NOTICIAS DA NOVA CANCIÓN GALEGA
(1967 / 1974 )

Lee 4 comentarios e/ou engade o teu

Os arquivos de son desta páxina poden tardar algo en carregar, así que podes facer tempo lendo este texto, tirado do disco "Noticias da Nova Canción Galega", un proxecto ideado por Suso Vaamonde.

En setembro de 1969, Manuel María mandáballe a Neira Vilas, en Cuba, unha carta na que narraba o nacemento da Nova Canción Galega e de VOCES CEIBES:

No ano 1967, o día nove de maio, no estadio da residencia de Estudiantes de Santiago de Compostela, Raimon deu, na súa língoa, un recital da súas propias canciós que tivo un ésito cramoroso. Este recital foi o que fixo comprender a tódolos que a él asistimos a necesidade imperiosa de crear unha nova canción en galego. Unha canción feita no noso idioma, con problemas de oxe, a outura do noso tempo e con música e sensibilidade dos nosos días.
Por estes anos, 1967 e 1968, a Universidade Galega deu mostras dunhas inquedanzas e dun inconformismo non habitual entre nós.
Inquedanzas e incofonformismo que levaron ós nosos estudantes a ollar cara a cara ós problemas galegos, asentirse solidarios con eles i a interesarse polo idioma galego, proscrito e usado somentes polas clases populares e por uns cantos inteleituás mais ou menos galeguistas. Nestas circunstancias naceu a nova canción galega e apareceron os cantantes galegos i en galego.
No mes de Abril deste mesmo ano, chamounos dende Lugo por teléfono Xesús Alonso Montero, pra que asistíramos ó primeiro recital de Xavier e Benedicto. Alá fomos. O recital ibase celebrar na Escola de Comercio, pero non foi posibel. Pra este recital Alonso Montero escribiu unhas palabras de presentación que figuraban ó frente do texto das canciós que Benedicto e Xavier iban cantar; texto que se iba a repartir multicopiado entre o público asistente. A presentación de Alonso Montero comenzaba así: "Coido que dentro dalgúns anos se falará deste recital como dun feito histórico. Pero só, en verdade,que o feito ten corpo de acontecemento e, como tal, vai marcar, dun xeito ou doutro, a nosa cultura. Dende oxe Galicia ten o que noutros ámbitos menos precarios, teñen dende fai tempo: unha canción a altura do intre histórico, unha canción nascida pra desacougar e alumar: unha canción pra acadarmos conciencia dos nosos problemas reales".

"El Correo Gallego", de Santiago de Compostela, correspondente ó sábado 4 de Maio de 1968, pubricou un reportaxe co título de "A NOVA CANCION GALEGA", con datos biográficos, fotografías, declaraciós de "principios", e letras de canciós de Benedicto, Xavier, Moscoso, Guillermo i Aragüas. O reportaxe tiña unha introdución en castelán que se titulaba "Sin gaita" e que comenzaba así: "Primero fué en Orense. Después en Pontevedra. Recientemente en Santiago y en algunos pueblos. En brebe acudirán a La Coruña y Vigo. "A nova canción galega" es como un recién nacido. La acunan brazos jóvenes, tal vez inexpertos todavía. Cantan. Cantan en gallego con acompañamiento de guitarra. "s "un novo xeito de cantar en galego". Poema de Celso Emilio Ferreiro y de Lois Diéguez en su mayoría, y algunas letras propias, componen el repertorio. Ahora son cinco jovenes universitarios los que quieren llevar la antorcha de este movimiento cultural. Empezaron dos: Javier y Benedicto. Y ya hay noticia de que algunos conjuntos modernos les secundarán en su empeño".
Deste grupo saíu "Voces Ceibes", composto por Xavier, Benedicto, Miro, Xerardo Moscoso, Guillermo e Vicente. Todo o grupo tiña a mesma teima: cantar a Galicia i as súas xentes: labregos, obreiros, mariñeiros, i os seus problemas, con verdade i honradez, sin tópicos nin lirismos trasnoitados. Todos tiñan a intención de cantar dun xeito novo, sin folclore e sin gaita. Por es o os novos cantantes adoitaron a guitarra - instrumento universal. pra acompañar a palabra.
Mentras en Compostela se iba perfiando i afianzando o grupo de "Voces Ceibes", en Barcelona xurdía outro gran cantante galego: Miro Casabella, que intentou unha canción de compromiso co anceio de acadar unha auténtic canción popular. Miro Casabella xunguiuse a "Voces Ceibes".
Paralalelamente comezaban daquela, logo tamén se unirían a "Voces Ceibes". Xaime Barreiro (Chuspe) e Bibiano en Santiago, e Suso Vaamonde, co grupo Marco Balorento en Vigo.
A presentación da "NOVA CANCION GALEGA" fíxose dun xeito solemne, no "Cine Capitol", de Santiago de Compostela o día 1 de Nadal de 1968, as once da mañá. O acto foi presentado polo que esto escribe cunhas palabras sobre quenes eran os compoñentes da "NOVA CANCION GALEGA" i o que esta siñoficaba. Os pintores que compoñen a "Estampa Popular Galega" fixeron un cartel anunciador do acto. O teatro estaba abarrotado. A este acto concurriron xentes de toda Galicia. Ó remate do recital, no hall do teatro, vendéronse os primeiros discos da "NOVA CANCIÓN GALEGA". Os cantantes que actuaron foron Xavier, Benedicto, Xerardo Moscoso, Miro, Vicente e Guillermo.

Na prenda galega a presentación da "NOVA CANCION GALEGA" apenas si tivo eco. En dous ou tres xornais sairon unhas pequenisimas "gacetillas" falando do concerto.
Compre decir que EDIGSA como casa editora foi fundamental para posibilitar a "NOVA CANCION GALEGA". Xa no ano 1967, EDIGSA tiña lanzado tres discos en galego de Luis Olivares e de Xacinta.
Grabaron tamén daquela con EDIGSA, Xoan Rubia, nado en Mugardos no 1968, o duo María e Xavier, Miguel Enriquez e Jei Noguerol (...)

Con todo a "nova Canción Galega" non chegou como debera, como tiña que chegar, ó pobo de galicia que é o seu destinatario. As causas son varias e moi comprexas. Entre estas causas unha das mais importantes é a dificultade que hai pra dar recitales púbricos pois os permisos son dificiles de acadar, xa que se precisa permiso de dous orgaísmos: o do Ministerio de Información e Turismo i o do Goberno Civil, que perteñece ó Ministerio de Gobernación. As emisoras de radio a non ser as "Radios Populares", que son da Eirexa, non poñen os discos da "Nova Canción Galega".
"Voces Ceibes" fixeron i están facendo algo que era moi necesario e urxente: falarlle ó pobo galego con lenguaxe de oxe, no seu propio idioma, dos problemas do mundo que os arrodea i ó que non poden ser alleos.
Están comprometidos a fondo coa sua terra e co seu tempo, dín que non a inxusticia, a emigración, a miseria, ó odio, a tantos e tantos males que rañan a nosa sociedade e ó noso pobo. E tamén levan ó pobo a voz dos nosos mellores poetas, Manuel Curros Enriquez, Celso Emilio Ferreiro, entre outros, en canciós cheas de verdá e de modernid-a.
O empregar a guitarra semellame un acerto: È enriquecer os meios de espresión. Compre tamén empregar outros instrumentos que están morrendo ou que xa morreron como a zanfona. Todo se irá facendo.
Os compoñentes da "Nova Canción Galega", cada ún coa súa propia persoalidade, son mozos conscentes do que din e do que fan. Son cantantes tan preocupados pola ética como pola estética e, mais tarde ou mais cedo , teñen que chegar ó pobo pró que cantan. O pobo ten unha sensibilidade especial pra recoñecer o que lle é propio. Compre loitar coas dificultades administrativas e coas outras pra que se poidan dar recitales púbricos, ó aire libre ou en teatros, como cousa normal e pra que os discos sexan postos polas emisoras de radio. Loita esta que ten que ser gañada pola "Nova Canción Galega"-

MANUEL MARÍA




.


 

 


Textos, imaxes i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

aregueifa.blogspot.com/2006/04/facendo-memoria-xix-xavier-al.. :
Aproveitando que a voz máis representativa dos fundadores de Voces Ceibes ven de se incorporar á blogosfera galega aproveitamos para lembrar a ese grupo de cantautores que tanto fixeron pola nosa língua cantada arriscando a súa propia liberdade. Comezamos recuperando a memoria dun dos que máis esquencido ficou para as novas xeracións, Xavier González Del Valle. Desta volta non imos dicer nada sobre el, cóntao todo el mesmo na entrevista que lle fixeron no número 7 da revista Mundo Joven de 1968 co gallo do abrollo da Canción Gallega.

info@ghastaspista.com

Paxina Anterior