EMILIO CAO - FONTE DO ARAÑO (1977)
Emilio Cao: Voz, Coros, Arpa, Citola
Bernardo Martinez: Frauta
Xosé Ferreirós: Gaita, Percusión galega
Antón Seoane: Zanfoña, Silofón
Xoan Piñón: Guitarra Eléctrica

Lee 9 comentarios e/ou engade o teu

Textos, imaxes i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=8141 :
(40 anos de “Fonte do Araño” (1977-2017), Reedición conmemorativa ) :
Este xoves 2 de Novembro, as 20 horas, na Fundación Luis Seoane de A Coruña terá lugar a audición e presentación da reedición dun disco transgresor e histórico na música galega. O acto, gratuíto, consistirá na escoita completa do LP (dez cancións) seguida dunha conversa aberta entre o autor Emilio Cao e o público. Esta edición limitada de “Fonte do Araño” – 300 unidades - con motivo do seu 40 Aniversario, conserva a mesma capa deseñada por Xosé Díaz para a edición orixinal e no seu interior o limiar feito por Alan Stivell acreditando a existencia dun mito cultural chamado celtismo do que Galicia forma parte. Foron os dias 18,19 e 20 de abril de 1977 cando Emilio Cao, Bernardo Martínez, Xose Ferreirós, Antón Seoane e Xoan Piñón se reuniron nos Estudios Audiofilm para plasmar en dez cancións a chegada dun tempo novo. O que alí aconteceu quedou rexistrado nun disco transgresor onde se atopamos sons acústicos de zanfoñas, arpas, cítolas, gaitas e percusión, xunto a electricidade dos micros e da guitarra eléctrica. Co tempo, este traballo convertiuse nunha referencia histórica que abriu o camiño para a música celta na península ibérica, e posiblemente non tivera acontecido sen a implicación de Nonito Pereira Revuelta, quen, con esta producción, inauguraba o selo discográfico Abrente, no que tamén grabarían Seoane e Romaní antes de formar Milladoiro, Xosé Quintas Canella, NHU, Xoan Rubia, María Manoela e Xocaloma. Parte dos músicos implicados na grabación viñan de formar parte do chamado Movemento Popular da Canción Galega, e compartían ademáis do gusto pola música anglófila, portuguesa, bretona e os cantores sudamericanos, unha mesma visión respecto a necesidade de renovar a música galega engadindo novos matices, principalmente no referido a unha maior presenza de elementos da nosa cultura. O repertorio seleccionado incluiu tres pezas populares – Pandeirada de Nebra, Arrieiros de Moraña, Romance de Bernardino e Sabeliña -, e sete composicións firmadas por Emilio Cao, quen tamén se encargaría dos arranxos xunto a Bernardo Martínez e Xoan Piñón. Entre elas cabería destacar Fonte do Araño, que da nome ao disco e presenta unha enfeitizante mistura tecida co son da arpa céltica, gaita e unhas segundas voces anxelicais, Na noite de San Xoan, ou como a zanfoña e unha sentida interpretación de Cao serven de guía nunha treboada, Chegando ao Caurel ca pegada do birimbao, e as improvisacións de As gaivotas sobor do nos, sen olvidar Baixaron as fadiñas ou No campo da festa, cadansua con cualidades únicas e inéditas nas grabacións feitas daquela en España, pero que na escoita en conxunto ofrecen unha experiencia sublime.

xoanpinon.blogspot.com :
(Xoan Piñón Blog ) :

Formación do disco Fonte do Araño de Emilio Cao no estudo de gravación Audiofilm (Madid). De esquerda a dereita: Xoan Piñón, Emilio Cao, Xosé V. Ferreirós, Bernardo Martínez e Antón Seoane.

A maqueta do disco de Emilio Cao "Fonte do Araño" xestouse en Foz (Lugo) entre Emilio Cao (voz, arpa e cítola), Bernardo Martínez (flauta) e máis eu (guitarra eléctrica) ... nun magnetofón Grundig TK847, empregámonos a fondo durante días para conseguir as dez pezas que a compañía discográfica Novola escoitaría e posteriormente aceptaría para gravar en vinilo.
Previo ensaio en Mondariz (Pontevedra), con Xosé V. Ferreirós (gaita, percusión) do grupo Faiscas do Xiabre e Antón Seoane (zanfona e silofón) dúo con Rodrigo Romaní, desprazámonos a Madrid e os días 18, 19 e 20 de Abril do 77 nos estudos Audiofilm, quedaría rexistrado o disco. A intervención de Nonito Pereira (productor) sería fundamental neste feito.

As pezas populares "Pandeirada de Nebra", "Arrieiros de Moraña" e o "Romance de Bernardiño e Sabeliña" serían aportadas, adaptadas e arranxadas por Bernardo Martínez; Emilio tiña compostos temas propios como "Fonte do Araño", "Na noite de San Xoan", "Chegando ao Caurel", "No campo da festa", "Mentras ela fía" e "Baixaron as Fadiñas". Eu traballei particularmente a armonización e as voces de esta última peza e nas adaptacións das outras ... pra rematar o tema psicoatlántico "e as gaivotas sobor de nos" foi o resultado dunha improvisación entre os tres de Foz.

En xeral, todos participábamos nos arranxos e discutíamos o máis axeitado para cada tema dado que traballabamos con xenerosidade e sin límite de tempo. As adaptacións aos instrumentos cadaquén facía os seus.
A conxunción que se produce en Fonte do Araño daría lugar nos vindeiros anos a grupos como Milladoiro, DOA e marcaría o futuro de Emilio Cao como autor.


lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=1443300.. :
(...)Por eso, cuando faltaban pocos minutos para que Emilio Cao abriese el festival Canto de autor por Galicia, recordaba ante su arpa como hacía 25 años que en ese lugar, antes destartalado polideportivo, tocó con músicos como Batallán y Romaní en un concierto por las libertades y la democracia, en contra de los que entonces las cercenaban desde el poder, y que ahora, desde otras instancias del poder, son coprotagonistas de la catástrofe. Con este paralelismo se inició el festival. (...)

info@ghastaspista.com

Paxina Anterior