Resultados para:

Alvariza
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'Alvariza':


Estouciñando. Ciclo de Músicas e Obradoiros en Visantoña (Santiso. Terra de Melide)

(texto engadido o día 24/ / 5/ / 19 )


Sábado 25 de maio en Visantoña


17:00h Obradoiro de Bombo e Pratiños con Chema Cebeiro
21:30h Concerto de ALVARIZA
Despois, Foliada aberta.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XV Feirón Mariñeiro de Rianxo

(texto engadido o día 13/ / 9/ / 18 )


Xoves 13 de setembro, a partire das 21h Noite Folc con Os Viqueiras, Alvariza e Radio Cos

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



X Aniversario A Senra Café (Compostela)

(texto engadido o día 6/ / 5/ / 17 )


Sábado 6 de maio ás 18:00h
A Senra Cafe.
Santiago de Compostela.


2007-2017 X ANIVERSARIO A SENRA CAFÉ

Este 6 de maio, coincidindo co noso aniversario queremos celebralo por todo o alto rodeados de todxs vos. Grazas, sen vós non sería posible estar onde estamos.

Comezamos as 18.00H. cos máis cativos con Uxía e Magín Blanco. A continuación seguirán entretidos grazas a Mancuco.

Para o remate do gran día, Tres Pesos, Alvariza e Tanxugueiras.

Entrada de balde.

"Dez anos non son nada"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXXVII Festival de Pardiñas (Guitiriz)

(texto engadido o día 31/ / 7/ / 16 )


Venres 5 de Agosto,
20.00h
IV Certame de Cantos de Taberna polos locais de Guitiriz.

Sábado 6,

21.00h
-Bloquinho de Xermolos
-Banda Crebinsky
-Anxo Lorenzo Band
-Rarefolk
-Liviao de Marrao

Domingo 7

14.00h
Fanfarria Taquikardia

16.30h
Trasgo Circo

17.30h
obradoiro de batukada con Bloquinho.

18.30h
Concerto de Alvariza e pregón musical a cargo de Mini e Mero

21.30h
-Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
-Fullset
-Fanfarria Taquikardia

E tamén.. XXIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e XXXVII Mostra de Artesanía

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



As Nosas Músicas 2015 – 20 aniversario (Couso - A Estrada)
http://www.asnosasmusicas.org/
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 15 )


O vindeiro 14 de agosto celebramos a vixésima edición de As Nosas Músicas. Presentámosche xa o programa.

Este ano cúmprense dúas décadas da celebración de As Nosas Músicas, e nesta ocasión, contamos coas actuacións de ALVARIZA, CARLOS BLANCO, RADIO COS, FANFARRIA TAQUIKARDIA e BANDA DAS CRECHAS como peche de cartel, pero tamén faremos actividades e obradoiros ó longo da tarde.

As actividades de tarde darán comezo cara ás 5:00h cun obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Xandobela, para continuar ás 7:00h con outro obradoiro de iniciación ó baile.
Ás 8:00h da tarde terá lugar unha actividade moi interesante para ver como se maza se espadela, se fía e tece o liño no Val de Vea.

A partir das 9:30h quedará o campo da festa dedicado á ruada aberta con Ultreia para logo xa comezar cas activades nocturnas que pechan o cartel.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



I Encontro de música e bailes do País (Arcos da Condesa-Caldas de Reis)
http://pontevedraviva.com/cultura/20908/arcos-condesa-encontro-musica-bailes-pais/?lang=gl
(texto engadido o día 11/ / 7/ / 15 )


O 11 de xullo, Arcos da Condesa (Caldas de Reis) será o lugar de celebración do primeiro Encontro de Música e Bailes do País, que se iniciará ás 12.00 horas con música popular e foguetería para dar paso á apertura da exposición con materiais como zanfonas, gaitas, frautas, arpas celtas, baixos, guitarras, diferentes tipos de pandeiros e vestiario tradicional.

Tamén se desenvolverá un concurso de empanadas que finalizará cunha comida popular baixo a carpa ás 14.30 na que se celebrará unha homenaxe aos maiores. Para aqueles que queiran participar no concurso, as bases establecen que as dimensións mínimas da empanada será de 30 x 20 centímetros. E a mellor obterá un vale de compra por valor de 70 euros.

A partir das 17.00 horas comezarán as actuacións coa participación do grupo folclórico Hai que roelo, o Ballet folclórico galego, a Escola de Instrumentos populares galegos "Suso Vaamonde", o grupo Cantata Vernácula e o grupo Alvariza. A festa finalizará arredor das 22.00 horas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VI Festival da Maía (Ames - Bertamiráns)
http://alvarizamusica.blogspot.com/2014/03/alvariza-no-vi-festival-da-maia.html
(texto engadido o día 15/ / 3/ / 14 )


Sábado 15 de marzo, ás 19h, organizado polas Maianas de Ames.

Actuarán:

Alvariza, de Teo
Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Lamas (de Ames)
Grupo Folk Os Coribantes, de Pontecaldelas
Son do Souto, de Vedra
Maianas, de Ames

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Alvariza no Salasón (Cangas)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2905:alvariza-no-salason-cangas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 2/ / 2/ / 14 )


Concerto de Alvariza no Salasón (Cangas do Morrazo) o domingo 2 de febreiro ás 20:30 horas.


Entrada: 3 €




...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festa Anos 50 en Ramallosa (Teo)

(texto engadido o día 29/ / 11/ / 13 )


29 de novembro, no Auditorio de Ramallosa
con Orquestra Os Modernos e Alvariza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán de Novembro en Compostela

(texto engadido o día 6/ / 11/ / 13 )


Xoves 7 de novembro
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

21h30 . Obradoiro de baile con Carme (Bouba)
22h30 . Bouba pandereteiras
23h15 . Pradairo
24h00 . Alvariza
01h00 . Foliada até ás 03h00

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada solidaria en Vedra
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2795:foliada-solidaria-en-vedra&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 13 )


Sábado 5 de outubro as 17:30.


Actuarán: Pena Maior, o Gusto do Boi, A Ponte Vella, SOn do Souto, A Gaita de Sarandón,l Pandereteiras Silandeira, Raiolo, Sons D'antergo, Retrouso, As Sobreiras do Ulla, AC Rosalí­a de Castro, Cantigas e Agarimos, Coto da Nai, o Recobí­o, Os Ke Hai, A Requinta da Laxeira, AF ALborada, Alvariza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Serán Magosteiro en Moraña
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=116881
(texto engadido o día 9/ / 11/ / 12 )


O vindeiro venres 9 de novembro a partir das 20:00h as Asociacións culturais Chinguilipé e O Arrieiro celebramos a terceira edición do noso SERÁN-MAGOSTEIRO (a ruada de Moraña) na carballeira de Santa Lucia.

Un ano máis mesturaremos dúas tradicións do pais como son a degustación de castañas acompañadas con outros produto típicos do pais como chourizos e viño coa realización dun serán-foliada para o que contaremos coa colaboración de varios grupos de música tradicional chegado de diversos puntos do pais (nos vindeiros dias iremos poñendo aquí nos nomes!) e cando chegue a media noite foliada aberta a todos aqueles que queirades cantar, tocar ou bailar con nós ata que o corpo nos aguante


Actividades:

20:00h: Comezo do asado e reparto de castañas entre os asistentes e comezo das actuacións musicais dos grupos chegados para o serán.
Grupos:
- Chinguilipé (Moraña)
- Escornabois (Arcade)
- A.C. Seixebra (Moraña)
- Maremonte (Bueu)
- Airiños da Fracha (Pontevedra)
- A.C. Polavila e Banda de gaitas Foula (Pontevedra e Cotobade)
- Alvariza (Teo)

23:30h: Foliada aberta a todos os que se animen a tocar, bailar ou cantar ata que o corpo nos aguante!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Seráns do Sarela (Compostela) - 8 de Novembro
http://www.seransencompostela.org/
(texto engadido o día 8/ / 11/ / 12 )


Xoves 8 de novembro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Eva Barona (Ultreia)
22h30 . Alvariza
23h15 . Os Viqueiras de Ordes
24h00 . A. C. Rosalía de Castro (Cacheiras)
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
- Sarela- Seráns en Compostela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas dentro das festas de San Froilán (Lugo)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2317:xiv-mostra-de-musica-tradicional-do-domingo-das-mozas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 12 )


O vindeiro 7 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cun total de 16 formacións de todo o país nas que se atopan:

Charanga Alvariza (Cacheiras – Teo ), CaraPaus (Santiago de Compostela), Faiscas de Solobeira (Cambados), Os Viqueiras (Ordes), Picuiña (Marín ), Os Terribles de Donas (Gondomar ), Os Chichisos (Pontevedra), Millo Verde (Cambre), Gomes Mouro (Ourense), Os Resesos (Ames), Caivanca (Lugo), Xarín (O Incio), Biouteiro (Vigo), Cantareiras de Alende (As Pontes)

Estos grupos actuarán pola mañá e pola tarde nas Portas da Muralla, rúas e prazas máis significativas de Lugo estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...).

Xa pola tarde ás 19.30 horas terán lugar as actuacións en escenario, na Praza de Santa María, cos grupos

- Grupo de Pandereteiras de Brincadeira – Santiago de Compostela

- Ruote- A Coruña
- San Froilán- Alvariza- Viqueiras- Terribles de Donas- Chichisos- Xarín- Ruote -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada do Demo en Pontevedra

(texto engadido o día 20/ / 8/ / 12 )


“REVIVINDO O ESPÍRITO DAS VELLAS VERBENAS”

O segundo terzo do século XX foi un tempo de cambios para a música tradicional galega. Novas modas e novos ritmos chegaron ó noso folclore da man de viaxeiros, emigrantes e, como non, tamén da radio. Rumbas, polkas, vals ou pasodobres empezaron a ser frecuentes nas nosas festas, e eses novos ritmos levaron tamén a novos bailes. Aparecía así, non sen a forte oposición da Igrexa, o baile agarrado que competía coas nosas muiñeiras e xotas.



Xunto cos gaiteiros tradicionais, xa dende comezos de século, empezaron a aparecer novas formacións que, por influenza das bandas de música, incorporaban instrumentos como o saxofón, o clarinete, a caixa ou o bombo con pratos. Nacen así as charangas, as murgas e as orquestillas que incorporan no seu repertorio os novos ritmos e bailes de moda no momento. A partir dos anos 60 irrompen as orquestras que van relegando nas festas, pouco a pouco, as populares bandas de música.



Estes cambios e novos aires na nosa música influíron, como non podía ser doutro xeito, nas nosas festas e bailes. Os tradicionais seráns, ruadas e fiadeiros convivían como boamente podían cos bailes organizados e coas verbenas que, amenizadas por charangas e orquestras, se organizaban co gallo das festas patronais.



É precisamente o espírito desas verbenas dos anos 40 e 50 o que Os Chichisos pretendemos recuperar coa Foliada do Demo. O baile agarrado ó ritmo das charangas e baixo un ceo de bandeiriñas e bombillas de colores, un xeito de vivi-la festa onde a música e o baile son os protagonistas, onde a participación da xente —máis alá de meros espectadores— é fundamental para poder revivi-lo ambiente e emoción daquelas verbenas de verán que hoxe tan só existen na lembranza dos máis vellos.



Agardamos a túa presenza nesta festa, se pode ser ataviado con roupas propias dos anos 50...un sombreiro, un chaleco, unha saia de tubo, ou acampanada, unha blusa ou un xersei, queda todo no voso propio gosto ou posibilidade.



Haberá unha rosquilleira, pra endulzar a noite, bandeiriñas e luces de colores.

- Foliada do Demo- Os Chichisos- Alvariza -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI As nosas Músicas (Couso)
https://sites.google.com/site/asnosasmusicas2011/no-escenario
(texto engadido o día 14/ / 8/ / 11 )



- As Nosas Músicas- Matamulleres- Alvariza- Saltanocribo- Tanto nos Ten -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XI Festival Folk.. de Raiz (Callobre - A Estrada)
http://www.lavozdegalicia.com/deza/2010/07/14/0003_8609092.htm?idioma=galego
(texto engadido o día 15/ / 7/ / 10 )


O undécimo festival Folk de Raíz arrincará mañá xoves na parroquia estradense de Callobre cos concertos dos grupos Galegoz e Regacho de Matamulleres. As actuacións sucederanse no campo de fútbol da localidade a partir das 22.00 horas. Os regueifeiros de Trioliro encargaranse da animación a pé de campo entre ambos os concertos. Haberá ademais queimada gratuíta para todos os asistentes.

Desde hai tres anos, o festival ten dous días de duración. A noite do venres animarana Noitarega, Alvariza e Pradairo. Vos ke hai encargaranse da animación a pé de campo. Haberá zonas de acampada e de aparcadoiro gratuítas. Ofrecerase tamén servizo de pulpería e unha pequena mostra de artesanía.
- Callobre- Noitarega- Pradairo- Galegoz- Trioliro- Regato de matamulleres -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



VII MANGUELO FOLK
http://www.cotomanguelo.aestrada.com
(texto engadido o día 28/ / 4/ / 10 )


Un ano máis , a Asociación Sociocultural Coto Manguelo de Orazo – A Estrada , organizamos este Festival de primavera . A música tradicional en todas as súas expresións e a protagonista .
Este ano 15 grupos farannos desfrutar dende primeira hora da mañá ata o amencer .
Contaremos , coma de cote , con artesáns ,exposición de debuxos , zona de acampada e aparcadoiros gratuíto e o campo estará cuberto cunha gran capa . Teremos tamén polbo ,churrasco e bocatas a prezos populares .
E como estamos no Manguelo as copas son do máis económicas .

Vinde a desfrutar do Manguelo Folk !!!

Actuacións:

• De 17:00 a 18:00h XUNTANZA DOS REGATOS
• de 18:15 a 18:30h LILAILA
 de 18:30 a 19:15h A CARBALLEIRA DE CERCIO
 de 19:15 a 20:05h PETER PUNK
 de 20:05 a 20:35h Ó SON DA FERVENZA
 de 20:35 a 21:35h CANTIGAS DA TERRA
 de 21:35 a 22:05h TRIOLIRO REGUEIFEIROS
 de 22:05 a 22:35h CÉ ORQUESTRA PANTASMA ( HOME ORQUESTRA) .
 Ás 23:00h Entrega de premios do concurso de debuxo
 de 23:00 a 23:20h XUNTANZA DOS REGATOS
 de 23:35 a 00:35h REQUINTA DA LAXEIRA
 de 00:50 a 01:50h ALVARIZA
 de 02:05 a 03:05h KORRONTZI
 de 03:20 OS TRES TREBÓNS
 Durante os tempos mortos animarán OS LARPEIROS, CÉ ORQUESTRA PANTASMA, TRIOLIRO REGUEIFEIROS


Durante o maña as charangas : BB+ e Antaruxa percorrerán todos os lugares da parroquia .


Para calquera aclaración chamar ó telf-616534077 . Luís
Cotomanguelo@terra.es www.cotomanguelo.aestrada.com





Noticia enviada por luís

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XII Edición do Músicas na Noite (Calo - Teo)

(texto engadido o día 17/ / 5/ / 09 )



- Música na Noite- Medo me da- Ruxe-Ruxe- GalegoZ- Leilía- Fía Na Roca- Alvariza -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






buscar mais información
sobre Alvariza en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]