Páxina anterior

NORDÉS  "EGOBARROS NAMARINOS"
 
  .....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

6 comentarios deste disco.....
 
 
   
  Almudena Janeiro:  
voz 


  Manuel Fernández: 
violino 


  Marcos Barro: 
baixo e coros 


  Suso Anello:  
pandeireta e pandeiro 


  Raúl Romero: 
guitarras (eléctrica e acústica), 
bouzouki e coros 


  Alberte Prado:  
frauta traveseira, gaitas 
e saxo alto 


  Fuco Vázquez:  
voz, bouzouki, guitarra acústica,  
teclados e coros 
 
 

Colabouran:
 

Eusebio López: 
batería e bongós 
 

Montserrat Ogando: 
Voz a dúo en 
Romance da lavandeira 
 

Germán Arias: 
zanfona 
  
  
Carlos Castro: 
darbuka, djimbek, congas, 
shaker e pao de chuvia 

1.- Muiñeira de Coia  
      (Carlos Justo) 
 
2.- Romance da lavandeira  
       (letra tradicional e música de 
        Xose Luis Rivas /arranxos de Nordés) 
 
Era unha noite de lúa 
era unha noite clara, 
eu pasaba polo río 
de volta da muiñada. 

Topei unha lavandeira 
que lavaba ao par da auga. 
Ela lavaba no río 
e unha cantiga cantaba 

-Moza que vés do muíño, 
moza que ves pola estrada, 
axúdame a retorcer 
miña sábana lavada.

-¡Santa María te axude 
e San Lourenzo te valla! 

Desparece a lavandeira 
como fumeira espallada. 

Onde as sábanas tendera 
poza de sangue deixara. 
Era unha noite de lúa 
era unha niote clara.

 

3.- O palismocas   
       (Fuco Vázquez) 
 
Son as tres da tarde 
e estase a levantar 
Barruza fora, 
non está día de traballar 

Pon a camisa 
e baixa a xantar. 
Sua sogra mal o mira; 
a muller á testa dá. 

-¡Paréceche cedo 
e na cama ti estás; 
nin ceibas o gado,  
nin axudas a segar! 

E foise coa gadaña 
xa por non aturar 
e na corredoira 
topouse con Galván. 
-¿Seica á pradella?, 
mofouse o pillaban 
-Home con albarda,.

máis vale ser can. 

E fóronse á tasca 
moito ao seu pesar. 
Galván consolouno: 
-¡Que "erba" has de probar"! 

Chegou coa alborada 
tordeando polo curral. 
Subiu amodo á cama 
para naide espertar. 

Caeu pola escaleira. 
O galo púxose a cantar. 
Acendese a luz 
e á vella oiu rosmar: 

-¡De aí palismocas 
non te poidas erguer, 
que racharas os miolos 
pra nada che han de valer!

 
4.- Eche a miña queridiña   
       (Fuco Vázquez) 
 
Esa que vai no camiño 
andando moi amodiño, 
cabelo castaño e longo 
ollos grandes e fermosos. 

Esa que vai no camiño 
eche a miña queridiña. 

Garimosa e comprensiva 
ela enche a miña vida; 
é calada e reservada 
ten o encanto dunha fada. 

Garimosa e comprensiva 
eche a miña queridiña. 

Todos han de coñecela 
no San Antón han de vela; 
en Vilacimas xantaremos, 
toda a noite danzaremos. 

Tosos han de coñecela 
eche a miña queridiña. 

Con ela hei de casar 
e no souto da Fragella 
con viño, troitas e gaitas 
boa esmorga armaremos. 

Con ela hei de casar; 
eche a miña queridiña

Ela está de nove meses 
son o máis ledo do mundo. 
Oio berros xa no cuarto 
naceu o noso filliño. 

Ela está de nove meses 
eche a miña queridiña. 

Canda ela hei sementar 
millo, trigo e centeo, 
castiñeiros plantarei, 
freixos, buxos e figueiras. 

Con ela hei sementar, 
eche a miña queridiña. 

Cabo dela na lareira 
no final dos nosos días 
vendo florecer o monte 
coa queiroga e a chorima. 

Cabo dela na lareira; 
eche a miña queridiña. 

Cabo dela xa nas cinzas; 
eche a miña queridiña.

 

 

 
Contactos
Tfnos: 982585210 - 982557526
Arcadio Pardiñas, 133
27880 - BURELA - (Lugo)
Rueta, 2
27891 - CERVO . (Lugo)
Edita e distribúe: SONIFOLK
Tfno: 915445955- 
Fax: 915449738
sonifolk@iv.eurociber.es
http://intervia.com/sonifolk






< =XXI
( Noitarega )
Alento
( Nova Galega de Danza )
= >


Voltar á páxina principal