Ghastas Pista?

2naFronteira
XML



   >> Iniciar Sesión  


Buscar información
sobre outro grupo / etiqueta:

Editar información sobre o grupo

2naFronteira


A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli afincados en Moaña (Pontevedra) forman o dúo 2naFronteira d ..>>




Novas que incluen '2naFronteira':


Adianto de Herdeiras de Carmen Penim no Var con Uve (Moaña)

(texto engadido o día 17/ / 3/ / 17 )


Sábado 18 de marzo ás 22:00h
Var con Uve.
Soage Hermida, 115.
Moaña.


Proxección do documental de Xan Leira sobre Alexandre Bóveda e presentación de Carmen Penim dalgúns dos temas que formarán parte do seu traballo Herdeiras que fala da muller e da memoria. E todo no emblemático local de concertos de Moaña
- 2naFronteira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Cantares para Rosalía de 2naFronteira en Compostela

(texto engadido o día 24/ / 2/ / 17 )


Venres 24 de febreiro ás 20:30h
Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Rúa Nova, 21.

2naFronteira, acompañados pola percusionista Marta Figueiredo, interpretarán cancións de varios dos seus discos e algunhas inéditas, todas elas dedicadas a Rosalía. Algunhas son textos de Cantares gallegos, que eles musicaron. Outras, son poemas que dedicaron outros autores a Rosalía, como Otero Pedrayo ou mesmo García Lorca. Levan anos musicando poemas que dalgunha maneira representan e homeanxean a Rosalía de Castro, que inclúen habitualmente nos seus concertos. Interpretaron parte deste repertorio entre outros lugares, no PArlamento de Galicia, cando este publicou o facsímil de Cantares Gallegos; ou a Deputación de Pontevedra, na entrega do premio Otero Pedrayo a Neira Vilas; e recentemente, na Casa da Matanza, na Casa Museo de Rosalía, co piano da súa familia. Esta será a primeira ocasión na que farán un espectáculo dedicado exclusivamente a ela, preparado especialmente para esta ocasión, para o Teatro Principal, nunha data tan sinalada, como os 180 anos..
Entrada libre ata completar o aforo.
- 2naFronteira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Carmen Penim presenta o seu novo proxecto no Culturgal (Pontevedra)

(texto engadido o día 1/ / 12/ / 16 )


Venres 2 de decembro ás 20:15h
Pazo da Cultura de Pontevedra.
Rúa Alexandre Bóveda.
Pontevedra.


Carmen Penim presenta o seu vindeiro proxecto HERDEIRAS, sobre as mulleres na guerra. Un pequeno adianto acompañada por unha boa parte dos colaboradores e poetas que participan neste traballo que será o seu primeiro en solitario.
Nesta ocasión estará Luis Bará, Montse Fajardo, Marga do Val, Marta Dacosta, María Torres e Valentín García Bóveda. Presentará o acto Pepe Cáccamo.
Carmen interpretará dúas pezas en absoluta estrea como anticipo deste libro-CD. E desvelaremos a foto que representará este traballo da cantante, realizada por Xoan Piñón.
- 2naFronteira- Culturgal -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2naFronteira no XXX Certame de poesía de Cornellà de Llobregat (Barcelona)

(texto engadido o día 24/ / 11/ / 16 )


Sábado 26 de novembro ás 18:30h
Cornellà de Llobregat.
Barcelona.



- 2naFronteira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2naFronteira no Off-womex do Modus Vivendi (Compostela)

(texto engadido o día 19/ / 10/ / 16 )


Venres 21 de outubro ás 20:00h
Modus Vivendi.
praza feixoo 1 soto.
Santiago de Compostela.


A tempo de chegar ós concertos da noite no Womex oficial, podes achegarte ó Modus Vivendi a escoitar a 2naFronteira no Off-Womex. Ben pertiño do público, nun pub emblemático da cidade. Arde Santiago en música esta semana!
- 2naFronteira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación do disco SONS DE NÓS no teatro Colón (A Coruña)

(texto engadido o día 10/ / 9/ / 16 )


Xoves 15 de setembro ás 21h no Teatro Colón

Acompañados por grandes músicos convidados, 2naFronteira presenta, nun concerto único na cidade da Coruña, o seu disco SONS DE NÓS, que leva colleitado excelentes críticas do público e dos medios. Textos da revista Nós coa habitual música intensa e de calidade que caracteriza as composicións deste dúo.
Ademáis de Carmen Penim (voz) e Maurizio Polsinelli (piano acústico do teatro e harmonio) contarán con Pablo Rodríguez, guitarrista coruñés internacional; Miguel Paz (percusión) e Carmen Gallego (violín e nickelharpa).
Un concerto imperdible para os amantes da boa música e das emocións intensas!


- 2naFronteira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2NaFronteira nas V Jornadas das Letras Galego Portuguesas en Montalegre (Portugal)

(texto engadido o día 1/ / 4/ / 16 )


Sábado 02 de abril
Pitões Das Júnias, Vila Real, Portugal

Na aldea de Pitôes, despois das ponencias do sábado, 2naFronteira actuará con temas dedicados á fronteira, ó Couto Mixto e estreando unha nova canción cun poema de Agostinho Magalhâes que el escribiu para este fin.
Unha ocasión única de coñecer a cultura arraiana, galega e portuguesa, e de profundizar nelas, nas súas orixes, na súa antropoloxía, nas súas letras...E de disfrutar da hospitalidade de Pitôes e pasar un par de días entre amigos, ou unhas horas.

- 2naFronteira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Concerto nos Actos Castelao 2016 en Rianxo

(texto engadido o día 22/ / 1/ / 16 )


O 23 de xaneiro, dentro dos actos que fará o concello de Rianxo para homenaxear ó seu aprezadísimo Daniel Castelao, 2naFronteira, acompañados de Miguel Paz na percusión e Carmen Gallego na nickelharpa e o violín, darán un concerto co repertorio do novo disco SONS DE NÓS, que representa o contexto literario do gran escritor, xa que o disco recolle poemas da revista Nós, na que Castelao tanto peso tivo.

2naFronteira:
Carmen penim: voz e harmonio
Maurizio Polsinelli: piano e harmonio

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Presentación do novo disco de 2naFronteira en Moaña

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 15 )


Sábado, 21 de novembro ás 22:30 no Var con Uve

Presentan o novo disco SONS DE NÓS en Moaña. Acompaña a Carmen e Maurizio a violinista Carmen Gallego (e traerá a súa máxica nyckelharpa!!)
Entradas 5 euros
- 2naFronteira- Var con Uve -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Festival de órgano e música antiga de Xunqueira de Ambía

(texto engadido o día 21/ / 8/ / 15 )


Domingo, 23 de agosto ás 20:00
Xunqueira de Ambía

Este ano o prestixioso festival, dirixido por Marisol Mendive, ofrece de forma excepcional un concerto de harmonio e voz. O dúo 2naFronteira aspira a darlle a este instrumento o seu lugar na música de concerto na nosa comunidade. Habitualmente vén usando o harmonio nos seus concertos ó lado do piano ou como instrumento solista. 2naFronteira é o único grupo que compón música non sacra para voz e harmonio en galego. O público quedará engaiolado polas resonancias antigas deste instrumento e polos versos de poetas contemporáneos que se inspiraron nas antigas cantigas de amor e de amigo e nos romances medievais: Blanco Amor, Xosé Velo, Álvarez Blázquez e outros.
Nesta ocasión o dúo contará coa colaboración de Carmen Gallego (violín, nickelarpa) e César Loureiro (zanfona).
- 2naFronteira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2naFronteira en Vilaboa

(texto engadido o día 17/ / 7/ / 14 )


Sábado 19 de xullo no Pazo de Larache

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2naFronteira entre os viñedos do Ribeiro

(texto engadido o día 12/ / 8/ / 14 )



Xoves, 14 de agosto ás 21h
Casal De Armán, Ribadavia

2naFronteira, levados por un vento do leste ó oeste, interpretará o seu repertorio de músicas do sur; italiano, español, portugés, galego e latinoamericano: tango, bolero...e máis.
É unha cea con concerto ó remate. Para reservas e informacións, chamar ó Casal de Arman telf. 988 49 18 09


- 2naFronteira -

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Atardecer na Ría de Aldán con 2naFronteira

(texto engadido o día 15/ / 8/ / 14 )


O martes 19 de agosto, na Casa de Aldán, 2naFronteira interpretará o seu repertorio máis cosmopolita.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2naFronteira presenta Zapatiños para Díaz Castro en A Coruña

(texto engadido o día 27/ / 6/ / 14 )


Venres 27 de xuño ás 19:30 no Museo de Belas Artes da Coruña (R/ Zalaeta).


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



2naFronteira en Ourense e Chapela

(texto engadido o día 16/ / 5/ / 14 )


Aprezados amigos de 2naFronteira,a fin de semana que vén estará chea de música e poesía. O venres 16 estaremos en Ourense, no Claustro do Convento de San Francisco, ás 21. Haberá incluido no prezo da entrada un viño acompañado de tapiña.
E o domingo, no auditorio Piñeiral do Crego en Chapela, ás 20:30, coa colaboración dos escolares, que aportarán os traballos realizados en torno a Díaz Castro. Qué ilusión ver eses traballos e a ver se veñen tamén ó concerto, que é moi divertido cando hai nenos porque colaboran facendo todas as trastadas que lles pido.
Apertas e música para todos! Vémonos. Ah, e por suposto, vendermos o noso CD ZAPATIÑOS PARA DÍAZ CASTRO

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Preestrea de ZAPATIÑOS PARA D͍AZ CASTRO (2naFronteira) en Moaña

(texto engadido o día 16/ / 1/ / 14 )


Venres 17 de Xaneiro na Biblioteca Pública Municipal de Quintela (Moaña)


Antes de botar a andar con estes zapatiños cos que vestimos a obra NIMBOS do autor Letras Galegas 2014, queremos facer unha preestrea na casa, en Moaña.
Contaremos ademais cunha colaboración de luxo: a recitación de poemas desta obra polo gran poeta moañés Xosé Daniel Costas Currás. Organiza a LONXA LITERARIA de Moaña, cunha longa e respetable tradición en organizar eventos literarios e culturais.
Será no ambiente í­ntimo da nosa biblioteca de Quintela, un particular pracer pois dende hai moitos anos deixámonos aconsellar nas nosas lecturas polo encantador Suso.
Entrada gratuita ata completar o aforo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Culturgal 2013 (Pontevedra)

(texto engadido o día 29/ / 11/ / 13 )


Venres 29 de novembro

19.30. Mónica de Nut.
20h. Camarada Nimoy.

20h. Bravú XX.
(Con Xurxo Souto de mestre de cerimonias o acto será un avance do que vai ser o proxecto Bravú XX.)

22.30h. Concerto Zënzar. Sala Karma



Sábado 30 novembro

12.30h. Presentación Cantos na Maré.

12.30h. Bolboreta. Lydia Botana

12.45h. O pan de millo. Migallas Teatro.

13h. Presentación libro-disco Corasons
(Kalandraka)

13.30h. Presentación libro-disco Caxade.

13.30h Davide Salvado.

17h. Dandy Lady

17.30h. Conto O raposo e a mestra coa música de Cé Orquestra Pantasma.

18h. Caxade.

18.30h O Gatuxo. Presentación do novo proxecto músico-teatral de Magí­n Blanco para bebés.

19h. Banda Asalto.

20h. Presentación ao vivo do disco libro Coraçons (Kalandraka)

21.30h. Concerto Kepa Junkera. Presentación do disco «Galiza». Auditorio Pazo da Cultura.



Domingo 1 decembro


12h. Toc Toc. O cantante Pablo díaz interpretará temas do seu libro-disco Toc Toc (Galaxia).

13.30h. Tanxedoras.

16.30h. Presentación do disco Alma de 2naFronteira.

17.30h Radio Cos.

18.30h Sergio Tannus.

18.30h. Showcase de Najla Shami co seu libro-disco Na lingua que eu falo

19.30h. O cabaré da muller paxaro.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



Novembro na Taberna Marrucho (Baiona)

(texto engadido o día 8/ / 11/ / 13 )


Venres 8: Alberto Mbundi
Sábado 16: 2NaFronteira
Sábado 23: Terbutalina
Venres 29: Jam Session Marrucheira

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::








2naFronteira



Web oficial

web en youtube

Buscando en
información
de discos
engadida en
Ghastas Pista?:



2naFronteira:
Alma





buscar mais información
sobre 2naFronteira en
Ghastas Pista?
buscar mais información
sobre 2naFronteira en
Ghastas Pista?

Voltar á páxina anterior

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]