Ghastas Pista?

A Píntega Marela
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'A Píntega Marela':


PinteWinter - Cursos Folk da Pintega Marela (Madrid)

(texto engadido o día 16/ / 12/ / 17 )


Sábado 16 de nadal.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Xornadas de percusión tradicional en Narón
http://www.naron.es/web/cat/gal/noticias/get/2426
(texto engadido o día 17/ / 11/ / 17 )


Este sábado 18 de novembro, a partir das 10:00 horas, terán lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura unhas Xornadas de Percusión Tradicional, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración do Padroado.

O programa previsto para estas Xornadas de Percusión Tradicional comezará ás 10.00 horas coa entrega de documentación e a partir das 10.30 iniciarase o primeiro dos obradoiros, sobre “O pandeiro cadrado na Galiza”, a cargo de dous profesionais da percusión, Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio. Ás 13.10 horas haberá un descanso e ás 13.20 presentarase en primicia a publicación O tamborileiro técnico, de Marcos Saburido, Kinhos. O autor estará acompañado no acto de presentación por Juan Luna, director da Escola de Música Tradicional Galega “A Pintega Marela”, editora do libro.
Xa pola tarde, a partir das 16.15 horas comezará o segundo dos obradoiros, “Achegamento á pandeireta en Galicia: ritmos”, a cargo de Xermán Muíños e ás 18.30 terá lugar o último, sobre “Pandeireta e canto en Bergantiños”, con Fransy González.

As persoas interesadas en recibir máis información sobre as xornadas ou inscribirse –son de balde- poden facelo a través dos números de teléfono 986 847 074 ou 982 229 966, ou enviando un correo electrónico á dirección: secretaria@gaiteirosgalegos.gal, sendo preciso facilitar nome e apelidos e un teléfono de contacto. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Esta convocatoria está subvencionada pola Deputación da Coruña.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Xosé Manuel Budiño en Madrid

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 17 )


Sábado 25 de marzo ás 10:00h
A Píntega Marela.
C/ Muguet, 1, 2ºC.
Madrid.


Ola! Se ti es gaiteir@, frautista e/ou estás interesado na tecnoloxía aplicada ao mundo da música, este evento interésache e moito. Budiño estará o derradeiro fin de semana de marzo (sábado 25 e domingo 26) na Escola de Música Galega A Píntega Marela para dar un curso único e atípico xa que veremos cousas que non se ven habitualmente neste tipo de obradoiros e aprenderemos da experiencia de Budiño durante 20 anos nos escearios de todo o mundo.

Visita www.apintegamarela.org para + info e inscríbete. Só hai 15 plazas.

- A Píntega Marela -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Pinte Session Folk en Madrid

(texto engadido o día 16/ / 12/ / 16 )


Xa está aquí a Pinte Session Folk ! Se tocas guitarra, violín, frautas, percusión, mandolina, zanfona ou bouzouki vente o vindeiro venres 16 de decembro a partir das 21:30h a A Píntega Marela a tocar unhas pezas. Agardámoste! #pintesessionfolk

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Escola de Música Galega A Píntega Marela (Madrid) - Curso 2015/2016

(texto engadido o día 16/ / 9/ / 15 )


Gaita, percusión, violín, requinta e baile.
Más info e inscricións en www.apintegamarela.org

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Empalletado e Afinación (Madrid)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3156:obradoiro-de-empalletado-e-afinacion-madrid&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 11/ / 7/ / 14 )


A Escola de Música Galega A Píntega Marela organiza un curso de empalletado e afinación para o vindeiro sábado 12 de xullo.


Vanlle adicar como mínimo a metade do tempo á práctica xa que o obxectivo é que o alumno saia sabendo afinar unha ou varias gaitas ou, polo menos, que teña os conceptos claros para poder facelo. Farase entrega de material didáctico e haberá que levar unha navalla tipo Taramundi e máis un afinador (isto último é opcional).


DATA E HORARIO 


Sábado 12 de xullo de 11 a 14h e de 16 a 19h (6 horas)


PREZO


44€ (alumnos de A Píntega Marela en activo)


49€ (alumnos externos)


PRAZAS


10 alumnos. As prazas cubriranse por orde de inscrición. 


Máis info sobre o curso e inscripción en www.apintegamarela.org 

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto Solidario de A Píntega Marela (Madrid)
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2937:concerto-solidario-de-a-pintega-marela-madrid&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 26/ / 2/ / 14 )


O grupo didáctico da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela dará un concierto solidario o vindeiro 8 de Marzo ás 19h no Auditorio do Colegio Mayor San Juan Evangelista, cuxa recadación íntegra será donada á Fundación Música Abierta.


O vindeiro sábado 8 de marzo, o grupo didáctico da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, ofrecerá un concerto solidario no Auditorio do Colegio Mayor San Juan Evangelista de Madrid.


Nel participarán como colaboradores o Coro Universitario Complutense, dirixido por Francisco de Bustos e o pianista Adrián González.
O concerto, de pouco máis dunha hora de duración, presentará un percorrido pola música galega de diferentes zonas e épocas, arranxadas polo director e mestre da escola, Juan Luna.


A entrada é de 3€ para adultos e 2€ para menores de 6 anos. Ademáis, aqueles que non poidan asistir, poden colaborar igualmente a través da adquisición dunha entrada de fila cero en http://www.musikaze.com/apintegamarela.
A recadación íntegra das entradas donarase á ONG Fundación Música Abierta, sita en Valladolid e que ten como obxectivo facilitar o acceso á música a persoas con discapacidade a través, principalmente, de dous proxectos: cadernos de música para discapacidades e danza interactiva para persoas con discapacidade.


Por se éste non fora motivo suficiente para colaborar con esta inicitiva de A Píntega Marela, durante o concerto realizarase entre os asistentes o sorteo dunha cena para 2 persoas no restaurante Las Armonías de Palacio e un cheque por valor de 50€ para canxear en Tununtunumba Instrumentos Musicales

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



David Bellas e A Píntega Marela nas "Xornaes de Música Tradicional" en Nava (Asturies)
http://xornaesmusicatrad.wordpress.com/
(texto engadido o día 14/ / 9/ / 13 )



+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O 16 de Setembro comezan as clases na Escola de Música Galega A Píntega Marela (Madrid)

(texto engadido o día 14/ / 9/ / 13 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Óscar Ibáñez presenta ALÉN DO MAR en Madrid

(texto engadido o día 16/ / 1/ / 13 )


O vindeiro sábado 19 de xaneiro ás 20 h Óscar Ibáñez presenta "Alén do mar" na Escola de Música Tradicional "A Píntega Marela", en Avda. de Córdoba 15, 4º A-2, Madrid.
Para asistir compre unha invitación que se pode solicitar a través do correo electrónico apintegamarela@ gmail.com ou ben no telf. 656 312 329.
- Óscar Ibáñez -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de construción de palletas na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela (Madrid)

(texto engadido o día 31/ / 10/ / 12 )


A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de construción de palletas para os días 9, 10 e 11 de novembro nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas na construción de palletas, a luthería, a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer como funciona o elemento que produce o son na gaita e queiran ser autosuficientes.

Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico. Para realizalo contaremos coa presenza de Antón Corral, o recoñecido mestre de mestres que creou unha importante escola de gaiteiros e artesáns principalmente na Universidade Popular de Vigo e que virá dende Tui para dar o curso.

O prezo é de 140 euros (100 euros para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. Facilitarase os materiais necesarios para a realización das palletas así como material didáctico.

As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre inscrición e horarios visitar www.juanluna.es
- Antón Corral -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela - Madrid
http://www.apintegamarela.org/
(texto engadido o día 2/ / 9/ / 12 )


Avda. de Córdoba, 15, 4º A-2 (zona de Usera - Legazpi)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Obradoiro de Técnica de gaita en Madrid

(texto engadido o día 18/ / 6/ / 12 )


Datas: 7 e 8 de Xullo.
Organiza: A Píntega Marela
Imparte: Pablo Devigo
Lugar: Avda. de Córdoba, 15, 4º-A2, Madrid

Máis información e inscrición: www.juanluna.es

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::






En 'Novas Relacionadas'



*



Escola de Música Galega A Píntega Marela



Web oficial







buscar mais información
sobre A Píntega Marela en
Ghastas Pista?

buscar mais información
sobre A Píntega Marela en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]