Resultados para:

As nosas músicas
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'As nosas músicas':


Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)
https://carreiros.blogspot.com/2018/09/noite-de-musica-tradicional-en-ouzande.html
(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.
Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.
As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)
“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza como grupo de gaitas e cuns doce membros en total. Unha vez asentados e pasados xa ao redor de dous anos, dan comezo as clases de baile e con iso incorpóranse as primeiras mulleres á agrupación, pasando a ser máis de 30 persoas.Na actualidade, os integrantes están repartidos nas escolas de baile tradicional, gaita e pandeireta, os cales están divididos segundo as idades destes. Tamén se organizan cursos na propia asociación, como o de acordeón ou de iniciación ao baile tradicional para adultos.Mostran o seu traballo por toda a comunidade autónoma galega e nestes últimos anos vimos desenvolvendo actuacións tamén fóra de Galicia e mesmo no estranxeiro. Así mesmo, no ano 2009 asistiron ao Festival Intercéltico Beltaine (en Avilés), e ao Festival Intercéltico de Saint Loup (en Francia). Participamos tamén en numerosos concursos de baile tradicional e de pandereteiras, conseguindo varios premios en distintas categorí as.Anualmente realizan un festival no seu concello, ao cal invitan a grupos cos que fan intercambios polo resto do paí s e Portugal.

Grupo de gaitas da AC Rosalía de Castro (Cacheiras-Teo)
Asociación Fundada no ano 1980. O grupo de gaiteiros e pandereteiras conta no seu haber coa obtención, entre outros, dos seguintes premios:Concurso de cuartetos organizado pola Asociación Folklórica Cantigas e Agarimos: 1º premio nos anos 1990 e 1992, e 2º premio en 1991.Concurso de cuartetos tradicionais organizado pola Agrupación Folklórica Rosalí a de Castro de Padrón: 2º premio en 1996 e 1º nos anos 1997 e 1998.         Concurso “Ricardo Portela” organizado polo concello de Pontevedra: 3º premio e premio especial á mellor interpretación en toque pechado, na edición de 2001.         Concurso de Música Tradicional da A. X. Xacarandaina (A Coruña): 1º premio en 1999, 3º en 2000 e 2º en 2001.         Concurso “Alalá” da A. F. C. Santa Cruz de Ribadulla (Vedra): 1º premio en 2001.Concurso organizado pola A. X. Xalgarete (Vigo): 2º premio na VIII edición, ano 2002.

Grupo Nai (Santiago)
O grupo NAI xorde no 2014 coa intención de homenaxear á muller en calquera das súas facetas e tamén as súas emocións e os seus sentimentos. Con este propósito cantámoslle á falta de liberdade, á dor, ao desamor, á maternidade, ao maltrato, á perda dun amor (...) ben a través da música ou ben a través da poesí a.Os seus compoñentes actuais son:Marcos Varela.Compositor, arranxos, acordeón, gaita e piano.Xosé Martí ns. Letrista, percusión, gaita e voz.Patricia Quintela. Acordeón e voz.Clara Ponce. Clarinete.Musicalmente nútrense de pezas do repertorio popular galego, do cantautor portugués Zeca Afonso e da música popular do seu paí s; todos eles arranxados dende o seu punto de vista. Tamén inclúen algunhas composicións de Marcos Varela, compoñente da formación.Recentemente publicaron o seu primeiro traballo discográfico, co mesmo nome que o grupo: Nai.

Retrouso (Ouzande)
Fundado en Ouzande en 2005. Nestes anos o grupo converteuse nun dos referentes da música tradicional da comarca, participando en festivais como o desaparecido Músicas da Terra, de Ouzande; no Folk de Raí z, de Callobre; as Nosas Músicas de Couso; Coto Manguelo de Orazo, etc. O ano 2012 presentou o seu primeiro disco, OU, de extraordinaria acollida entre os afeccionados da música tradicional. No ano 2016  presentaron o seu segundo disco DOUS, no Teatro Principal da Estrada.

Recanto (Ouzande)
Agrupación dunha vintena de veciños e veciñas de Ouzande afeccionados ás cancións tradicionais. Novidosa proposta que xurdiu a raí z das clases de canto tradicional que organiza A Fervenza de Ouzande desde o ano 2012. A agrupación ouzandesa acudiu convidada, ese mesmo ano, ao certame Cantos de Taberna, en Pontevedra, e participou desde aquela en foliadas e certames de cantos de Taberna en Pontecesures, Trazo, Arzúa, A Estrada ou Santo André de Vea.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival Solidario "DesPlanta SONS" en Teo (A Coruña)

(texto engadido o día 7/ / 9/ / 18 )


Venres, 7 de Setembro
Aldea Ameneiro, 15866 Teo (A Coruña)


Presentámosvos o tremendo elenco de artistas que unirán as súas voces de maneira desinteresada para berrar xunt@s por un futuro no que @s nos@s cativ@s poidan respirar o mesmo aire puro que nos legaron os nosos ancestros.

A festa comezará a quentar motores ás 20.30h con hinchables gratuí­tos para os máis pequenos, que a continuación poderán disfrutar da música que lles trae o Capitán Garfo, un espectáculo infantil moi entretido! Non dubides en achegarte con net@s, sobriñ@s, fill@s...

Pero a festa non acaba aí­, a noite segue cos seguintes grupos:

Coro Son Elas: Dende aquí­ ao lado, de Ames, chega un coro formado na súa totalidade por mulleres que nos traen música variada e contemporánea.

Os Tres Pesos: Tres músicos, tres caras da mesma moeda, tres apasionados das nosas músicas, Tres pesos. Música de raí­z transportada ó século XXI.

Os d\'Abaixo: a carballesa máis internacional chega a Ameneiro para facernos bailar da man dun grupo tradicional que leva a foliada por medio mundo

Os John Deeres: Dende A Estrada chega unha das bandas referencia do hard rock en galego, un grupo con estilo propio e experiencia contrastada.

Deseqilibrio mental: Deseqilibrio Mental: "Na Casalonga Rocanrol“ din nun dos seus temas e nas súas novas camisetas. A contundencia do" metal rural" con máis de 15 anos de experiencia no rock en galego.

Ademais, durante toda a noite poderedes achegarvos ao stand da Plataforma para conseguir as vosas camisolas, facervos soci@s ou asinar contra a planta de residuos. A recadación da cantina destinarase ás accións levadas a cabo pola plataforma.

Grazas a toda a veciñanza pola acollida a este festival solidario para o que novamente volvemos pedir a vosa unión nun evento que esperamos sexa do voso agrado. Non podemos deixar de agradecer aquí­ a colaboración desinteresada dos grupos que fixeron un oco nas súas ateigadas axendas de verán para tocar e berrar ben alto que non queremos unha planta de residuos tóxicos, así­ como o resto de colaboradores que desinteresadamente fixeron posible esta celebración: Midón, Infantilandia, Comisión de Festas do Monte Carmelo, Jose Manuel Piedra, Xurxo Piñeiro e Juan Antepazo e moit@s máis
Compartide, difundide, berrade moi alto!


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Despedida 'O poder do arcabuz' na Coruña

(texto engadido o día 15/ / 12/ / 17 )


Sábado 16 de decembro ás 20:00h
Teatro Colon A Coruña.
A Coruña.


Dous anos despois da súa exitosa estrea no mesmo lugar con dous cheos, despídese o musical creado por Quique Peón Cía e Xacarandaina con dúas funcións que terán lugar os días 16 e 17 de decembro no Teatro Colón da Coruña.

‘O Poder de Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media, percorreu nestes dous anos grandes auditorios de todo o país coa súa fórmula que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.

A obra, que formou parte do programa de residencias do Teatro Colón, “é unha proposta tradicional e vangardista ao mesmo tempo”, explica Peón, “trátase dun espectáculo ambicioso, un proxecto apaixoante e arriscadísimo, con cen artistas en escena, froito dun empeño moi especial en poñer en valor as nosas músicas e as nosas danzas”.

A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional “Xacarandaina” xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza galega. “O Poder do Arcabuz” fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.

Quique Peón -autor, director e coreógrafo do espectáculo- utiliza a historia dos Irmandiños e o arcabuz como metáfora do poder e dos cartos. Hai que lembrar que a Revolución Irmandiña foi a maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz.

A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de dongas e galáns...), empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento.

Sen embargo, a danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.

A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facéndo énfase na do medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral).

“O Poder do Arcabuz” é un espectáculo concibido como un musical de estrutura compostal de diferentes escenas que se irán sucedendo, unha tras outra, a modo de actos, ao estilo dos antigos ballets románticos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O Poder do Arcabuz en Compostela

(texto engadido o día 11/ / 11/ / 16 )


Domingo 13 de novembro ás 20:30h
Auditorio de Galicia.
Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela.


Quique Peón Cía presenta o vindeiro domingo 13 de novembro en Compostela o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.

A obra poderá verse o 13 de novembro (21.30h) no Auditorio de Galicia ao prezo xeral de 12 euros (prezo reducido ao 50% para varios colectivos). O espectáculo “é unha proposta tradicional e vangardista ao mesmo tempo”, explica Peón, “trátase dun espectáculo ambicioso, un proxecto apaixoante e arriscadísimo, con cen artistas en escena, froito dun empeño moi especial en poñer en valor as nosas músicas e as nosas danzas”.

A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional “Xacarandaina” xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza galega. “O Poder do Arcabuz” fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.

Quique Peón -autor, director e coreógrafo do espectáculo- utiliza a historia dos Irmandiños e o arcabuz como metáfora do poder e dos cartos. Hai que lembrar que a Revolución Irmandiña foi a maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz.

A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de dongas e galáns...), empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento.

Sen embargo, a danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.

A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facéndo énfase na do medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral).

“O Poder do Arcabuz” é un espectáculo concibido como un musical de estrutura compostal de diferentes escenas que se irán sucedendo, unha tras outra, a modo de actos, ao estilo dos antigos ballets románticos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXI Edición As Nosas Músicas (Couso. A Estrada)

(texto engadido o día 2/ / 8/ / 16 )


Domingo 14 de agosto

13.30 h
Sesión vermú – Charanga Trébede
16.30 h
Curso de Percusión de Man e Tradición Oral* (Xabier Díaz)
17.00 h
De Troula en Troula (Xandobela)
19.00 h
Iniciación ao Baile Tradicional (Miguel Sotelo)
20.15 h
As Marionetas do Mundo: Galicia (Anxo García)
21.45 h
Cantos de Taberna – Muiñeiros do Sarela
23.00 h
TRES PESOS + XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE + TIRULEQUE + MARÍA DA PONTRAGHA
*Curso con límite de 20 prazas. Custe 25€.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Estrea de 'O Poder do Arcabuz' (Quique Peón Cía.) no Teatro Colón (A Coruña)

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 15 )



Os días 7 e 8 de decembro Quique Peón Cía estrea no Teatro Colón da Coruña o seu novo espectáculo: ‘O Poder de Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.

A obra, que forma parte do programa de residencias do Teatro Colón, “é unha proposta tradicional e vangardista ao mesmo tempo”, explica Peón, “trátase dun espectáculo ambicioso, un proxecto apaixoante e arriscadísimo, con cen artistas en escena, froito dun empeño moi especial en poñer en valor as nosas músicas e as nosas danzas”.

A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional “Xacarandaina” xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza galega. “O Poder do Arcabuz” fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.

Quique Peón -autor, director e coreógrafo do espectáculo- utiliza a historia dos Irmandiños e o arcabuz como metáfora do poder e dos cartos. Hai que lembrar que a Revolución Irmandiña foi a maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz.

A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de dongas e galáns...), empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento.

Sen embargo, a danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.

A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facéndo énfase na do medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral). “O Poder do Arcabuz” é un espectáculo concibido como un musical de estrutura compostal de diferentes escenas que se irán sucedendo, unha tras outra, a modo de actos, ao estilo dos antigos ballets románticos.

Como actividade complementaria terá lugar o día 25 de novembro unha conferencia aberta ao público de Carlos Barros, profesor titular de Historia Medieval da USC e o principal estudoso dos Irmandiños. Ten publicado varios libros sobre o tema, como ‘A mentalidade xusticieira dos irmandiños’ (Xerais, 1988), ‘Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV’ (Siglo XXI de España, Colección “Historia de los Movimientos Sociales“, 1990), ademais de múltiples ensaios en publicacións especializadas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



COETUS EN GALICIA. Residencia artística: Concertos, Obradoiros e Encontros cos artistas.

(texto engadido o día 28/ / 9/ / 15 )


A orquestra de percusión ibérica visitará Galicia a fin de semana do 2 ao 4 de outubro xunto aos músicos arxentinos Luna Monti e Juan Quintero co proxecto 'Ir y venir'

Os músicos ofrecerán tres concertos, un total de dez obradoiros de formación e encontros de intercambio artístico xunto a músicos galegos na Casa Gasamans (Ames).

Aproveitarán para gravar diferentes directos con público para futuros proxectos artísticos




Coetus, orquestra de percusión ibérica, xunto a Eliseo Parra e o dúo arxentino Luna Monti e Juan Quintero realizarán a comezos de outubro en Galicia unha residencia artística conxunta baixo o título Ir y venir, na que se combinará unha serie de concertos con diferentes cursos de formación e encontros abertos co público. Deste xeito, a formación catalá estarán na Casa Gasamans (Ames) os días 2, 3 e 4 de outubro, ofrecendo un amplo programa de actividades musicais e gravarán ademais directos durante os seus concertos como material para próximos proxectos. Toda a información pódese atopar na web www.iryvenir.info.

Coetus é un atrevido proxecto de orquestra de percusión ibérica dirixido por Aleix Tobías e cuxo obxectivo é a recolleita e posta en valor da abondosa colección de instrumentos de percusión da Península Ibérica. Deste modo, a formación explora e reivindica os instrumentos de percusión, a maioría pouco coñecidos, que ao longo da historia serviron para acompañar as cancións, os romances, as festas e os bailes das diferentes culturas que conviven na península. A proposta, polo tanto, é afondar nos sons de todos estes instrumentos para crear unha linguaxe propia, inspirada nos ritmos tradicionais e nos diálogos coa voz. Para conseguilo sobre o escenario, atopamos un total de 21 músicos de Coetus, reforzados coa presenza do mestre Eliseo Parra, figura imprescindible para entender a restauración das nosas músicas tradicionais.

En Ir y venir, Coetus e Eliseo Parra xúntanse nesta ocasión con Luna Monti e Juan Quintero, dúo arxentino de músicos, nun proxecto que chegará a Galicia en outubro como unha experiencia pioneira e inédita no noso país. Trátase dunha residencia artística na que a formación ofrecerá un total dez obradoiros de formación, abertos á inscrición para músicos profesionais e afeccionados, na fin de semana do 2 ao 4 de outubro. A programación formativa desta residencia artística comezará o propio venres 2 de outubro cunha sesión de Baixo Electrónico no Folclore, impartido por Guillem Aguilar. A partir dese momento, ofreceranse masterclass de Caixón flamenco, coa intérprete Acari Beltrán; Percusión Ibérica, con Aleix Tobías; Arranxos vocais, con Luna Monte e Juan Quintero, ou de Construción de Instrumentos, con Alberto Carreño.

Tres concertos e encontros co público
Durante esta residencia artística da formación, ofreceranse tres concertos nas noites do 2, 3 e 4 de outubro, todos celebrados na Casa Gasamans (Ames) ante un aforamento de 150 localidades. A primeira das actuacións será o venres 2 de outubro ás 22.00 horas e nel actuarán Coetus xunto a Eliseo Parra e Luna Monti e Juan Quintero. O sábado 3 de outubro, tamén ás 22.00, os mesmos músicos subirán ao escenario. Como colofón, o domingo 4 de outubro, ás 20.30 horas, celebrarase o derradeiro dos concertos, neste caso de Coetus e Eliseo Parra. As entradas están á venda dende este venres 11 de setembro, a través de www.codetickets.com. A formación volve actuar así en Galicia despois de dous anos sen visitar o noso país, tras un exitoso concerto celebrado no Teatro Principal en Santiago de Compostela en 2013.

Coetus ofrece, ademais, a posibilidade de pasar as tardes en encontros especiais e íntimos ao redor da música como aperitivo previo aos concertos. Deste xeito, cada unha das tardes desa primeira fin de semana de outubro celebraranse encontros cos músicos participantes nesta residencia artística de Coetus, nos que se realizarán improvisacións musicais, conversas e intercambios no que participarán diversos músicos galegos, ademais de contar cun café e merenda para os asistentes. Durante estas tardes musicais co grupo, celebraranse ademais actuacións de Xosé Lois Romero e Aliboria.

Galicia como referencia
Malia que Coetus é unha formación radicada en Cataluña, para este proxecto escolleu Galicia polo seu interese e afinidade artística. Os compoñentes da orquestra de percusión, tras diversas visitas ao noso país, recoñecen a riqueza e a vitalidade da nosa música tradicional, moi presente nas diferentes manifestacións artísticas, tanto dende un punto de vista profesional como en festas e celebracións. Para Coetus, a pegada da música tradicional en Galicia contrasta coa doutros territorios ibéricos no que se teñen somerxido e na que as expresións tradicionais se atopaban soterradas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Nosas Músicas 2015 – 20 aniversario (Couso - A Estrada)
http://www.asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 15 )


O vindeiro 14 de agosto celebramos a vixésima edición de As Nosas Músicas. Presentámosche xa o programa.

Este ano cúmprense dúas décadas da celebración de As Nosas Músicas, e nesta ocasión, contamos coas actuacións de ALVARIZA, CARLOS BLANCO, RADIO COS, FANFARRIA TAQUIKARDIA e BANDA DAS CRECHAS como peche de cartel, pero tamén faremos actividades e obradoiros ó longo da tarde.

As actividades de tarde darán comezo cara ás 5:00h cun obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Xandobela, para continuar ás 7:00h con outro obradoiro de iniciación ó baile.
Ás 8:00h da tarde terá lugar unha actividade moi interesante para ver como se maza se espadela, se fía e tece o liño no Val de Vea.

A partir das 9:30h quedará o campo da festa dedicado á ruada aberta con Ultreia para logo xa comezar cas activades nocturnas que pechan o cartel.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival de Couso - As Nosas Músicas (A Estrada)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3210:festival-de-couso-as-nosas-musicas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 14 )


A asociación a Xesteira xa ten preparado o festival de Couso As Nosas Músicas, será o 14 de agosto no campo da festa de Couso (A Estrada). Haberá xogos tradicionais ó longo da tarde e un obradoiro de baile para rematar a mesma. A noite estará amenizada polos grupos Pandeireteiras de Toutón, Os Carapaus, Radio Cos, Os D’abaixo e Calandracas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Curso Iniciación ao Pandeiro de man - As Nosas Músicas (Couso)
http://asnosasmusicas.org/clases_2013/pandeiro_2013.html
(texto engadido o día 22/ / 9/ / 13 )


Curso de iniciación aos xeitos básicos do toque do pandeiro tradicional en Galicia, dirixido a persoas interesadas con pouca ou ningunha experiencia con este instrumento.

Datas: 19, 20 e 27 de Outubro de 2013, de 17:30 a 19:30, na Casa da Escola de Couso

Imparte: Xermán Muíños

Prazas: 15, por orde de inscrición

Requisitos:

Para un mellor aproveitamento das aulas é aconsellable ter algún coñecemento ou contacto previo coa música tradicional galega.
Deberase traer cadanseu pandeiro; de non telo, a asociación facilitaravos un, máis só durante as clases. Dada a importancia de traballar a técnica individualmente entre as aulas, é moi recomendable facerse cun propio.

Prezos:

-25 € (xeral)
-20 € (alumnas/os das clases da asociación)
-15 € (integrantes da asociación)

Máis Información: 625 178 362

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



FERVENZA DE MÚSICAS 2013 EN OUZANDE (A ESTRADA)
http://carreiros.blogspot.com/2013/08/fervenza-de-musicas-2013-en-ouzande.html
(texto engadido o día 28/ / 8/ / 13 )


VI FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL. OUZANDE-A ESTRADA

O programa desta VI Foliada será o seguinte:
Dí­a: Venres, 6 de setembro de 2013
Hora: 22:00 h.
Lugar: Campo da Festa de Ouzande.
O campo estará cuberto por unha carpa e haberá posto de polbo e churrasco, así­ como servizo de bar. Actuacións Musicais:
O Ghusto do Boi (Boqueixón) 
Animada e animosa charanga de música tradicional e popular. Unha ducia de compoñentes, con moito instrumento de vento, percusión e acordeón. Presentes en moreas de festas neste verán.
Os Ke Hai (Callobre) 
Veterana agrupación estradense de música tradicional. O grupo callobrés non falta en ningunha festa, foliada e festival da comarca
Xurumelo (Santiago) 
Trí­o santiagués que interpreta a música tradicional dun xeito orixinal e atrevido. Acordeóns e voz. Música de moita calidade. Participaron no recente Folk de Raí­z de Callobre.
Retrouso (Ouzande)
Grupo anfitrión, fundado en Ouzande en 2005. Nestes anos o grupo converteuse nun dos referentes da música tradicional da comarca, participando en festivais como o desaparecido Músicas da Terra, de Ouzande; no Folk de Raí­z, de Callobre; as Nosas Músicas de Couso; Coto Manguelo de Orazo, etc. O pasado ano presentou o seu primeiro disco, OU, de extraordinaria acollida entre os afeccionados da música tradicional.
Recanto (Ouzande) 
Agrupación dunha vintena de veciños e veciñas de Ouzande afeccionados ás cancións tradicionais. Novidosa proposta que xurdiu a raí­z das clases de canto tradicional que organiza A Fervenza de Ouzande desde o pasado ano 2012. A agrupación ouzandesa acudiu convidada, este mesmo ano, ao certame Cantos de Taberna, en Pontevedra, o pasado mes de abril.

Ao mesmo tempo convidamos a todos e todas que o desexen a traer os seus instrumentos musicais, para poñer remate á festa como é debido.
- Fervenza de músicas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Nosas Músicas 2013 - Couso (A Estrada)
http://asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 12/ / 8/ / 13 )


14 agosto en Sequeiró, Couso
XVIII Edición de As nosas músicas, con Obradoiros, Actividades e Actuacións musicais

PROGRAMA:

OBRADOIROS

16:30-19:00  INTERPRETACIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA: CANTO E PERCUSION (con Davide Salvado)

18:30-21:00  PERCUSIÓN MIÚDA: TARRAÑOLAS, CULLERES, CUNCHAS ... (con Chuco Estévez)
Só hai 15 prazas por obradoiro, a un prezo de 12 €. 
Inscricións aquí


ACTIVIDADES (acceso libre e gratuíto)

17:30  DE TROULA EN TROULA (xogos tradicionais para todas as idades, con XANDOBELA)
19:30  PASEO, PUNTO, VOLTA (iniciación ao baile tradicional, con Marcos Botana)
20:45  RUADIÑA HAINA HAINA (con Trébede e pandereteiras de Mondariz e Pazos de Borbén)

 

ACTUACIÓNS (das 23:00 en adiante)

  • RETROUSO (A ESTRADA)
  • VAI DE RODA (RIANXO)
  • GHUSTO DO BOI (BOQUEIXÓN)
  • QUEMPALLOU (DO INCIO AO MORRAZO)
  • ZURRUMALLA (VIGO)

- As nosas músicas- Retrouso- Ghusto do Boi- Quempallou- Zurrumalla -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiros As Nosas Músicas 2013 - Couso, 14 de Agosto
https://docs.google.com/forms/d/1QmwtrJG5wKm2qAoJfvEKS4T5J6nSJzMOPbpcboNPUpU/viewform
(texto engadido o día 28/ / 7/ / 13 )


Xa te podes inscribir nos Obradoiros de As Nosas Músicas 2013, o día 14 de agosto na Casa da Escola de Couso (A Estrada)

Este ano temos dúas propostas:
- 16:00-18:30 Interpretación da música tradicional galega: canto e percusion (con Davide Salvado)
- 18:30-21:00 Percusión miúda: tarrañolas, culleres, cunchas (con Chuco Estévez)

Só haberá 15 prazas por obradoiro, a un prezo de 12 €

PRAZO DE INSCRICIÓN (ver enlace)
Ata o luns 12 de agosto de 2013

- As nosas músicas -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto + palestra Cordofones Madeira - Galiza

(texto engadido o día 12/ / 5/ / 13 )


Domingo 12 de Maio 20:30 - entrada de balde
Igrexa da Universidade - Santiago

Palestra: Jose Luís do Pico Orjais
Concerto: Isabel Rei (GZ) + Roberto Moritz e Roberto Moniz (Madeira)

Dentro do proxecto de intercambio Comenius Regio entre entidades galegas e madeirenses, aCentral Folque organiza este acto no que se interpretarán en diferentes instrumentos de corda pulsada: guitarras, viola de arame, rexão,... un repertorio histórico recollido en Cancioneiros do século XIX de ámbalas dúas rexións.
Previo ao concerto haberá unha palestra impartida por José Luis do Pico Orjais sobre o tema e a aparición de música para guitarra nos cancioneiros históricos galegos. O recital será a cargo de Isabel Rei (GZ) e Roberto Moritz e Roberto Moniz (Madeira) de Xarabanda. Esta é unha oportunidade única para apreciar as músicas transcritas para estes instrumentos e escoitar a riqueza das nosas músicas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O 6 de abril, concerto de Pradairo no ciclo Sons 2013 do Concello de Santiago de Compostela.

(texto engadido o día 22/ / 1/ / 13 )


Pradairo volve cunha nova proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folkactual. Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados.

Dezmúsicos, dez temas, dez realidades sonoras que flúen sen esforzopor todas as tímbricas dos nosos instrumentos coloreados con tinguiduras doutras terras.

Ritmoe creatividade cos pés na terra: Pateado.

Ciclo Sons 2013 (entradas: 5€, billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado e días do evento de 18 a 21 horas)
- Pradairo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU

(texto engadido o día 30/ / 11/ / 12 )


Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco.



RETROUSO
GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL E POPULAR


Nace no ano 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande, actuando por primeira vez nas Festas do Socorro da parroquia. A agrupación de música tradicional e popular participou en múltiples eventos musicais e festivos da máis diversa índole como os Seráns da Sala Nasa, en Santiago de Compostela, nas Festas do Barrio de San Pedro, tamén en Santiago, de Música nas Rúas organizado polo Concello de Santiago.
Participou tamén en dúas ocasións no desaparecido Festival Músicas da Terra de Ouzande, e outras dúas mais no prestixioso Folk de Raíz en Callobre, este mesmo ano 2012.
En 2008 foi o gañador do Concurso de música tradicional Xiradela na localidade coruñesa de Arteixo, participando noutros certames semellantes en Luou e na Coruña. No ano 2010 participou no prestixioso Festival As Nosas Músicas de Couso, repetindo cartel no presente ano 2012.
No ano 2011 participou tamén con éxito no Manguelo Folk de Orazo. Ese mesmo ano, tivo a ocasión de participar no festival céltico de Saint Loup da localidade bretoa de Gwegamp, convidado polo grupo santiagués Pana Raiada.
Ademais ten participado en numerosas festas e romarías en concellos como Trazo, Vedra, Barro, Ordes, Laxe, Caldas...., sen esquecer as súas múltiples participacións en celebracións festivas do Concello da Estradas e numerosas parroquias do mesmo.
O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e será presentado oficialmente o próximo venres 30 de novembro no Teatro Principal da Estrada. O disco foi producido polo músico, acordeonista do grupo, Marcos Varela, que é o autor de varias pezas e dos arranxos de todos os temas.
O grupo presentará unha ampla formación no concerto de presentación do seu disco, constituída por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus compoñentes.

Compoñentes:

Noelia Bouzón: gaita
Cesar Vicente: gaita
Fon Chedas: gaita e acordeón
Pablo Neiro: gaita e acordeón
Oscar Durán: gaita
Martín Varela: gaita
Ines Bugallo: gaita e percusión
Manuel Anxo Rey: gaita
Manu Bouzón: gaita
Miriam de Castro: gaita
Marcos Varela: acordeón
Xosé Martíns: percusión e saxo
Manuel Bouzón: percusión
Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada)
Darío Balado: voz (Convidado)

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos (Ferrol)
http://www.toxosefroles.com/
(texto engadido o día 20/ / 11/ / 12 )


Por segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos
Esta iniciativa busca servir de axuda aos novos instrumentistas galegos na búsqueda de experienza á hora de enfrentarse a un público, xurado, ... o que sen dúbida resultará proveitoso para o seu futuro como músicos.
Ademáis, pensamos que pode ser un punto de encontro das diferentes inquedanzas e métodos de traballo das escolas de música tradicional que na actualidade están a realizar a súa actividade para conservar as nosas músicas e tradicións.
E o Real Coro "Toxos e Froles", a agruación folklórica máis antiga de Galiza, pretende, a través das súas actividades, ser un altofalante e espallador da nosa cultura, e en especial, no terreo da música.

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:
formulario de inscripción II Concurso de Dúos Gaita - Percusión

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:
Bases do II Concurso de Dúos Gaita - Percusión

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada en Couso (A Estrada)

(texto engadido o día 21/ / 10/ / 12 )


O venres 26 comeza a nova tempada de foliadas en Couso e queremos convidarte!! Trae o teu instrumento e gana de festa... nós poñemos o resto.

Contaremos coa actuación dos seguintes grupos:

Vou Vir Vor Ver (Santiago)
O Ghusto Do Boi (Boqueixón)


Vémonos a iso das 10 da noite na Casa da Escola.

E ademais, reservade o sábado 24 de novembro para unha nova edición da Festa do outono, con magosto, ruada, identificación de cogumelos, obradoiros musicais, roteiro ... musica e baile ata o mencer!!!

- As Nosas Músicas Couso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa As Nosas Músicas de Couso (A Estrada).
http://asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 3/ / 8/ / 12 )


14 de Agosto de 2012

OBRADOIROS (con inscrición e prazas limitadas, inscripción na web)

10:30-14:00
CANTAS CONTAS? OBRADOIRO DE COLARES PARA O TRAXE TRADICIONAL
15 prazas
15 €
Imparte: Berta Gómez

10:30-14:00 16:00-18:00
A PANDEIRETA NA PROVINCIA DE LEÓN
20 prazas
15 €
Imparte: David Omaña

16:00-18:00
INICIACIÓN Á AFINACION E TEMPERO DA GAITA
15 prazas
10 €
Imparte: Antón Varela

18:00-21:00
PANDEIRETA 4 x 4: OS XEITOS DA PANDEIRETA TRADICIONAL EN GALICIA
20 prazas
12 €
Imparte: Carlos Álvarez



ACTIVIDADES (acceso libre e gratuíto)

17:30-19:30 A XOGAR: DE TROULA EN TROULA
Obradoiro de Xogos tradicionais para todas as idades (XANDOBELA)

19:30-21:00 PASEO, PUNTO, VOLTA
Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego (Carlos Xosé Vidal)

21:00 RUADIÑA HAINA HAINA
Espazo para a música e o baile tradicional, CON PANDERETEIRAS E BAILADORAS DE MONDARIZ E PAZOS DE BORBÉN

Actuacións a partires das 23h:
RETROUSO (A Estrada)
OS CEMPÉS (Ferrol Terra)
O GHUSTO DO BOI (Boqueixón)
VAI DE RODA (Rianxo)
ZURRUMALLA (Vigo)

Descarga o programa para levar aquí
- Retrouso- Os Cempés- Zurrumalla -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada e Sardiñada en Couso
http://asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 15/ / 6/ / 12 )


Venres 15 de xuño, a partires das 21.00

Contamos contigo, e co grupo:
Os de Abaixo (de Calo)
Musica, baile, festa. Achégate!

E se queres trae o teu instrumento pra tocar, a tua voz pra cantar e o teu corpo pra bailar!
- As Nosas Músicas- Couso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



A Asociación cultural A Xesteira abre a taberna en Couso

(texto engadido o día 23/ / 3/ / 12 )


Aviso a todolos FESTEIROS.
Hoxe a noite abrimos a taberna, no campo da festa de Couso.
E o venres que ven temos FOLIADA.
Vinde todos de festa.
- As Nosas Músicas- Couso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI As nosas Músicas (Couso)
https://sites.google.com/site/asnosasmusicas2011/no-escenario
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 11 )



- As Nosas Músicas- Matamulleres- Alvariza- Saltanocribo- Tanto nos Ten -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Nosas Músicas de Couso, XVª edición!!!
http://asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 13/ / 8/ / 10 )


As Nosas Músicas.Couso-A Estrada. 14 de Agosto 2010.

Obradoiros para cativos e maiores.
Mostra de Artesanía.
Loita galega.
Pulpeiro e rosquilleiras.
Serán pola tardiña.
Escenario aberto para todos.
Foliada Aberta ata a mañan.


Programa completo

A Xesteira organiza outro ano máis As Nosas Músicas de Couso! E xa van 15...
Sábado 14 de agosto en Couso (A Estrada)
Aínda non sabedes o que hai este ano en Couso?


Música, moita música, e tamén baile, moito baile. Música e baile. E moitas cousas máis. Que que máis? Pois un obradoiro de canto, outro de pandeira e outro máis de baile, de iniciación... para que así todos poidamos disfrutar no serán das nosas músicas (xa vos dixemos que había música?). Ui! E iso non é nada... moito máis. Tamén virán os rapaces de... a facer unha demostración de loita galega, e Celsiño Contacontos virá contarnos un contos, e tamén virá un pulpeiro con moito pulpo a escoitar os contos de Celsiño Contacontos máis a bailar ao son da música e a ver o desfile, máis... como que que desfile? O desfile que farán os rapaces coas carautas que crearán o venres máis o sábado á tarde no obradoiro infantil de ARTElladas... e ademáis haberá buses e zona de acampada e...

Que non está quedando claro? Imos logo aos poucos...

16h - 18h
Obradoiro de Canto tradicional
Impartido por Xabier Díaz

CASA DA ESCOLA
CAMPO DA FESTA DE COUSO
20 persoas máximo
É preciso inscribirse e ter coñecementos previos de canto tradicional
Consultade o apartado Inscribete!da páxina de As Nosas Músicas de Couso.

18h - 20h
Obradoiro de Pandeira redonda
Impartido por Felisa Segade

CASA DA ESCOLA
CAMPO DA FESTA DE COUSO
20 persoas máximo
É preciso inscribirse e ter coñecementos previos de canto tradicional
Consultade o apartado Inscribete!da páxina de As Nosas Músicas de Couso.
NON é preciso ter pandeira, mais se tes, traena.

20h - 22h
Obradoiro de Iniciación ao baile tradicional
Preparandose para o serán!

Impartido por Luis Prego
TORREIRO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Non hai límite de prazas nin é preciso inscribirse.

Ao remate, teremos a compaña....

21h30 - 23h30
Ruada... Rúa... Serán...
TORREIRO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Contaremos un ano máis coas pandereteiras, bailadores e bailadoras da zona de Mondariz e Pazos de Borbén.

24h - 24h40
Linho do Cuco
ESCENARIO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Linho do Cuco presenta en Couso o seu novo disco, "3"

24h30... minuto arriba ou abaixo
Celsiño Contacontos
ESCENARIO
CAMPO DA FESTA DE COUSO

Da 1h en adiante...
Compartimos escenario!!!
ESCENARIO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Moitos grupos da comarca da Estrada e amigos asiduos de Couso virán facer festa.

TAMÉN TEREMOS:

17h (Obradoiro) 20h (Desfile)
ARTElladas, obradoiro de XIGANTES articulados
ESCOLA NOVA DE COUSO
Se queres participar neste obradoiro bota unha ollada en ARTElladas.
Anímate!

19h - 20h
Mostra de loita galega
TORREIRO
CAMPO DA FESTA DE COUSO

21h - 2h30
Pulpeiro
CAMPO DA FESTA DE COUSO

E ademais...
Aparcadoiro
Sanitarios públicos portátiles
Autobuses desde A Estrada [A farola] (23h e1h)
Couso [estrada xeral] (4h30 e 6h30)
Zona de acampada
Barras - Bar
- As Nosas Músicas- Xabier Díaz- Felisa Segade- Luis Prego- Linho do Cuco- -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Nosas Músicas, 2009 en Couso - A Estrada

(texto engadido o día 11/ / 8/ / 09 )


VENRES 14 DE AGOSTO no Campo da Festa de Couso - A Estrada.

Comenzamos pola noitiña . 21:00h.
Serán .
DE TORDOIA A TOUTÓN
TREBOEIROS DA MUIMENTA

para continuar
PABLO SEOANE
ARDENTÍA
TIRULEQUE
MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO

para rematar FOLIADA ABERTA ata que sexa de día.



Tamén anunciar que o día 15 e día 16 de agosto continuamos de PARRANDA e estamos todos convidados as Festas Patronais da Parroquia.

FESTAS DA NOSA SEÑORA E O SANTISIMO.COUSO 2009

Dia 15: NOSA SEÑORA
Sesión Vermut: 14:30 h
- C.C. A Ponte Vella
Noite: 22 30 h.
- MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO
- MARFUL SEXTETO
- TURRES BAND

Dia 16: SANTISIMO
Sesión Vermut: 14:30 h.
-Tamparrantán
A Partir das 22:30 h.
-Concerto da Banda Municipal de A Estrada
-Os Alegres da Buraca
-As Pandereteiras de Toutón
-Sesión de Baile ca Banda Municipal de A Estrada


- Nosas Músicas- Couso -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIII Edición do Festival As Nosas Músicas en Couso
http://asnosasmusicas-couso.blogspot.com
(texto engadido o día 11/ / 8/ / 08 )

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



* GC :: A Galiza de Kepa Junkera

buscar mais información
sobre As nosas músicas en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]