O alento persoal e individual, o alento enraizado nunh cultura silenciada e, agora, proxectada. A danza cobra unha forma espontánea de frescura, de expresividade e coa loita latexante da sempre inqueda comunicación artística.
En "Alento" únense motivos distintos sombreados, moitos espritos herdados, moitos camiños encontrados.. xurde a arela de crear.
Galicia fala entre a música e a danza, respira entre os ollos que amiran. Galicia ámase.
A mancheas de frescura, conseguida nos proxectos encontrads, presentamos a forza da nosa cerna cultural:
"Alento"... para as miradas.
Alba Felpete

Xabier Cedrón
Violín
Pedro Lamas
Saxo Soprano e Gaita
Xabier Díaz
Voz
Ricardo Rozas
Guitarras
Melo Suárez
Percusión
Xosé Lois Romero
Acordeón en 1, 2 ,4 ,5 ,7 ,10 e 12
Suso Iglesias
Acordeón en 3, 6, 8, 9 e 11
Miguel Queijas
Escobillas en 'Entre a terra e o mar'
Vicente / Jaime / Pastor
Zocos en Bater III
Músicas e letras de XOSÉ LOIS ROMERO agás 'Dúas Cores', 'Soán' e 'Epílogo' de PEDRO LAMAS

NOVA GALEGA DE DANZA
foron, son e serán
Vicente Colomer, Jaime Pablo Díaz,
Ruth Cordero, Miguel Queijas, Pedro Lamas,
Liliane Frías, Xabier Cedrón, Olga García,
Jesús Vallinas, Ricardo Rozas, Carlos Meléndrez,
Xosé Lois Romero, Alba Felpete, Emma Cabanas,
Pablo Torneiro, Iván Novo, Pastor R Feal,
Xabier Díaz,
Dani Sisto,
Suso Iglesias,
Antón Cabado,
Juan Felpeto e Melo Suarez.

VOAMOS
Voamos.
Aprendimos a voar.
Exerciamos as ás, perdímolo medo e ceibmonos no ar.
E comezamos unha iniciática viaxe por entre as nubes nun permanente estado de desequilibrio e liberdade.
Eis un agasallo da nosa primeira travesía.
O mapa sonoro do noso 'Alento'. As vibracións do ar que fan mover pés, máns, brazos corpos.. e emocións.
Pero esta música non é un anaco inconsistente e orfo sen a danza, senón que é unha das unidades que se fundiron nesa grande sinerxia que é 'Alento'.
¿Qué marabillosa demencia sofrimos que nos obriga a crear? ¿Qué nos fai supoñer que as nosas fantasías tórnanse cabais cando as compartimos? ¿Quén alimenta a ese molesto verme do inconformismo que nos rebule nos miolos?
Se cadra todo radique en que a NGD está impulsada polo motor máis potente que coñece o home: o corazón.
Gracias a tod@s.
Xosé Lois Romero
|