|
- 1969, Erkowit |
- 1987 Casón - ¿? |
Nós somos mar. Eles son imbéciles e escuros
ENTRA NA NOVA SECCIÓN: NOTICIAS ENVIADAS POLOS USUARIOS |
![]()
(..aprendendo a 'sindicar'...)
SAÚDO do Presidente da A.C. FOLLAS NOVAS de Ames. "Amigos, unha vez máis temos en Ames un tempo e un lugar de encontro para aprender, compartir e desfrutar arredor da cultura e tradición do noso país e doutros pobos do mundo. A A. C. Follas Novas convídavos a visitar a Feira e a participar nos Cursos de baile e música tradicional nos que nun ambiente de intercambio cultural, respecto e curiosidade imos achegarnos ás músicas e bailes da Galiza, Irlanda, Quebec, Apalaches, Cape Breton, etc. ¡Colle o teu instrumento! ¡Prepárate para bailar! Esperámoste no Pazo da Peregrina." ( Alexandre Cadarso )
Músicos folk de sona internacional impartirán clases no Curso de baile e música tradicional.Ray Bierl
O violinista e gaiteiro californiano Kevin Carr, o guitarrista e violinista especializado nos estilos tradicionais de québec, irlandés, cape breton e bluegrass Ray Bierl , e o multipremiado gaiteiro galego Xesús Bahamonde, entre outros, converterán o Pazo da Peregrina de Bertamiráns nun verdadeiro campus especializado en música e baile tradicional. O Curso que organizan para os días 13 e 14 de xullo a Concellaría de Cultura e a Asociación Follas Novas oferta clases e obradoiros dunha ampla variedade de disciplinas tradicionais. A inscrición para o curso xa está aberta. Clases de gaita, de acordeón diatónico, de percusión, de pandeireta, de baile galego, de conxunto musical e ata de contacontos musicais recibirán os alumnos e alumnas que se matriculen no Curso de baile e música tradicional que se desenvolverá no Pazo da Peregrina os días 13 e 14 de xullo, como preludio á Feira da Cultura e Música Tradicional.
Os profesores convocados para impartir clases neste curso son: - Kevin Carr : http://www.lutherie.net/kevincarrrrrrgh.html - Ray Bierl: http://www.instantharmony.com/HfM/bierl.html
- Xesús Bahamonde: Gaita ( ténica,repertorio,interpretación e consellos sobre o empalletado ).
- Xabier Blanco Lado, acordeón diatónico (niveis: iniciación e medio )
- Alonso Barreiro: Gaita ( mestre de música e membro do espectáculo Vento Mareiro).
- Xosé Vázquez Suárez ( Che) Coordenador do Encontro de Trompa ( luthier e membro da Asociación Follas Novas),
- Marita Giadáns: Baile iniciación adulto e nenos ( profesora de Música e Movemento no Conservatorio de Ames e
recoñecida gaiteira e pandeireteira.
- Ramón Dopico: Percusión tradicional ( membro da Banda de Gaitas Terra de Trasancos e recoñecido percusionista e do
grupo ferrolá Chiculate.
INSCRICIÓN: Os interesados e interesadas neste curso poden formalizar a súa inscrición ata o día 12 de xullo a través da web da Asociación de Gaiteiros. Tamén poden solicitar máis información nas as Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro e chamando aos teléfonos 981 53 59 40 e 981 81 58 01.
Se o que desexan é unha información técnica máis precisa poden dirixirse a este outro enderezo electrónico.
Os prezos do curso son os seguintes: - Matrícula do curso ................................................................................................ 15 €.
- Matrícula para os socios de Follas Novas e da A. G.G pagarán ............................. 10 €.
- Matrícula de categoría infantil ( ate 12 anos ) .......................................................... 10 €.
- Matricula para o 1º Encontro de Villeam Pipe e para a Xuntanza de trompa .........10 €. |
![]() |
FOLK GALEGO |
Aquí podes ver o video, compartido dende o Blog asociado a Ghastas Pista: De Sons |
NOVIDADES DISCOGRÁFICAS
|
|||||||||||||||||||||
PREPROGRAMA VII ENCONTROS MÚSICA TRADICIONAL 3 de xuño de 2006 Mosteiro de Carboeiro (Silleda)
|
|
![]() |
- Procesión da Santa Ferreña
- Títeres Viravolta (Lalín) con -Sesión vermú a cargo dos grupos da bisbarra: - Apertura das exposicións: - Museo da marioneta- Casa do títere (Lalín) - Feira de artesanía: - Xantar(haberá churrascada) - Xogos tradicionais para cativos e maiores - Celsiño & Palitos presentan: “Bicoca de boca en boca” - Máis festiña con: |
Acampada á beira do río Deza Telf info: 658628239(Chus) Viva a xuventude e a xente vella que non morra!!! |
|
Ver arquivo de novas enviadas polos usuarios
| Atrás |