1. Na flor dos meus anos
Arranxo: Uxía Senlle - Paulo Borges
Este é o tema co que me sinto máis identificada e por iso é o que da titulo a este traballo. Consta de dúas melodías tradicionais. A primeira procede de Nebra (Porto do Son). O retrouso está recollido por Eduardo Martínez Torner e Bal y Gay no seu "cancioneiro".
Ai alá na flor dos meus anos
ai fun anos sacrificada
Ai sufrín penas, sufrín males
Ai ai o que eu teño pasado
¡Ai Sara!¡Ai Dora!
¡Ai Sara, túa nai chora!
¡Ai Sara!¡Ai Dora!
¡Ai Sara, túa nai chora!
Ai os meus olliños secaron
Ai de tanto por ti chorare
Agora non teño consolo
Ai aliviai o meu pesare
¡Ai Sara!¡Ai Dora!... ...
Ai estreliña do amencere
Irman pequeniña da lúa
Non aumentes as miñas dores
Ai deste mal que non ten cura
¡Ai Sara, Sariña!
¡Ai Sara, ti é-la miña!
¡Ai Sara, Saronhe!
¡Ai Sara, do corazonhe!
Ai San Antoño de Lisboa
Ai feito de pau de sanguiño
Ai dame lume, da me forza
para non perde-lo camiño
¡Ai Sara, Sariña! ...
Cantarei, cantarei, cantarei...
2. Valse de Pazos 
Arranxo: Gustavo Domínguez, Uxía Senlle
Este é un valse da zona de Pazos de Borbén que me transporta aos meus anos mozos
Amores ó lonxe ó lonxe
Que ó cerca calquera os teñe
Canto máis ó lonxe ó lonxe
Máis cariño se lles teñe
Ai ven o aire que leva o tren
A boina branca lle está moi ben
Nin con cadea nin con chapeu
Nin por cen pesos a quero eu.
Campos da miñaGalicia
Onde de nena brinqueie
Teño que deixalos, voume
E non sei se volverei
Aí ven o aire que leva o tren....
Meu amor, meu amoriño
Supoño que tes de sere
Túas palabras e as miñas
Atrás non se han de volvere
Ai ven o aire que leva o tren...
Os meus amores marcharon
De min non se despediron
Quen me dera a min sabere
Onde esta noite durmiron
Ai ven o aire que leva o tren...
¿Non te acordas que decías
Con palabras e xuramento
Que nunca me esquecerías?
Agora chegou o tempo
Ai en o aire que leva o tren...
3. Ramo Verde 
Arranxo: Uxía - Gustavo Domínguez
Arranxo para corda: Segundo Grandío
Esta coñecida peza tradicional foi recollida no cancioneiro de Eduardo Martínez Torner e Bal y Gay e con este arranxo nos traslada aos ambientes musicais do Magreb.
Teño un mozo moi xeitoso
Que inda osoutras non tendes
É nas forzas como un toxo
E na ialma un ramo verde
Dime ramo verde
Donde vas rondar
Porque se te prenden
Eu t'irei soltar
Como queres que te queira
E que che teña aficionhe
Se outro paxariño voa
Dentro do teu corazonhe
Dime ramo verde...
O amor que ha de ser meu
Ha de te-la man lixeira
Terá de colle-la rosa
Sen abana-la roseira
Dime ramo verde...
.
4.- Canto de Seitura
Arranxo: Uxía Senlle - Rodrigo Romaní
Arranxo para corda: Segundo Grandío
Trasládanos este canto de seitura aos tempos nos que non había tanto estrés, aínda que non pouco traballo, pero as penas espantábanse co canto. Recollida tamén por Eduardo Martínez Torner e Bal y Gay.
Anque veño da seitura,
Anque veño da segada
Anque eño da seitura,
Inda non veño cansada.
Hei de ir á túa seitura
Hei de ir á túa segada
Hei de ir a túa seitura
Que a miña vai acabada
Amor meu se ti te vas
Déixame unha prenda túa
Déixame unha navalliña
Para sega-la verdura
Dálle a rente, dalle a rente
Dálle por baixo da manhe
Dálle a rente, dálle a rente
Pero non chegues ó chanhe
Meu caballiño redondo
Quen che me dera no fondo
Meu cabaliño cabalo
Quen che me dera no cabo
Ai que noite está de lúa
Ai que noite de luare
Ai que noite está de lúa
Pra coller e sementare
Vou cantando e vou segando
E a miña vai pasando
I eu en ti sempre pensando
I o meu corazón penando
5.- Asa de vento 
Música: Carlos Gonçalves
Arranxo: Gustavo Domínguez, Sergio Tannus
Arranxo para corda: Segundo Grandío
Letra de Amália Rodrígues que ben podería ser a biografía de moitas mulleres, roseiras bravas, duras de roer...
Son charneca, son o monte
brisa a correr lixeira
son auga fresca a correr na fonte
son rosada roseira.
Son o cheiro das flores
fé do meu pensamento
filla de amores, irmán de dores
son nai de sufrimento.
Teño no peito
un paxaro encantado
que anda sen xeito
a min amarrado
Son charneca son o monte
son noite enluarada
flor de alecrín, ramo de xazmin
son papoula encarnada.
Son flor de primavera
son soño de verán
planicie aberta, praia deserta
que espera a túa man.
Corazón fruto
que é maduro e verde
meu choro enxuto
dor que se non perde
Son charneca, son o monte
son mañán perfumada
planicie aberta, praia deserta
son illa abandonada
Son charneca, son o monte
verde fruta collida
herba sidreira, mansa oliveira
son lágrima perdida.
Asa de vento,
enemiga da sorte
roseira brava
non hai quen me corte.
.
.
6. Rosiña do mes de maio
Esta "rosiña" composta por Uxía queremos adicarlla a nosa querida compañeira Matilde que sempre estará no noso corazón.
Na alma se me cravoue
a raíz do teu querer
mentres no mundo vivire
outro amor non hei de ter
O cariño que che teño
inda ti non sabes ben
poida haber quen queira tanto
pero máis non hai ninguén
Dame da pera que comes
da mazá só un bocadiño
dame da boca unha fala
do corazón un cariño
Teño sono, teño sono
a cama me vou deitar
quen anda por fora anda
que non lle podo falar
Rosiña do mes de Maio
quen che levou a calor?
-un mociño mariñeiro
con palabriñas de amor
Dame da pera que comes ...
Na alma se me cravoue
a raíz do teu querer
mentras no mundo vivire
outro amor non hei de ter
Dame da pera que comes ...
Dame da pera que comes ...
Habemos bailar
na punta do pé
se ti queres, prenda
habémonos ver
dareiche unha rosa
máis un caravel
adeus que me vou
cariña de mel
7. É mentira
Arranxo: Rodrigo Romaní
Este tema tradicional da outra beira aprendémolo do noso "tuga" Abilio, un dos músicos de Malvela. E facendo honra a esa terra coa que tanto nos identificamos, contamos tamén unha colaboración de luxo: a de Dulce Pontes que nos regalou a súa voz portentosa e emocionante.
I o que lindo chapeu preto
naquela cabeça vai
I ó que lindo rapazinho
para xenro do meu pai
I é mentira i é mentira
i é mentira si senhor
que eu nunca pedí um beijo
quen mo deu foi meu amor
Ó amor da cuarta feira
que cariño lle hei de tere
ven no medio da semana
porque non ten que facere
Teño pena por te vere
pena por te ver penare
a peor pena que teño
é non poderche falare
I é mentira i é mentira...
Unha vez caín nun rego
outra vez caín no mare
outra caín nos teus brazos
non me puiden levantare
Tres días hai que non como
tres días hai que non bebo
outros tres hai queridiño
que no corazón te levo
I é mentira i é mentira...
8. Y al amanecer se marcha el tren
Esta é unha das colaboracións máis especiais, porque Andrés é o meu compañeiro de fatigas dende que nos coñecemos. Por certo, coñecinno na feira, aínda que non o tiven que mercar.
Y AL AMANECER SE MARCHA EL TREN
SE VA MI AMOR, YO ME VOY CON EL
NO LA LLEVES MAQUINISTA
NO LA LLEVES POR FAVOR
NO LA LLEVES MAQUINISTA
Y A LA PRENDA DE MI AMOR
Y AL AMANACER...
9. Camiño da festa
Arranxo: Gustavo Domínguez
É esta unha voda entre dúas pezas da nosa tradición e recollidas por Eduardo Martínez Torner e Bal y Gay. Paulo e Magoia, colaboraron de dúas manieras neste traballo: unha como músicos e outra como amigos aportando varias melodías que eles mesmos escubriron en varios "cancioneiros" e esta é unha das que escollemos
Os que veñen de Castela
e os que d'Habana van vindo
vanse guapos coma soles
e veñen como chamizos
Baile meu Manueliño
meu Manueliño baila
baila meu Manueliño
con Adelaida baila
Polo sol che mando as ordes
pola lúa as novedades
polas estrelas do ceo
pido que por min agardes
Baile meu Manueliño...
Imos camiño da festa
que hoxe é día e troulare
e se o gaiteiriño quere
fartaremos de bailare
Baile meu Manueliño...
10. Amor na cume
Lembra esta peza instrumental aos bailes de Engracia ou de tantos outros sitios naqueles tempos. Pablo Lorenzo, un dos compoñentes de "Los Lorenzos", grupo que amenizaba aqueles bailes aprendeuno do seu pai, e seu pai de nin se sabe quen. O caso e que foi pasando de man en man e aquí temos a Pablo Lorenzo interpretando esta bonita peza para que non se perda, e aínda que xa non está activo, ben podería estalo
11. Maio Longo
Arranxo: Sérgio Tannus - Gustavo Domínguez
Non podíamos esquencer neste disco os versos de Rosalía de Castro, a nosa poeta por excelencia. Neste caso a autora da música é Uxía, a quen quero darlle as grazas porque ela musicou estes versos para min. Falan de alegría que tanto ven como foxe. Agardo que este disco contribúa a que non nos abandoe a nosa señora da felicidade.
Maio longo maio longo
todo cuberto de rosas
para algúns telas de morte
para outros telas de bod
Maio longo maio longo
fuches curto para min
veu contigo a miña dicha
volveu contigo e fuxir
|