Resultados para:

Antrospinos
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Antrospinos':


FESTIVAL ANTROSPINOS MIÚDO en Rianxo

(texto engadido o día 14/ / 4/ / 13 )



- Familia Camango- Ulträqäns- Os 3 Trebóns- Antrospinos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Aniversario do L.S. Aturuxo (Boiro)
http://aturuxa.blogspot.com.es/2013/03/v-aniversario-5-anos-abaixo-e-esquerda.html
(texto engadido o día 23/ / 3/ / 13 )


Escoitaron? É o son do seu mundo desmoronándose.
É o son do noso rexurdindo.

Subcomandante Marcos, EZLN



Moitas cousas mudaron dende que o Local Social Aturuxo abreu a súas portas, alá polo ano 2008. Fai cinco anos comezamos unha carreira de fondo, a xestión dun espazo onde a cultura galega fose o eixo principal. A súa defensa, divulgación e normalización non son tarefa doada cando todo o que nos rodea está sometido a un marco legal e simbólico feito polos de arriba e para os de arriba. Para eles a nosa identidade e cultura e prescindíbel, molesta.

Nós, @s de abaixo é a esquerda, abrimos un espazo autoxestionado porque criamos da súa necesidade, cinco anos despois reafirmámonos. Intervir, construindo -paso a paso- os piares dunha Galiza digna, orgullosa de si mesma e independente.

Precisamos alternativas que nos permitan avanzar cara un horizonte de liberdade e xustiza, por iso seguiremos xestionando un espazo libre, para tod@s nós. Un espazo que nos permita expresarnos libremente e criar cultura popular -tan importante- para Boiro, a nosa comarca e o país.

Queremos festexar este V Aniversario con tod@s vós -como o viñemos facendo todos estos anos- porque sodes unha parte fundamental deste proxecto. Tamén queremos invitarvos a participar activamente no LS Aturuxo, as portas están abertas. Son tempos difíciles, mais de loita e esperanza.

Viva a cultura galega!

Viva a o LS Aturuxo!

10,100, 1000 centros sociais!




Programación*

Venres 22 de marzo:

20:00h : Mesa redonda sobre o asociativismo cultural na comarca coa participación de AntrosPinos, Altofalante e Flor de Toxo

22:00h : Petiscos de balde e música rebelde

Sábado 23 de marzo:

14:30h : Xantar Popular (Churrasco e patacas, vinho e postre)

18:30h : Baile tradicional galego*, na Praza de Galiza (concelho)

22:00h : Foliada ‘‘galaico-irlandesa’’
- Aturuxo -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



V Festival Antrospinos (Tarragoña - Rianxo)
http://www.festivalantrospinos.es/
(texto engadido o día 23/ / 7/ / 12 )


Venres 27:
Canteca de Macao, Bohemian Betyars, Os Cempés, Dakidarria
Sábado 28:
Quempallou, Bastards on Parade, Cé Orquestra Pantasma, Güintervan, Ataque Escampe, Oitonunpiso..

Prezos:
1 día 7€.
Abono(2 días) 10€.
Á venda en www.codetickets.com

- Antrospinos- Os Cempés- Dakidarría- Quempallou- Cé Orquestra Pantasma- Ataque Escampe -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



IV Festival Antrospinos (Tarragoña - Rianxo)
http://www.festivalantrospinos.es
(texto engadido o día 29/ / 7/ / 11 )


PROGRAMA DO FESTIVAL ANTROSPINOS. Capítulo 4!!

  • Venres 29 de xullo

    Concertos a partir das 22:00 h.

    CHE SUDAKA (ARXENTINA)

    RUXE-RUXE (GALIZA)

    ULTRÄQÄNS (GALIZA)

    IVÁN DZ (GALIZA)

 

  • Sábado 30 de xullo

    Xantar popular a partir das 12:00 h.
    OITONUNPISO

    MATRAQUILLADA ás 15:00 h. (A festa trasládase a diversos puntos de Taragoña a bordo de matraquillos)

    OITONUNPISO
    FOLIADA. Música tradicional da man dos propios festivaleir@s que queiran participar.

    Concertos do serán ás 18:00 h.
    OS MINHOTOS. Gañador do concurso ‘Teloneiros FAP 2011’. (Terra Chá)
    LEO I ARREMECÁGHONA. (Vigo)
    INTERCOLES. Gañador do concurso ‘Teloneiros FAP 2011’. (Dodro)

    Concertos a partir das 22:00 h.

    DIOS KE TE CREW (GALIZA)

    MUYAYO RIF (BARCELONA)
     
    GILBERT’S FEED BAND (LISBOA)

    CANIJOS SIN FRONTERAS (ANDALUCÍA)



Noticia enviada por Foliadeiro

- Ruxe-Ruxe- Ulträqäns- Dios ke te crew- Antrospinos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival AntrosPinos 2010 en Taragoña (Rianxo)

(texto engadido o día 30/ / 7/ / 10 )


Venres 30 de Xullo.
A Compañí­a do Ruido
Tiruleque
Falperrys
Estimaba que viñeras

Sábado 31 de Xullo.
Funky Style Brass
Festicultores Troupe
Cuchufellos
A Banda da Balbina

A acampada é libre, non podes faltar!!!
- Antrospinos- Compañía do Ruido- Tiruleque- Festicultores- Cuchufellos -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



II Festival Antrospinos

(texto engadido o día 10/ / 7/ / 09 )


O festival que xa leva uns meses sendo 'presentado' a través do ApoloGhit polos rapaces de Jabon Blue coa súa canción Batume xa ten pechado o programa de actuacións que se celebrará os días 31 de xullo e 1 de agosto (venres e sábado) no Campo Maneiro, en Taragoña. Asistirán o primeiro día, Canijos sin Fronteras, Súper Sandwich, Quempallou e Os Tres Trebóns, e o segundo día, Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics. A zona, unha coñecida área recreativa na que tamén se celebran as festas do pobo, estará acondicionada para a acampada, con duchas, baños portátiles e puntos de comida e bebida. Polo día haberá actividades varias para que a xente non se aburra.


- Festival- Antrospinos -

4 comentarios
:: Enlace a esta nova ::






buscar mais información
sobre Antrospinos en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]