Novas engadidas polos usuarios:

( Arquivo )


Páxina anterior - Máis novas arquivadas



Estalotada na Gentalha do Pichel
http://www.facebook.com/events/169955106440312/
(texto engadido o día 3/ / 2/ / 12 )


Venres 3 de Febreiro a partires das 22h
Na Gentalha do Pichel (r/ Santa Clara, 21)

...comentarios..


   




Serán en San Brais - Salcedo (Pontevedra)

(texto engadido o día 3/ / 2/ / 12 )



3 de Febreiro a partires das 20h.
Diante da churrasquería de San Brais preto do Carrefour de Salcedo (Pontevedra) e da capela de San Brais.
Tocarán Os Chichisos, Atalúns, … tamén os grupos que se acheguen serán benvidos ao igual ca xente que queira pasar unha boa noite de festa. Non faltara algo que comer.


Organiza Asociación Salcedo Norte de Pontevedra


Ver mapa máis grande

...comentarios..


   




I Serán de San Xoán de Tabagón (O Rosal)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=109069
(texto engadido o día 3/ / 2/ / 12 )




...comentarios..


   




Serán de Entroido no Sarela
https://sites.google.com/site/seransencompostela/1
(texto engadido o día 2/ / 2/ / 12 )



Xoves 2 de febreiro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
“Seráns en Compostela agora no Sarela!”
ENTROIDO!
Non teñades vergoña en vir disfrazad@s!
Ademais este mes sortearemos un “kit” para facer cocido!
Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de iniciación ao baile
22h30 . A. F. Colexiata de Sar
23h15 . Orquestra Os Modernos
24h00 . Os Viqueiras de Ordes
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!

...comentarios..


   




32ª NOITE DE TASCA EN MESÍA CO GRUPO CAIVANCA
www.osviqueiras.blogspot.com
(texto engadido o día 31/ / 1/ / 12 )




Noticia enviada por Os Viqueiras

...comentarios..


   




Grande baile na Gentalha do Pichel (Compostela)
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=108900
(texto engadido o día 28/ / 1/ / 12 )




...comentarios..


   




Estimaba Que Viñeras en concerto
http://www.facebook.com/events/266937750038682/
(texto engadido o día 28/ / 1/ / 12 )



28 de Xaneiro no Café Bar "As Vegas" en Perlío- Fene

...comentarios..


   




Repichoca no C.S Gomes Gaioso
http://www.facebook.com/events/236488049763744/
(texto engadido o día 28/ / 1/ / 12 )



28-1-2012, 21:30
Depois da passagem de ano voltam as foliadas ao Centro Social
Rua Marconi, 9 rés-do-chao [Atochas-Monte Alto] - Corunha

...comentarios..


   




Serán en Arbo
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=108706
(texto engadido o día 28/ / 1/ / 12 )



Organiza a asociación cultural Barca de Loimil.

...comentarios..


   




Serán en Mondariz
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=108709
(texto engadido o día 28/ / 1/ / 12 )



O día 28 de xaneiro de 2012 farase un Serán en Mondariz, no pavillón de deportes (próximo á igrexa), co fin de recadar diñeiro para a excursión que farán rapaces do CPI de Mondariz a París.

Ese é o fin, pero o propósito é pasalo ben todos xuntos disfrutando da nosa música. Contamos coa vosa presenza e colaboración. Un saudo!!

...comentarios..


   




Cantigas e Agarimos no Teatro Principal de A Estrada

(texto engadido o día 28/ / 1/ / 12 )



Sábado 28 de xaneiro de 2012 ás 21h
Teatro Principal, A Estrada (Pontevedra)

Entrada: de valde.
Organiza: Agadic, Concello de A Estrada

A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.

Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961, fixeron posible aquela primeira representación, fóra de América, da obra de Castelao.

Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.





O 25 de xullo de 1961 o grupo de teatro de Cantigas e Agarimos, dirixido por D. Rodolfo López Veiga,
puxo en escena por primeira vez en Galicia a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse.

A parte musical da obra, dirixida por D. Rosendo Mato Hermida, incluía entre outras, a peza Serenata de Boticarios,
máis coñecida co título de Lela.

No ano 2011, no que celebramos o noventa aniversario da Agrupación
e cumplíanse 50 anos daquela primeira representación fóra de América da obra de Castelao,
Cantigas e Agarimos presentou a gala Lela, en lembranza e homenaxe a todos e todas as que,
no seu día, fixeron posible aquel acto senlleiro da cultura galega.

Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos
(coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras) para presentarnos un espectáculo de calidade,
no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria
pola nosa historia e as nosas raizames.

Baile, musica, vestiario, pinceladas de teatro... todo un despregue visual e sonoro que non te deixará indiferente...

...comentarios..


   




Concerto no CSA O Fresco (Ponteareas): Vacalouras + Falperrys
http://www.facebook.com/events/154690027977943/?ref=nf
(texto engadido o día 28/ / 1/ / 12 )



28 de Xaneiro, ás 20h no Centro Social Autoxestionado O FRESCO. (Barrio da Ponte, Ponteareas)

...comentarios..


   




Madia Leva - Festa de despedida do velho local
http://agal-gz.org/blogues/index.php/madialeva/2012/01/24/festa-de-despedida-do-velho-local
(texto engadido o día 28/ / 1/ / 12 )



O próximo sábado, dia 28 de janeiro, despediremos o velho local cumha foliada que dará começo por volta das 19h30. A seguir faremos um passa-ruas até o novo local na rua Serra de Ancares. Nom perder esta festa que será a última em Amor Meilám e será a jornada prévia a inauguraçom das novas instalaçons em Serra de Ancares que já anunciamos para os dias 10 e 11 de fevereiro.

...comentarios..


   




Pasamento de D. Xosé Manuel Seivane Rivas
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=1956%3Apasamento-de-xose-manuel-seivane-rivas&catid=27&Itemid=18
(texto engadido o día 28/ / 1/ / 12 )



Asociación de Gaiteiros Galegos:
Hoxe temos que informar dunha triste nova, sentimos a perda dun membro destacado e ben querido do colectivo da música tradicional, faleceu D. Xosé Manuel Seivane, os 90 anos, dedicou toda a súa vida á música tradicional galega, sendo un referente na construción, transmisión e difusión da nosa cultura.

D. Xosé Manuel Seivane será enterrado, o domingo 29 de Xaneiro, as catro da tarde, en San Xurxo (Riveira de Piquín). A capela ardente estará, a partir de hoxe venres, no tanatorio Eiroa en Almeiras, Culleredo.

Nado en Fomiñá (A Pastoriza) en 1921, foi o creador do selo Seivane e o iniciador dunha das sagas de artesáns e artistas máis recoñecidas dentro do mundo da gaita.
Xosé Seivane abriu o seu primeiro obradoiro de gaitas con 18 anos. Xa tocaba de antes a gaita e o clarinete mais devecía por crear a súa gaita por si mesmo. Axudárono o seu pai, Francisco, ebanista e a súa nai, Estrella, que tiña un bo ouvido musical e lle transmitiu as melodías de gaiteiros xa desaparecidos, como Curuxeiras. Daquela, as gaitas fabricábanas ebanistas-torneiros e os gaiteiros afinábanas, facendo eles as súas propias palletas e en moitos casos as gaitas mesmas. Xosé Manuel Seivane decidiu dedicarse exclusivamente á construción.Ao casar, trasladou o obradoiro para Ribeira de Piquín, onde comezou a súa sona. Os seus fillos, Álvaro e Xosé Manuel, e algúns netos continúan o seu labor. Desde 1994, o obradoiro está instalado en Cambre. A súa neta, Susana Seivane, filla de Álvaro, é unha gaiteira notábel.
Nos seus máis de sesenta anos de histoira ten contribuído ao desenvolvemento da gaita galega, por exemplo na unificación das palletas, ou no perfeccionamento da afinación, con pasos importantes na escala do punteiro.
Ó longo da súa vida, recibiu numerosos homenaxes, tal vez o máis sentido o que lle dedicaron os seus veciños da Ribeira de Piquín en 2008 pola súa contribución á música tradicional galega.
Dende aquí facerlles chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos.

...comentarios..


   




Concerto acústico de Roberto Sobrado e Rafa Campoi
http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/2012/01/23/concerto-de-roberto-sobrado-1
(texto engadido o día 27/ / 1/ / 12 )



Esta sexta-feira às 22h00 Roberto Sobrado e Rafa Campoi no pichel. entrada 2€

...comentarios..


   




Festival en apoio dos Servizos públicos de Ames
http://recortesenames.blogspot.com/2012_01_01_archive.html
(texto engadido o día 27/ / 1/ / 12 )



Música, contacontos, poesía, comunicados...

Venres 27 de xaneiro ás 20,15h.
Salón de actos, Casa da Cultura de Bertamiráns
Entrada gratuíta

Intervirán e actuarán:
Sés
Som do Galpom

Celso Sanmartín (contacontos)
Fede (Federico Pérez) (actor)
Manel Pardo (xornalista e actor)
Séchu Sende (escritor)
Carlos Negro (escritor)
Divina Fernández e Bibiana Calvo (contacontos)
Alba Nogueira
Nel Vidal (CTNL Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística)
Rosa Aneiros (Colexio Profesional de Xornalistas)
Santiago Montes (Sindicato de Xornalistas)
Henrique Sanfiz (SonRadiofusión)
Presentado por Nazaret López

Defende os servizos públicos, non ao peche de servizos e ao despedimento de persoal.

...comentarios..


   




Foliada nas Pontes
http://nocombaro.wordpress.com/2012/01/19/46cartelfoliadaxaneiro-12/
(texto engadido o día 27/ / 1/ / 12 )



27 de Xaneiro a partires das 22:30 no Lar (As Pontes).
Axouxere de Roupar, Berros do Castro, Os Devotos de San Xiao de Trevo.

...comentarios..


   




Moxenas Musical Galego en Ponteareas

(texto engadido o día 27/ / 1/ / 12 )



Este sábado día 28 de Xaneiro a partir das 20:30 h no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, Moxenas Musical Galego ofrecerá o primeiro concerto do ano 2012, nunha actuación que, ademais de facer un repaso a fondo do seu repertorio habitual, será un anticipo dos vindeiros concertos que farán en vilas como Gondomar ou en A Coruña, onde participarán como artista convidado nos Premios Opinión 2012 da música galega.

Moxenas Musical Galego é unha orquestra de folc galega formada en Vigo no ano 2003 como homenaxe ao mítico gaiteiro Nazario González "Moxenas", unha innovadora proposta musical que reúne a máis de 40 xóvenes músicos pertencentes a varias Asociacions Veciñais e Culturais de Vigo e a súa bisbarra (cunhas idades comprendidas entre os 11 e os 23 anos) e que rescata varias das obras musicais máis senlleiras da música galega, alén de poñer en escena composicións contemporáneas, coa colaboración de autores tan importantes como Ernesto Campos. Nos últimos anos representaron a Galicia en varios festivais internacionales como o prestixioso Festival Lorient de Francia, recibindo unha grande acollida tanto polo público en xeral como pola prensa especializada.

Baixo a dirección de Xosé Oliveira (compoñente de Noitarega), o orixinal formato de Moxenas Musical Galego baséase nunha persoal mestura de intrumentos tradicionais galegos (gaitas, pandeiretas...) e contemporáneos (saxo, teclados, baixo eléctrico...), o que fai dos seus concertos unha atractiva oferta musical, unha cita obrigada para un público de todas as idades amante da música tradicional galega."









...comentarios..


   




Marta Quintana na Guinda (Vigo)
http://www.facebook.com/pages/La-Guinda/225656990817494
(texto engadido o día 27/ / 1/ / 12 )



27 de Xaneiro a partires das 21h

...comentarios..


   




Pardal Na Rúa en Baiona

(texto engadido o día 27/ / 1/ / 12 )



Mestura entre a música galega e a do Brasil.
Venres 27 a partires das 23:30 no Bibendum (Ventura misa Nº 30, Baiona)

...comentarios..


   




Banda Asalto no Furancho MatamaFolc

(texto engadido o día 26/ / 1/ / 12 )



Sábado 28 de Xaneiro a partires das 23h

...comentarios..


   




Zurrumalla no Furancho MatamaFolc

(texto engadido o día 26/ / 1/ / 12 )



Este venres, 27 de Xaneiro, a partires das 23h

...comentarios..


   




Fin de semán no Furancho Troula (Bembrive - Vigo)

(texto engadido o día 26/ / 1/ / 12 )



Velaqui tendes o cartel de concertos pra este fin de semán marchoso no furancho TROULA.
Escomezaremos o xoves as 22 horas cun concerto reagge a cargo da banda MENINOS CARENTES seguida dunha JAM SESION.
O venres teremos pop/rock cos grupos locales WELLI KINS e Mr. CARACTER a partir das 22 h.
Xa o sabado teremos con nosco as 23 h. a gran banda de spedfolck GÜINTERBAN.
E por ultimo, o domingo teremos sesion vermout con potada de augardente en directo e o sorteo da SUPER CUNCA DE VIÑO que temos pra vos por so un euro, cun concerto sorpresa pra ameniza-la comida.
Non esquezades asistir, non vo-lo podedes perder!!!
SAUDOS FURANCHEIROS A TOOOOOODOOOOOSSSSS!!!!

...comentarios..


   




Serán do Lecer en Pazos de Borbén

(texto engadido o día 25/ / 1/ / 12 )



Sabado 28 de xaneiro, na praza do concello a partires das 21:30. Organizado polas Pandereteiras "O Lecer" contará tamén coa presencia dos Pandereteiros da A.C. Traspés

...comentarios..


   




Furancho "chegar e encher"
http://faisca-gz.blogspot.com/2012/01/furancho-chegar-e-encher.html
(texto engadido o día 24/ / 1/ / 12 )

Um ano mais o L.S. Faisca monta o furancho para a festa de Sam Brais na parroquia de Bembrive. A inauguraí§om é a sexta-feira 27 de Janeiro.Estará aberto o 28 deste mes e os dias 2 e 3 de Fevereiro. Convidamos a todas e todos a desfrutar da festa de Sam Brais e do nosso furancho.

Noticia enviada por foliadeiro

...comentarios..


   




Debuxos Reanimados no Bar Labranza
http://www.facebook.com/profile.php?id=1031184836
(texto engadido o día 21/ / 1/ / 12 )




...comentarios..


   




I Mostra do Traxe Tradicional Tequeletequele (en Ponteareas)
http://www.facebook.com/pages/Tequeletequele/240342916027270
(texto engadido o día 21/ / 1/ / 12 )



Tequeletequele organizamos esta Mostra do Traxe coa intención de aportar o noso gran de area na recuperación das nosas tradicións e costumes. O acto é de entrada libre.

Nesta primeira edición presentaremos ó noso corpo de docentes, que intervirán para mostrarnos o seu bo facer. Participará unha representación de "Os Muíños de Oliveira" poñendo o baile xunto cunha das nosas mestras. E O Son da Triga ambientará o peche do acto.

Colaboran no desfile:
A. C. Traspés (Vigo)
GBMT Tahume (Ribeira)
A. C. Vai de Roda (Rianxo)
A. C. Os Muíños de Oliveira (Santiago de Oliveira, Ponteareas)
GBMT Pedra da Garza (Fozara, Ponteareas)

Docentes:
Abraham Fernández
Mayra Lunar
Nuria Gesteira
Sandra Diéguez
Patricia Cela

...comentarios..


   




CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais

(texto engadido o día 21/ / 1/ / 12 )



A Agupación Folclórica Cantigas e Agarimos e o Coro Tradicional Cantares do Brión, organizador do evento, actuarán o sábado 21 ás 20:30h no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar

O sábado 21 de xaneiro, a partir das 20:30h, no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, celébrase o evento «CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais». No acto participarán a Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela, e o Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, do Centro Cultural de Vincios (Gondomar), que é a entidade organizadora. O acto será presentado por Xilberte Manso de la Torre, profesor do Instituto ProVal e membro destacado do Instituto de Estudos Miñoranos.

Despois de que Perfecto Feijoo crease en 1883 en Pontevedra a agrupación coral Aires da Terra, a comezos do século XX formáronse algúns dos coros que aínda hoxe permanecen, como Toxos e Froles (Ferrol, 1915), Cántigas da Terra (A Coruña, 1916), De Ruada (Ourense, 1919) ou Cantigas e Agarimos (Compostela, 1923). Estas formacións preservaron a tradición coral que chega aos nosos días arrequecida pola achega popular durante décadas de actividade a prol da música, da cultura e do idioma de Galicia.

Seguindo a súa estela, durante os últimos anos xurdiron en Galicia algúns coros de corte tradicional, entre os que se atopa Cantares do Brión, que ten as primeiras actuacións públicas en 2009 e que se constitúe formalmente o 7 de marzo de 2010. A súa presentación oficial celébrase o 22 de xaneiro de 2011, apadriñados polo coro Cántigas da Terra.

A proximidade desta data de presentación é a escollida para celebrar de hoxe en diante o que se chamará «CANTARES NO MIÑOR. Encontro de Coros Tradicionais». Como o seu nome indica, este evento terá como marco a comarca do Val Miñor e por aquí pasarán, nos próximos anos, as agrupacións corais máis representativas de Galicia, sempre baixo o signo da tradición musical galega.

...comentarios..


   




Serán en Gargamala

(texto engadido o día 21/ / 1/ / 12 )




...comentarios..


   




Concerto de Pardal Na Rúa no Var con Uve
http://www.facebook.com/profile.php?id=100001095527279
(texto engadido o día 21/ / 1/ / 12 )



Concerto de "Pardal Na Rúa" o sábado 21 de xaneiro, as 22:30h. Integrado por Sé Pumar, Pilar Gonçalves, e Renato Spencer. "Pardal na Rúa" é o resultado da posta en común das ideas que sobre a música popular teñen os seus integrantes dende a base da liberdade creativa, o amor pola música propia, e o respecto polas tradicións musicais, usando a voz coma transmisora de emocións e sentimentos, así como o nexo de unión entre a música galega e a do resto dos paises lusófonos, presentando identidades sonoras diversas con un repertorio multicor de versións e novas creacións.

...comentarios..