A escencia de Leilía pasa pola recuperación do que nos dá indentidade cultural: as melodías tradicionais, pero existen outros moitos elementos que nos definen como pobo, que nos imprimen carácter e nos fan ser como somos. Destaca entre eles sin dúbida, e ocupando un posto dos máis relevantes O MAR, o noso mar bravo, aberto, rico.... e desgraciadamente ferido.
Os dramáticos acontecementos que asolaron este pais a raiz do Prestige, conmoveron a unha sociedades que vive e respira o sal do mar... O golpe dou onde máis podia facer, na colunma vertebral da nosa economía...
Persoas con nome e apelido, pero que son anónimas e das que destaca unha profunda conciencia, uníronse nunha loita titánica contra a Peste Negra. Asi, mariñeiros, mariscadores, estudiantes, xubilados, amas de casa, camareiros, transportistas... formaron unha gran masa humana baixo o nome de "Voluntarios". Foron eles e só eles quenes gañaron a batalla ó monstruo negro... pero por desgracia esa guerra non está rematada, e debemos seguir loitando coas nosas armas: as mans, os rudimentarios artiluxios, os barcos, as potas e sobre todo as miles de razóns que nos levan a recuperar as nosas costas e o noso mar.
Por sorte, sempre das miserias e as desgracias se saca algo bo, neste caso foi o movemento cívico que a sociedade galega e non galega levou adiante, e que provocou un xiro de comportamento e un exemplo a seguir.
De parte de Leilìa, e pensamos que de parte do pobo galego en xeral, ainda que sabemos que esta mensaxe só vai chegar a unha pequena parte deses voluntarios, darvos as máis siceras GRACIAS, porque axudastes non só na recuperación das praias, senon porque fixestes propia unha dor que nos estaba consumindo e que gracias á vosa presencia e os vosos esforzos foi máis levadeira.
De outra parte, dos que non se poden incluir dentro do apartado anterior preferimos non falar. De quen nos provocou tanto mal e nos fixo sufrir e chorar a tódolos que temos nome e apeildo e conciencia... non queremos nada e non lle damos nada.
A emoción, a desolación, a incertidume, o medo, a indignación, a rabia, a impotencia e a idea de que as cousas se poden facer mellor, foron os pais do tema "Cantar por non chorar".
Queremos deixar testemuña da inmensa ilusión e emoción que nos provocou a masiva reposta ó chamamento da gravación deste tema, na praia de "Ardeleiro", en Carnota o 29 de xaneiro. As voces de cada unha das personas que ese dia cantaron e colaboraron con nós, perdurará para sempre nas nosas memorias, e na memoria dun mar que loita por recuperar o esplendor pasado.
Para acabar, só unha cousa: un NUNCA MÁIS a CHORAR MIRANDO Ó MAR.