MIRO CASABELLA
Olla meu irmao

 

 

Olla meu irmao honrado
o que contece con Daniel,
os que o tiñan desterrado
agora falan ben del.

O palurdo de alma lerda
o tendeiro desertor,
o vinculeiro da merda
disfrazado de señor.

O lurdo carca refrito
o monifate de antroido,
o aprendiz de señorito
Marqués de Quero e non poido.

O badoco endomingado
o xoglar moi pousafol,
o forricas desleigado
o pequeno burgués mol.

O devoto do onanismo
o feligrés de pesebre,
o tolleito de cinismo
o que da gato por lebre.

 

O rateiro de peirao
o refurgallo incivil,
valense de ti irmao
para esconder a casta vil.


Escoita puto nefando
criado na sevidume,
non pasará o contrabando
dise teu noxento estrume.


Grotesco escriva sandeu
inxertado nun raposo,
Daniel nunca foi teu
porque Daniel é noso.


E anque a ti che importe un pito
saberás, que é cousa sabida,
que estás incurso en delito
de apropiación indebida.

(Celso Emilio Ferreiro)

Voltar á páxina anterior