Ghastas Pista?

A Gaita de Sarandon
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:



Novas que incluen 'A Gaita de Sarandon':


Espazo Activo da Ulla - pasabodeghas. San Miguel de Sarandón (Vedra - A Coruña)

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 15 )


O sábado 24 de Outubro

Pasabodeghas dende as 5 da tarde (ruta gaiteira por 7 adegas)
Airiños de Gonzar, Varacuncas, Os Viqueiras, Quen son Eses, Vide Preto, Sons da Mina...

A partires das 17:30h Espazo infantil para os/as màis pequenos/as
Unha bodegha para eles.
Coa actuación durante toda a tarde do espectaculo Brinca Vai e Ce o home orquesta

ás 21.30h subida gaiteira con A Ferreña Furtiva e os cabezudos, e a partires das 22h concertos:

Melidaos
Os tres trebóns
Fillos do estramonio

E o domingo 25 xantar, foliada (A Gaita de Sarandón, As Chispas de Compostela, Laxeiriños , Pandereteiras Dedaleiras, e Escola de Baile Ultreia) e contacontos (Celso Fernández Sanmartin)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XXVI Xuntanza de Gaiteiros - Homenaxe a Raúl Galego o Gaiteiro Nubeiro
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=3270:xxvi-xuntanza-de-gaiteiros-homenaxe-a-raul-galego-o-gaiteiro-nubeiro&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 15/ / 10/ / 14 )


O sábado día 25 de outubro de 2014 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXVI Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organiza tódolos anos dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitan a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional.


Nesta XXVI Xuntanza homenaxearán a Raúl Galego o Gaiteiro Nubeiro

Na XXVI Xuntanza de Gaiteiros contarán coa participación de “Os Melidaos”, “Mini e Mero”, “A Gaita de Sarandón” (Requinteiros da Ulla) o grupo de cantareiras “Xerfa” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A Xuntanza será presentada por Xurxo Souto.

Gustaríanos contar coa túa presenza, o sábado día 25 de outubro as 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), para que todos xuntos poidamos participar e disfrutar nesta festa na defensa da nosa música, canto e baile, así como na merecida homenaxe a “Raúl Galego”

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Espazo Activo da Ulla - Pasabodeghas. San Miguel de Sarandón (Concello de Vedra)

(texto engadido o día 23/ / 10/ / 13 )


Sábado 26 de Outubro

Ás 17h comeza a ruta gaiteira polas sete bodegas participantes no evento, que contará coa xente de: As Brañas de Andrés, Céltigos Alteriados, Gharatuxa, Vouvirvorver, Sarabelafolk, Re-voltas, Os de Couso, O Ghusto do Boi, Son de Souto, Coser e Cantar de la Asociación do Traxe Galego, Quen son eses, A Banda das Amasadas, Vai de Roda, Os Feroces da Galgueira, Trécola, Farreiros das PEnizas, Os ke hai, Varacuncas, Raiolo, Gaiteiros do Balado, Pena do Corvo, Medio Quinhón, A Ferreña Furtiva, Sin Son... e demáis grupos que queiran participar.

Haberá tamén xogos populares con Raiceiros, contacontos coa Asociación Papaventos, exposicións, obradoiros, artesanía... No campo da festa celebrarase o Festex-Arte e un Magosto Popular.

A partir das 23h actuacións a cargo de:
- A Requinta da Laxeira
- Os Carunchos
- Collón de Lola.

Domingo 27
Sesión vermú e xantar popular.
Actuacións de A Gaita de Sarandón, Os Viqueiras, O Recobio, Pandereteiras Silandeira, Pandereteiras Dedaleiras, Grupo dos pequenos da Asociación Cultura San Campio e Os Lexeiriños.
Á 18h, espectáculo circense e malabares a cargo de Peter Punk.






+ 3 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Foliada solidaria en Vedra
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2795:foliada-solidaria-en-vedra&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 4/ / 10/ / 13 )


Sábado 5 de outubro as 17:30.


Actuarán: Pena Maior, o Gusto do Boi, A Ponte Vella, SOn do Souto, A Gaita de Sarandón,l Pandereteiras Silandeira, Raiolo, Sons D'antergo, Retrouso, As Sobreiras do Ulla, AC Rosalí­a de Castro, Cantigas e Agarimos, Coto da Nai, o Recobí­o, Os Ke Hai, A Requinta da Laxeira, AF ALborada, Alvariza

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Espazo Activo da Ulla 27 e 28 de Outubro en San Miguel de Sarandón- Vedra

(texto engadido o día 25/ / 10/ / 12 )


Organiza:
Asociación Cultural San Campio - A requinta da Laxeira.

Agrupacións participantes:
-As sobreiras Ulla
- Regato de Matamulleres
- O ghusto do boi
- Asc Agarimo San Fins
- A Ferreña Furtiva
- Os Re-voltas
- Vouvirvorver
- Raiolo
- Os Esfolladores de Illobre
- Vai de Roda
- Devotos Do Folclore
- Os ke hai
- O Recobio de Vaamonde
- Xarandeira
- Trécola
- Varacuncas
- Os de Couso
- Celturia
- A Gaita de Sarandón
Os espacios culturais:
- Rebulir Cultura Tradicional
- Titeres Pés ceibes
- Asociación Raiceiros
Os grupos que nos ofreceran fabulosos concertos pola noite:
- Pet pipers´project
- Carapaus
- Cuchufellos de Manzaneda


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI NOITES DE TASCA

(texto engadido o día 21/ / 1/ / 10 )


O venres 29 de xaneiro dende as 22:00 h no hotel "Os Carballos" [estrada N-550, km 44] en Deixebre (Oroso) celébrase as 16as Noites de Tasca organizadas pola Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes.

Nesta ocasión contaremos coa presenza de A Gaita de Sarandón, requinteiros da Ulla cos míticos Pepe de Nande e Marcelino de Muiñeiro os depositarios e xenuinos transmisores da tradición do tocar da requinta na Ulla.

Despois, coma sempre, FOLIADA.

VEN TOCAR CON NÓS!!

Noticia enviada por www.frouma.com

- Noites de Tasca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



XVI NOITES DE TASCA

(texto engadido o día 21/ / 1/ / 10 )


O venres 29 de xaneiro dende as 22:00 h no hotel "Os Carballos" [estrada N-550, km 44] en Deixebre (Oroso) celébrase as 16as Noites de Tasca organizadas pola Asociación de Gaitas Os Viqueiras de Ordes.

Nesta ocasión contaremos coa presenza de A Gaita de Sarandón, requinteiros da Ulla cos míticos Pepe de Nande e Marcelino de Muiñeiro os depositarios e xenuinos transmisores da tradición do tocar da requinta na Ulla.

Despois, coma sempre, FOLIADA.

VEN TOCAR CON NÓS!!

Noticia enviada por www.frouma.com

- Noites de Tasca -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



23-25 outubro: Espazo Activo da Ulla. A.C. San Campio
http://www.concellodevedra.com/?q=gl/node/378
(texto engadido o día 20/ / 10/ / 09 )


Os vindeiros dí­as 23, 24 e 25 de outubro terá lugar en San Miguel de Sarandón - Vedra o Espazo Activo da Ulla; un programa de actividades alternativas para os xóvenes; aberto ao público en xeral.

Venres 23 de outubro, Casa da Cultura

20:00 h. FORM-ARTE: Mesa redonda: “Asociacionismo, participación e cultura”.

22:00 h. TEATR-ARTE: Grupo de Teatro Tira e Afloxa. Obra: “Onde vai o cabalo de Santiago”

* Sábado 24 de outubro

Casa da Cultura

18:00 h. ANIM-ARTE: Obradoiros altenativos, xogos de animación.

Campo da festa

FESTEX-ARTE + MAGOSTO (castañas de balde)

22:00 h. Circo: “Feira Máxica Lafayette” co mago Cayetano Lledó
23:00 h.  Batucada “La Torzida” (Valladolid)
              Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)
              Os Cuchufellos
 
* Domingo 25 de outubro, campo da festa

13:00 h. Sesión vermú ”“ Xantar tradicional (reservas: 660 327561-622 064464 / é preciso retirar invitación: 15 €)
FOLIADA: A Requinta da Laxeira, A Gaita de Sarandón, Os Esfolladores de Illobre, Retrouso (Ouzande), Regatos de Matamulleres (Callobre), Os Ke ai, Bouba Pandereteiras (Tordoia), Gaiteiros do Pedroso (A Coruña)

* Haberá carpa
*A participación en tódalas actividades será aberta e de balde.

Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural San Campio e conta coa colaboración de: Concello de Vedra, Deputación da Coruña e Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Noticia enviada por Foliadeiro

- Cé Orquestra Pantasma- Os Cuchufellos- Requinta da Laxeira- Gaita de Sarandón- Retrouso- Vedra -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



III Zumbadoiro en Lugo. FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL
http://www.folque.com/actualidade/nova.php?id=110&lg=gal
(texto engadido o día 21/ / 9/ / 09 )


O Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro organiza o sábado 26 de Setembro o III Zumbanocoiro en Lugo. Os concertos comezarán ás 19 h na Praza do Campo Castelo.

Trátase dun festival de música tradicional no que participarán: A Volta do Agro (Lugo), Bouba pandereteiras (Tordoia), O Tear de Llerena (Pontevedra), A Gaita de Sarandón (Vedra).
- A Volta do Agro- Tear de Llerena- Gaita de Sarandón -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



O 28 de novembro chega a V Edición do Enclave da Gaita ao Auditorio de Cangas,
http://www.blogoteca.com/rebordondo/index.php?cod=50488
(texto engadido o día 22/ / 11/ / 08 )


O Enclave da Gaita volve neste ano 2008 para cumprir o compromiso que cumpriu hai cinco anos coa música galega.

Este ano chegamos á quinta edición do concerto, coas mesmas gañas e ilusión que puxemos na primeira.

Para este quinto cumpreanos preparamos a actuación de dous grupos ben coñecidos por esta nosa terra.

Dende a Ulla, a Gaita de Sarandón traeránnos o son das súas emblemáticas requintas, instrumento que este ano queremos destacar do mesmo xeito que o ano pasado pretendemos resaltar o papel da zanfona na historia musical galega.

E de seguido, Os Carunchos, que nos farán disfrutar da música popular galega coa súa enerxía habitual.

Non te esquezas, a entrada é de balde, así que contamos verte no Auditorio o vindeiro venres 28 de novembro, ás 22:00hs.

Por certo, xa temos á venda as CAMISETAS desta edición (para mozos e mozas), por sete euriños, e tamén as rifas para o sorteo dun fantástico PANDEIRO que celebraremos no intermedio do concerto

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Hoxe, Martes 9 de xaneiro, “Alalᔠcon Hermelinda do Muiño ás 21:40.

Hoxe “Alalᔠcon Hermelinda do Muiño ás 21:40.


19 de setembro: No muiño (17,8 %)

26 de setembro: Ruada Rianxeira (10,6 %)

3 de outubro: Xavier Blanco (23,3%)

10 outubro: Maruxa das Cortellas (18,7%)

17 outubro: Faltriqueira (16,6%)

31 outubro: Gaiteiros do Vilar (14,1%)

7 novembro: Os Seivane (20,9%)

14 novembro: A Gaita de Sarandón (17,6%)

21 novembro: Conservatorio Folque de Lalín (11,4%)

28 novembro: De recolleita pola Límia (17,5%)

5 decembro: Xarín (Gaiteiros do Incio) (14,8%)

12 decembro: Pablo Carpinteiro (14,9%)

19 decembro: “Quiquiriquí” (15,1%)

26 decembro: Especial Nadal (17,8%)

1 xaneiro: Berroguetto (13,9%)





Hoxe Martes 9 de Xaneiro en Alalá...
...o equipo de Alalá leva ao espectador ata terras da Limia Alta,
concretamente ao concello de Sarreaus, onde se atopa Hermelinda do Muíño, unha muller entrañable que conserva na súa memoria unha gran cantidade de coplas que escoitaba cando aínda era unha nena. Con ela poderanse coñecer as coplas que lles cantaban os mozos ás mozas cando saían de rolda, e tamén escoitaranse as que se cantaban nos fiadeiros e que acompañaban con latas de pemento e de carburo. Pero o máis salientable de Hermelinda e que tamén lembra longos romances sobre tristes historias de amor e moitos cantares de cego. Os cegos eran auténticos personaxes a principios do século pasado,
cando percorrían a pé longas distancias para vender as súas coplas nas feiras, coplas coas que narraban truculentas historias de crimes e suicidios ocorridas noutros puntos de España. Eles eran os transmisores orais desas noticias que, ademais, vendían en cuartillas. Trinta anos nun muíño, afastados do mundo Precisamente Hermelinda era sobriña dun deste personaxes cegos, Ángel López, coñecido na redonda como o Cego de Sas. Del falarán con Hermelinda, que tamén contará como foi a súa vida de muiñeira, porque esta muller viviu máis de trinta anos nun muíño na compaña de seu home, Miguel.
Alí, afastados do mundo, traballaban e cantaban durante horas, o que
permitiu que Hermelinda repasase centos de coplas que foi fixando na súa memoria. Agora, con oitenta anos, vive soa, canta polo baixo e, cada día fai un esforzo por recuperar do esquecemento algunha vella copla que comeza a esvaerse.


Noticia enviada por Malmequer

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::








A Gaita de Sarandon




Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



A Gaita de Sarandón:
Requinteiros da Ulla





buscar mais información
sobre A Gaita de Sarandon en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre A Gaita de Sarandon en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]