1.- A Chula de Pontevedra
Tradicional
Colección de temas tradicionais galegos
extraídos da zarzuela "La Chula de Pontevedra"
de Paradas-Jiménez-Luna-Bru, publicada o 27 de febreiro
de 1928.
Non che canto por cantare,
nin por gañas que che eu teña,
Canto por dar alegría
A un corazón que ten pena.
Quen me dera, quen me dera,
Quen me non costara nada,
Unha meniña bonita,
Coloradiña da cara.
Para boas mozas Mourente,
Garridas as de Estribela,
Bonitas as de Salcedo,
E a palma está en Pontevedra.
Sempre te atopo lavando
No río Lérez lixeiro,
Quen me dera se-la iauga
Onde te lavas primeiro.
Vállame San Miquiquí
E o canciño de San Roque,
A virxe da Peregrina
e o santo do paletroque.
Ai! Maruxiña non vaias
á herba,
Porque ven o vento e toda cha leva,
E lévacha toda e toda cha leva,
Ai! Maruxiña non vaias á herba
2, 3 - Unha noite non é nada 
Tradicional/ Repertorio de Os Campaneiros
Alalá tradicional recollido en Vilanova
dos Infantes que acompañamos cunha alborada do repertorio
de Os Campaneiros de Vilagarcía de Arousa
4.- Cacería en Do Maior (mazurcas)
Repertorio de Os Campaneiros / Os Encantiños do Umia
A primeira das mazurcas pertence a Os Campaneiros
e aparece no arquivo de Xerardo F. Santomé. A segunda
foi recollida por José L. Dopico Orjais a Os Encantiños
do Umia en Godos (Caldas de Reis)
5.- A Mazá gardada 
Ttradicional
Esta foliada foi aprendida de Marisa Bermúdez
na vila de Ponteareas. As coplas pertencen a diversos cancioneiros
tradicionais galegos.
Acompañámola doutra foliada que co rexistro CF
95 aparece en "Aires da Terra" de José Luís
Calle.
Teño unha mazá
gardada,
Que ma deu o carpinteiro,
Xa vai un ano que a teño
e aínda non perdeu o cheiro
Esta noite hei de ir á
fía,
Non por fiare na roca,
Vou por tocar o pandeiro
Que esta noite a min me toca.
Se queres ir vai bailare
Se queres ir vai agora,
Despois non vaias dicindo
Que a foliada non foi boa
Agora non canto máis
Que se me acabou a gracia
Aquela pouca que tiña
Deixeina quedar na casa.
As de alá de arriba
cando van co gando,
Espetan a vara e bailan o tango,
E bailan o tango e máis a muiñeira,
Ás de alá de arriba non hai quen as queira.
6.- Aires da Terra
Tradicional
No traballo do mesmo nome, José Luis
Calle aporta este par de muiñeiras do repertorio de Perfecto
Feijóo.
7.- Polca da Porteliña
Paulo Nogueira
Nunha das ladeiras do monte Aloia, no lugar
de Porteliña, atópase a escola pública
da parroquia de Pazos de Reis. A ela vai adicada esta polca
para dúas gaitas
8.- Xiada
Paulo Nogueira
Adicada a Ricardo Santos
e ó cuarteto de gaiteiros Xiada de A Coruña
9.- Os Amigos
Benxamín Fernández Pazos
Pasodoble que Benxamín Fernández
Pazos adicou ó grupo de
gaiteiros Os Amigos
10.- Pandeiretada
Tradicional
En "tódolos Muiños
da Terra Galega", Andrés Sampedro presenta a melodía
coa que se abre este tema. A segunda muiñeira pertenceu
ó repertorio do gaiteiro O Choqueiro de Cangas ("Aires
da Terra", CF 38, muiñeira de Aldán). As
letras son populares
Danse bicos os paxaros,
Bícanse a terra e o mare,
Aqueles que ben se queren
Por qué non se han de bicare.
Púxenme a contar estrelas,
E a botalas nun sombreiro,
Nunca lles puiden dar conta
Ata que veu o luceiro.
Quen ten amores non dorme,
Quen non os ten adormece,
Quen os ten lonxanos chora,
Quen os ten preto padece.
A despedida vou dando,
Con rosas e caraveles,
Pois según vou entendendo
A despedida ti queres.
11.- Melide
Repertorio de Os Mariñáns
Versión de Treixadura deste fermoso
pasodoble do repertorio de Os Mariñáns de Sísamo.
12.- Xota Vella
Repertorio de Modesto Sánchez
Á memoria do ilustre musicólogo
Alan Lomax, quen na súa viaxe por Galiza, no ano 1952,
recolleu esta fermosa melodía interpretada por Modesto
Sánchez (gaiteiro da coral De Ruada). |