NHU
(1978)

Lee 7 comentarios e/ou engade o teu

 


(Preme nos altofalantes pra escoitar...)

 

 

Textos, imaxes i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

 

Foto enviada por Benedicto García Villar:

- Ano 78 Concerto na CaixaGalicia en Santiago. Na foto, de esquerda a dereita: Tino Grandío co baixo ergueito, Emilio Cao, violín, Jose Garea, batería, Cuchús Alonso, guitarra, Julio Garea, percusión. No micro, o menda (Benedicto), Roberto Abal, guitarra e Xurxo Pérez, Hammond, que non é mesmo que dicir só teclado.

- Emilio me acompaña , primeiro co baixo e logo compartimos o escenario cantando os dous.

- 79-80 presento en Galicia e fóra dela o disco " Os nomes das cousas" . O grupo que me acompaña son os de arriba menos Emilio e Roberto. Con eles, máis un flauta travesera, Julio , e dous técnicos: Fernando e Picornell . " Trouppe" de dez que con dúas furgonas chegamos a Cataluña, Navarra, País Vasco, Madrid, etc, etc.







Penso que é de xustiza espallar ao grupo NHU e a súa importancia na historia do Rock galego dos ans 70 O nome procede das iniciais “Una Hermosa Noche” e está inspirado no grupo “It's A Beautiful Day”. Entro no 1974, coa formación de Roberto Abal (Guitarra eléctrica), Tino Grandío (Baixo electrico), Xuxo Pérez (Órgano Hammond) e Xosé Garea batería e voz; o grupo necesita outro guitarra eléctrica para sustituir ao anterior José Antonio Fernández, tamén chamado "Bretch" co que Roberto Abal non se entende (realmente eran incompatibles); os guitarristas ao marxe de Roberto, somos unha variable constante, Durante el 1974 y 1975 toco con eles (coa miña Fender Jaguar que cambio por unha Gibson SG ¡qué horror!). Temos dous repertorios, un chamámoslle "La Obra": trátase de composicións propias de rock "progresivo" a sua maioría instrumentais na onda armónica máis caótica e psicodélica: é NHU no seu estado esquizoide natural, os directos son unha especie de trance con 50 minutos de música sin interrupcións, non se fan concesións estéticas, soa compacto e orixinal... Escoitabamos moito a King Crimson, Frank Zappa, Yes e demáis.... a interpretación da música está baseada en códigos propios, certos esquemas de memorización, e unha dosis importante de improvisación e intuición que enriquece e da gran personalidade ao grupo ... O outro repertorio e pura pachanga que tocamos en bodas e salas de festa (para financiar o tremendo equipo que tiñamos) a merced dun representante de cuio nome prefiro non lembrarme. O grupo traballa por pura ideoloxía defendendo a su obra e toca sin ánimo de lucro persoal pensando únicamente en divulgar o que fai. En 1976 teño que abandonar o grupo ao rematar a carreira que nunca debín estudiar. Miña experiencia en N.H.U. foi extraordinaria e tremendamente enriquecedora; penso que existiron poucos grupos en Galicia con tanta personalidade.

Xoan Piñón

http://www.doa-music.com/
http://www.generación49.blogspot.com/
http://www.xoanpinon.com/

 

Ultimas páxinas rexistradas que apuntan a esta....

groups.msn.com/PARALELO42B/detodounpoco.msnw?action=get_mess.. :
(PARALELO__42B)

jogosnaweb.com :
(Jogos na Web - Início)

perso.wanadoo.es/rockgal/derdiscos.htm :
(derdiscos)

curioso-impertinente.blogspot.com

groups.msn.com/PARALELO42B/detodounpoco.msnw?action=get_mess..

oportodosescravos.blogspot.com

oportodosescravos.blogspot.com/2007/11/historias-da-mpb-unid..

payday-gl-loans.com

perso.wanadoo.es/rockgal/derdiscos.htm

rateyourmusic.com/artist/profile_details?id=72275

rateyourmusic.com/artist/profile_details?id=85304

webstats.motigo.com/s?tab=1&link=4&id=3908966

basanderemetal.com/foro/viewtopic.php?t=13372

bloglines.com/myblogs_display?sub=59798332&site=10294280..

example.com

josenegrete.com/bitacora

pennysharesonline.com

sinfomusic.es/cgi-bin/yabb/YaBB.pl?action=recent

sinfomusic.es/cgi-bin/yabb/YaBB.pl?num=1160080070/360..

sinfomusic.es/cgi-bin/yabb/YaBB.pl?num=1160080070/365..

sinfomusic.es/cgi-bin/yabb/YaBB.pl?num=1160080070/420..

sinfomusic.es/cgi-bin/yabb/YaBB.pl?num=1160080070/420#427..

sinfomusic.net/joomla/index.php?option=com_smf&Itemid=27&top..

info@ghastaspista.com

Paxina Anterior