Páxina anterior

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


XABIER DÍAZ
Coplas para Icía

 

 

 

 

 

 




www.xabierdiaz.com

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

7 comentarios deste disco .....

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

Unha casa vella na aldea. O brión acocha os espazos nos que Icía remexía. Muller coma poza de música cantaruxaba coa súa voz de auga levada e regaba o lugar enteiro. Ula vai? Cantos séculos entre ela e nós? Hai un patrimonio material que cobra valor co tempo. Alguén mercou a casa de Icía e restaurouna. E o patrimonio inmaterial?. A fala, os contos, as cancións. Herdanza inmaterial, sustento líquido que corre coa augada poza e dilúese na terra. Catedrais de sons, alicerzadas na vida anónima do pobo, quen ten conta delas? Tería de haber canteiros de música, delicados e agarimosos artesáns, dos que labran coplas con aparello fino e restauran as pezas que aínda resisten na memoria, na voz de folla seca dos vellos. Ou bisnetos que volven á aldea, oufanos do seu, recoller os enxovais da fala estrados entre as silveiras co abandono.

Xabier é dos que volve. Anda a remexer na terra que a muller regou. Saca a música da aldea con todo coidado e pona no mundo.

Pona coma el a sinte, co seu aquel atlántico, con esa voz que bate e acariña coma un manto de mar. Abala e devala no seu canto ancestral e contemporáneo. Aí as melodías collen brío, tan cubertas de arañeiras que parecían. Regálaas con ondas de jazz, con lanzais percusións e acordeóns coma apertas delongadas. Non hai disfraces, o alento popular permanece coa limpeza dunha pedra tallada. Tamén non hai complexo cosmopolita. Recupera para recrear de seu, con atrevemento, congalanura. Vivencia anovada da tradición, ousado querer do propio, Xabier vai labrando da súa man unha canle de pedra firme para que corran vizosas as coplas da poza daquela imaxinada Icía ante nós. Outra Icía cativa xa ha de andar a cantaruxalas.

Imos contar con mil primaveras máis para a música do País. Música de raíz disque?.

 

Susana Trigo

 

 

Xabier Díaz
(Voz e Percusións
Tradicionais)

 

Pedro Lamas
(Saxo soprano
e Gaita)

 

Suso Iglesias
(Acordeón)

 

 

 


Colaboracións:


Guadi Galego
(Voz)


Iván Costa
(Zanfona)



Xosé Lois Romero
(Pandeira)


Pandeireteiras
do Grupo Arestora
(Voces e Percusión)

 

 

 


Produción e
mesturas:


Guillermo Fernández.

 

 

 

 

Produción
executiva:


Músicas de Salitre 2007
www.musicasdesalitre.com

 

 

 

Fotografía e
deseño:

Paula Toral.

 

 

 

Correción e tradución
dos textos:

María Xosé Silvar.

 

 

 

"Sanabria", por cortesía
de Tecnosaga.

 

 

 

info@xabierdiaz.com
www.xabierdiaz.com

 

 
   

 

 

 

 

 


1.- Cantar de Muiño    
 
Tradicional / Xabier Díaz, Pedro Lamas, Suso Iglesias

Asubía que vai vento
tamén eu asubiaba
cando era do teu tempo.

Canta miña curmá canta
canta pola primavera
canta que me leva o aire
canta que o aire me leva.

Estreliña do luceiro
vai andando que eu xa vou
vaime dando claridade
que o luar xa se acabou.
Canta rula na gaiola
canta rula na gaiola
canta rula, canta rula
que o teu cantar me namora.

Porque non cantades nenas
porque non cantades todas
unhas porque teñen garbo
outras porque son señoras.

Xa me vou, deica mañá
un adeus para os que quedan
outro para os que se van.

 

2. Xota de Bazal    
Tradicional / Xabier Díaz, Pedro Lamas

Vivan os que andan no baile
viva os que andan bailando
vivan tamén os amores
onde me están agardando.

Aquela que anda no baile
coa saia de picote
e o galán que anda con ela
que ben retorce o bigote

Este pandeiro que toco
é de pelico de corzo
tócano en Pelliceira
e resoa en Arandoxo

Bailador do pé lixeiro
bailador do pé lixeiro
porque me fas apertar
as miñas mans ao pandeiro.

Agora si vai o baile
agora si leva brío
porque din que andan bailando
mociños ao desafío


3. Muiñeira de Cortellas de Soutomaior     
Tradicional / Xabier Díaz, Pedro Lamas, Suso Iglesias.

Baila con ela galán
non lle toques no mandil
ela é muller casada
ten o home no Brasil.

Pandeiro de catro esquinas
non se toca cunha man
dallo á miña cuñada
á muller do meu irmán.

Escribíache unha carta
se ti ma souberas ler
para darlla a ler a outro
velai vai o ben querer.

Este pandeiro que toco
non é meu que é de María
que llo teñen emprestado
para ir á romaría.

Agora non canto máis
vou a dar a despedida
despedida coma ela
non a dei na miña vida.

Rosa quen che puxo Rosa
muito puido adiviñar
unha rosa no inverno
é moi mala de criar.

Deixame ir que vou depresa
que vou abrir unha poza
que a teño encharcada
no corazón dunha moza.

 

4.- Sara de Laíño   
Tradicional / Xabier Díaz, Pedro Lamas

Botei un limón correndo
na túa porta parou
é milagre que che guste
cando che un limón gustou.

Maruxiña pica o peixe
quen te non quer, Maruxiña
quen te non quer que te deixe.

E sinal de moitas pedras
corredoiras apertadas
pouco cariño me tes
cando por min non agardas.

Dame lume Sara
polo vertedeiro
dame lume Sara
que son mariñeiro
se eres mariñeiro
sube para arriba
que Sara esta soa
quere compañía

Así que non hai quen queira
larín cun cun
correr a freixeira.

Vámola alborexando
fixen a cama no río
a auga foima levando

 

5.- Muiñeira de Razo da Costa     
Tradicional / Xabier Díaz, Pedro Lamas

Heiche de mandar á merda
anque ti non queiras ir
cun saquiño remendado
coma quen que vas pedir.

Pos o sombreiro de lado
porque es fillo de rico
pódelo poñer dereito
que eu de ti non necesito.

Mataches a cacharruza
non me deches dos rixóns
para a semaniña que ven
son as túas monicións.

Vaite de aí corvo negro
vaite lavar ao pilón
que anque te laves e laves
corvo negro es de nación

Cara de cañoto seco
vai calando, vai calando
que eu contigo non me meto.


6. Cantar de Salcedo     
Tradicional / Pedro Lamas

As estrelas corren corren
todas nunha carreiriña
tamén corren os amores
da túa man para a miña.

Tiñas os olliños negros
coma o fío de coser
nacemos un para o outro
que lle habemos de facer.

Moito hai que non te vin
xa os campos botaron herba
agora veño saber
se mantés o si que deras.

 

7. Xotas do Sul     
Tradicional / Xabier Díaz, Pedro Lamas

Se che soubera cantar
como che seinas cantigas
facía chorar as pedras
canto máis as raparigas.

Garabullos, Garabullos
Garabullos todos xuntos
Bailadores do Torreiro
xa non sabedes máis puntos.

O día vaise acabando
marcha o sol e vén a lúa
alegría para mín,
para o meu amo tristura.
Agora comezo eu
viva o meu atrevemento...

Axudaime axudaime
mociñas de bo facer
avivala que vai nova
non a deixedes morrer.

Xa se pon o sol
vén anoitiña
pena do señor
ledicia miña.

Levantai os pés do chan
Bailadoras do Torreiro
coma elas non as hai
mozas de corpo lixeiro.

Viva viva quen me leva
e máis quen me ha de levar
vivan os da miña terra
e máis os do meu lugar.

Tocadora do pandeiro
todo se che dá na man
onte sachabas na terra
hoxe cantas no serán.

Axudaime camaradas
a botar o parabén
que xa cantamos de abondo
temos de bailar tamén.

 

8. Afiador, Paragüeiro     
Tradicional / Xabier Díaz, Pedro Lamas, Suso Iglesias.

Eu non sei se será certo
o que lin nunha revista
os maiores industriais
veñen da terra da chispa

Paragüeiro, afiador
arranxo fontes e pratos
merco caldeiros de cobre
gomas vellas e farrapos.

Miña nai tiña unha filla
duns vinte anos e pico
non a deixaba ter mozo
até que viñera un rico.

Foi chegar quen a tentou
un paragüeiro de Ourense
con sinxeleza a gañou.

Ela ben o merecía
que era unhamoza elegante
e a casiña ben feita
e o lameiro por adiante.

Falaron co paragüeiro
trataron o casamento
e o sábado máis cercano
casáronse moi contentos.

A súa casiña nova
de cativos van encher
poñen todos os sentidos
cando vén o anoitecer.

Vira a roda e bota chispas
un mes e dous e o terceiro
até que notou que había
principios dun paragüeiro

 

9.Sanabria      ,
Tradicional / Xabier Díaz, Pedro Lamas

Van rebuxando
os mozos pola fragua
van rebuxando
fan como as lavandeiras
que andan lavando.

Sanabresona
chámante Sanabresa
Sanabresona
tería de ser túa
Sanabria toda.

Unhas coas outras
correde bailar mozas
unhas coas outras
que non queren os mozos
romper as botas.

 

10. Muiñeira de San Salvador de Padreiro   
Tradicional / Xabier Díaz

Para quen traballo eu,
traballo días e noites
non teño nada de meu.

Por San Salvador arriba
suspirei botei un ai
viva San Salvador viva.

Moito hai que non te vin
máis hai que non che falei
agora meu queridiño
xa te non conocerei.

Rapaza miña rapaza
o cariño que che teño
na miña vida me pasa.

Non teño gana de rir,
nin de rir nin de chorar
que me marchan os amores
para fóra do lugar.

Canta que cadramos ben
moitas almas se condean
porque nos queremos ben.

Hoxe é luns e mañá martes
pasado xa logo vén
domingo tárdame un ano
para ver a quen quero ben.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Agradecementos


Guillermo Fernández, Susana Trigo, Raimundo Vázquez, Masús,
Rubén (A Postrería), Guadi Galego,
Iván Costa, Xosé Lois Romero,
Pandeireteiras do Grupo Arestora,
Marina Torrado, Familia de NGD,
María Barcia, Paula Toral, María Xosé Silvar, Os Peixes Voadores (Ugía e Guille) e o seu Coro, Planeta Quimbambas e xente da Rg, Tino Rodríguez, Inés Trigo, Marta Alvarez, Carolina Nogueira, Xabier Alonso, Sabinha, Airiños, Estelas, Iar, Torás, Xotaina, Xiradela, Adro, Xacarandaina, Arrañoá, Raigañas, Verdume, Pablo e Olga, Habas Verdes, Rumbadeira, Iria Penabad...


... a todos os que compartides o amor polo propio, tamén pola música.

 

 


Xabier Díaz

Músicas de Salitre
Coplas para Icía



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Xabier Díaz

* Xosé Manuel Budiño en Marín
* Festas de Vilameñe (Taboada - Lugo)
* Monográfico (concerto e obradoiros) de Xabier Dí­az en Barcelona
* Kepa Junkera en Lugo - Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación
* Xabier Díaz e Kepa Junkera no multiusos de Redondela

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Músicas de Salitre
( Xabier Díaz )
Son
( Xamaraina )
= >


Voltar á páxina principal