SUSO VAAMONDE
NIN ROSMAR UN LAÍDO
(1977)
Lee 4 comentarios e/ou engade o teu
Gravado o 28 de Outono do 1977 no Teatro-Cine Veiga de Moaña.
O LOBO Detrais de cada home Canto pode perderse Canto pode chorarse Podes todo ganalo A túa hora é esta: |
REQUIEM Paco Pixiñas, zorro confeso, Púñache os cornos seica a parenta, Todo ten precio, todo se compra, A nosa Terra nada che debe |
ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO Compañeiro Daniel de vida innumerable Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban Pro na Patria abatida e do pobo explotado |
||
(Celso Emilio Ferreiro) |
(Celso Emilio Ferreiro) |
(Darío Xohán Cabana) |
Textos, imaxes i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:
usuarios.lycos.es/susovaamonde/paxinaweb/enlaces.htm :
(Suso Vaamonde. Unha vida en prol da loita. - Máis páxinas sobre Suso Vaamonde) :
(...)Tanto aquí como na súa posterior carreira en solitario, o seu traballo de cantautor vai xirar sobre un triple pensamento que o acompañará ata o leito de morte: defensa dun pobo, dunha terra e dunha fala. Esta defensa firme dos valores galegos foi o que o levou ó cárcere, pasando a ser considerado un soldado da canción, e o primeiro preso político da democracia. Os feitos acontecen en xuño de 1979, na pontevedresa praza da Ferrería nun recital antinuclear. Alí, deixándose levar polo fervor do directo, decide engadir unha estrofa máis ó popular "Uah!". Este engadido, mostra da súa forte personalidade e fuxida de dobres tinxes, rezaba así:
Cando me falan de España
sempre teño unha disputa
que se España é miña nai
eu son un fillo de puta.
Ante estas manifestacións consideradas "Inxurias á Patria con publicidade", foi condenado en novembro de 1980 a seis anos e un día de prisión. Ante esta condena, por cantar o que moitos pensaban e ninguén se atrevía a dicir, nunha democracia formada sobre os restos da dictadura franquista, optou por exiliarse, viaxando por Londres, Alemaña, e afincándose finalmente na capital venezolana, Caracas. Nestes catro anos fóra de Galicia recibiu apoios de moitos países, pero especialmente de Portugal, a través de artistas que lle prestaron a súa solidariedade: Zeca Afonso, José Mario Branco, Fausto, Adriano Correia de Oliveira,...; personalidades da canción coas que Suso Vaamonde compartiu moitas veces escenario. (...)