Novidades Discográficas (2007)

Xabier Díaz, Luar Na Lubre, Malvela, Nova Galega de Danza, Quempallou, Arrás!, Cristina Pato & Mutenrohi, Mercedes Peón, Rosa Cedrón, Fía Na Roca, Xosé Manuel Budiño, Crema de Gaita, Milladoiro, Guezos, Dobarrismo, Galegoz, Skario, Machina, Loretta Martin, ... ..e máis

 

XABIER DÍAZ - COPLAS PARA ICIA

 

El Correo Gallego

«O cantante de Nova Galega de Danza dedica o seu traballo a unha muller "contemporánea, fan, amante, amiga ou coñecida
+>>


Culturagalega.org

«O segundo traballo de Xabier Díaz “Coplas Para Icía“ (Músicas de Salitre,2007) xa ten anunciada a súa chegada ás tendas para a segunda quincena deste mesmo mes. En “Coplas Para Icía” Díaz ten como compañeiros de viaxe ao percusionista e gaiteiro Pedro Lamas e o acordeonista Suso Iglesias. Neste disco Díaz rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo, compilación froito dun extenso traballo de campo entre os anos 1990 e 2000. A presentación en concerto está prevista para o vindeiro 22 de xuño en Culleredo ( A Coruña ) . Xabier Díaz foi finalista aos Premios da Academia da Música no 2005 polo disco “Músicas de Salitre“ que fixo xunto con Guillermo Fernández e co que acadou o 3º posto na edición dos galardóns La Opinión do mesmo ano.»
+>>

La Voz de Galicia

«(..)A muiñeira de cortellas de Soutomaior que serve de adianto do disco reflexa esa combinación do tradicional con outros ritmos, coma o jazz e mesmo os sons brasileiros, que xa se deixara sentir no seu proxecto anterior, o disco Músicas de salitre, gravado xunto ao guitarrista Guillermo Fernández -que en Coplas para Icía, exerce de produtor e mesturador-, co que foi finalista dos Premios da Academia da Música 2005 e que os trouxo en datas recentes ata os escenarios de Carballo e A Laracha..»
+>>

 

 

LUAR NA LUBRE - CAMIÑOS DA FIN DA TERRA

 


Luar Na Lubre voltan da súa xira Brasileira onde congregaron a máis de 3000 persoas nos teatros de Rio de Janeiro, Sao Paulo, Niteroi e Brasilia, presentando o disco Saudade.
E regresan á casa, xa no estudio, pra dar forma ó seu novo traballo "Camiños da fin da terra".
Sairá o mercado en setembro de 2007. Doce cancións que nos van achegar lendas e misterios dos camiños, paisaxes, que falan de mundos máxicos onde a natureza fúndese coa música.

No verán adiantarán parte destas canciones nos seus directos habituais e a xira do seu novo disco arrancará en outubro
 

 

 

 

 

 

 

MALVELA - DA MIÑA XANELA Á TÚA

La Opinion de A Coruña

«Entre os convidados para este disco achamos a Uxía Senlle, o Orfeón Treixadura, Sergio Tannus, Fernando Abreu, Augusto Canario, Luis Caruncho, a Charanga O Fiadeiro, Oli Giráldez, antigo membro de Chouteira, e Lorenzo Suárez.
O álbum editado por PAI música contén un dvd con dous vídeoclips, un documental, e un making off que recolle os diferentes momentos polos que pasou a gravación do disco.»
+>>

UXÍA SENLLE

«Malvela é máis que un grupo de música popular, é un espazo de encontro. Reunirse para cantar, esa era a única pretensión cando comezaron. Pero como a vida non é unha liña recta senón que está chea de curvas, de vaivéns, comezou unha aventura para elas que cristalizou nos seus tres discos e en innumerábeis concertos.

A aventura non é outra que a inmersión sen complexos nas cancións que fomos descubrindo e cociñando xuntas. Elas mesmas gardan na súa memoria romances, foliadas, cantos de traballo. Outras aprendémolas de outra xente á que admiramos e queremos (Dorinda Alonso, Carme de Fructuosa...).

Pero o máis importante foi que esas voces saísen das súas casas e nos regalasen a súa sabedoría e a súa humanidade. Ás veces esquecemos cal é o verdadeiro sentido da música. A receita de Malvela é a comunicación, o divertimento e a alegría para degustar a vida con imaxinación e co seu sabor natural, sen aditivos e a lume lento.

Por iso Malvela é unha xanela aberta pola que saen limpos e frescos eses cantos vellos cunha nova e clara vocación: a de facer do cotiá unha festa, unha oportunidade para a celebración e a irmandade.

Malvela e a súa música teñen ese poder milagroso da catarse porque cantan coas entrañas e nos fan máis felices e menos deshumanizados. Elas convídannos á súa casa en Mos e ofrécennos os mellores pratos do seu variado e rico repertorio. A pota está a ferver, o pan de Clara arrecende, a mesa está posta e a xanela aberta para que entren as raiolas desta primavera.»

+>>

 

culturagalega.org

«Con mais de 10.000 discos vendidos entre os dous primeiros albumes o grupo de cantareiras tradicionais Malvela presenta agora o seu terceiro traballo “da miña xanela á túa” (PAI Música). A feira Cultur.gal acolle esta presentación hoxe ás 20 horas no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. O disco foi gravado de novo nos estudios Casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío e Uxía Senlle, madriña do grupo desde que esta formación xurdiu dun curso de canto popular dirixido pola cantante. "da miña xanela á túa" consta dun CD de 15 cancións e dun DVD con dous vídeo clips, un documental, e un "como se fixo"..»
+>>

 

 

.

NOVA GALEGA DE DANZA - ENGADO

Engado, a música da nova proposta escénica da Nova Galega de Danza, aparece editada en cedé

Engado, o novo lanzamento de Falcatruada, é a música do novo espectáculo de Nova Galega de Danza: unha escolla de nove temas elaborada por Xosé Lois Romero a partires do seu repertorio propio e do de Pedro Lamas que foi gravada ao vivo nos estudos Mans de A Coruña no pasado mes de abril. A música da NGD está precedida de éxito, xa que o seu anterior traballo, Alento, foi recoñecido mellor disco do ano nos Premios Opinión de Música Folk.

Engado é unha produción artística na que participan cinco bailaríns e que fala da fantasía e da realidade das nosas vidas. Unha posta en escena que, coa colaboración de artistas galegos de diferentes disciplinas, quere engaiolar en cada un dos seus movementos, físicos coma musicais

A equipa musical de NGD está encabezada por Xosé Lois Romero, e conta entre os seus integrantes con Pedro Lamas, Xavier Díaz, Suso Iglesias, Ricardo Rozas, Miguel Queijas, José Belmonte e Miguel Castro.

Para o mesmo mes está previsto que Falcatruada reedite “Alento”, o disco que acompañou a anterior xira de NGD e que desapareceu do mercado hai un ano, xusto despois de acadar o V Premio Opinión ao mellor disco de folque do 2005. Un galardón que, por certo, recaeu este ano no grupo Nordestin@s, tamén editado por Falcatruada. Podedes ver un adianto de “Engado” pinchando aquí.

Falcatruada

 

 

 

 

 

QUEMPALLOU - POLO AIRE

blogoteca.com/lapaman

«(..) Musicalmente, o disco mantén claramente (a falta de analizalo a fondo...) a liña do anterior: música festeira, con algunha que outra peza reivindicativa e, en todo caso, boas letras, que é algo do que vén adoecendo desde hai anos a música folk galega. Saben contar historias e contalas ben. Defenden o galego, a cultura propia, ou falan de viño ou do amor; pero cóntano dun xeito narrativo e áxil. Ademais, manteñen unha estética moi coral, na que os instrumentos van buscando (e logrando) o seu punto de protagonismo.»
+>>


 

«Evolución, madurez, consolidación... seguimos na xeira e a dar gherra. Editado no 2007, nel intégrase por fin Xulio Abal coas cordas, logo de xa tres anos a canda nós. Ten como fío condutor a Radio, con diversas sorpresas alusivas entre tema e tema. Conta coa intensa colaboración musical de Pablo da Lama co saxo, Juansi co contrabaixo; e dos Dios ke te Crew, cos que gravamos o primeiro “hip-folk” da historia de Galiza (ou iso cremos), do que estamos moi satisfeitos. Non vos hiperventiledes!!

Quempallou segue polo aire, coma sempre coa lingua de fóra. Seguimos a dicir que pu, pu, pu ou o que sexa que nos pete no peito, sen nos importar demasiado que chova, namentres non nos leve o mar. Seguimos a peneirar ao son das malladoras, á procura dunha nova vida para que ninguén nos obrigue a ficarmos sen ti, sen vós. Temos un pouco de mel para quen nos acompañe nesta nosa frecuencia, de muiñeira tropical polas praias de Pantín, por exemplo. Muller miña, meu cabaleiro, Quempallou segue nas ondas, Quempallou segue POLO AIRE....»

www.quempallou.com

ALALÁ
Naceron na primavera do 1999 dacabalo entre o Morrazo e o Incio, son sete mozos cunha filosofía viva no que á música se refire: a súa máxima e que o público cante, baile, aturuxe, berre… nunha palabra que o pase en grande, que ningún dos presentes deixe de sentir o formiguillo que lle fai movelos pés e de xeito incontrolado todo o corpo.
Son unha mestura entre a gaiteirada feliz e a cantiga de escarnio, entre foliadiña de baiúca e festa rachada de festival, entre cancioneiro e composición….
(..)
Quempallou fala das cousas que lle preocupan e cunhas letras que convidan a face-la festa sen esquecer as cousas do mundo no que lles tocou vivir”.
A comezos de Maio estará o seu terceiro disco no mercado. “Polo aire” e ¡ollo! non voará só, virá con moitas sorpresas.
»

Ver programa >>

 

 

 

ARRÁS!! - ASUMINDO RISCOS

O grupo folk Arrás!! gañador da sexta edición do concurso para grupos folk noveis de Radio Obradoiro, ven de publicar o seu primer disco titulado "Asumindo Riscos", que como o seu nome indica é un disco moi arriscado polo experimental de este.
Este grupo esta formado por 6 músicos de distintas formacións,de toda a xeografía galega, unidos pola musica galega, pero cunha visión diferente de esta.
Arrás!! son :
Rocio Jimenez: voz e multipercusión
Jimmy Failde: Batería e percusións
Pablo Gómez: Piano, teclados e voz
David Bellas: Gaitas galegas, saxo tenor e soprano, uillean pipe e frautas.
Michel Rivadulla: Guitarra acústica e eléctrica.
Manolo Abraldes: Baixo eléctrico
Xabi Esqueira: Técnico de son e Produción musical.
En Breve www.folkarras.com

 

 

 

 

CRISTINA PATO & MUTENROHI - MISTURADOS

Galicia-Hoxe
«Eu son gaiteira desde que tiña 4 anos e toquei en todo tipo de formacións con diferentes propostas, pero Mútenrohi foi a miña primeira experiencia no "lado experimental", deume a posibilidade de traballar con liberdade na fusión da gaita galega coas músicas que máis me gustaban nesa etapa da miña vida: rock, pop e incluso tecno. Os Mútenrohi déronme o soporte e o espazo escénico para desenvolver as miñas inquedanzas.»

Abuse Magazine
«Y resulta que he puesto el disco de su retorno en el reproductor hace unos minutos y ahora estoy moviendo los pies como un tonto mientras escribo, al ritmo gaitas, percusiones y violines. Y encantado de la vida, oigan, porque emana alegría, buenas vibraciones y saber hacer. No en vano para ella supone el reencuentro, diez años después, con alguno de los que fueran miembros de su primera banda, Mutenrohi. Un puro autohomenaje musical.

El disco en sí es un trabajo en directo más un DVD donde se hace un repaso a los temas fundamentales que han acompañado a Cristina Pato en estos diez años. Os sentidos, Tolemia, Carmiña Carmela….»

 

 



 

culturagalega.org
«Como edición conmemorativa do décimo aniversario da formación ourensá a banda reuniu a boa parte dos seus músicos fundadores e xuntouse tamén coa gaiteira Cristina Pato que iniciou a súa andaina escénica con esta formación. O reencontro coa banda plasmouse nunha serie de concertos nos que a gaiteira, en pleno paréntese da súa carreira profesional mentres realiza os seus estudos de doctorado en EE.UU. volve interpretar os temas de Mutenrohi que tanto influíron na súa traxectoria profesional mesturados con vellos e novos temas da gaiteira. Un espectáculo no que os antigos membros de Mutenrohi e algúns dos membros da banda de Pato mestúranse para celebrar este aniversario e tamén para agradecer ao público o apoio recibido durante todos estes anos.»

 

MERCEDES PEÓN - SIHÁ

La Voz de Galicia
«Fago música de autor, cunha autoestima cultural que me sae polas orellas»
+>>

aportaverde.blogspot.com
«Mercedes Peón ven de presentar con éxito rotundo en Vigo o seu terceiro disco, Sihá
O sábado 14 de abril vibramos tod@s con ela, outra volta, nunha república de soños dacabalo entre as entranas da tradición galega e os experimentos máis transgresores do seu talento artístico, tan encantadora e atrevida coma sempre. Parabéns, Mercedes!. »
blogoteca.com/lapaman
«Rallada mental: Peón fártase de dicir que a súa é música de autor. É completamente certo. Non obstante, paréceme que desta vez fóiselle a cabeza demasiado cara ás polirritmias e os exotismos e barroquismos de ambientación. Para o meu gusto, esqueceuse do valor do músico.. »
rtv-fm.com
«Sihá es el eco del canto de aquellas ancianas de Bergantiños que abrieron para siempre el corazón de la joven Peón a la música tradicional de su tierra. El recuerdo de los años recorriendo pueblos y aldeas para rescatar del olvido antiguas melodías. Sihá es la memoria reclamando el presente. Un espacio en el que los ritmos ancestrales nos recuerdan que entre el norte de África y la torturada costa atlántica gallega, la distancia no es tanta. Como tampoco lo es aquello que separa vanguardia de tradición, aquí caras de una misma moneda, mitades perfectas de un todo indivisible. »

 

 

 

 

ROSA CEDRÓN - ENTRE DOUS MARES

 

A Nosa Terra
«Entre dous mares é o título do disco co que Rosa Cedrón abre a súa carreira en solitario. Con recendos da música clásica, aires folk e mesmo celtas, a que fora cantante de Luar na lubre mergúllase en augas novas da man dunha voz versátil e dun violonchelo que volve cobrar protagonismo.»

 



 

Culturagalega.org
«Anunciado con moita anterioridade ven de saír á rúa o primeiro traballo discográfico en solitario de Rosa Cedrón. A carismática cantante e violoncelista que foi parte da banda Luar na Lubre presenta en “Entre dous mares” (Warner Music) doce temas nos que ademais de cantar é compositora da meirande parte deles, aínda que tamén inclúe melodía e letras tradicionais. Para o disco contou ademais coa colaboración nas letras de Yolanda castaño e Alba Felpete. O traballo vai marcado pola bipolaridade en varias facetas da artista, entre a música clásica e a tradicional, entre a faceta de violoncellista e de cantante, entre a súa carreira anterior e os seu novos camiños musicais..»
El País
«Cedrón indicó a este diario que Entre dous mares es el resultado de describir su situación actual y ser "totalmente sincera". El trabajo, "muy artesanal", fue grabado en los estudios de Maré Producciones en Fonteculler. El disco incluye nueve temas en gallego y tres en castellano, con letras de Yolanda Castaño y la bailarina y poeta Alba Felpete.

Todo son composiciones de Cedrón (que se atreve con la letra de Miña nai lúa), a excepción de Heicho de dar -tradicional que interpretaba con Luar na Lubre-, Macedonia y Como soños de nacre, de Doa. Precisamente Xoán Piñón, con Rodrigo Romaní, Xacobe Martínez o Marcos Sánchez, es uno de los músicos invitados del disco. Cedrón forma inicialmente con los guitarristas Álex Blanco y Antonio Peña, su hermano Javier Cedrón (violín) y Manolo Gutiérrez (piano).»

 

 

FÍA NA ROCA - VENTE VINDO

La Voz de Galicia
«O grupo compostelán non renuncia á tradición musical, pero a voz de Sonia Lebedynski xa non é excepcional»
+>>


blogoteca.com/malmequer

«Vente vindo” (Corda Frouxa, 2007) é o nome do novo traballo de Fía Na Roca que o grupo, acompañado polo xornalista da Radio Galega Pepe Carreira, presentaron hoxe no Consello da Cultura Galega.
O disco presenta catorce temas nos que a presenza vocal de Sonia Lebedynski adquire un maior protagonismo respecto a anteriores traballos de Fía na roca.
A formación presenta tamén algúns cambios coa incorporación de Xabier Olite e Roberto Rama substituíndo a Xabier Bueno e Cris Gándara. Carlos Castro, Giao Rodríguez, Roberto Santamarina e Xosé Ramón Vázquez seguen no grupo.
O disco foi gravado en catro días o pasado abril no Estudio SoNNatural, en Angueira de Castro (Rois) e mesturado no Estudio 5 da Radio Galega.
O grupo marcha para Alemaña onde iniciará a súa xira en Frankfurt, pasando despois a outras localidades, a Francia e incluíndo tamén Galiza na xira de verán.»

>>


 


 

 

XOSÉ MANUEL BUDIÑO - .......?

«Este verán de 2007, coincidindo co décimo aniversario do primeiro disco de Xosé Manuel Budiño “PARALAIA (1997)”, presentarase un Novo Disco con composicións cheas de vitalidade e coa colaboración de amigos como:

Jorge Pardo (saxo) - Paco Charlín (contrabaixo) - Paulo Borges (piano) - Jacky Molard (violín,guitarra) - Carlos Castro (percusión) - Kepa Junkera (trikitixa) - Mercedes Peón (voz) - Xoel López (voz) - Antón Reixa....»

>>

 

 

TanGalego. Crema de Gaita

Galegoz. Revolution Dance

Crema de Gaita é un grupo folk vigués que abraza formas pouco convencionais na música folk concibida na Galiza. Con TanGalego achégase aos ritmos latinos (tangos, tumbaos, boleros, habaneras,…) sen descartar influencias euroatlánticas e versións de temas de música tradicional galega.
Ernesto Campos, compositor de temas para Carlos Núñez, Xosé Manuel Budiño ou Susana Seivane, é o autor da meirande parte das pezas que interpreta aquí co resto da banda.

 

 

 

 

MILLADOIRO - UNHA ESTRELA POR GUÍA

Culturagalega.org

«"Unha estrela por guía" é o título do novo disco de Milladoiro, que é ao tempo o primeiro do grupo no que todos os temas contan con voces. Isto débese a que o proxecto musica poemas do falecido poeta chairego, Manuel María, na voz da cantante Laura Amado. Boa parte dos temas xa se puideron escoitar ao longo do pasado ano en diferentes homenaxes ao escritor en todo o país.»
>>


 

 

La Voz de Galicia

«O vixésimo álbum do grupo será o primeiro no que todos os temas sexan vocais.
(..)
Milladoiro decidiu no seu novo disco unir a súa inspiración á de Manuel María, o gran bardo lucense falecido no 2004. Onte chegou as tendas o álbum baixo o título Unha estrela por guía , composto por dez cancións e un tema denominado bonus track a modo de engadido. A gravación da banda percorre diferentes composicións que o poeta da Terra Chá vertera en libros como Cancións do Lusco ao Fusco , As rúas do vento ceibe ou Sonetos á casa de Hortas....(..)»

+>>

 

 

A banda ourensá de folk-rock GUEZOS edita 99-06, un compilatorio que fai un percorrido polos seus sete anos de vida, inlcuindo catro temas gravados ao vivo.

Pódese descargar legalmente e de balde na páxina
www.aregueifa.net

Guezos creouse no ano 1999 e segue vivo a este lado do Miño. Moitas cousas pasaron nestes sete anos, xente que se uniu ó proxecto (e outros que nos deixaron), moitos quilómetros (inda que non tantos como teriamos desexado), uns cen concertos (e os que quedan por vir), dous discos (autoeditados e autofinanciados) e moitas horas de traballo, música e ilusións.
O traballo "99-06" recolle un resumo destes sete anos de experiencias coa banda e a xente que a rodea. Antes de continuar o noso camiño nos gostaría compartir estas 12 cancións con todo aquel que teña gañas de facelo, e uns poucos megas libres no disco duro.
Agardamos que as desfrutedes, e que haxa a partir deste 2007 máis música e moita festa, que é o motor que fai andar os corazóns e as pernas.


 

 

 

Dobarrismo.com

O dobarrismo xa chegou!!

Os grupos de pop galego piden paso, e queren entrar pola porta grande. E que mellor xeito de facelo que rendéndolle tributo ao icono do xénero no país: o ferrolán Andrés do Barro, pioneiro á hora de colar un tema no noso idioma no máis alto das listas de éxitos do estado con O Tren. Un sopro de aire fresco para a súa época, e un sopro de aire fresco no panorama musical actual, coa revisión dos seus temas máis laureados a cargo de trinta bandas da emerxente escena galega.

E, da man do disco, toda unha revolución, con manifesto incluído: O Dobarrismo! “Velaí trinta grupos emerxentes a compartir unha paixón: Andrés do Barro, en epifanía colectiva, como fito fundacional da cultura pop galega. Andrés do Barro, á marxe da turbación, e masturbación, da palabra “nostalxia” (a maior parte destes artistas non tiñan nin nacido nos anos dos seus trunfos). Andrés do Barro, referente definitivo para unha nova estética, a sonoridade dunha lingua que desde esta fin do mundo se dispón -tamén en clave pop- a facer vibrar o planeta.” Son as palabras de Xurxo Souto, capitán bravú da Terceira Revolución Musical Galega (a do propio Andrés, a Primeira, e a de Os Resentidos, a Segunda), e actualmente trobador das ondas herzianas no programa Aberto por Reformas da Radio Galega.

 

Projecto Mourennte, The Homens, 6pm, Niño y Pistola, Narf, Ectoplasma, Samesugas, Elodio y los Seres Queridos, Fanny + Alexander, Noveulle Cousine... trinta grupos nun dobre cd para darlle volta e berrar viva Andrés do Barro. Unha oportunidade inmellorábel para achegarse á súa obra e, ao mesmo tempo, reivindicar a dimensión do pop do século XXI feito no país. Se o legado de Andrés do Barro fora un tanto esquecido en descoidadas recompilacións de grandes éxitos, Falcatruada edita agora unha coidada e arriscada edición a partires dunha iniciativa dos propios grupos que participan no proxecto.

“Manifesto Dobarrista: un disco tributo a Andrés do Barro” inclúe ademais colaboracións coma a de Andrea Lapique, filla do cantante ferrolán, que lle recita versos ao seu pai na canción Meu Amor, de Fanny + Alexander. No libro do cedé hai, ademais, textos de homenaxe escritos pola propia Andrea, polo poeta e xornalista Daniel Salgado, e por Xurxo Souto, dos Diplomáticos de Monte Alto.

>>

 

 

GALEGOZ - REVOLUTION DANCE

O selo VIR de Ouvirmos edita Revolution Dance, o esperado segundo disco de Galegoz.

. A banda de Payno, Viascón, D. Mutante e compaña presenta Revolution Dance, un traballo cun son compacto, maiores influencias disco e dos 70, letras máis irónicas e novas proclamas disco-revolucionarias.

A banda de Payno, Viascón e D. Mutante sorprenderate indo máis aló do seu orixinario Aranhoto style. Revolution Dance vai facer honor ao seu título revolucionando as pistas de baile coas súas bases electrónicas condimentadas con funky, sons oitenteiros e pandeiradas klezmer. Se gustabas da mestizaxe electrónica do anterior disco agora vas adorar este novo pinchagato rítmico.
Dispoñíbel xa na nosa tenda online e a partir do 2 de maio nos puntos de distribución habituais.

Galegoz. Revolution Dance

 

 

 

SKARNIO - O NOSSO CAMINHO

Logo skarnioLogo de mais de três anos dende o seu último disco "Arredista", Skárnio volta ao estudo para preparar o que será o seu terceiro trabalho "O nosso caminho". A data do começo da gravaçom é o dia 4 de março e fara-se entre os estudos Area Master (Vigo) e Oceano (Panjom).
Ao cargo da producçom de som estará Xavier Abreu, quem já correu com este labor no disco anterior. Outra das claves atopamo-la na coproducçom musical de Pedro Feijoo (Lamatumbá), quem já leva messes trabalhando coa banda ao travesso de pregravaçons registadas dende o seu estudo Muu! (Vigo). Por outra banda, o disco contará coa participaçom de certos artistas que quizerom colaborar no novo trabalho desta banda ska.
"O nosso caminho" seguirá a linha de ska rápido e combativo de Skárnio ainda que intercalando ska-clásico, reggae e inclusso ska-jazz. Um disco variado que superará tudo o anterior e que olha cara ao futuro, pero coa pessoalidade própria desta banda nascida há dez anos no bairro viguês de O Calvario.

 

 

 

MACHINA - ...?

Na actualidade Machina prepara a grabación do seu primeiro disco, do cal aparecerá unha promo con dous temas en marzo deste ano 2007, como adianto ó lanzamento da obra completa despois do verán.

Machina
Machina chega dende Cerceda, un dos berces do rock galego (Zënzar, Desertores do Arado, Nasser, Shangrila, Sensacha, Presencia Zero). A banda sufriu moitas tranformacións dende os seu inicios no ano 2001 ata chegar a actual formación, mextura de diversos músicos pasados por bandas míticas da escea galega como Presenca Zero, Banda Melghacha e Banda Potenkim. Machina compartiu esceario con grupos de renome como NDNO, Herdeiros da Crus ou Soziedad Akoholika e coa súa maketa titulada “S.O.S. Machina” gañou o concurso interuniversitario Campusons.

Machina presenta unha proposta que se pode considerar alternativa non só na música en Galego senón tamén, na música do noso país. Usando sempre o Galego como fonte de expresión, Machina achéganos o seu peculiar estilo difícil de calificar pero que poderiamos etiquetar como emo-core. As súas influencias son moi variadas pero por citar algunhas: The Used, Tool, Deftones, 36Crazyfits, Körn, At The Drive in, Berri Txarrak. A banda Cercedense herdeira do chamado “sons Cerceda” propón a súa receita de ingredentes emotivos e cañeiros sempre en Galego e sen xusificacións por así facelo.

 

LORETTA MARTIN - PARAÍSO DISTANTE

Os coruñeses LORETTA MARTÍN (Brais Morán -voz e guitarra-, Fran Sanz –baixo- e Iago Otero -batería-) comezaron a emitir en 2002 comopoñendo melodías de blues rock, aínda que a influenza de grupos como -123 min, Zuco 103, Jamiroquai ou Red Hot Chili Peppers deixou fonda pegada na súa música.

Catro anos despois, ve a luz “Paraísos distantes” (falcatruada, 07).

A súa proclama non deixa lugar a dúbidas: “non hai nada que poda ir atrás”. Así que, coa única pretensión de divertir e sempre na procura do groove e fuxindo da pureza, a nova singradura destes tres coruñeses discorre por roteiros aperturistas e fusionadores nos que o funk, o jazz e a música brasileira modelan o son cara a uns sons que se poderían definir coma Funk-Rock. 12 temas que animan a mover os pés, pero vestidos de samba e jazz. I é que “Paraíso distante” afonda nas influencias máis cálidas da banda: é o caso de “De Repente”, a adaptación dun tema de Vinicius de Morais, que fala ben ás claras do camiño a seguir na extensa xira de concertos que os agarda.

 




 

...e tamén.. (en breve máis información):

SRA CARMEN (de Malvela)- NA FLOR DOS MEUS ANOS
(Este traballo que ten colaboracións de luxo como Dulce Pontes, Isaac Palacín (Berrugüetto), Fernando Abreu (Mercedes Peón) ou Paulo Borges (Uxía), estará moi posiblemente nas tendas en Xuño.)

SON DE SEU - TRASTEMPO
(coa colaboración do Orfeón Treixadura.)

BATUKO TABANKA - YUNTAMON
(proxecto que xunta a música de Cabo Verde e Galicia gracias á colaboración de músicos da talla de Xosé Manuel Budiño, Uxía, Tchek, Badú.)

ENTRE TRASTES

CANTADEIRAS DO BERBÉS - TODOS A BORDO

PABLO SEOANE - FLUINDO EN PECHADO

GAITEIROS DO INCIO - ..?

ULTREIA - ...?

XOCHILMICA - ...?

EMILIO CAO - ...?

 

 

...e un libro

Xaquín Xesteira
presenta a primeira entrega do seu
Método de Gaita Galega

 


 

 



web en preparación: bótame unha man!!

 

<< Ir á Páxina Principal