "Danzas Brancas". A orquestra folk SonDeSeu comparte palco e noite musical con Bellón- Maceiras.

A OFG SONDESEU EN CONCERTO. 
11 DE OUTUBRO. 
PAZO DA CULTURA DE NARÓN. 
20:00HS

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival de Ortigueira
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=131263
(texto engadido o día 18/ / 7/ / 14 )


Xoves 17 de xullo



20:00 h- Inauguracion musical

Praza de Isabel II



22:00 h- Sesion de concertos

Escenario Alameda



Proxecto Runas + Pepe Vaamonde Grupo

Escenario Alameda

Tiruleque (Galicia)

Cuarteto Caramuxo (Galicia)

Xabi Aburruzaga band (Pais Vasco)

Pepe Vaamonde Grupo (Galicia)



Venres 18 de xullo



16:00 h- Concurso internacional de gaita

Praza Isabel II



22:00 h- Sesion de concertos

Escenario Alameda

Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)

Milladoiro (Galicia)

Dominic Graham School of Irish dance (Irlanda)

Moxie (Irlanda)

Ruaille Buaille (Pais Vasco)



Sabado 19 de xullo



17:00 h- Concurso de cuartetos

Praza Isabel II



22:00 h- Sesion de concertos

Escenario Alameda

Bellon Maceiras Quinteto (Galicia)

The Chieftains (Irlanda)

Fest Rock (Bretania)

Treacherous Orchestra (Escocia)

Anxo Lorenzo Band (Galicia)



Domingo 20 de xullo



12 h- Desfile de bandas

Saida dende PRAZA DE ISABEL II

Rondalla Helios de Bembrive

Banda de gaitas de Melide

Banda de gaitas de Ladrido

Banda de gaitas Vila de Mieres

Banda de gaitas Ximiela

Bagad Kemper

Banda de gaitas Lembranzas da Terra

Royal Burgh of Renfrew pipe band

Escola de gaitas de Ortigueira




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN” 2013 (Ferrol)
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2013/08/acta-seleccion-gaiteiros-solistas-2013.html
(texto engadido o día 21/ / 8/ / 13 )


Sábado, 31 de Agosto de 2013, ás 20h no Teatro Jofre de Ferrol

Actuación e gravación en directo da Final cos seguintes finalistas:

1. David Fernández Vaamonde (Coruña).
2. Pablo Devigo Vázquez (Castro Caldelas - Ourense).
3. Carme López Fernández (Lugo).
4. Daniel Fernández López (Lugo).
5. Serafí­n Santamariña Sanmartí­n (Fene ”“ A Coruña).
6. Walter Andrés Almirón Garcí­a (Arxentina) “GAITEIRO DE SOUTELO”
7. Daniel Lumbreras Rodrí­guez (San Sebastián) “GAITEIRO DE SOUTELO”
8. Raquel Garcí­a Martí­nez (Valencia) “GAITEIRO DE SOUTELO”

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Bellón Maceiras Duo no Piping Festival (Escocia)
http://www.pipinglive.co.uk/artists/bellon-maceiras-duo/
(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A TABERNA - FESTIVAL A. C. SAIÑAS (XOVE-LUGO)
https://www.facebook.com/sainas.xove
(texto engadido o día 11/ / 8/ / 13 )


Espectáculo de música e baile tradicional galego, ambientado nunha taberna típica da nosa terra...

XOVES 31 DE AGOSTO
21:00
PABELLON MUNICIPAL DE XOVE
(XOVE - LUGO)

Noticia enviada por SAINHAS

- FESTIVAL- FOLK- BAILE- MUSICA- TRADICIONAL -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Xornada feroz de Música Galega en As Pontes
http://osferoces.blogspot.com.es/2013/04/i-xornada-feroz-de-musica-galega.html
(texto engadido o día 25/ / 5/ / 13 )


I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA
Temos o pracer de presentarvos a que será a primeira actividade de carácter formativo organizada polo noso grupo: a I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA. Celebrarase o vindeiro 25 de Maio, e consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento: gaita galega, canto e pandeireta, e percusión.
Esta Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 horas.

O contido de cada un dos obradoiros pretende afondar nos coñecementos técnicos e musicais dos alumnos, e na apredizaxe de novos recursos. Para elo traemos a As Pontes a profesionais de primeiro nivel en cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para o alumno. Aquí volos presentamos:
- Obradoiro de Gaita Galega: DANIEL BELLÓN.
- Obradoiro de Canto e Pandeireta: DAVIDE SALVADO.
- Obradoiro de Percusión: LOLA FERNÁNDEZ (Lola de Ribeira) e MIGUEL FRAGUAS.

O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 € a pagar unha vez que confirmemos a admisión na Xornada de cada alumno, no número de conta que indiquemos a tal efecto.
As inscripcións pódense facer dende o 10 de Abril ata o 15 de Maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir.
Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.

A continuación vos indicamos os horarios da Xornada:
09:30 hs. Recepción de alumnos no Conservatorio Profesional de Música de As Pontes. Presentación do profesorado e entrega do material.
10:00 hs. Comezo dos obradoiros
11:30 hs. Descanso. Café con mantecadas de As Pontes.
12:00 hs. Reanudación dos obradoiros.
14:00 hs. Xantar. Para os alumnos interesados, haberá un xantar de confraternización no restaurante O PUXIGO. Prezo: 10 €. Autocar gratuito ó restaurante.
16:00 hs. Reanudación dos obradoiros.
20:00 hs. Clausura dos obradoiros. Entrega dos diplomas ós alumnos.
A partires das 20:00, e ata que o corpo aguante, petiscos para os alumnos e foliada na cafetería LAR.

En vindeiras publicacións neste blog detallarémosvos o contido de cada un dos obradoiros e iremos dando maís información. Mentras tanto... ¡Ide pensando en animarvos! ¡Agardamos vervos na nosa I Xornada Feroz de Música Galega!.

Para calquer consulta ou dúbida podedes poñervos en contacto con nós no mesmo correo das inscripcións xornadaferoz@gmail.com, ou nos teléfonos de contacto 649461684 (Miguel) e 625500818 (Carolina).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Sons de Gaita. Concerto benéfico en Narón

(texto engadido o día 21/ / 1/ / 13 )


Domingo 17 de Febreiro no Pazo da Cultura de Narón.

-BELLONMACEIRAS
-OS FEROCES DA GALGUEIRA
-BANDA DE GAITAS DO PADROADO DA CULTURA DE NARÓN
-BALAKANDRA
-ALANN BIQUE
-ALEN DE ANCOS
-LEMBRANZAS DO CONDADO E CANTAREIRAS
-RUBÉN SANMARTÍN.

Entradas: 8 euros.
Concerto benéfico que busca recadar cartos para o tratamento e a operación de Abraham, un neno de 7 anos que sufre unha enfermidade dexenerativa (Adrenoleucodistrofia).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Curso de Gaita Galega en Barcelona (Impartido por Daniel Bellón)

(texto engadido o día 18/ / 1/ / 13 )


Aberta a inscripción para os días 2 e 3 de marzo. Prazas limitadas.
- Bellón -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novos camiños para o vello folk galego - La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/11/03/novos-caminos-vello-folk-galego/0003_201211SC3P2991.htm
(texto engadido o día 4/ / 11/ / 12 )


A forza da música galega navega polo temporal da crise. Dixo Antón Vilar Ponte: «Interésanos máis un coro galego en Madrid que un deputado en Cortes por Galicia». «Tal foi a dedución feita por tan egrexio persoeiro a respecto do coro pontevedrés Aires d'a Terra, de grande sona a comezos do século XX. Tendo en conta que o propio Ponte era representante político galego en Madrid, maxinemos qué pensaría calquera daqueles devanceiros galeguistas ao respecto da brillante realidade que a nosa música folk está vivindo case cen anos despois daquel período». Isto escribían no ano 2000 Xoán Manuel Estévez e Óscar Losada no libro Crónica do folk galego. 25 anos de historia (TrisTram).


Unha ducia de anos despois, a situación parece outra e ata cambiou o nome: «Universalmente é música celta e aquí parece que se vai impoñendo o de música de raíz, que é máis ampla, porque, por exemplo, para os norteamericanos si falas de folk entenden que son cantautores», explica Roi Maceda, que forma parte do grupo Quempallou e traballa para a discográfica Zouma. Quempallou é unha das formacións que editou disco este ano: Vellas Novas é o seu título. Ademais actuaron en festivais como o de Pardiñas, Lorient, Brincadeira (Cambre) ou Ponte da Barca (Portugal).


Neste outono tamén Uxía Senlle publicaba disco, Andando a terra. Uxía canta a Manuel María, un traballo no que, como indica o título, canta os poemas do escritor da Terra Chá. É a maneira que ten Uxía de celebrar os seus máis de 25 anos no mundo da música, unha traxectoria que vai seguir esta liña xa que ten teño en proxecto «pór música a poemas de Saramago ou Pessoa».


Triple «Sons da lubre»


O grupo máis activo dos últimos anos está sendo Luar na Lubre, e por varios motivos: en xaneiro incorporou a súa nova voz feminina, Paula Rey; en xuño presentaba novo disco, Mar Maior (Warner España). Logo veu a xira de presentación que Bieito Romero resumía nestes datos, antes dos concertos desta semana en Palencia ou no Festival Irish Fleed de Cáceres: «Once semanas nas listas dos discos máis vendidos, 22 concertos, os catro primeiros enchendo durante catro días seguidos no Círculo de Belas Artes de Madrid. En total, máis de 40.000 asistentes». E para a próxima semana máis novidades: «Sairá outro disco, Sons da lubre nas noites de luar, un recompilatorio con tres cedés e un DVD do concerto que fixemos o 31 de xullo na praza da Quintana, en Santiago, diante de 6.000 persoas». Con todo isto, e datos como os 30 concertos do ano pasado con motivo dos 25 anos do grupo, Bieito Romero explica que Luar na Lubre tivo que reinventarse: «Agora somos empresa, estamos casi autofinanciándonos porque esta é unha música de militancia, ninguén contrata folk en Galicia; facer música é ir contracorrente».


Na mesma liña sitúanse dous históricos como Mini e Mero: «É duro dicilo, pero o momento actual é máis difícil para a música galega que cando comezamos nós hai case 40 anos». Isto dicían no encontro de música tradicional Terra de Trasancos que organizou o mes pasado o coro Toxos e Froles en Ferrol. Xosé Luis Rivas Cruz, Mini, insistía esta semana en que iso débese «a moitos factores, como é a depreciación da cultura galega, o autoodio, que non se impulse a cultura desde a Administración, e non falo de subvencións, senón de intencións».


Para Mini e Mero, que teñen recollidas «entre 14.000 e 15.000 cantigas de sempre» que queren que estean a disposición «de todo o mundo na Rede», a cultura «non se pode subvencionar, ten que camiñar por si soa», apunta o primeiro, despois de lembrar que Irmandiños é o último disco destes dous músicos, e o seu grupo A Quenlla, premiados co Pedrón de Ouro.


Roi Maceda asegura que na música galega «o problema é a visibilidade porque Galicia é moi creativa, estamos a un nivel altísimo, na primeira liña de vangarda; o problema é saber vender todo o que facemos».


Festivais si, pagando


Maceda indica que esta fin de semana ten lugar o Castañazo Rock en Chantada, onde están citados os organizadores de varios festivais galegos. A idea é facer unha fronte común que lles permita saír adiante «compartindo estratexias e medios». «Os festivais de música galega teñen moitos problemas e, polo que me din, algún, como o Irmandiños de Moeche, estivo a piques de suspenderse este ano», explica este músico.


«Moitos festivais subsistiron este ano porque fixeron a programación cos colegas», apunta Montse Rivera, de Leilía. E abre a controvertida cuestión do pagamento: «Non hai cultura de pagar por ver actuar a un grupo galego, porque durante anos a música galega foi gratis». Esta é outra liña de debate para un futuro que, segundo os gaiteiros Bellón e Maceiras, non terá nada que ver con aquel bum nos anos 90. Entenden que un dos cambios é que «estamos acostumados á subvención e agora mesmo o apoio a música é penoso, aínda que este é un problema dunha conciencia social na que se valora máis o que vén de fóra que o noso».


Salienta Bellón «todo o poder musical que ten Galicia» e apunta como están sendo as empresas privadas as que están apoiando as iniciativas musicais. Cita os casos de R ou Estrella de Galicia e asegura que «o único que vive da música é Carlos Núñez», actualmente en xira por Estados Unidos e que «actúa nos clubs de Nova York», anota Maceda, que fala tamén de Cristina Pato, que, «está a un nivel moi alto» e tamén se reinventou.


Bellón está «a favor de que se pague entrada para os festivais, como se fai en tódolos sitios do mundo» e apunta outra novidade: «Susana Seivane, que é moi amiga, fai un formato de trío e así pode viaxar fóra, porque con todo o grupo non se pode».


Montse Rivera distingue entre os organizadores dos festivais e apunta que «as empresas de contratación tamén están caendo ou reducindo persoal». E cita casos como os de Abada ou Nordesía. A portavoz de Leilía, que actuarán o día 15 no Pazo da Cultura de Narón (20.30 horas), salienta que «por un lado está a crise do mundo profesional e logo a cultura base: nunca tiven tanta xente como agora nas clases de baile». O mesmo pasa na escola BellónMaceiras de Fene, onde votou a andar esta semana unha banda «con 40 gaiteiros de todas as idades; é unha cousa que temos comentado moitas veces con Montse, de Leilía, que tamén dá clases: con esta xente o relevo está garantido».


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXIV Xuntanza de Gaiteiros 2012 en Fene
http://nocombaro.wordpress.com/2012/09/29/xxiv-xuntanza-de-gaiteiros-2012-en-fene/
(texto engadido o día 1/ / 10/ / 12 )


A Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” está a organizar unha nova edición da Xuntanza de Gaiteiros, a número XXIV, que se celebrará o sábado día 06 de outubro as 19.30 horas na S. C. R. D Agarimo de Sillobre (Fene).

Este ano é un ano moi especial para nos xa que cumprimos 25 anos. 25 anos de traballos e esforzos, de penas e alegrías, de ilusións e decepcións, de horas e horas en autobús, de durmir como e onde se podía…. pero visto agora cremos que todo valeu a pena.

Sempre aproveitamos a celebración da nosa Xuntanza para homenaxear a algunha persoa, grupo ou entidade que se destacara pola defensa e apoio á nosa música tradicional. É que mellor ocasión que a celebración do noso XXV aniversario para homenaxear a dúas persoas básicas na nosa historia: Miguel e Chus.

Miguel Doval e Chus Niebla son os reponsables, dende hai case que 20 anos, das distintas seccións da nosa entidade. Miguel e Chus foron e son capaces non so de aprender a tocala gaita, cantar ou bailar, senón que foron e son quenes de manter a ilusión, e o compromiso de todos/as os/as que foron ou son compoñentes de Airiños de Fene coa nosa música.

Para esta Xuntanza tan especial para nos quixemos rodearnos de amigos/as, e podemos confirmar a participación na XXIV Xuntanza de Gaiteiros de Susana Seivane, Xabier Díaz, BellónMaceiras Dúo, Cantareiras “Xerfa”, Coral Polifónica “Agarimo” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”.

Gustaríanos contar coa túa presenza o sábado día 06 de outubro as 19.30 horas na S. C. R. D Agarimo de Sillobre (Fene) para que todos xuntos poidamos participar e disfrutar desta festa na defensa da nosa música, así como na homenaxe a Miguel e Chus

- Susana Seivane- Xabier Díaz- BellónMaceiras- Xerfa- Agarimo- Airiños de Fene -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Comeza o Curso na Escola BellónMaceiras (Ferrol)
http://www.bellonmaceiras.com/prueba/Formulario_escola_BM.pdf
(texto engadido o día 4/ / 9/ / 12 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::





(texto engadido o día 4/ / 9/ / 12 )






(Listado 2011-2012)




GALICIA



O BARBANZA



Escola de Música e Baile Tradicional VAI DE RODA (Rianxo)
Sábados pola tarde no baixo da Biblioteca Municipal de Rianxo
http://www.blogoteca.com/vaideroda
Baile, pandeireta, gaita, percusión

Asociacion Sociocultural FOGO FATUO (Rianxo)
Rúa do Hospital, Nº24 baixo, Rianxo
http://www.fogofatuo.es/
Baile, gaita, percusión, pandeireta..






BETANZOS




Asociación Cultural A Fuliada
http://www.fuliada.blogspot.com
No Ambulatorio vello de Betanzos os Xoves de 19:30 a 20:30 con flauta e gaita , e os sábados a partires das 17:30 con baile tradicional. A finalidade de estas actividades é ir collendo os coñecementos necesarios para poder desfrutar da nosa cultura.





O BIERZO



Centro Galicia en Ponferrada
Colexio Público Navaliegos
http://centrogaliciaenponferrada.blogspot.com/
Pandeireta, gaita, percusión e baile




COMPOSTELA



Escola Livre da MPG
Centros Socioculturais cedidos polo Concello do Castiñeiriño, Pontepedriña e Fontiñas
(As oficinas de aCentral Folque atópanse no barrio de Vista Alegre, na zona norte da cidade e centralizan toda a actividade organizativa da Escola Livre da MPG)
http://folque.com/centro.php?txt=arbore_web7&lg=gal
gaita, percusión, sanfona, requinta, violino, acordeón diatónico

Gentalha do Pichel
rua santaclara, 21. Compostela
http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/
iniciaçom à pandeireta, percussom tradicional, baile, gaita, percussom brasileira, capoeira...

Asociación Veciñal A XUNTANZA
http://www.axuntanza.org
Corredoira das Fraguas, 37 baixo Barrio de San Pedro, Compostela
baile galego, canto, gaita, pandeireta, tamboril, acordeón..

Brincadeira
http://www.brincadeira.org
Rúa do Home Santo, 62 - Baixo - Santiago de Compostela
BAILE, GAITA E PERCUSIÓN, PANDEIRETA, ACORDEÓN E BORDADOS.

Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS
Algalia de Arriba 11 - Baixo, Compostela
http://www.cantigaseagarimos.es
BAILE TRADICIONAL, PADEIRETA E CANTO TRADICIONAL, GAITA, PERCUSIÓN TRADICIONAL, ACORDEÓN, LINGUAXE MUSICAL


Armadanzas de Laraño
Laraño, Compostela
http://www.armadanzastradicional.com
Gaita, Acordeón, Percusión, Pandeireta e Baile







A CORUÑA



Cántigas da Terra
http://www.cantigasdaterra.com
Baile, Gaita, Pandeireta, Zanfona, Canto e Percusión
Anótate nos teléfonos 981 203 284 ou 654 413 467
O prezo de cada unha é de 15 euros ao mes (agás zanfona que custa 10 euros cada clase).
Na segunda actividade tes un desconto de 5 euros. Válido tamén se anotas a un parente!
Mínimo catro alumnos por aula.

Asociación Xuvenil Xacarandaina
http://www.xacarandaina.com
Rúa Historiador Vedía nº3 A Coruña
Baile, gaita, pandeireta, canto, acordeón, percusión, clarinete..

Escola Municipal de Música
http://www.coruna.es/EMM/
Torre nº 67, A Coruña
Gaita, percusión tradicional, acordeón.

Asociación Xuvenil Xiradela (Arteixo)
Polígono Industrial de Sabón, Parcela nº5, Arteixo
http://www.xiradela.es
Baile tradicional, pandeireta, percusión, gaita, acordeón..

Asociación Cultural DONAIRE
Avda. General Sanjurjo, 121B - 2ºB, A Coruña
http://www.blogoteca.com/donaire
http://www.acdonaire.com
gaita, percusión, pandeireta, frauta, baile, bordado..


Centro Social Gomes Gaioso
http://agal-gz.org/blogues/index.php/csggaioso/
Rua Marconi, 9 rés-do-chao [Atochas-Monte Alto]
Baile, pandeireta, gaita..

S.R.D.C. Tempo Novo
http://tempo-novo.blogspot.com/
Baile, gaita, Percusión, Pandeireta, Acordeón

Clases particulares
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=413
trisquelcorchea@gmail.com - 981151029 - 657079830
frauta traveseira, whistles, frautas de pico, gaita, requinta, frauta irlandesa, ocarina.

Obradoiro gratuito de canto
Todos os venres de 20:00h a 21:00h no local da AAVV do Agra na rúa Entrepeñas 38
Para desfrotarmos cantando, a cargo de Ricardo Seixo Fernández.




FERROLTERRA




Escola de Música BELLÓNMACEIRAS (Fene)
Rúa Antonia Montero nº11 baixo, Fene - A Coruña
http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=2266

http://www.bellonmaceiras.com/
Gaita, Acordeón, Percusión Tradicional, Baile galego...

Fundaçom Artábria
Travessa de Batalhons nº 7 rés-do-chao Esteiro-Ferrol
http://agal-gz.org/blogues/index.php/artabria/
Gaita, Pandeireta..





FISTERRA



Universidade Popular de Corcubión
http://universidadecorcubion.blogspot.com/
Baile, Pandeireta..




LUGO



Tradescola
Complexo Residencial Xuvenil 'Lug II'
Rúa Pintor Corredoira, 4 · 27001 · Lugo
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/tradescola/Tradescola.html
Gaita, Zanfona, Acordeón, Requinta, Percusión, Canto e Pandeireta, Linguaxe Musical, Baile Tradicional, Etnografía e Investigación

Asociación Cultural CÁNTIGAS E FRORES
Nave de Asociacións. Local 10. Parque da Milagrosa, s/n. Lugo
http://www.cantigasefrores.com
gaita, percusión tradicional, baile tradicional, violín, zanfona, acrodeón, canto e pandeireta.

C. S. Madialeva
Rua Manuel Amor Meilám (antiga Rua do Sol) 18
http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/
gaita, pandeireta, ..

A VOLTA DO AGRO
Obradoiro de Cultura Tradicional Galega
Rúa Paxariños, 32 baixo (LUGO)
Tlf: 982 222390 (MARTA), 666370815 (ANA E MANUEL), 639993052 (SENÉN)
http://www.avoltadoagro.org/
Gaita, percusión tradicional, baile tradicional, canto e pandeireta.




A MARIÑA ORIENTAL



A.F. O Arco da Vella
Nos Colexios Vellos, San Miguel de Reinante - Barreiros (Lugo)
BAILE, GAITA, PANDEIRETA e PERCUSIÓN





O MORRAZO



Asociación Cultural Loaira (Marín)
https://www.facebook.com/acloaira
e-mail: acloaira@gmail.com
Grupos:
-Grupo de Baile Trébede
-Grupo de Pandereteiras Trébede
-Vilarachos
Actividades e cursos anuais:
Baile tradicional, Canto e pandeireta, Gaita

Lembranzas da Ría (Cangas)
http://www.lembranzasdaria.com/
Local de ensaio de Cimadevila, San Pedro - Cangas (ver mapa na web)
baile, gaita, canto e pandeireta, e percusión

O Retrouso de Cela (Bueu)
Complexo Cultural de Cela (Bueu)
http://www.blogoteca.com/retrouso/
baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral




OURENSE



AOFT Gomes Mouro - Escola de Música Tradicional de Ourense
http://aoftou.wordpress.com
EMT de Ourense (Tras bloque 8 - Baixo, Barrocás), Parque Barbaña, , EMT de Allariz, EMT de Maceda
Gaita, percusión, canto, pandeireta..




PONTEVEDRA



TRÉPIA Asociación Cultural
Palamios nº7 6º-A Pontevedra
http://www.trepia.org
pandeireta e canto, baile, gaita, tamboril, bordado..

Aula Folque Infantil (5 e 13 anos) e Laboratorio de Sons (8 e 15 anos)
http://www.folque.com/centro.php?txt=arbore_web28&lg=gal
A Aula Folque Infantil (AFI) pretende ser un espazo musical alternativo para nenas e nenos e un lugar de ensino complementario aos conservatorios e escolas de música. En paralelo, existe o Laboratorio de Sons, unha aula propia de experimentación diferenciada da AFI e que serve para a investigación sonora e escénica sempre co compoñente lúdico como motor da aprendizaxe



Trazantes (Tenorio - Cotobade)
Instituto de Cotobade, en Tenorio
http://www.trazantes.com
Pandeireta, canto, baile, percusión e gaita






TABEIRÓS - TERRA DE MONTES



A Fervenza de Ouzande (A Estrada)
http://carreiros.blogspot.com/
Gaita, baile, pandeireta e tamboril




TERRA DE CELANOVA



Escola de Baile e Música Tradicional REBULIR (Concello de Ramirás)
Praza de San Andrés. s/n. Vilavidal. Ramirás(Ourense)
http://www.rebulir.blogspot.com/
Baile Tradicional, Canto e Pandeireta, Percusión Tradicional, Gaita..




VIGO



e-trad
rúa García Barbón, 5 Vigo
http://e-tradvigo.blogspot.com
Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico..

A. V. C Casco Vello (Vigo)
Rúa Oliva, 12
http://www.avcascovello.com
Baile, Gaita e percusión, Canto popular e pandeireta, Acordeón diatónico, Confección de traxe tradicional Galego, Guitarra..

A.C.F. O Fiadeiro
R/ Xesús Fernández Nº3 - Baixo. Vigo
http://www.ofiadeiro.com
Violín folk, Requinta, Baile tradicional, Zanfona, Gaita, Acordeón, Percusión tradicional, Canto tradicional e pandeireta..

A. VV. Cultural e Deportiva " Castrelos " (Monte da Mina)
Monte da Mina, 16 . Vigo - Tfno: 986472758
Gaita, acordeón..

Escola de Música de Mos
Outeiro, s/n. Torroso - Mos
http://www.crctorroso.com
Gaita, Percusión tradicional,..




PORTUGAL



LISBOA



Centro Galego de Lisboa
http://www.juventudedagaliza.com
Rua Julio Andrade, 3 | 1150-206 Lisboa
Gaita, baile galego, pandeireta..

Tradballs
Pandeireta Galega por Sara Louraço Vidal
Domingos, 15 em 15 dias
Iniciados: 16h-17h
Intermédios:17h-18h
- Fábrica do Braço de Prata
Rua da Fábrica do Material de Guerra, nº 1

Preço: 15€ (Mensalidade)
http://www.tradballs.pt

ÁGUEDA



d'Orfeu Associação Cultural
http://dformacao.blogspot.com/
Rua Engº. Júlio Portela nº6, 3750-158 Águeda
Pandeireta galega, Gaita.




ARXENTINA



Centro Galego de Avellaneda
gaita, baile, percusión..
Avenida mitre 871, Avellaneda





ESPAÑA



MADRID



Centro Galego de Móstoles
c/ Cervantes, 7, Madrid
http://cgmostoles.galiciaaberta.com/
baile, gaita, percusión..

Asociación Galega Corredor do Henares
C/ Campo Real 1 Bajo, Alcalá de Henares – Madrid
gaita, baile e percusión






CATALUNYA



Centro Galego de Barcelona
http://www.cgb.cat/gl/actividades/talleres
gaita, baile, pandeireta, percusión

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festa Galega de Malpica
http://www.quepasanacosta.com/?p=17565
(texto engadido o día 17/ / 8/ / 12 )


I Feira Medieval Marineira de Malpica 2012
Venres 17 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- 22.00h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación da Coral de Malpica
- 22.30h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación do grupo Media Ducia.
Sábado 18 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- 11.30h Pasarrúas cos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas
- 17.00h Pasarrúas mariñeiro
- 19.15h II Desfile de bandas de gaitas da A.C. Malante (Sairán do Centro Cívico de Malpica)
- 22.00h ilalelo (Carlos Blando e Budiño)
- 23.15h Bellón Maceiras Quinteto
- 00.45h Treixadura
- 02.30h Fol de Veneno
- 03.45h Remate da festa.
Domingo 19 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- ilalelo- Budiño- Bellón Maceiras- Treixadura- Fol de Veneno -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4]


En 'Novas Relacionadas'



* Ateneo Ferrolán: Concurso de Composición para Gaita Galega Solista 2013

* Bellón e Maceiras van a Moscú e Anxo Lorenzo toca en Bélxica

*

* Galiza desembarca en Lorient

* V MOSTRA DE CUARTETOS DE MARÍN



Daniel Bellón & Diego Maceiras



Web oficial

en Myspace




Daniel Bellón



en Myspace


Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



Daniel Bellón & Diego Maceiras:
Union Das Terras





buscar mais información
sobre Bellón en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre Bellón en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]