1. O rei García
(Letra e música: Quintas Canella)

2. Vi eu, mia madre, andar
(Letra: Nuno Fernandez Torneol / Música: Quintas-Canella)

3. A miña amiga
(Letra e música: Quintas-Canella)

4. A unha vella quis ora trobar
(Letra: Alfonso Eanes do Cotón/ Música: Quintas-Canella)

5. Porque no mundo mengou a verdade
/Letra: Aires Nunes/Música: Quintas Canella)

6. Sedíame eu na ermida de San Simón
(Letra: Meendiño/Música: Quintas-Canella)

 

 

7. Pra miña compañeira de laboura
(Letra e música: Quintas-Canella)

8. As nove ondas
(Letra e música: Quintas Canella)

9. Ai flores do verde pino
Letra: Dondenís de Portugal/Música: Quintas-Canella)

10. A por quén perço o dormir
(Letra: Xohan Arias/Música: Quintas-Canella)

11. Mariña Foça
(Letra: Pedro de Ponte/Música: Quintas-Canella)

12. Valeiros
(Letra: Rosa Fernández e Quintas-Canella/Música: Quintas-Canella)

 

 

O Rei Gacía

Ai, Don García, ai Don García,
Ai malpocado Rei de Galiza.

Ai, Don García, ai Don García,
Se che foi mal... foille pior a Galiza!

Pingas de sangue estoupan nos luceiros,
Fendeuse a lúa no fío dun coitelo.
E choveron lousas de pedra
E, dende entón, o craro día tornouse noite pecha.

Nos montes ermos o vento tolleito,
Olla imasibre ós corvos agoreiros.
E cabaleiro van en bestas negras,
De lume e ferro facendo sementeira.

Trousa a campía arrepiantes laios
Que nos mantelos da noite abren buratos.
E revira os ollos da ialba estarrecida
Ó pe das forcas enchentes de carniza.

Ai, Don García, ai Don García,
Ai malpocado Rei de Galiza.

Ai, Don García, ai Don García,
Se che foi mal... foille pior a Galiza!

 

 

Vi eu, mia madre, andar

Vi eu, mia madre, andar
As barcas ene mar,
E móirome de amor.

Foi eu, madre, veer
As varcas eno ler,
E móirome de amor.

As barcas eno mar
E foilas aguardar
E móirome de amor.

As barcas eno ler
E foilas atender
E móirome de amor.

E foilas aguardar
E non o pudí achar
E móirome de amor.

E foilas atender
E non o pudi veer,
E móirome de amor.

E non achei í,
O que por meu mal ví,
E móirome de amor

E non achéi lá
O que ví por meu mal,
E móirome de amor.


A miña amiga

Pomba de brancas anzas,
se ollas o pe das augas
á máis garrida fada:
Esa e núña amada!

Pomba que voas leda
se ves na banda da ría
á máis belida frol:
Esa é miña amíga!

É a miña amiga coma as cores da maña
feiticeira e garimosa coma unha noite de vrao.
É a miña amiga vimbro de xunca lanzal,
Arrecendente froliña, aloumiño do luar.

Que non brile mais a lúa
Nin luceiro na mañá!
Se a miña amiga
Perto de min non está!

Que sequen todas as fontes
E quede sen auga o mar!
Se a miña amiga
Perto de min non está!

Ehi vai, véla ehi vair
A miña amiga pola ría camiño do seu casal.

Os seus cabelos son loiros coma as areas do mar
E as estreliñas rebrilan no medio do seu ollar

Anduriña, anduriña, se viras cabo da ría
Á mais xentil e benfeita, á millor, á mais belida:
Esa é miña amiga! Esa é miña amiga!

 

 

A unha vella quis ora trobar

A unha vella quis ora trobar
cando en Toledo fiquei desta vez;
e veome Orraca López rogar
e díxome así: - Par Deus, que vos fez,
non trobedes a ningunha vella aquí,
ca cuidarán que trobades a min.

 

 

Porque no mundo mengóu a verdade

Porque no mundo mengóu a verdade,
Puñéi un día de a ir buscar;
E ú por ela fui preguntar,
Dixeron todos: -Allur la buscade,
Ca de tel guisa se foi a perder,
Que non podemos én novas haber
Nen xa non anda na irmaindade.

Nos moesteiros dos frades regrados
A demandéi, e dixéronme así:
-Non busquedes vós a verdade aquí,
ca muitos anos habemos pasados
que non moróu nosco, per boa fe,
nen sabemos ú ela agora esté,
e de ai habemos maiores coidados.

E en Cistel, ú vedade soía
Sempre morar, dixeronme que non
Morava i, había gran sazón,
Nen grade de í xa a non coñocía
Nen o abade, outrosi no estar
Si non quería que fose í pousar;
E anda xa fora da abadía.

En Santiago, seendo albergado
En mía pusada, chegaron romeus.
Preguntéios e dixeron: -Par Deus,
Moito levades o camiño errado,
Ca, se verdade quixerdes achar,
Outro camiño convén a buscar,
Ca non saben aquí dela mandado

 

Sedíame eu na ermida de San Simón

Sediame eu na ermida de San Simón
e cercáronmi as ondas, que grandes son
eu atendendo o meu amigo
eu atendendo o meu amigo!

Estando na ermida ante o altar,
e cercáronmi as ondas grandes do mar;
eu atendendo o meu amiigo
eu atendendo o meu amigo!

E cercáromni as ondas, que grandes son
non hei barqueiro nen remador;
eu atendendo o meu amigo
eu atendendo o meu amigo!

E cercáronmi as ondas, do alto mar,
non hei barqueiro nen sei remar,
eu atendendo o meu amigo
eu atendendo o meu amigo!

Non hei barqueiro nen remador,
morreréi fremosa no mar maior,
eu atendendo o meu amigo
eu atendendo o meu amigo!

Non hei barqueiro nen sei remar,
Morrerei fremosa no alto mar,
eu atendendo o meu amigo
eu atendendo o meu amigo!

 

Para a miña compañeira de laboura

Erguese a luzada, xa canta o galo,
E, na corte pecho, muche inquedo o gado.
Ergue compañeira que o sol vai alto
E agardache un novo día de traballo.
Horas de alta noite, silenzo e calma,
Renxen as estrelas e os grilos cantan.
Miña compañeira, arrola ó neno
Que o traballo de oxe xa quedóu feito

 

As nove ondas

Mañanciña de San Xoan,
Mañanciña feiticeira;
Unha dona vai tomar
As nove ondas mareiras.

Vai pola ría de Ares
Camiño do areal,
Busca a semente dun fillo
Na branca escuma do mar.

Unha a unha, deica a nove,
As ondas vanse esfachar
Contra o ventre da muller
Que anceia ter un rapaz.

En pasando nove meses
Paríu a muller un neno,
Bonitiño coma un anxo
E negriño coma o demo.

Para desnegraio chamaron
A un menciñeiro de sona,
Que non poido crarexaio
Con deterxentes nin sousas.

Quixo saber de que fora
Tan lixosa mutación:
Foi do petróleo do Urquiola
Que as augas contaminou!

Ai, miña Virxe do Carme!
Non nos cumpría outra cousa
Que un petroleiro viñeira
Mudarnos os cromosomas!

Quedaron moi amolados
Os pais do meniño negro.
Mais amolados quedaron
Os probes dos mariñeiros!

 

Ai, flores do verde pino

-Ai flores, ai flores do verde pino,
¿se sabedes novas do meu amigo?
Ai deus! ¿e ú é?

-Ai flores, ai flores do verde ramo,
¿se sabedes novas do meu amado?
Ai deus! ¿e ú é?

- ¿Se sabedes novas do meu amigo
Aquel que mentiu do que pós comigo?
Ai deus! ¿e ú é?

- ¿Se sabedes novas do meu amado
Aquel que mentiu do que me ha xurado?
Ai deus! ¿e ú é?

 

A por quen perço o dormir

A por quen perço a dormir
E quedo mui namorado,
Véxoa daquí partir
E fico eu desamparado;
A mui gran pracer se vai
Daquende en sa múa baia;
Vestida dun pres de Cambrái
Deus, qué ben lle está manto e saia.

A morrer hoube i por én
Tanto a ví ben tallada
Que parecía mui ben
En súa sela dourada;
As sueiras son de ensai
E os arçoes de faia;
Vestida dun pres de Cambrái
Deus, qué ben lle está manto e saia.

Se a podese eu fillara
Terríame por ben andante,
en os braços a levar
Na coma do rocín deante;
Por camiño de Lampai
Pasar Miño e Douro e Gaia;
Vestida dun pres de Cambrái
Deus, qué ben lle está manto e saia.

Se a podese eu alongar
Quatro leguas de Crecente,
E nos braços a fillar,
Apretela fortemente;
Non llí valría dicer aí,
Chamar Deus nen Santa Olaia;
Vestida dun pres de Cambrái
Deus, qué ben lle está manto e saia.

 

Mariña Foça

Mariña Foça quis saber
Como lle ia de parecer
E fuille eu logo así dicer,
Tanto que me ela preguntou:
-Señora non houbera nacer
quen vos viu e vos desexou!

E ben vos podedes gabar
Que vos non souba oxe ome par,
Enas tera, se semellar;
De mais dis un, que vos catou,
Que non se houbera levantar
Quen vos viu e vos desexou!

E pois parecedes así
Tan negra, ora vos eu ví
Que o meu cor sempre des i
Nas vosas feituras coidou
E mal día naceu por sí
Quen nvps víu e vos desexou!

¿Máis que fará o pecador
que viu vós e vosa coor
e vos non houbo a seu sabor?
Dicervolo hei xa, pois me vou:
Irado hoube Nostro Señor
Quen vos viu e vos desexou!

 

Valeiros

- Cando ti volvas teréi
Os ollos, as maos e o peito
Valeiros de amor, valeiros...

Así cantaba unha nena
Cos pes nas augas do mar,
Unha noite do vrao quente,
Unha noite de San Xoan.

-E cando o tempo me encha
de tristura e soidás,
heille de pedir ó vento
que esoita iste meu cantar,
que voandiño cho leve
alá onde ti estás.

Os anos foron pasando,
O mozo non voltou máis
E ela morreu camiñando
Cos pes nas augas do mar.
Toda de tritura chea,
Toda chea de soidás,
Cos ollos, as maos e o peito
Valeiros de amor cicais.

As bágoas daquela nena
Que cantóu á soidás
Dos anos mozos pasados
Moi lonxe do seu galán,
Foronse perder moi quedo
Nas craras augas do mar.
Unha noite do vrao quente
Unha noite de San Xoan.