LUIS EMILIO BATALLÁN

Ahí ven o Maio (1975)

Lee 19 comentarios e/ou engade o teu

Textos, imaxes i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

sono-tone.net/clasicos.htm :
(Sono-Tone A Revista Galega de Música) :
Que o subdesenvolvemento impedise un acontecer da música pop galega paralelo ao dos sistemas achegados –isto é, Catalunya ou Madrid; a situación portuguesa arrimábase á Galiza- non significa a inexistencia de tesouros ocultos. O elepé de Luís Emilio Batallán Ahí ven o maio, editado en 1975, confirma a regra. E a dimensión estética que collen estas dez cancións cando dialogan co presente abren a posibilidade de todo e derruban as cancelas do campo, os prexuízos do lector de prensa especializada catalá e o mofo nas orellas dos siareiros das Voces Ceibes. Non é común que unha gravación galega de hai trinta e dous anos comece cun poema de Curros Enríquez arranxado como fixera John Cale para o segundo disco de Nick Drake –Bryter Lyter, 1970-. Se cadra nin Batallán, anos logo presidente do Pontevedra C.F., nin Carlos Cárcamo, responsábel da riqueza sonora do álbum, coñecían en 1975 ao cantor inglés, pero os cadrelados acústicos da guitarra e a suavidade outonal das cordas remiten de contado cara á, nada menos, “Northern Sky”. O sedimento inglés repousa na paisaxe da decena de poemas escollidos por Batallán para Ahí ven o maio. O ritmo saltariqueiro de “Notas necrolóxicas” reflicte, poñamos por caso, a melancolía irónica dun Kevin Ayers. E na lixeireza instrumental do elepé ou no etéreo das súas atmosferas, aparece a pegada involuntaria de Pete Dello, o membro de Honeybus que nun só disco en solitario –Into your ears, 1971- inventou Belle and Sebastian, Camera Obscura e outra faramalla indie. A conexión L.E. Batallán-Stuart Murdoch, daquela, existe, aínda que ningún dos dous sexa consciente. Tampouco, e xa fóra de coordenadas británicas, deixa de abraiar o ambiente jamestaylor –con piano e aire slide- para un poema de Ramón Cabanillas. A discográfica –Movieplay- explica, nas notas interiores da funda, que da “singradura marcada por Voces Ceibes, no ideolóxico, xorde Luís Emilio Batallán”. Pero no hipotético xogo das etiquetas, Ahí ven o maio sitúase lonxe da austera canción galega de autor e, máis ben, cadra nun certo folq-pop psicodélico con tendencias esquerdistas. Os textos, todos recollidos da tradición poética nacional, semellan no ronsel literario de X.A.M. que case denunciara o Ferrín no limiar á Poesía Enteira de Heriberto Bens. Rosalía de Castro, os amentados Curros e Cabanillas, o inevitábel C.E. Ferreiro, e a cota íntima de Álvaro Cunqueiro –“Quen puidera namorala”, unha miniatura digna, outra vez, do xenio de Nick Drake- desprazan Ahí ven o maio contra unha liña militante que o arredas das andrómenas galácticas da parroquia do leste –Jaume Sisa e Pau Riba, nomeadamente-. Ahí ven o maio, reeditado en 2004, desafía tópicas historiográficas. Emerxe, coas súas eivas –hainas: a voz andaba xustiña-, como chanzo indispensábel da estirpe musical galega. E nos seus ecos inéditos e só intelixíbeis con perspectiva, destápase unha pequena peza de ourivaría pop que merece unha segunda vida afastada de esquemas interpretativos angostos. Joe Hill jr.

lavozdegalicia.es/ed_arousa/noticia.jsp?CAT=113&TEXTO=463741.. :
La verdad es que el concierto se hizo corto. Y eso que tanto Raúl Torres como Pablo Milanés respondieron a los incesantes aplausos del público con media hora larga más de música. Pero la apoteosis todavía estaba por llegar. Y llegó cuando Pablo Milanés se atrevió con el gallego y cantó unos acordes de O maio . El tema que popularizó Luis Emilio Batallán a partir de un texto de Curros Enríquez no podía esperar una voz mejor para volver a sonar en A Illa. Y los asistentes supieron agradecer con calor este guiño del genial cubano.

vieiros.com/gterra/antiga.php?Ed=11&id=15877 :
Batallán volta a Madrid tras 10 anos de silencio [05/06/2001 00:17] O cantautor galego dos anos 70 e 80, Luis Emilio Batallán, voltará deixar a sua pegada "musical" este martes na cidade madrileña, na apresentación do seu cuarto disco, nun concerto no que Joaquín Sabina será a estrela convidada. (...)

eseprimo.blogspot.com/2005/03/ahi-ven-o-maio.html :
(...)Poco entendí del mensaje en aquel preciso momento—sumándome al resto del auditorio, que probablemente nunca antes había escuchado una palabra en gallego—pero la cercanía con nuestro idioma, y la elocuencia del cantante eran más que suficientes para llevarme en un viaje al pasado, ocho mil kilómetros de distancia, para sentir de segunda mano la rabia, la impotencia, pero también el optimismo y la pureza de un pueblo que peleaba por su libertad, y por salir de ese agujero negro de la superstición, la opresión y el engaño en el que se había estado desarrollando la historia de nuestro país durante tanto tiempo. Una primera búsqueda ofrece tanto nombre del autor (Luis Emilio Batallan) como acordes, pero uno necesita ir un pelín más allá y obtener más información de tan bella canción. Los versos esconden un segundo sentido, por supuesto, y aunque en principio uno sólo podría identificarse con el sentimiento detrás de las notas si se es paisano y contemporáneo, bien mirado es la misma historia en todo el mundo: unos oprimen, y otros se sienten oprimidos; unos engañan, y otros se sienten engañados; pero a pesar de opresores el optimismo corre por las filas del pueblo porque, como todos saben, el pueblo unido… Es curioso como en este tipo de situación aflora la voz airada en forma de cantautor, poeta, pintor…

info@ghastaspista.com

Páxina Anterior