marmaior

Ben saben galegos e irlandeses nas dúas beiras da gran baía do Mar Maior que nas súas terras azoutadas polo salitre non é onde acaba o mundo, senón onde o gran océano comeza.Para os fisterras atlánticos endexamais o mar ten sido unha fronteira, senón un camiño de ida e volta, de intensa efervescencia e intercambio cultural. Neste Mar Maiorlevan traballado durante séculos os mariñeiros galegos que pescan no Gran Sol e dende tempos prehistóricos este é o gran mar dos Milesios, os descendentes de Mil, ao cal a tradición irlandesa considera o pai ancestral desa nación.
Luar Na Lubre viaxa no seu novo traballo á Idade Media para agasallarnos cunha combinación destas dúas grandes culturas por medio de fermosos anacos das súas representacións literarias máis importantes e recoñecidas: a lírica galaico-portuguesa e a literatura gaélica medieval.
A lírica galaico-portuguesa desenvolveuse principalmente en terras de Galicia e Portugal entre os séculos XII-XIV. Esta lingua vernácula recollía tradicionalmente o folclore, a sabedoría do pobo, que cantaba os seus amores, traballos e penas en diferentes composicións orais transmitidas de xeración en xeración, como son as cantigas, os romances ou os cantares de traballo. Mais a nosa lingua deu un pulo cando os grandes trobadores e xograres “roubáronlla” á lírica popular para compoñer os seus cantos. Recollendo tanto a temática xa existente, como aquela que proviña dos trobadores provenzais grazas ao Camiño de Santiago, estas novas cantigas acadaron a grande fama que merecen grazas aos xograres Martín Codax, Mendinho ou Airas Nunes, pero tamén grazas aos reis-trobadores Don Denís e, especialmente, Alfonso X “O Sabio”, que contribuiu coas súas Cantigas de Santa María a que o galego-portugués se convertese nunha lingua de cultura máis aló das terras galegas.

Pola outra banda, nesa mesma época foi compilado Leabhar Gabhála Éireann (O Libro das Invasións de Irlanda), unha mestura de mitoloxía, pseudohistoria, folclore e historiografía cristiá que os irlandeses aceptaban sen cuestión coma a súa historia ata ben entrado o século dezaoito.
O manuscrito, redactado en irlandés medieval, relata como nunha clara noite de invernía Ith estaba no cumio da torre que o seu pai Breoghán, que para os galegos é o pai da nación e como tal é recoñecido no seu himno, construira nun lugar chamado Brigantia e viu unha illa ao lonxe. Decidido a atopar aquela illa, Ith embarcou co seu fillo Lughaidh e varios guerreiros.

De seguido, desembarcou nun lugar chamado Ventrach Moighi Hiota no que hoxe é o condado de Kerry e pronto atopou os habitantes da illa, os Tuatha, que lle dixeron que esta levaba por nome Inis Ealga e que estaba habitada por unha serie de tribos que neses intres estaban en loita. Cando Ith soubo deses enfrontamentos deulles o consello de que deixasen de loitar entre eles porque a illa era rica en mel, pescados, colleitas e o clima era benigno, por todo isto era un lugar onde as diferentes xentes podían vivir en paz. Estas verbas fixeron que os isleños sentiran ciumes porque temeron que, ao saber Ith das riquezas da illa, quixera conquistala e por esta razón decidiron matalo. Logo de despedirse do rei dos Tuatha, Ith voltou ó seu barco,  mais antes de que puidese embarcar foi ferido de morte. Cando o barco tocou terra en Brigantia e os fillos de Mil, neto de Breoghán, viron morto a Ith, enfureceron e decidiron vingalo, polo que organizaron unha expedición de cinco barcos con Donn, fillo de Mil, ao mando. Ao chegaren á illa, a maxia dos Tuatha fíxolles imposible ver terra e estiveron perdidos no mar durante tres días. Unha terrible tormenta provocada polos Tuatha botou a pique o barco; foi entón cando o poeta Amergín, que ía nesta segunda expedición, recitou a súa sobranceira invocación á terra de Irlanda e aos elementos e venceu co seu poema a maxia dos Tuatha.

Por isto a miúdo é considerado como o primeiro poeta de Irlanda. Segundo a tradición irlandesa, esta foi a última invasión de Irlanda e non foi exterminada por praga ningunha nin expulsada por outras xentes.
Así, trala derrota dos caudillos gaélicos na batalla de Kinsale en 1602, un dos primeiros actos na Coruña dun refuxiado da batalla, Red Hugh O´Donnell, foi ir visitar a Torre de Breoghán nesta cidade, dende onde el cría que moitos séculos antes os seu antepasados saíran cara ao Éire. Mesmo hoxe en día as xentes dos Gaeltachtaí (lugares onde se fala irlandés) aínda lembran a historia de Mil e os galegos son sempre ben recibidos como membros da gran familia milesia.
Viaxemos, pois, con Luar Na Lubre ata as terras de Castela onde O Rei Sabio escribiu nunha lingua entón prestixiosa e agora tantas veces minorada. Voltemos a Galicia a contemplar as ondas do Mar de Vigo de Martín Codax, de alí embarcaremos cara ao norte seguindo a corrente do Curricán que surca nun camiño de ida e volta polo grande océano da música, da poesía e dos soños. ¡Boa viaxe!

Carme R. Alonso

Dublín, abril 2012


 




 





 

 


Paula Rey
Voz


Xulio Varela
Bozouki, voz, birimbao e percusións


Bieito Romero
Gaitas, acordeón e zanfona


Eduardo Coma
Violín


Patxi Bermúdez
Bodhran, tambor e djimbek


Pedro Valero
Guitarra acústica


Xavier Ferreiro
Percusións latinas e efectos


Xan Cerqueiro
Frautas


 

 

 

 








MÚSICOS CONVIDADOS

 


Nani García:
- Teclados, temas IV, VI, XII
- Arranxos de corda, tema XIV



Quinteto Cimarrón: Eduardo Coma (violín 1), Lázaro González (violín 2), Raymond Arteaga (viola), Luís Caballero (chelo), Óscar Rodríguez (contrabaixo), tema XIV



Miguel Queixas:
- Batería, tema II, V



Rubén Montes, Miguel Queixas, Miguel Cabana:
- Tambores, odaikos, batás e percusións industriais, temas I, VII, XI



Roi Casal:
- Arpa, temas I, XII



Verónica Ferreiro, Ángeles Dorrio, Carmen Rey:
- Coros, temas I, II, X



Daniel Canosa, Alfonso Deus, Pablo Raso:
- Coros, temas I, VII, X



Roberto García:
- Tumbadoras, tema VIII



Sergio Fernández:
- Baixo, tema II



Maria Xosé Silvar "Ses":
- Pandeiretas, temas V, X, XI



Sergio Delgado:
- Teclados, temas II, VII



 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este C.D. foi gravado nos Estudos "BRUAR" de A Coruña.




Bieito Romero e Xabier Ferreiro foron os productores artísticos deste traballo coa imprescindibel colaboración de todos os membros do grupo.




As mesturas foron feitas nos Estudos "BRUAR" de A Coruña por Xabier Ferreiro e Jean Bernard Barrenquy.

 




Gravacións adicionais:
Mans - Estudio de gravación. Quinteto de corda
Cimarrón, tambores e percusións industriais.




Técnicos: Víctor Vázquez, Xabier Ferreiro.
Gravación coro: Nicolás Vieitez
Asistentes de Gravación: Bruno Area, Miguel Puerto, Víctor Gil.





Arte C.D.: Estefanía Domínguez Cagigao

 



Fotografías: Isidro Cea Cabanelas

 

 

 





 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 


1.- A Invocación de Amergín  
(Tradicional – Bieito Romero – Carme R. Alonso – L.N.L.)
Poema épico recollido no Leabhar Ghabhála Éireann atribuido ao bardo milesio Amergín e que serviu para desfacer a maldición que lles enviaran os Thuatha De Dannan cando estaban chegando a Irlanda nos seus barcos.

Eu son o vento no mar
Son unha onda no océano
Son o ruxido do mar
Son o Touro das sete loitas

Eu son un corvo nos cantís
Son unha pinga de xiada
Un valeroso xabarín
Son salmón nunha lagoa

Eu son un lago n’antiga chaira
Son unha montaña nun home
Son unha verba con destreza
Son a punta dunha lanza
Son o deus da inspiración

Quen venceu a escárpada montaña
Quen anuncia as fases da lúa
Quen di onde cae o solpor?
Quen chamou o gando da casa de Tetis

A quen sorrín as estrelas qu’emerxen do mar
Feitizos de lanza? Feitizos do vento.

2.- Romance de Novembro  
(Tradicional irlandesa – Xabier Cordal – L.N.L.)
“Paddy’s green shamrock shore” é o titulo orixinal desta melodía tradicional irlandesa á cal Xabier Cordal escribiu unha fermosa letra seguindo a idea da orixinal sobre a emigración.

Novembro volveu,
esváense de néboa os cumes do corazón
e viaxa nun marco o sorriso de alguén,
chamadas perdidas en gris,
son eu quen embaza o cristal outra vez,
unha avelaíña a durmir.
Novembro volveu
e canta esta vella canción a quen esqueceu.

Debuxo ao voar
un mapa de luces: Seilán, O Vilar, Xerdiz,
conxélase a noite onde Castromaior
a última vez que te vin,
mollei o vestido no campo do adeus,
caeron estrelas por ti.
Alí seguirán
as luces da terra e un leito no teu pumar.
Novembro volveu,
e canta esta vella canción a quen esqueceu.

“Enterran semente”, dixera Daniel,
sen culpa, sen nome nin lei,
marchei sendo nova e o medo quedou,
non é unha historia de amor.
Alí han de seguir
as luces da terra, Amada, Adrián, Manuel.
No alto do ceo
caeron estrelas por quen nunca regresou.

Conxélase a noite onde Castromaior
a última vez que te vin.
Se xean as augas da fonte, eu direi
que fale Novembro por min.
E Novembro volveu
e canta esta vella canción a quen esqueceu.

3.- Ith  
(CSM 111 “En todo tempo faz bem + Muiñeira) - (Alfonso X – Bieito Romero – L.N.L.)
Un dos fillos de Breoghán,
o que dende o alto da súa torre
albiscou as terras de Irlanda
e primeiro en ir á súa conquista.


4.- Camiño de Caión  
(Tradicional – L.N.L.)
Aprendida en Caión - A Laracha - A Coruña de Estrela Casdelo Felípez a carón do Atlántico. A beleza da música tradicional galega aínda pervive no corazón e nas gorxas de moitas e moitos galegos.

Vou camiño de Caión
Parolando cunha nena
Ai la la la
La la laaaa
Vou camiño de Caión
Parolando cunha nena
Ai la la la
La la laaaa
Que m’alegra o corazón
Mirarme nos ollos dela

Eu son mariñeiro
De Caión eu son
Pesco de Malpica
Hasta Praia de Sabón

Ai lara la la
Ai lara la la
Ai lara lala la la
Lala lala lala la
La la la la la la

Sempre me colle-las redes
Sentadiña na ribeira
Ai la la la
La la laaaa
Sempre me colle-las redes
Sentadiña na ribeira
Ai la la la
La la laaaa
Por eso che quero tanto
Miña nena mariñeira

Eu son mariñeiro...


Cando veño de pescar
Vou cantando na ribeira
Ai la la la
La la laaaa
Cando veño de pescar
Vou cantando na ribeira
Ai la la la
La la laaaa
Xa me espera miña nai
Co caldiño na lareira

Eu son mariñeiro...

5.- Gran Sol  
(Jota da danza de antroido de San Adrián de Cobres - C.S.M. nº 136 “Pois las figuras fazem” - Rip the Calico jig - Oro se da Beatha Bhaile - Curricán) - (Tradicional – Alfonxo X - Bieito Romero – L.N.L.)
Lugar común de pesca dos mariñeiros galegos situado ao suroeste de Irlanda.

Óró, sé do bheatha 'bhaile,
Óró, sé do bheatha 'bhaile,
Óró, sé do bheatha 'bhaile
Anois ar theacht an tsamhraidh.

Sé do bheatha, a bhean ba léanmhar,
Do b' é ár gcreach tú bheith i ngéibheann,
Do dhúiche bhreá i seilbh méirleach,
Is tú díolta leis na Gallaibh.

Chorus

Tá Gráinne Mhaol ag teacht thar sáile,
Óglaigh armtha léi mar gharda,
Gaeil iad féin is ní Gaill ná Spáinnigh,
Is cuirfidh siad ruaig ar Ghallaibh.

Chorus

A bhuí le Rí na bhFeart go bhfeiceam,
Mura mbeam beo ina dhiaidh ach seachtain,
Gráinne Mhaol agus míle gaiscíoch,
Ag fógairt fáin ar Ghallaibh.

Chorus

6.- Dona Alda  
(Cancioneiro galego de Casto Sampedro y Folgar – Bieito Romero – L.N.L.)
Romance tradicional recollido no Cancioneiro de Casto Sampedro y Folgar ao cal lle engadimos a nosa música e arranxos.

A cazar saiu Don Pedro
A cazar como solía, ai!
Os cans xa levaba cansos
Don Pedro máis canso ía, ai!

Chegou ao medio da serra
Para a casa se volvía
Chegou á porta da casa
Esmorrente se caía

-Fágam’a cama, mi madre
fágam’a cama mi vida,
que vou para a vida eterna
que vou para a eterna vida

- Non digas, iso meu fillo
Que está Dona alda parida
-Non digan nada a Dona Alda
hastra dún ano e un día

Os días foron pasados
Dona Alda nada sabía
Compriras coarentena
Día de pascoa florida


7.- Santa María Loei  
(CSM 200 “Santa María loei) – (Alfonso X – Bieito Romero – Tradicional – L.N.L.)
Mestura da cantiga 200 de Alfonso X con estrofas populares e melodías e arranxos do grupo. Relixiosidade e paganismo nun mesmo tema.

Alumea me alumea
Estreliña da fortuna
Alumea me alumea
Mentres que non ven a lúa

Santa Maria loei
e loo e loarei.

Púxenme a contar estrelas
E botalas no sombreiro
Non as puiden dar contado
Ata que veu o luceiro

Santa Maria loei
e loo e loarei.

Ímonos deiquí qu’é hora
Ímonos deiquí qu’é hora
Vais’o carro das estrelas
I’eu non quero durmir soia.

Santa Maria loei
e loo e loare.

8.- Leabhar Ghabhála  
(Escribindo o libro – A Torre de Breoghán – A saída dos barcos – Chegada a Eire – A morte de Ith) - (Tradicional – Bieito Romero –L.N.L.)
Libro das Invasións de Irlanda escrito por monxes irlandeses no século XII e inspirado na tradición oral deste país


9.- Mandad´ei Comigo  
(Martín Codax – L.N.L.)
Cantiga nº 2 do troveiro vigués Martín Codax, un dos expoñentes máis sobranceiros da lírica galaico-portuguesa

Mandad’ei comigo
Ca ven meu amigo
E irei, madr’a Vigo

Comigu’ei mandado
Ca ven meu amado
E irei, madr’a Vigo

Ca ven meu amigo
E ven san’e vivo
E irei, madr’a Vigo

Ca ven meu amado
E ven viv’e sano
E irei, madr’a Vigo

Ca ven san’e vivo
E d’el rei amigo
E irei, madr’a Vigo

Ca ven viv’e sano
E d’el rei privado
E irei, madr’a Vigo

10.- Ao pasar pola Coruña  
(Tradicional – Bieito Romero - L.N.L.)
Cantiga tradicional galega cantada orixinalmente por Eva Castiñeira e recollida nun traballo etnográfico feito por Pablo Quintana sobre a música tradicional galega.

Moza que estás na ventana
coa punta do pano fora
recolleo para dentro
c’o pano non enamora.

lala la laralaraleela
Lara la laa laralaraleela
Lara la laa laralaraleela
Lara la lara la la la

As rapazas da Coruña
Non é unha que son todas
Botan dous pares de medias
Pr’a facer as pernas gordas.

La la la…

Ao entrare na Coruña
O primeiro que se ve
Son as mozas na ventana
E as camas sen facer

La la la…

Da tua ventana á miña
Hai unha longa cadea
Toda chea de suspiros
Toda de suspiros chea

La la la…

Non teño nin pai nin nai
Que xa mos levou a morte
Agora eu quero saber
Onde me leva a sorte

La la la…

Aí vós vai a despedida
Aí vós vai a derradeira
Acabouse o chiculate
Rompeu a chiculateira

La la la…

11.- Milesians  
(CSM 167 “Quem quer que na virgen + Carballesa) – (Alfonso X – Bieito Romero – L.N.L.)
Os fillos de Mil, asentados en Galicia, últimos e definitivos conquistadores de Irlanda según o Leabhar Ghabhála


12.- Canto de Arada  
(Cancioneiro galego de Casto Sampedro y Folgar nº 79 – L.N.L.)
Canto de arada tradicional recollido no Cancioneiro de Casto Sampedro y Folgar.


13.- Les Set Gotxs  
(Llibre Vermell de Montserrat – L.N.L.)
Cantiga do “Llibre Vermell de Montserrat” en catalá antigo

Les set gotxs recomptarem
Et devotament xantant
Humilment saludarem
la dolça verge Maria.

Ave Maria gracia plena
Dominus tecum virgo serena

Verge fos anans del part
Pura e sans falliment
En lo part e prés lo part
Sens negun corrumpiment

Ave Maria gracia plena
Dominus tecum virgo serena

Verge tres reys d’orient
Cavalgant amb gran coraje
Al l’estrella precedent
Vengren al vostré bitage

Ave Maria gracia plena
Dominus tecum virgo serena

Verge estant dolorosa
Per la mort de Fill molt car
Romangues tota Joyosa
Can lo vis resuscitar

Ave Maria gracia plena
Dominus tecum virgo serena

14.- Camiña Don Sancho  
(Tradicional – Nani Garcia - L.N.L.)
Fermoso romance anónimo galego aprendido do repertorio de D. Faustino Santalices

Camiña Don Sancho
mañanciña fría,
a terra de mouros
a librar cautiva.

Naveira da fonte
da fonte vellida,
as vendas de liño
lavaba mociña.

De terra de mouros
Don Sancho volvía,
Ai!, alma da fonte
deixaba cautiva.

Agradecementos

Estrela Casdelo, Moncho Viñas, Manel Raposo, Estefanía Domínguez Cagigao, Isidro Cea, Nani García, Xabier Cordal, Carmen Alonso, Jean Bernard Barrenquy (Barrabás) Nonito Pereira, Guillermo Vergara, Rosalía Mera, Raquel Gamallo, Carlos Maceiras, Marisé Barreiro, Tonecho e Marisa (Casas Saqués), Elba Fernández, Chus Facal, Alberto Casas, Juan Collazo, Federico Ortega, Luz Divina, de Warner: Alfonso Pérez, Mónica Gutiérrez e Enríque Magaz, 
grazas especiais a Maruchy Suárez por crer en nós e no noso proxecto e tamén a tod@s os nos@s amig@s e familias que nos apoian incondicionalmente, é que grazas a eles Luar Na Lubre continua a traballar con ilusión e gañas.









Luar Na Lubre

O son do ar
Beira Atlántica
Ara Solis
Plenilunio
Cabo do Mundo
XV Aniversario
Espiral
Hai un paraíso
Saudade
Camiños da Fin da Terra
Ao Vivo
Solsticio
Mar Maior



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Luar Na Lubre

* Luar Na Lubre en Lisboa
* Luar Na Lubre en León
* XABIER DIAZ & ADUFEIRAS DO SALITRE na Festa do Avante! (Portugal)
* Vindeiros concertos de Luar Na Lubre
* XXXVIII Festival Irmandiño de Moeche

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista




< =Solsticio
( Luar Na Lubre )
Fandango Desesperado
( Luvas Verdes )
= >


Voltar á páxina principal