1. Ferida
Letra e música: Alberto Lago
Soio penso en mante-la
Túa bágoa atrapada
Quizais sexa esta ferida
Que co tempo non se tapa.
Non penses que son cadeas
¡Non penses..! ¡Non penses nada!
Non descubras este medo
Que me esperta, que me mata.
Se me levan que me leven
Se me levan que me leven
Non me levan por roubarte
Que me levan por quererte.
E agora se me escoitas
¡Non digas..! ¡Non digas nada!
Cúrame desta ferida
Que me esperta, que me mata.
2. Soidade
Música: Alberto Lago
3. Liorna
Música: Suso Iglesias / Alberto
Lago
4. Amarante
Letra: Seso Durán
Música: Alberto Lago
Levo amores nunha cesta
Pra quen queira cobizare.
Ven meniña á luz sen medo
Ven meniña que é de balde.
Sonche ollos de fronteira
Que alumean pensamentos
Que che levan a unha calma
Feita cun mar de silencio.
Teño algúns
que son boíños,
Outros que non teñen nada.
Viste a saíña vermella,
Ven comigo que hoxe é festa.
E se un día me
reprochas
Os amores que levaches,
Non te enfades que isto é un soño
E xa acordarás máis tarde.
5. Lar de tolos
Música: Benito Sánchez /Alberto
Lago
6. O camiño dos niños de Araña
Letra e música: Seso Durán
Intro: Tradicional.
Nunca eu pensara que
na noite andaría
O camiño dos niños de araña.
Nunca eu quixera andar pola bolsa e a vida
O camiño dos niños de araña.
Nunca eu abrise, nunca eu morase
Nos seus bicos de niños de araña.
Nunca eu abrise, nunca eu morase
Nos seus bicos de niños de araña.
Alí vai o mar nun regato,
Vai e vai namorado.
Baixando nun fío de espello xeado. Baixando nun fío
de espello xeado. Hasta entolecer.
Nunca eu mirara o fío
frío dos seus ollos
Sentíndome ben, sen medo a ninguén.
Máis cando o fío foi mar namorado
Fuxiu de min, hasta máis ver.
Nunca eu morase nos seus
bicos,
No seu peito, na súa ansia
Máis ó camiño dos niños de araña
eu voltarei.
7. Esfarrapada
Música: Alberto Lago
8. Estou cantando...
Letra e Música: Alberto Lago
Viva a bailadora
Que a volta do medio
Ben sabe dar
Porque eu xa non bailo
E xa non me poden agharrar.
Viva a túa gharghanta
Viva quen te axuda
E sabe cantar
Porque eu xa non canto
E xa non me poden axudar.
Viva, viva o teu canto
Porque este canto
Vai terminar
Porque eu xa non canto
E xa non me poden axudar
9. Carta para María
Música: Seso Durán / Alberto
Lago
10. Absenta
Música: Alberto Lago
11. Ven
Letra e Música: Seso Durán
Cantas preguntas feitas
ó vento,
Cantos soñiños hai que cumprir.
Canta tristura na morte da chuva
Nunha gota de auga pura.
Cantas preguntas feitas
ó vento
E canto máis pides menos che dan.
Baila coa sorte cando desexamos
E a sorte é só sorte..
Escura..
Como unha paixón distante,
Como o ceo na noite insomne,
Como a música das tormentas,
Como a dor de tantas victorias.
Ven
meu amigo a cantar alegría
meu amigo coa fronte ben alta,
Ven a seguir, a seguir, a seguir.
Ven
meu amigo a cantar alegría
meu amigo coa fronte ben alta,
Ven a vivir, a vivir, a vivir.
Cantos amores que nunca
quixemos,
Canto esquecemos para seguir
Canta tristura na morte das olas
Nun pouco de escuma pura
Escura..
Ven..
Vén a cantar por
amor e misterios
que acontecen mil veces ó día.
Nunca máis ós adeuses e ás noites
Nas que as horas se arrastran doendo.
|