
O venres 7 de Novembro, no Auditorio de Ribadeo, inaugúrase a IV escola de formación Fermín Penzol. O acto comeza ás 17h e de seguido terán lugar as actividades programadas para ese día: A conferencia de Suso F. Acevedo sobre "Historia e escolma da prosa no Eo-Navia", un recital de poetas de Galicia e da terra Eo-Navia, e a representación teatral de "A casa de Bernarda Alba" a cargo da escola de Teatro de Ribadeo.
Para o sábado 8 de novembro, está previsto que as actividades comecen ás 9:30 h coa conferencia "O teatro no Eo-Navia", por Rita Bugallo, e "Fotografías antigas do Eo-Navia" a cargo de Carlos X. Varela Aenlle. Ás 11:45 entregarase o Premio Fermín Penzol pola defensa da lingua e da cultura tradicional, e logo celebrarase unha mesa redonda sobre "Presente e futuro da música tradicional en Galicia e no occidente de Asturias", na que participaran Abel Pérez Méndez e xaquín Xesteira. Pecharan os actos da mañá unha homenaxe musical e literario da escola Fermín penzol no cemiterio de Castropol. A partir das 16:30 farase unha visita guiada polas terras do Eo-Navia e rematará a xornada coa asistencia á castañada pupular nos Teixois-Taramundi.
|