Resultados para:

Aturuxo
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3]

Novas que incluen 'Aturuxo':


Vindeiros Concertos de Monica de Nut

(texto engadido o día 3/ / 5/ / 13 )


Virxilio da Silva GUITARRA.VOZ Mónica de nut
Rede Galega de Música ao Vivo.

9 MAIO Ultramarinos, Compostela
16 MAIO Roi Xordo, Allaríz
14 XUÑO Bâbâ Bar, A Coruña
16 XUÑO Aturuxo Bueu
23 XUllO Marrucho, Baiona



- Monica de Nut -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Aniversario do L.S. Aturuxo (Boiro)
http://aturuxa.blogspot.com.es/2013/03/v-aniversario-5-anos-abaixo-e-esquerda.html
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 13 )


Escoitaron? É o son do seu mundo desmoronándose.
É o son do noso rexurdindo.

Subcomandante Marcos, EZLN



Moitas cousas mudaron dende que o Local Social Aturuxo abreu a súas portas, alá polo ano 2008. Fai cinco anos comezamos unha carreira de fondo, a xestión dun espazo onde a cultura galega fose o eixo principal. A súa defensa, divulgación e normalización non son tarefa doada cando todo o que nos rodea está sometido a un marco legal e simbólico feito polos de arriba e para os de arriba. Para eles a nosa identidade e cultura e prescindíbel, molesta.

Nós, @s de abaixo é a esquerda, abrimos un espazo autoxestionado porque criamos da súa necesidade, cinco anos despois reafirmámonos. Intervir, construindo -paso a paso- os piares dunha Galiza digna, orgullosa de si mesma e independente.

Precisamos alternativas que nos permitan avanzar cara un horizonte de liberdade e xustiza, por iso seguiremos xestionando un espazo libre, para tod@s nós. Un espazo que nos permita expresarnos libremente e criar cultura popular -tan importante- para Boiro, a nosa comarca e o país.

Queremos festexar este V Aniversario con tod@s vós -como o viñemos facendo todos estos anos- porque sodes unha parte fundamental deste proxecto. Tamén queremos invitarvos a participar activamente no LS Aturuxo, as portas están abertas. Son tempos difíciles, mais de loita e esperanza.

Viva a cultura galega!

Viva a o LS Aturuxo!

10,100, 1000 centros sociais!




Programación*

Venres 22 de marzo:

20:00h : Mesa redonda sobre o asociativismo cultural na comarca coa participación de AntrosPinos, Altofalante e Flor de Toxo

22:00h : Petiscos de balde e música rebelde

Sábado 23 de marzo:

14:30h : Xantar Popular (Churrasco e patacas, vinho e postre)

18:30h : Baile tradicional galego*, na Praza de Galiza (concelho)

22:00h : Foliada ‘‘galaico-irlandesa’’
- Aturuxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Terbutalina, presenta o seu novo disco "Ritmo Serbio", no Bar Aturuxo (Bueu)
http://www.aturuxo.net/axenda/
(texto engadido o día 17/ / 3/ / 13 )


Sábado 23 de Marzo ás 23h. Entrada: 5€
- Terbutalina- Aturuxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Davide Salvado no Bar Aturuxo (Bueu)
http://www.aturuxo.net/
(texto engadido o día 10/ / 3/ / 13 )


Domingo 17 de Marzo ás 21h. Entrada: 5€
- Davide Salvado -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nao presenta o seu novo disco 'Cancións de amor e liberdade'

(texto engadido o día 13/ / 3/ / 13 )


15 de Marzo
Sete Flores (Carballiño)

21 de Marzo de 2013 ás 21h
Sala Capitol (Compostela)
Con Deseqilibrio Mental.
Entrada: 5 € e 8 € con CD


22 de Marzo
Sala Coliseo (Pontedeume)
Con Deseqilibrio Mental

23 de Marzo
Sala Mardi Gras (A Coruña)

29 de Marzo
A Pousada das Animas (Boiro)

30 de Marzo
Sala Marrucho (Baiona)

6 de Abril
O Con do Moucho (Illa de Arousa)

12 e Abril
Pub Gatos (Melide)

13 de Abril
O Torreiro da Festa (Vigo)

20 de Abril
Sala Aturuxo (Bueu)


- Nao- Marrucho- Con do Moucho- Pub Gatos- Torreiro da Festa- Aturuxo Bar -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada feroz do Xanela (Vilalba)
http://nocombaro.wordpress.com/2012/12/08/foliada-feroz-do-xanela-vilalba/
(texto engadido o día 13/ / 12/ / 12 )


¿ONDE?

PUB XANELA (Av/ Tierra Llana, 40. Vilalba-Lugo) (Latitud: 43º 17′ 46.08″ N; Longitud: 7º 40′ 40.41″ W)



¿QUENES?

Os intrépidos FEROCES DA GALGUEIRA; A beleza do país labrada cos aires da Terra Chá das PANDERETEIRAS ENTRE LUSCO E FUSCO; Os espectaculares XENTE NOVA; e os incansables MEDIO QUINHÓN serán os responsables de prender lume a este akelarre.



¿E QUÉ FAREMOS?

Agardámosvos a todos alí, tocando, cantando e bailando, porque ademáis haberá sorpresas como os concursos de: – Baile con parella forzosa. – Aturuxos – Piropos bravos E suculentos premios atopados no fondo do faiado que premiarán a xenialidade dos asistentes. … E MOI IMPORTANTE


Por último, queremos que non vos esquezades da última actividades que sumamos a esta foliada. Unha OPERACIÓN KILO de recollida de alimentos para a xente máis necesitada, feroz iniciativa solidaria para a que tamén pedimos a vosa colaboración. Aproveitando que as datas de Nadal xa están á porta, e tendo moi en conta os duros tempos que corren, non podemos esquecernos de toda esa xente que o está a pasar verdadeiramente mal; non hai que mirar moi lonxe, son os nosos veciños. É por isto que pregamos a tódol@s asistentes á Foliada Feroz que traian alomenos 1 kilo dalgún alimento non perecedeiro (pasta, legumes, galletas, sucre, …) e todo o que xuntemos será doado a Cáritas Terra Cha. Eles encargaranse de repartilos. Moitas grazas de antemán. Entre tod@s faremos algo grande. Bicos e fregas paratod@s!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Programación de Nadal no Aturuxo de Bueu

(texto engadido o día 13/ / 12/ / 12 )



- Aturuxo- Cempés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xira - Os Cempés - de PAZOS E BARES

(texto engadido o día 24/ / 11/ / 12 )


Novembro

Sábado 10
Magosto na Casa da Estación,
Pontedeume, Avd. de Ferrol 71. 21h. 4€.
Dentro das IV Xornadas Micolóxicas, — en Pontedeume, Avda. de Ferrol 71.


Xoves 29
Pazo da Cultura, Narón. (+ Invitados.) 20:30 9€
Luis Peixoto, Tiago Pereira, Martin Sanjurjo, Begoña Lorenzo, Carlos Quintá, Pablo Doval, Benxamin Otero, Uxía Muiño, Alumnos de Zanfona da Escola do Padroado de Cultura de Narón



Decembro

Xoves 20
A Regueifa, Vigo

Venres 21
O Aturuxo, Bueu.

Sábado 22
Taberna Marrucho, Baiona.

Domingo 23
Sala Discotasca, Redondela (sesión Vermú).

Sábado 29
Cantón Vello, Ferrol (Sesión Vermú)



- Os Cempés -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Zoobazar, World Music dende Madrid, estarán no Bar Aturuxo de Bueu o vindeiro 1 de Novembro

(texto engadido o día 28/ / 10/ / 12 )


ZOOBAZAR é un exquisito cuarteto de World Music que irrompeu con forza na escena musical co seu novo álbum Zoobazar "UNO" producido por Carlos Raya, sorprendendo nacional e internacionalmente solicitando as mellores críticas da prensa especializada.

A mestura tan interesante e novidosa créana catro músicos que proveñen de formar parte de prestixiosas bandas españolas como Radio Tarifa, La Musgaña, Eliseo Parra, Javier Paxariño, La Shica, Mastretta...



Zoobazar traspasa fronteiras musicais baseándose na música tradicional, combinando varios elementos Mediterráneos como o folclore ibérico, balcánico, grego, turco, oriental, norte africano, flamenco, así como rock, funk, jazz e música Hindú, con loops e samplers que dispara con pedais de efectos.

Con laúde árabe, salgueiro, buzuki, percusións, batería, baixo, violín e mandolina crean un son único e moi persoal. A través de melodías claras, pegadizas, ás veces íntimas e profundas experimentan un novo e poderoso concepto de World Music e música tradicional transmitindo a súa música ao público de xeito fresco, vivaz e contundente.

Música innovadora, creativa, de raíz e cunha visión global. É en definitiva un grupo de directo.

Formación:
Amir John Haddad Laúd eléctrico, Buzuki e Saz eléctrico
Diego Galaz Violín, Strohviol, Mandolina eléctrica
Héctor Tellini Baixo eléctrico
Pablo Martín Jones Batería e Percusión étnica, darbuka, caixón.

- Aturuxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Maghúa presentan o seu disco, Corricán

(texto engadido o día 18/ / 10/ / 12 )


- Venres 19 de Outubro ás 23h na Repichoca (Orillamar, 18 - A Coruña)
- 3 de novembro, Centro Galego de Barcelona.
- 9 de novembro, tasca Rianxeira, Vigo (xunto con Abóbriga e Lagharteiras).
- 10 de novembro, Lume na Palleira, con Emílio Españadero....
- 20 de novembro, Casa das Crechas, Compostela.
- 24 de novembro, Livraria Aturuxo e Posada del Diablo (Madrid e Alcalá de Henares), Madrid.
- 25 de novembro, a partires das 12.00 horas, na Livraria Tenda Galega Aturuxo (C/Vallehermoso, 104, en Madrid)
- 6 de nadal, LAR do Real Coro Toxos e Froles, Ferrol
- 8 de Nadal, Valladolid: CASA BABYLON apartires das 21.30 horas

Maghua "Corrican" from Juan Luis Rúa Prieto on Vimeo.


+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xira - Presentación de MARTELO
http://www.martelorock.com
(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )


Concerto no Aturuxo aprazado

Manuel Cebrián, guitar
Xacobe Martínez Antelo, bass & vocals
Max Gómez, drums


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Folk Aturuxo

(texto engadido o día 17/ / 8/ / 12 )



- Muxarega- Os Tres Trebóns -

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival Vente Vindo (Bueu)
http://www.facebook.com/events/176443942487148/
(texto engadido o día 28/ / 6/ / 12 )


II FESTIVAL VENTE VINDO

DÍA 29 DE XUÑO
CONCERTO 22:30 h.
SALA ATURUXO(Entrada: 1€)

UNIVERSAL MIND (Cangas)
A TARANTELA RABUDA (Bueu)

DÍA 30 DE XUÑO
PRAZA DO CONCELLO, XOGOS POPULARES E ESPECTÁCULO SOPREESA
- A Tarantela Rabuda -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Solsticio de Verao no Local Social Aturuxo (Boiro)

(texto engadido o día 21/ / 6/ / 12 )



- Local Social Aturuxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Riobó en Bueu no Día Internacional da Música

(texto engadido o día 21/ / 6/ / 12 )


Como cada ano por estas datas, a Asociación Estatal de Salas de Música en Directo, co patrocinio do INAEM do Ministerio de Cultura e Deporte, coordina a celebración do Día Internacional da Música con concertos en diversas salas de toda España. Un dos grupos seleccionados para a ocasión é Riobó Unha xoven banda, que ofrecerá a súa proposta acústica baseada na música tradicional galega.
O concerto está programada para o Xoves 21 de Xuño, a partires das 21:30 h. no Aturuxo Bar, en Bueu. A entrada é de balde.
- Riobó- Aturuxo Bar -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Crema de Gaita no Aturuxo (Bueu)

(texto engadido o día 17/ / 6/ / 12 )


Domingo 17 de Xuño ás 21:30, no Aturuxo Bar (Pazos Fontenla, 59. Bueu)
- Crema de Gaita- Aturuxo Bar -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pentalfa no Aturuxo Bar (Bueu)
http://www.aturuxo.net/axenda/566
(texto engadido o día 2/ / 6/ / 12 )



- Pentalfa- Aturuxo Bar -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Fred Martins e Joao Afonso de Xira na Galiza

(texto engadido o día 3/ / 5/ / 12 )



- Ultramarinos- Auriense- Liceum- Clavicembalo- Aturuxo Bar -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X aniversario VARACUNCAS en Santa Baia (Rodeiro)
http://www.facebook.com/events/322180887842396/
(texto engadido o día 19/ / 4/ / 12 )


21 de Abril en Santa Baia (Rodeiro)

Este ano o grupo de música tradicional Os Varacuncas celebramos o noso X aniversario.
Con motivo de esta celebración queremos convidarvos a unha noite de festa e boa música para agradecervos a todos/as o voso apoio durante estes últimos dez anos.

Horario:

- 21:30: Comenzo da festa.

- 22:00: Actuación do grupo de teatro Os Kamabariteiros.

- 22:45: Serán:

Os grupos que xa están confirmados son:

- Os Arandos (Rodeiro).
- Piconas d'o Irixo (O Irixo).
- Serandeiros de Boborás (Boborás).
- Fiadeira (Antas de Ulla).
- Pandereteiras Tradescola (Lugo).
- Os Varacuncas (Rodeiro).

Ademais dos grupos que estan confirmados todos dos grupos que veñan a festa e queiran tocar no Serán poderanse apuntar ese dia.

- 00:00: Actuación de Begoña Lorenzo e Iago Mouriño.

- 00:45: Actuación Ce orquesta Pantasma.

- 02:00: Actuación do Dúo Nueva Era.

Ademais para todos os asistentes celebraremos un concurso de aturuxos e un concurso de baile con agasallos para os gañadores.

¡¡¡ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DA FESTA!!!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Tribo toda Baila - - 30 Anos de Música Feliz cos Resentidos

(texto engadido o día 13/ / 4/ / 12 )


12 de Maio ás 21h en EXPOURENSE

Os Resentidos celebran este ano o 30º aniversario do seu nacemento por partida dobre, cun concerto único e cun disco homenaxe. Baixo o nome “A tribo toda baila”, o grupo máis influínte do rock en galego congregará a máis de 30 bandas e músicos galegos actuais para festexar trinta anos de música feliz.

Un concerto único con convidados de altura como Xosé Manuel Budiño, Bieito Romero, Uxía, Sés, Xurxo Souto, Piti Sanz e Luís Tosar, Rómulo Sanjurjo, Julián Hernández, Miguel Costas, Tonhito de Poi e Xosé Manuel Pereiro. Carlos Blanco será o encargado de presentar o espectáculo, que abrirán O Sonoro Maxín e Novedades Carminha.

As entradas poden mercarse ata o 15 de abril por 6 euros máis gastos de distribución. Dende o 16 de abril ata o 11 de maio custarán 10 euros máis gastos e xa o propio día do concerto na billeteira de Expourense custarán 15 euros. Ademáis de a través de codetickets, as entradas poden mercarse en C. C. Auriense, Faíscas e Saborido Tapería de Ourense, nas tendas Tipo de Vigo, en A Reixa de Santiago de Compostela, en Don Disco de Lugo, en Discos Noni’s de A Coruña, en Fandiño Tapas de Allariz, en Micaliñas e Feito Praza de Xinzo, na Óptica Anteollos de Celanova e no Local Social Aturuxo de Boiro.


Resentidos, estamos todos (e todas)


Aínda que a maior parte dos versos xa están cubertos, as persoas que queiran participar no vídeo poden facelo enviando as súas fotos coas frases “Galicia Caníbal” e “Fai un sol de carallo” a comunicacion@osresentidos.com antes do 15 de abril.

Disco homenaxe

Waner ultima, ademais, para as mesmas datas, a publicación dun disco homenaxe a Os Resentidos, unha banda que marcou unha época, logrou celebridade fóra de Galicia e influíu de maneira determinante nas xeracións vindeiras do rock galego. “Daquela eramos o único grupo que facía rock en galego e agora hai 80 ou 100 grupos que non teñen o eco que deberan ter”, recorda Reixa. Moitos deses grupos actuais estarán presentes no tributo, que tamén levará o nome de “A Tribo toda baila”: Metralletas Lecheras, Ataque Escampe, A Magnifique Band dos Homens Sen Medo, Safari Orquesta, Miki Nervio & the Bluesmakers, DasKapital, Emilio José, O Sonoro Maxin, Novedades Carminha + Antigüedades Alvarez, Ruxe-Ruxe, Roberto Sobrado, Orquesta Alma Latina, The Homens, Tony Lomba e Elio dos Santos, Os tres trebóns, Ultraqäns, El Puto Coke, Pulpiño Viascón e Transilvanians.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3]


En 'Novas Relacionadas'



* Los hombres y la pandereta | Galicia | EL PAÍS

* Aturuxo Folk en Bravos (Ourol)

* OuTonalidades, música a ambas beiras do Miño




Existen locais con esa etiqueta:


Aturuxo (En Bueu (Pontevedra))

buscar mais información
sobre Aturuxo en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]