1.- Maio
Tradicional / Juan Carlos Fdez. Fasero,
Maio, maio
Entra de crego
Non revolva-lo tempo xurando
Maio, Maio
da cruz da Mariña
Bótennolo Maio señores caballeros
Si non teñen Maios pois botennos diñeiro.
Ahí ven o Maio pola calle do Sol
Ahí ven o Maio de roubar ó Valledor
Ahí ven o Maio pola calle do medio
Ahí ven o Maio de roubar ó velo-velo
Ahí ven o Maio pola calle de abaixo
Ahí ven o Maio de roubar ó Tirabaixo
Ahí ven o Maio por enriba das silveiras
Ahí ven o Maio de roubar ás costureiras
Ahí ven o Maio pola calle darriba
Ahí ven o Maio de roubar a Maravilla.
.
2.- Artuxeira
3.- Preto do ceo
Música: Juan Carlos Fdez. Fasero
Letra: Cristina Barriga García e
Abraham Vila Álvarez
Xuntanse noites e dias
En cada amencer
Pensando todavía
Cantas cousas por facer.
Vivindo nun segundo
Sin tempo que contar
As cousas deste mundo
Sempre podense cambiar.
Estar preto do ceo
Ouvir o corazón
Viaxar polas estrelas
Sentir o seu calor
Soñar en primavera
Un horizonte azul
Buscar novos camiños
Seguindo a túa luz
Nos seus tempos pasados
Tiveron que fuxir
Cargados de tristura
Sin saber a donde ir
Camiños separados
Ningún lugar
Os soños que quedaron
Onde podense atopar
Estar preto do ceo..
4.- O trasno
5.- Ghalocho
Tradicional / Juan Carlos Fdez. Fasero
Emborrachar, emborrachar,
emborracheime
Nunca me puiden desemborrachar
Enfariñar, enfariñar,
enfariñeime
Nunca me puiden desenfariñar
Ai lalala lalala..
Enamorar, enamorar, enamoreime
Nunca me puiden desenamorar
Enfurruñar, enfurruñar,
enfurruñeime
Nunca me puiden desenfurruñar
Ai lalala lalala...
6.- Lavarion
7.- Ruada
Tradicional / Juan Carlos Fdez. Fasero
Se soubera manoliño
Que ti viñas á ruada
Cunha basoira de pallas
Barreríache a xiada.
Nesta rúa non hai homes
Aturuxan as mulleres
E os poucos homes que hai
Son para rabos de culleres.
Ti que tes María
Ti que demo tes
Gastache-los cartos e agora non tes
E agora non tes
E agora non tes
Ti que tes María
Ti que demos tes
Viva quen agora chega
E quen agora chegou
Estaba para min moi lonxe
Agora xa non me vou.
Cantade todas a unha
Cantade todas a unha
Que o cantar e bailare
Non é deshonra ningunha
Ti que tes María..
8.- Muiñeiras III
9.- Rumba de Paredes
Tradicional / Juan Carlos Fdez. Fasero
Olvidasteme por outra
Por gozar unha riqueza
No vengas mas a mi casa
Molestarme a cabeza.
Olvidasteme por pobre
Por amar a quen ten leiras
Inda te hei de ver andare
Cos zocos sin calcañeiras.
Costureiriña bonita
Dame unha agulla de prata
Para sacar unha espiña
Del corazón que me mata.
Bonitiña costureira
Prestame a cinta do pelo
Que a miña vai engarzada
No sombreiro do Alfredo
10.- Mais que verbas