aCentral Folque


Rúa Travesa 7. Compostela

Clases de percusion,canto,gaita,acordeón diatónico,requinta,violín


(Ultima actualización: 21-04-2017)

Baile Assalto de primavera

- Festa- aPenultima- gentalha- aCentral Folque-

Venres 21 de abril ás 22:00h

Gentalha Do Pichel.

Rua Santa Clara, 21.

Santiago de Compostela.

Último Baile Assalto do curso 2016/2017 especial primavera con OBAL (Ivam Costa à sanfona; Jaime Rebolho à nickelharpa; Diego Langarika ao bouzouki) a próxima sexta feira 21 de abril às 22 h na Gentalha do Pichel.

O trio Obal venhen desde o Morrazo com os seus ritmos franceses e galegos ao som de três instrumentos tão carismáticos do folque europeio coma o bouzouki, a sanfona e a nickelha(...)

(Ultima actualización: 18-02-2017)

Monográficos de percusión en Compostela

- clases- aCentral Folque-

Sábado 18 de febreiro ás 10:00h

ACentral Folque.

Rúa Travesa 7.

Santiago de Compostela.

Carlos Martínez (Pan de Capazo, os Emijrantes, Fanfarria Takikardia) ofrece estes dous monográficos de Percusións domésticas e de pandeiros de mao: “Pandeiros: técnicas e ritmos” para diferentes tipoloxías de adufes.

* O prezo do curso é de 20 € (cociña) e de 25 € (pandeiros), se queres vir aos dous cursos, o prezo total é de 35 €

Inscrición e detalles:

Duración: 4 horas

Prezo: 20 € (do(...)

2016

(Ultima actualización: 04-12-2016)

Presentación de REPENTE GALEGO no Culturgal

- publicacions- aCentral Folque-

Este Domingo 4 de decembro ás 11:30h terá lugar en Pontevedra a presentación do libro Repente Galego dentro da programación do Culturgal. O acto contará coa presencia dos autores, Ramon Pinheiro (diretor d’aCentral Folque) e Sergio de la Ossa (professor d’aCentral Folque), do impulsor desta inciativa, Carlos Alonso da Oral de Galiza, e de Xosé Leal, deputado de cultura da Deputación de Pontevedra.

Adiantamos en exclusiva unhas breves liñas do prólogo realizado polo investigador basco Joxerra(...)

(Ultima actualización: 02-04-2016)

Baile Assalto e curso de mazurka na Gentalha (Compostela)

- Festa- aPenultima- Gentalha- aCentral Folque-

Venres 08 de abril

Baile Assalto d'aCentral Folque com String Fling desde Lisboa + oficina de mazurka previa.



(Ultima actualización: 17-03-2016)

Lagharteiras na Rede de Músicas Soltas de Redondela

- concertos- aCentral Folque-

Sábado 19 de marzo

17 horas,. Aula maxistral e parola acompañadas de Carlos Álvarez na Sociedade Cultural do Viso

21 horas. Concerto no Multiusos da Xunqueira

Para o mes de marzo, a Rede de Músicas Soltas de Redondela pesca no caladoiro achegado de Mos a estas novas pandereteiras, Lagharteiras que presentan o seu primeiro disco homónimo, unha escolma de cantos, regueifas, xotas, muiñeiras e mazurcas con diversos toques de pandeireta recollidos da tradicional oral galega.

Cread(...)

2015

(Ultima actualización: 23-04-2015)

aCentral Foque presenta “Florencio, cego dos Vilares” na Fonsagrada

- publicacions- aCentral Folque-

O vindeiro venres 24 de abril, ás 20 h, no Salón de Actos (Os Chaos) da Fonsagrada, presentarase ao público o primeiro e único libro que afonda na historia do considerado como último xograr galego, Florencio, o cego dos Vilares. Unha coidada e rigorosa monografía iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun CD con gravacións orixinais e inéditas do músico fonsagradino. Na mesa de presentación estará Antón Santamarina, autor, Ramon Pinheiro Almuinha, co-autor, e(...)

2014

(Ultima actualización: 08-08-2014)

aCentral Folque toca en Irlanda

- aCentral Folque-

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular participará no Fleadh Cheoil na hÉireann, ou “Festival de Música de Irlanda“, que este ano ten lugar en Sligo, nove días de diferentes actividades sobre a música tradicional que pode chegar a congregar a máis de 400.000 persoas entre 0 10 e o 19 de agosto. aCentral Folque foi convidada a participar na performance da De Cuellar Suite , unha peza orquestral con máis de 50 músicos en palco sobre a fascinante historia e capítulo da Armada Invencíble (...)

(Ultima actualización: 14-03-2014)

3º Baile Assalto da ELMPG na Gentalha (Compostela)

- Festa- aCentral Folque-

14 de marzo de 2014

Mais un Bailes Assaltos da ELMPG para Compostela. Este mes adicado especialmente aos bailes bretóns: an-dro, hunter dro, gavottes, rondes,... E haberá repaso ás danzas de outros meses (Circle Circassiene, Chapeloise, Schottish, Marzurka...) e por suposto tamén haberá muiñeiras, xotas, valses e pasodobles. Previamente ao baile, hai un obradoiro de aprendizaxe para estas danzas.

(Ultima actualización: 04-02-2014)

2º Baile Assalto da ELMPG en Compostela

- concertos- aCentral Folque-

7 de Febreiro na Gentalha

En Compostela continúan os Grandes Bailes Assaltos da ELMPG. Este mes adicado continuamos adicando atención ás danzas en roda do centro de Europa onde repasaremos o Circle Circassiene, Chapeloise e Schottish e tamén haberá tempo para aprender a bourrée a 3 tempos e Marzurka. Por suposto tamén haberá muiñeiras, xotas, valses e pasodobles. Previamente ao baile, hai un obradoiro de aprendizaxe dirixido por Pili Conde (Danzalia Mundi). O músico encargado de dirixi(...)

(Ultima actualización: 04-02-2014)

Curso de frauta e violino con Jean-Michel Veillon e Jacky Molard en Santiago de Compostela

- clases- aCentral Folque-

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular organiza un curso especiai de frauta con Jean-Michel Veillon e outro de violino con Jacky Molard, estes mestres bretóns están de xira por Galiza e Asturies onde só farán estes obradoiros en Santiago de Compostela. Serán dous cursos de catro horas cada un o día domingo 16 de febreiro. 

2013

(Ultima actualización: 05-11-2013)

Filme CANTADOR DE CHULA e colóquio com Katharina Döring esta quarta no local da Folque (Compostela)

- xornadas- aCentral Folque-

Quarta-féria 6 Novembro - Horário 20 h

Local da Folque (Salvadas, 22 baixo. 15705)

Donativo 3 €

Confirmar asistencia!

Prazas limitadas (15 pessoas)

CANTADOR DE CHULA filme de Marcelo Rabelo (2009) baseado na pesquisa etnomusicológica de Katharina Döring.

O longa-metragem retrata o universo da chula, canto principal de algumas modalidades de sambas mais presentes no interior da Bahia, que se caracteriza por sua técnica vocal específica e pela improvisação de versos. A gravação do doc(...)

(Ultima actualización: 30-10-2013)

Najla Shami en Ribadeo

- concertos- acentral folque-

Neste domingo 3 de novembro Najla Shami actuará en Ribadeo acompañada por Sérgio Tannus apresentando algún tema de Na lingua que eu falo. O concerto pertence ao ciclo "Músicas Posíbeis" que organizan aCentral Folque. Ás 19 horas no Teatro Cine.

Esta fin de semana a Concellaría de Cultura de Ribadeo segue coa súa programación do ciclo das Músicas Posíbeis, "unha aposta a favor da música de calidade, galega ou estranxeira, co denominador común de seren propostas pouco doadas de escoitar no(...)

(Ultima actualización: 30-09-2013)

Matricula Aberta na Escola Livre da MPG

- clases- aCentral Folque-

O curso para a Escola Livre da MPG comeza o luns 21 de outubro. Oito meses de aulas cun equipo de mestres que tocan profesionalmente nos palcos nas especialidades instrumentais da música popular: percusión, gaita, canto, frautas, sanfona, acordeón diatónico e violino. A matrícula pode ser tramitada online nesta web. Todos os detalles do funcionamento da escola poden ser consultados aquí ou no mail matricula[arroba]folque.com

(Ultima actualización: 22-08-2013)

aCentral Folque convidada em Brasil ao seminário Músicas sem fronteira

- xornadas- aCentral Folque-

aCentral Folque foi convidada ao seminário Músicas sem fronteira que tera lugar em Curitiba (Brasil) os próximos 22, 23 e 24 de agosto. Este é um Encontro Internacional de Experiências em Educação Musical com ênfase em repertórios tradicionais que traz à Curitiba educadores, músicos e pesquisadores que desenvolvem atividades ligadas à educação musical, oportunizando o relato e a troca de experiências nesta área com o público do evento. Na quinta-féria 22, participara como conferencista Ramon Pin(...)

(Ultima actualización: 25-05-2013)

A Escola Livre da MPG no Salón Teatro (Compostela). REFÓRZANOS

- concertos- aCentral Folque-

O vindeiro sábado 25 de maio aCentral Folque organiza un concerto especial do alumnado e profesorado da Escola Livre da MPG, centro de estudos en Compostela que brinda a oportunidade de ver diferentes proxectos en palco: Os Cempés cos mozos e mozas da ELMPG, o Combo Folque de Pedro Pascual, Guadi Galego, o Noticiario Folk 1932 coa banda sonora ao vivo de Comisa Bal, o Ensemble vocal de Davide Salvado e Paulina Ceremusynska. Os artistas colaboran xenerosamente neste concerto e os fondos recadados(...)

(Ultima actualización: 12-05-2013)

Concerto + palestra Cordofones Madeira - Galiza

- concertos- aCentral Folque-

Domingo 12 de Maio 20:30 - entrada de balde

Igrexa da Universidade - Santiago

Palestra: Jose Luís do Pico Orjais

Concerto: Isabel Rei (GZ) + Roberto Moritz e Roberto Moniz (Madeira)

Dentro do proxecto de intercambio Comenius Regio entre entidades galegas e madeirenses, aCentral Folque organiza este acto no que se interpretarán en diferentes instrumentos de corda pulsada: guitarras, viola de arame, rexão,... un repertorio histórico recollido en Cancioneiros do século XIX de ámbalas dúas r(...)

(Ultima actualización: 21-04-2013)

Rede de Músicas Soltas. Celanova 2013

- concertos- aCentral Folque-

sábado, 27 de abril, 20:30

Davide Salvado+Najla Shami

sábado, 1 de xuño, 20:30

Dúo Fdez & Quintá

sábado, 29 de xuño, 20:30

Sérgio Tannus Trio

sábado, 28 de setembro, 20:30

Jazzología en concerto

sábado, 19 de outubro, 20:30

Ugia Pedreira en concerto

sábado, 30 de novembro, 20:30

Mónica de Nut

A Rede de Música Soltas de Celanova son concertos de presentación dos proxectos en activo da música feita en Galicia por músicos locais ou foráneos que moran no país. Así temos(...)

(Ultima actualización: 20-03-2013)

Rede de Músicas Soltas. Rianxo 2013

- concertos- aCentral Folque-

venres, 22 de marzo, 20:30

Acrobata

venres, 26 de abril, 20:30

Fdez & Quintá

venres, 24 de maio, 20:30

Sérgio Tannus

venres, 14 de xuño, 20:30

Jazzologia

venres, 18 de outubro, 20:30

Davide Salvado

venres, 22 de novembro, 20:30

Xan Campos

Non todo o que cae na rede é peixe, e nesta rede só cae música de autora, de autor, de raíz, música popular traballada, de todos os POPs, de todos os pobos, música viva, que respire, que se mova, que nos faga vivir e movernos(...)

(Ultima actualización: 01-03-2013)

CURSO SOBRE MÚSICA BRETOA PARA FRAUTA impartido por Pierrot Rougier (músico de Lorient)

- clases- aCentral Folque-

Data: sábado 2 de marzo 2013

Lugar: Auditorio do CSC de Fontiñas (Santiago DC, Rúa Berlín)

Horas: 16.30 a 20.30

Prezo: 30 €

As prazas son limitadas

O vindeiro sábado 2 de marzo o músico bretón Pierrot Rougier, ofrecerá un obradoiro de música bretoa para frautas traveseira para toda persoa interesada neste repertorio e xeitos particulares de toques nesa parte do mundo. Será unha descuberta da riqueza e variedade da súa música tradicional e ornamentacións propias, dos xéneros para danza (...)

(Ultima actualización: 28-01-2013)

Éxito da De Cuellar Suite cun cheo total na catedral de Dublin

- - aCentral Folque-

60 músicos, 12 deles de aCentral Folque deleitaron a un entregado público

Este pasado sábado a catedral de orixe románica (o edificio máis antigo de Dublín) acolleu a segunda actuación da De Cuellar Suite, un espectáculo duns noventa minutos que mantivo ao público atento e entusiasmado do principio ao final da obra, unha sucesión de 11 movementos con narración, baile e música sobre a odisea do mariñeiro da Armada Invencíbel Francisco de Cuéllar. Había unha semana que se agotaran as 500 locali(...)

(Ultima actualización: 21-01-2013)

Alumnado da aCentral Folque arman velas rumbo a Irlanda

- concertos- aCentral Folque-

Alumnado da aCentral Folque en Santiago tocarán na catedral de Dublín cunha orquestra de máis de 50 músicos irlandeses





Este sábado 26 de xaneiro aCentral Folque participará na estrea en Dublín da The De Cuellar Suite, a partitura escrita polo compositor Michael Rooney sobre o capitán Francisco de Cuéllar, fantástica historia logo da súa odisea coa Armada invencíbel no 1588 naquela viaxe frustada coa que Felipe II pretendía invadir a Inglaterra de Isabel I.

2012

(Ultima actualización: 09-11-2012)

Músicas Doces en Arzúa - Petiscos musicais na hora do café

- concertos- Xoan Curiel- Mónica de Nut- Davide Salvado- Ugia Pedreira- aCentral Folque-

As Músicas Doces son petiscos musicais servidos á hora do café, na sobremesa das tardes; pasteis sonoros á luz do día. A confitaría La Esquina de Arzúa acubilla este ciclo de concertos de pequeno formato para audiencias reducidas, lugares íntimos e próximos para conectar público e artistas. Entre novembro do 2012 e xuño do 2013 La Esquina convértese no lugar máis atractivo onde parar en Arzúa.

2º DOMINGO DE MES

domingo, 11 de novembro - Xoan Curiel

domingo, 9 de decembro - Mónica de Nut

domingo, 13 de xaneiro - Celso Sanmartín

domingo, 10 de febreiro - Davide Salvado

domingo, 10 de marzo - Ugia Pedreira

domingo, 14 de abril - Ariel Ninas

domingo, 12 de maio - Benxamín Otero

domingo, 9 de xuño - Carlos Quintá

(Ultima actualización: 31-10-2012)

O violino de Courtier - I Encontro de Violino Popular en Pobra de Trives

- xornadas- aCentral Folque-

O I Encontro de Violino Popular é un punto de encontro para violinistas que adican a súa vida musical ao repertorio de raíz, para a xente interesada neste instrumento, para curiosos e curiosas, para a xente que quere aínda ilusionarse e deixarse sorprender coa fauna da música galega, para xente que quere coñecer a arquitectura, a gastronomía e a paisaxe a través da música. O violino de Courtier é un lugar de intercambio de coñecemento, de diversión, experimentación e reflexión. O Violino de Cour(...)

(Ultima actualización: 04-10-2012)

Festival Leverelem...das artes da fala (Pontevedra)

- xornadas- aCentral Folque-

O primeiro festival do mundo adicado ás artes da fala, á oralidade como medio artístico e de expresión, sen fronteiras estilísticas, sobre a tradición oral, a poesía, a comunicación, o teatro, a canción, o conto, a retórica, a expresión vocal, a regueifa, o cabaret, con música, radio, humor, verso, verbo, improvisación, mensaxe subliminal e lingua.

Leverelem..das artes da fala Son dúas noites de espectáculos senlleiros na cidade de Pontevedra para reflexionar ludicamente sobre a lingua e (...)

(Ultima actualización: 04-09-2012)

O Proxecto Florencio en Lugo - Última oportunidade pra ver a orquestra dirixida por Germán Díaz

- clases- Florencio- Germán Díaz- aCentral Folque-

aCentral Folque, co apoio da Deputación de Lugo e do Concello da Fonsagrada leva desenvolvendo desde novembro de 2011 PROXECTO FLORENCIO, unha proposta educativa para músicos de toda Galiza centrada no repertorio de Florencio dos Vilares: violinista cantor e contador natural da Fonsagrada de grande relevancia dentro do patrimonio musical galego. O espectáculo resultante foi estreado en A Fonsagrada no mes de xullo. Este xoves 6 de setembro ás 20:30 será presentado no Museo Provincial de Lugo, ba(...)

(Ultima actualización: 04-09-2012)

A Escola livre da MPG Comeza un ano máis

- clases- aCentral Folque-

Reserva xa a túa praza

Desde o luns 3 de setembro podes reservar a túa praza na Escola Livre da MPG. As aulas comezan o día 15 de Outubro. Teñen lugar os luns durante todo o día (con posibilidade de escoller horario adaptado as necesidades de cada alumno) nos Centros Socioculturais de A Trisca e Castiñeiriño en Santiago de Compostela. Podes reservar a túa praza a través da nosa web ou do correo electrónico matricula@folque.com. Nos vindeiros días iremos achegando máis detalles sobre pagamento(...)

(Ultima actualización: 06-07-2012)

Concerto presentación do Proxecto Florencio, música, palabra e imaxes en A Fonsagrada

- clases- Florencio- Germán Díaz- aCentral Folque-

Florencio, O Cego dos Vilares, consideardo como o último cego músico ambulante faleceu no ano 86 máis aínda é lembrado por moitos dos habitantes da súa terra natal, a Fonsagrada; pezas como A Filla de Bartolo, ou O Testamento do Gato, forman parte da memoria colectiva de grande parte da comarca, e tamén dos afortunados que puideron acceder a algunha das diversas gravacións que del se fixeron, algunhas delas realizadas por Dorothe Schubarth, Antón Santamarina ou Mini e Mero.

Dende novembro do (...)

(Ultima actualización: 23-06-2012)

aCENTRAL FOLQUE LEVA A MÚSICA GALEGA A IRLANDA

- - aCentral Folque-

Estes días está a ter lugar en Grange (Sligo, noroeste de Irlanda) o segundo Celtic Fringe Festival, un encontro ao redor dos restos dos barcos encallados en 1588 da Armada Española que se atopan na costa irlandesa. Catro días onde os activos culturais locais vólcanse na vila para facer actividades fundamentalmente musicais (concertos e jam sessions), teatrais, sendeirismo, pasarrúas, charlas e un simposio internacional sobre os restos arqueolóxicos da Armada Invencível nas súas costas. aCentral(...)

(Ultima actualización: 17-04-2012)

VIII Encontro Internacional - Zona da Zanfona 2012

- clases- aCentral Folque-

Detalles de inscripción (data límite: 18 de abril)

Zona da Zanfona 2012 é o VIII Encontro Internacional para zanfonistas en Galicia, onde cada ano, aCentral Folque achega os mellores intérpretes e compositores para amosar a súa arte e impartir cursos prácticos para os especialistas deste instrumento milenario que está a rexurdir cunha forza consolidada nos últimos 10 anos e dos que este encontro é a cita máis importante do ano nesta periferia de Europa. Os mestres convidados deste ano son os (...)

(Ultima actualización: 13-04-2012)

Petiscos Musicais en A Escondida (Espasante)

- Petiscos Musicais- aCentral Folque-

Os Petiscos Musicais son concertos para o bo padal e mellor ouvido do público, servidos con xantares propios a cada acción musical que se presenta. A Escondida é o café concerto de Espasante, aló no porto, onde o cheiro a mar e a guiso confúndese co bruar de Ortegal e as melodías da mellor música popular.

Recitais e cociña nun ambiente propio. Cantar, bailar e saber comer: Acrobata, NARF, Primordias e Ariel Ninas servidos con receitas en variacións de legumes e fabas por Marina Oural Villapol(...)

(Ultima actualización: 27-03-2012)

2º Petisco Musical: Gastrofonías na Casa das Crechas

- concertos- Petiscos Musicais- aPenultima- Crechas- aCentral Folque-

"Gastrofonías" música e gastronomía a partes iguais

O dúo con sabor Comisa Bal (violino trompeta+acordeón piano) e o restaurador Rafa Triñanes presentan Gastrofonías, unha demostración a tempo real de pratos e melodías condimentadas para o bo padais e mellor ouvido. Mentres os músicos tocan, o restaurador preparará unha receitas inspiradas na súas melodías

Data: 27 de marzo de 2012

Hora: 22.30 horas

Lugar: Casa das Crechas. Santiago

En palabra, obra e acción aCentral vive dunha maneira (...)

2011

(Ultima actualización: 25-08-2011)

IV XUNTANZA RUTA DA PEDRA E DA AUGA nos muiños do rio Armenteira

- xornadas- Ardentía- aCentral Folque-

ÁREA DE DESCANSO DA ALDEA LABREGA DE ARMENTEIRA (RIVADUMIA) , actividades organizadas por aCentral Folque

De 13:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:00 h, Muíño Laxiña = Muíño da Muiñeira.

A máquina de meter medo: dúas zanfonas e percusión

De 13:00 a 14:00 h e de 18:00 a 19:00 h, Lavadoiro.

Sesión de canto popular con Marcelo González

De 13:00 a 14:00 h e de 17:30 a 19:00 h,Muíño do Gaiteiro = Muíño das Conversas.

Conversas teatralizadas con Paula Carballeira

Á 13:30 e ás 18:30 h(...)

(Ultima actualización: 21-06-2011)

15 músicos galegos na estrea mundial dunha suite irlandesa

- aCentral Folque-

15 músicos galegos parten rumbo a Irlanda para participar na estrea mundial dunha suite orquestral sobre a Armada Invencíbel

Este martes 21 de xuño parte a expedición galega que pasará unha semana en Sligo -Irlanda- para participar na estrea da partitura escrita polo compositor Michael Rooney sobre o capitán Francisco de Cuéllar, fantástica historia logo da súa odisea coa Armada Invencíbel no 1588 e un dos poucos supervivintes daquela viaxe frustada coa que Felipe II pretendía invadir a Ingla(...)

(Ultima actualización: 07-04-2011)

Arte Fresca do Dí­a na Praza de Abastos de Pontevedra

- xornadas- aCentral Folque-

INTERVENCIÓNS ARTÍSTICASNA PRAZA DE ABASTOS DE PONTEVEDRA.Arte fresca do día son actuacións de diversas disciplinas artísticas adaptadas especialmente ao espazo do Mercado da zona vella de Pontevedra. Seis mañás adicadas á danza, teatro, circo, palabra, circo e, por suposto, música. A arte noutros lugares de representacións, novos ámbitos para a arte, novas costumes para o comercio.:)Seis venres -tres de abril, tres de maio- nos que se dan a man o NOVO CIRCO de Pista Catro facendo malabares cos (...)

2010

(Ultima actualización: 18-12-2010)

CONVIVIO MUSICO-CULTURAL Italia-Galiza

- xornadas- aCentral Folque-

aCentral Folque recebe esta fin de semán ao grupo A Voce Stesa de Campania e aos programadores do Festival de Miolati. Están organizados un convivio cos alumnado da ELMPG, un xantar musical e un concerto para esta finde semana.

Dia 18 decembro

Xuntanza con alumnado de percusión e canto na Escola Livre da MPG ás 18h. no CSC de Pontepedriña.

Dia 19 decembro

Xantar musical no Heicho de Dar Queridiña de Soutomaior.

Dia 20 )ecembro

Concerto na EOI de Ourense.

A Voce Stesa

É un prox(...)

(Ultima actualización: 25-11-2010)

Tres días de música sen pausa, no Culturgal

- xornadas- Culturgal- aCentral Folque-

Culturgal (Programación musical)

Venres 26, sábado 27 e domingo 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Entrada gratuíta

Descargar o programa musical detallado

Os novos ritmos brasileiros, un sorprendente fado alegre, tradición e innovación coa gaita, música armenia, pop de autor... son algúns dos sonidos que compoñerán a particular banda sonora da Feira das Industrias Culturais. A música anegará tamén todos os espazos do Culturgal 2010, desde a recámara, ata o patio, o faiado, o c(...)

(Ultima actualización: 17-09-2010)

Aberto o prazo de inscrición da Escola Livre da MPG

- clases- aCentral Folque-

Xa está aberto o prazo de inscrición da Escola Livre da MPG, a sección docente d'aCentral Folque en Santiago de Compostela con ensino regular en diferentes instrumentos populares e con mestres en activo nos circuítos profesionais do folk e a música tradicional coma Edelmiro Fernández "Chuco" Estévez, Paulina Ceremuzynska, Guadi Galego, Ugia Pedreira, Óscar Fernández, Pedro Pascual, Roberto Sala e Gutier Álvarez.

As aulas estarán repartidas entre tres Centros Socioculturais de Santiago (Castiñ(...)

(Ultima actualización: 03-09-2010)

Comeza Sabores e Saberes en Vilaxoán de Arousa

- concertos- Xurxo Souto- Os Tres Trebóns- aCentral Folque-

As actividades ao redor da praza de Abastos de Vilaxoán comezarán nesta intensa programación ao redor da música, os productos locais, a cociña, obradoiros de participación,... nesta primeira xornada coa inauguración o sábado 4 de setembro co pregón de Uxía e a homenaxe ao mariñeiro, a actuación do Combo Mariñeiro de Vilaxoán, os cockteis de Nacho Costoya e a sesión DJ con Bigote Mix.

O domingo comezarán as actividades na praza mesma a partir das 10h. Haberá sesión de alborada cos Terribles de(...)

(Ultima actualización: 19-08-2010)

Ciclo Trad 2010: ACORDEÓN E REGUEIFA EN CARBALLO

- Festa- Caruncho- Benito Lombariñas- Acordeón Diatónico- aCentral Folque-

Entre o 20 e o 28 de agosto, Carballo acollerá unha nova edición do Ciclo Trad, unha ollada ás tendencias actuais da música tradicional e creativas en torno ao concepto folque. Logo de varios anos de ausencia e cambiando a ubicación -antes en Pontevedra-, Carballo verá o rexurdir deste Ciclo con dúas apostas polo patrimonio musical da comarca, neste caso exemplificado na improvisación oral (regueifa) e no acordeón. Así teremos a visita desde Colombia de Antonio Rivas que ofrecerá un concerto(...)

(Ultima actualización: 06-08-2010)

Guadi Galego, Marful e Uxía. Músicas Portuarias en Vilagarcía De Arousa

- concertos- aCentral Folque-

A Alameda de Vilagarcía volverá a encherse de música da man do ciclo de concertos ao aire libre ‘Músicas portuarias’ organizado pola concellería de Cultura coa colaboración de A Central Folque. A programación deste ciclo céntrase en tres das voces femininas máis importantes da Galicia, que presentarán en Vilagarcía os seus últimos proxectos: o Marful de Ugía Pedreira, Guadi Galego co Alejandro Vargas New Trío e o Uxía Trío.

Os concertos, que serán de balde, terán lugar o venres 6, o sábado 7 e (...)