Resultados para:

As Pontes
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7]

Novas que incluen 'As Pontes':


110 Foliada no Lar (As Pontes)
https://www.facebook.com/TurismoAsPontes/photos/p.2538719829495853/2538719829495853/?type=1&theater
(texto engadido o día 30/ / 5/ / 19 )


Venres, 31 de de maio
A partir das 22:30

Que mellor cousa para rematar o mes de maio, que unha #Foliada no #Lar coas Escolas Municipais de Música Tradicional




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada de Inverno en O Castro (Begonte)
https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/03/01/foliada-de-inverno-2019/
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 19 )


Sábado 9 de marzo

Comezamos o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno de Castiñeiro Milenario, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro (Begonte).

Nesta ocasión, os eventos previos á foliada, veñen con novidades, pois faremos a presentación do I Ciclo de Cine Galego de Castiñeiro Milenario. Un proxecto que levamos intentando sacar adiante desde hai tempo e que este ano, por fin, vai ver a luz. A primeira cita co Ciclo de Cine (do que teredes novidades en breve) vai ser a proxección do mediometraxe documental de Xurxo Souto e Martín Rodas titulado “Dos Gaiteiros do Mar” e narra a historia de Manuel Sotelo, “Manoliño de Donón”, que sempre quixo ser gaiteiro. Aos dezaoito anos estivo a piques de cumprir o seu soño, tocar no palco do Carnaval do Hío, “o Carnaval do Gaiteiro”. Pero xusto unha semana antes tivo que ir ao mar. Embarcou entón cara Namibia. Ao longo da súa vida profesional pescou, ou sexa tocou, tamén en Uruguai, Terranova ou nas Malvinas. E mesmo nunha marea do ano 74,con dous compañeiros do Morrazo, Manuel Martínez Santomé e Feliciano de Donón, chegou a gravar un “long play”, en cinta casete, abordo do pesqueiro Ría de Aldán, titulado “Nos mares do Gran Sol”. Agora, xa xubilado, corenta anos despois vai cumprir o seu soño de mocidade. Co seu compañeiro de entón, Lito de Pinténs – que tamén andou ao mar, e triunfou en Terranova- vai actuar nun dos palcos do Carnaval do Hío. Grazas a eles convertido no Carnaval dos Gaiteiros do Mar!

A película proxectarase ás 19:15 e servirá tamén como unha pequena lembranza a un dos seus protagonistas, Lito de Pinténs, recentemente falecido. Agradecemos a Borneira Audiovisual e a Xurxo Souto a súa disposición para facilitar a proxección deste filme e a Mónica Fernández da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s polas xestións.


Despois deste inicio espectacular, seguiremos co concerto que vai dar a banda de gaitas, Sons da Chaira. A partires da 8 da tarde, a banda vai tocar o repertorio co que representaron, de xeito fantástico, á Escola de música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei no afamado Festival de Lorient este pasado verán. De novo queremos agradecer á propia escola esta colaboración e, en especial, aos seus directores, Brais Monxardín e Miguel Anxo López pola idea e o seu apoio a esta foliada.


Despois teremos un ratiño para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 21:15, aproximadamente. Nesta ocasión contamos con dous grupos. Por primeira vez, cruzamos a fronteira luguesa e veñen a facer unha festaza das boas, Os Feroces da Galgueira, desde As Pontes, e despois, un dos grupos míticos da música tradicional de Lugo, A Volta do Agro. Sen dúbida dúas agrupacións que van facer que o torreiro se quente en pleno inverno. Ao remate da súas intervencións, comezará a foliada aberta.


Queremos agradecer, de novo, a Borneira Audiovisual, Xurxo Souto e Martín Rodas as facilidades para a proxección do filme; a Miguel Anxo López, Brais Monxardín e a Escola de música de Rábade, Begonte e Outeiro polo seu empeño para estar de novo nesta foliada; aos Feroces da Galgueira e á Volta do Agro, por faceren festa de xeito desinteresado e, por último, á Asociación Veciñal do Castro por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en As Pontes

(texto engadido o día 2/ / 3/ / 19 )


Domingo 3 de marzo ás 18,30h no Cine Alovi, dentro da programación da Feria do Grelo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



107 Foliada en As Pontes

(texto engadido o día 21/ / 2/ / 19 )


Venres 22 de febreiro ás 22:30h na Cafetería do Lar.
Con Canavella de As Pontes, María de Neda e Os Aghaspalleiros de Narón

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



SondeSeu en As Pontes

(texto engadido o día 21/ / 2/ / 19 )


Sábado 23 de febreiro ás 20 hrs no Auditorio Municipal Alovi
- SonDeSeu -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Muxarega en As Pontes

(texto engadido o día 8/ / 2/ / 19 )


Venres 8 de Febreiro ás 23h en A Cova dos Trasnos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



106 Foliada das Pontes

(texto engadido o día 25/ / 1/ / 19 )


Venres 25 de xaneiro a partires das 22:30h na Cafetería Lar.

Airiños da Capela
Cantareiras da Tallería
Axóuxere
Encrucillada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada no Lar (As Pontes)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=152693
(texto engadido o día 28/ / 12/ / 18 )


Venres 28 de decembro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



104º Foliada do Lar (As Pontes)

(texto engadido o día 30/ / 11/ / 18 )


Venres 30 de novembro ás 22:30h na Cafetería Lar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada no Lar (As Pontes)
https://www.facebook.com/nocombaro/photos/a.966461023371125/2416583535025526/?type=3&theater&ifg=1
(texto engadido o día 26/ / 10/ / 18 )


Este ano tócanos ao Grupo No Cómbaro empezar as Foliadas do Lar. Despois de superar as 100, xa estamos mirando cara as 200. Para conseguir o novo reto precisamos da vosa tan estimada axuda. Músic@s, bailador@s e público en xeral, sin vosoutr@s nada de esto serí­a posible.
Empezamos a nova tempada coa A.C. San Xiao do Trebo de Cariño que nos traerán unha actuación mui variada con música, baile e canto. Dende o Barbanza veñen os "Aquí­ e Alá" uns amigos que con gaita, acordeón e voces, han de facernos cantar con éles temas tradicionales ben coñecidos. E como anfitrións os de No Cómbaro das Pontes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival dos 100tolos en Chanteiro (Ares)
https://www.facebook.com/811902452163431/photos/a.814191511934525/2031492426871088/?type=3&theater
(texto engadido o día 13/ / 9/ / 18 )


Sábado 15 de setembro na pista do Centro Cultural Outeiro a partir das 18:00.

Son d'Aquí
Banda de gaitas de As Pontes
Silbarda
Tarabeliñas (Ares)
Mestura
Airiños do Frade (San Martiño do Porto)
Airiños do Eume (Pontedeume)
Banda de gaitas Ría de Ares

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Cita coa Historia en As Pontes

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 18 )


Sábado día 15 de setembro ás 22.30h no Casco Vello

Ulträqäns
Pelepau
Tanto Nos Ten (TNT)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa da Fraga en As Pontes

(texto engadido o día 20/ / 7/ / 18 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Nova Galega de Danza en As Pontes
https://www.facebook.com/NovaGalega/photos/a.1205642192784880.1073741832.1131777833504650/2223948800954209/?type=3&theater
(texto engadido o día 14/ / 7/ / 18 )


Domingo 15 de xullo

Seguinte parada de SON, As Pontes de García Rodríguez!

Fainos especial ilusión poder actuar na que consideramos a nosa segunda casa! Este domingo ás 22:30 no pavillón polideportivo estará a compañía co seu último espectáculo!

Link venda de entradas: www.Ticketea.com (5€) ou na taquilla do auditorio Alovi Sábado 14 de 12-13:30h e Domingo 15 a partir das 21h no pavillón polideportivo.

SON foi premiado na MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia co Premio do Público a Mellor Espectáculo, obtuvo 5 candidaturas a nominación nos Premios Max das Artes escénicas, segunda compañía con máis candidaturas xunto o Ballet Nacional de España con 6.

Esperámosvos nesta nova cita!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festival de Música e Danza Tradicional ATURUXOS AO SON DA RÍA (CANGAS)
https://galego.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/07/13/aturuxos-ofrece-actuaciones-simultaneas-musica/1927532.html
(texto engadido o día 14/ / 7/ / 18 )


O certame celebra a súa quinta edición coa danza e o folclore como protagonistas -Actúan Soavela, Peis D'Hos, Ximalveira, Lembranzas dá Ría e Pais de San Roque

A V edición do festival de música e danza tradicional "Aturuxos ao son dá ría" arrinca o 13 de xullo cun cartel composto polas coñecidas bandas galegas Peis D'Hos, Ximalveira, a agrupación Lembranzas dá Ría e as escolas de danzas Pais de San Roque e Soavela. As actuacións terán lugar nas prazas dá Constitución, dá Palma e dás Pontes. Este festival é unha colaboración do Concello de Cangas coa Xunta e o seu horario será o venres e o sábado desde as 21.30 horas, e o domingo desde as 20.30 horas.

O evento comezará o venres ás 21.30 cunha actuación de apertura do grupo Soavela na Praza dá Palma, mentres que á mesma hora amenizarán o ambiente cangués os xa coñecidos Peis D'Hos, pero eles na Praza dá Constitución. Ao acabar as respectivas funcións, os integrantes de Soavela percorrerán as rúas da zona cuns pasacalles ás 22.00 horas.

Seguindo coa música e danza tradicional ao aire libre, o sábado sucederanse de novo unha serie de actuacións simultáneas. Na Praza dás Pontes farase patente a curiosidade e o interese por manter vivas as nosas raíces co grupo "Lembranzas dá Ría". Esta asociación leva desde o ano 1984 sendo un referente cultural e traballando pola recuperación de bailes, cantigas e músicas por toda Galicia, onde o folclore forman xa parte da vida diaria. Á mesma hora, a escola de danza Pais e Nais de San Roque, con máis de trinta anos de vida, fará unha demostración das súas habilidades na danza tradicional galega. E aqueles que queiran continuar a festa terán a opción de bailar coa actuación do Grupo Ximalveira na Praza dá Constitución. Xa ás 22.00 horas haberá de novo actuacións e pasacalles das agrupacións Lembranzas dá Ría e o Grupo Ximalveira, na Praza dá Palma e a Praza dás Pontes, respectivamente.

O domingo, a última xornada do festival, pecha as súas actuacións cun desfile de todos os grupos ás 20.15, no que percorrerán as rúas desde o Concello ata a Praza dás Pontes. E como os máis pequenos non se podían quedar sen os seus festexos especiais, para eles desenvolverase un festival infantil ás 20.30 coas diferentes escolas de danza e todos os demais grupos que participan no mesmo, na praza dás Pontes. As actuacións durarán entre dez e quince minutos, pois tras finalizalas volverán realizar uns pasacalles cara á Praza dá Palma e dá Constitución. Deste xeito, pecharase un festival que alterna as prazas de Cangas co fin de levar o folclore polas súas rúas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



99 Foliada de As Pontes

(texto engadido o día 22/ / 2/ / 18 )


Venres 23 de febreiro ás 22:30h
Cafeteria O Lar, As Pontes.
Poboado Das Veigas.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



96 Foliada do Lar en as Pontes

(texto engadido o día 24/ / 11/ / 17 )


Venres 24 de novembro ás 21:00h
Cafeteria O Lar,
Poboado Das Veigas.
As Pontes.
A 96 Foliada do Lar estará
animada coa Asociación Faragullas de Teixeiro e co grupo No Cómbaro como anfitrións.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



95 Foliada As Pontes

(texto engadido o día 27/ / 10/ / 17 )


Venres 27 de outubro ás 22:30h NO LAR.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Uxía lambona e a banda molona - Xira Verán 2017

(texto engadido o día 18/ / 7/ / 17 )


* 08 de Xuño Arteixo ( Centro Cívico ) ( Actividade Escolar )

* 09 de Xuño Marín ( Festa Escola Infantil Davila) ( Praza do Concello)

* 18 de Xuño Mos ( Festival #CantoConto coas #Maimiñas )

* 21 de Xuño Redondela ( Actividade Escolar )

* 23 de Xuño Lalín ( Actividade Escolar )

* 23 de Xuño As Pontes de García Rodríguez

* 19 de Xullo Padrón

* 20 de Xullo Ribadeo

* 22 de Xullo Rianxo

* 23 de Xullo Festixeve Pontevedra

* 03 de Agosto Ordes

* 12 de Agosto Quiroga

* 16 de Agosto Riós

* 17 de Agosto Pontevedra

* 25 de Agosto Armandinha Rock Combarro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Aturuxos ao Son da Ría (Cangas)

(texto engadido o día 13/ / 7/ / 17 )



Venres 14 de xullo:

20:45 horas: Actuación do Grupo Lembranzas da Ría na Praza da Palma e do Grupo Ximalveira na Praza da Constitución .

21:15 horas: Segunda actuación do Grupo Lembranzas da Ría, tras un previo pasarrúas pola Rúa Méndez Núñez, cara a Praza das Pontes e do Grupo Ximalveira, tras percorrer a Rúa Eugenio Sequeiros cara a Praza da Palma para realizar a súa segunda actuación.

Sábado 15 de xullo:

21:30 horas: Actuación do Grupo de Danzas Pais de San Roque na Praza das Pontes e do Grupo Soavela na Praza da Palma e do Grupo Peis d´hos na Praza da Constitución.

22:00 horas: Actuación do Grupo Pais de San Roque na Praza da Palma, tras previo pasarrúas pola Rúa Méndez Núñez; segunda actuación do Grupo Soavela na Praza da Constitución, tras o desfile percorrendo a Rúa Eugenio Sequeiros; e segunda actuación do Grupo Peis d´hos na Praza da Palma, tras pasarrúas polos Xardíns do Sinal.

Domingo 16 de xullo:

Actuacións a partires das 20:00 h.

Escolas de danza e música tradicional de Grupo Lembranzas da Ría, Grupo Ximalveira, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Grupo soavela, Grupo Peis d´hos.

Desfile a partires das 19:45 dende o Concello a Praza das Pontes e actuación dos cinco grupos.

Pasarrúas en dirección a Praza da Palma das escolas Ximalveira, Soavela e Peis d’hos a través de Méndez Núñez e actuación na devandita praza.

Pasarrúas en dirección a Praza da Constitución das escolas Lembranzas da Ría e Pais de San Roque percorrendo a rúa Eugenio Sequeiros e actuación na devandita praza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



[1] [2] [3] [4] [5] [6] [7]


En 'Novas Relacionadas'



* MINAR

* RTV EUME: O grupo folk Muxarega ofrecerá o vindeiro día 8 un concerto para celebrar o seus quince anos de música

* Polo San Martiño... peóns ao camiño!

buscar mais información
sobre As Pontes en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]