aCentral Folque


Rúa Travesa 7. Compostela

Clases de percusion,canto,gaita,acordeón diatónico,requinta,violín


(Ultima actualizaci??24-10-2019)

Concerto Flor Nova do Romanceiro Ibérico (A Coruña)

- concertos- aCentral Folque-

O sábado 26 de outubro ás 18:00, a Fundación Barrié acolle na súa sede da Coruña o concerto Flor Nova do Romanceiro Ibérico, d’aCentral Folque, co gallo da celebración do Bienio Pidalino, interpretado por:

Begoña Olavide con Javier Bergia (Castela)

Ugia Pedreira con Óscar Fernández (Galiza)

Catarina Moura con Luís Pedro (Portugal)

Entrada libre até completar aforo.

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos- aCentral Folque-

🌱🎶Desde aCentral Folque querémosvos convidar á estrea dun novo curso académico o vindeiro mércores 25 de setembro ás 20.30 h da EMaCF co Concerto de Outono na Sala Mozart do Auditorio de Galicia con entrada libre. Alumnado e mestres da EMaCF ofrecerán un recital variado coa representatividade de cada aula que se imparte na Escola.

👉🎻🥁🎤Zanfonas, violinos, cantos, regueifas, bailes, percusións de man e algunha sorpresa que se poderá escoitar e ver(...)

(Ultima actualizaci??22-09-2019)

VII Xornadas Arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo)

- concertos-

O sábado 28 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas Arredor da Música Tradicional.

Serán de balde previa inscrición

PROGRAMA

10.15 – Apertura e entrega de documentación

10.30 – Relatorio I - Demostración

“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños

11.20 Quenda de preguntas

11.30 – Relatorio II

“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da anál(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-06-2019)

- concertos- Xurxo Souto- Arca da Noe- Folque-

29 de junho, às 20h30, aterram Xurxo Souto e Ramom Pinheiro de Acentral Folque para apresentar " Sindo de Olelas. Concertina Galega".

(Ultima actualizaci??16-06-2019)

Concerto aCentral Folque na SELIC (Compostela)

- concertos- aCentral Folque-

Domingo 16 de xuño ás 20:00, no marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC), na praza da Quintana

Concerto fin de curso d'aCentral Folque con alumnado e profesorado da escola.

(Ultima actualizaci??31-01-2019)

Monográficos da Central Folque - Inverno 2019 (Compostela)

- concertos- aCentral Folque-

Estes son os Monográficos de inverno de 2019 que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela. Cursos que a Escola de Música d’aCentral Folque ofrece para algúns sábados dos meses de febreiro e marzo de 2019, unha variedade diferente para a práctica instrumental, de voz e do baile en Compostela. Cursos específicos en diversas especialidades instrumentais para afondar en aspectos relativos á interpretación, técnica, repertorio, movemento e discurso cos mestres que os imparten. Terán lugar (...)

2018

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-07-2018)

- concertos-

Venres 13 e sábado 14 de xullo

Praza da Ferrarí­a

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza un ano máis, o Memorial Ricardo Portela, que xa vai pola súa 19 edición e que volverá a traer á cidade de Pontevedra unha fin de semana chea de música tradicional galega.

Os pasarrúas, que traerán de novo o toque pechado ás rúas e prazas da cidade, estarán a cargo de "Os Gaiteiros das Rí­as Baixas", "Pola Vila", "Os Re-voltas", "Os Asubios" e "Os Boucisca", na tarde do venres; e "A.C. Picuí­ña"(...)

(Ultima actualizaci??04-07-2018)

XIV Encontro Tradicional Zona da Zanfona (Rianxo)

- concertos-

Mércores 4 xullo.

Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h

- Ariel Ninas & Alba María

Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.

Venres 6 xullo.

Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h

- Miro Casabella / Johannes Geworkian Hellman

Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 20 h. con Óscar Fernández *(non é preciso instrumento propio!)(...)

(Ultima actualizaci??02-05-2018)

Presentación en Vigo da Chave Mestra

- concertos- aCentral Folque- E-Trad-

O vindeiro mércores 2 de maio ás 20:30h na E-trad de Vigo preséntanse os novos títulos da colección Chave Mestra de aCentral Folque, un acto para alunado desta escola e público que queira atender o acto. Estarán presentes o editor da colección Ramon Pinheiro e autoras de tres dos títulos publicados recentemente: Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio por “Mulleres de Garmala!“; Sergio Cobos e Iván Costa por “Manuel López. Gaiteiro de Poso” e Alba María Rodríguez por “Regueifa en Bergantiños“. O acto (...)

(Ultima actualizaci??16-03-2018)

Presentación en Vigo do libro-cd Maruxa das Cortellas

- concertos- O Fiadeiro-

Venres 16 de marzo ás 20:00h

Local da ACF O Fiadeiro.

R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.

Vigo.

Presentación do Libro-CD “Maruxa das Cortellas, Tocadora do Pandeiro…” de Xulia Feixoo.

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala

"Falar de Maruxa das Cortellas e? falar dunha das grandes tocadoras de pandeiro do pai?s. Maruxa foi a u?nica muller da su?a xeracio?n que tivo interese en aprender a tocar o pandeiro ao xeito das antigas da aldea.

A su?a figura foi clave na recupera(...)

2017

(Ultima actualizaci??20-10-2017)

Clases de Pandeireta e de Baile Tradicional na Arca da Noe (Vilar de Santos)

- concertos-

Aqui temos os novos cursos de pandeireta e de baile tradicional da Arca.

Começamos 20 de outubro ( sextas-feiras (venres) cada 15 dias) .

17h00- 18h30 Curso de pandeireta e canto. Nível I

18h30- 20h00 Curso de pandeireta tradicional. Nível II

20h00- 21h30 Curso de baile tradicional

Preço: 15€ curso ao mês

Aponta-te enviando uma sms ao facebook da Arca.

Est@s são @s profes:

Patricia

Cantora no grupo Coanhadeira e colaboradora no grupo Pesdelán.

Começa a sua andaina (...)

(Ultima actualizaci??21-04-2017)

Baile Assalto de primavera

- Festa- aPenultima- gentalha- aCentral Folque-

Venres 21 de abril ás 22:00h

Gentalha Do Pichel.

Rua Santa Clara, 21.

Santiago de Compostela.

Último Baile Assalto do curso 2016/2017 especial primavera con OBAL (Ivam Costa à sanfona; Jaime Rebolho à nickelharpa; Diego Langarika ao bouzouki) a próxima sexta feira 21 de abril às 22 h na Gentalha do Pichel.

O trio Obal venhen desde o Morrazo com os seus ritmos franceses e galegos ao som de três instrumentos tão carismáticos do folque europeio coma o bouzouki, a sanfona e a nickelha(...)

(Ultima actualizaci??18-02-2017)

Monográficos de percusión en Compostela

- concertos- aCentral Folque-

Sábado 18 de febreiro ás 10:00h

ACentral Folque.

Rúa Travesa 7.

Santiago de Compostela.

Carlos Martínez (Pan de Capazo, os Emijrantes, Fanfarria Takikardia) ofrece estes dous monográficos de Percusións domésticas e de pandeiros de mao: “Pandeiros: técnicas e ritmos” para diferentes tipoloxías de adufes.

* O prezo do curso é de 20 € (cociña) e de 25 € (pandeiros), se queres vir aos dous cursos, o prezo total é de 35 €

Inscrición e detalles:

Duración: 4 horas

Prezo: 20 € (do(...)

(Ultima actualizaci??07-02-2017)

Baile assalto en Compostela: especial danças galegas e europeias

- Festa- aPenultima- gentalha-

Venres 10 de febreiro ás 22:00h

Gentalha Do Pichel.

Rua Santa Clara, 21.

Santiago de Compostela.

Voltan as melhores e mais terapêuticas danças! O primeiro Baile Assalto do ano 2017 com um especial de danças galegas e europeias com a dupla viguesa de Begoña Riobó & Xosé Liz ao violino e ao bouzouki/frauta. Eles são uns músicos experimentados em diversas formações do folque galego contemporâneo a nível internacional que oferecerão um repertório adicado ao baile. Aproveitando o seu pas(...)

(Ultima actualizaci??11-01-2017)

Cantos de cego da Galiza e Portugal en A Guarda

- concertos-

Xoves 12 de xaneiro ás 21:30h

Teatro Municipal da Guarda.

Rua Batalha Reis, 12.

“Cantos de cego da Galiza e Portugal” é um concerto temático sobre uma personagem singular na cultura musical ibérica: o cego, que desde a Idade Média povoava o universo sonoro das feiras e romarias, contando e cantando histórias de crimes, romances e feitos históricos.

Dois músicos, um galego e um português, lançando mão de diversos instrumentos (sanfona, guitarra, braguesa, guitalele, harmónio, harmónica(...)

2016

(Ultima actualizaci??04-12-2016)

Presentación de REPENTE GALEGO no Culturgal

- concertos- aCentral Folque-

Este Domingo 4 de decembro ás 11:30h terá lugar en Pontevedra a presentación do libro Repente Galego dentro da programación do Culturgal. O acto contará coa presencia dos autores, Ramon Pinheiro (diretor d’aCentral Folque) e Sergio de la Ossa (professor d’aCentral Folque), do impulsor desta inciativa, Carlos Alonso da Oral de Galiza, e de Xosé Leal, deputado de cultura da Deputación de Pontevedra.

Adiantamos en exclusiva unhas breves liñas do prólogo realizado polo investigador basco Joxerra(...)

(Ultima actualizaci??04-12-2016)

Baile Assalto dezembro en Compostela

- Festa- aCentral Folque-

Venres 9 de decembro ás 20:00h

Gentalha Do Pichel.

Rua Santa Clara, 21.

Santiago de Compostela.

Primeiro Baile Assalto do curso 2016/17 e último do ano. Este mes de dezembro com um especial com o mestre de baile da Escola de Música Popular e Avanzada, Sérgio Cobos. Haverá uma oficina prévia de valsa mandada do Alentejo e a seguir o Baile Assalto com jotas, moinheiras, corridinhos, valsa mandada, mazurcas, polca, scottische, pasodoble, círculos, etc…

A data é o 9 de dezembro. A ofi(...)

(Ultima actualizaci??11-11-2016)

Senhora Asem (sanfona e gaita-de-fole) en Silleda

- concertos-

A dupla de sanfona e gaita-de-fole d’aCentral Folque, Senhora Asem, assíduos tocadores galegos em Potugal oferecem um concerto para todos os públicos na Casa da Escola de Parada (Silheda, Galiza) o próximo sábado 12 de novembro às 17.30 h organizado pela Asociación de Veciños da Parroquia de Parada. Haverá café, concerto e… dozes!

Apresentam uma hora de recital baixo o nome de MBB: músicas de bordão e baile, uma viagem por melodias mais ou menos conhecidas do repertório popular galego tecidas(...)

(Ultima actualizaci??24-10-2016)

Concerto de Pablo Lerner en Compostela

- concertos- aCentral Folque-

Luns 24 de outubro ás 20:00h

ACentral Folque.

Rúa Travesa 7.

Santiago de Compostela.

Este luns 24 de outubro aCentral Folque acolle un concerto de Pablo Lerner, artista peculiar que está de paso por Compostela para ofrecer un concerto na libraría de vello Tirana na rúa do Pombal 34. Pablo Lerner dará un concerto cos convidados especiais Alba María e Ariel Ninas. Pablo Lerner é un músico arxentino que toca música do nordeste do Brasil con zanfona húngara. Unha música con orixes galega(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2016)

Presentación en A Guarda do disco: Cantos de cego da Galiza e Portugal

- concertos-

Domingo 11 de setembro ás sete e media.

Castelo de Santa Cruz - A Guarda - Pontevedra (Galiza)

O último título publicado desde aCentral Folque, o disco de Ariel Ninas e César Prata “Cantos de cego de Galiza e Portugal” será presentado ao vivo nun concerto especial dentro do festival Espazos Sonoros. Será o vindeiro domingo 11 de setembro ás 19.30 h no marco incomparável do Castelo de Santa Cruz n’A Guarda (Pontevedra) dentro dunha xornada máis completa que o festival ofrece (Coñece o teu p(...)

(Ultima actualizaci??21-07-2016)

Zona da Zanfona. XII Encontro Internacional. Rianxo

- concertos-

Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XII edición e estrea novo calendario (27 a 31 xullo) buscando os cálidos e longos días de verán para animar as rúas de Rianxo e ofrecer o punto de encontro e espazo de intercambio musical para as zanfonistas do país.

Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza até o máis especializado sob(...)

(Ultima actualizaci??21-07-2016)

Baile Assalto no Toural (Compostela)

- Festa-

Venres 22 de xullo a partires das 12:30h

Dentro das festas do Apóstolo de Compostela 2016 e do programa Artellando, aCentral Folque organiza un día especial adicado á danza con música ao vivo e feito nunha das prazas máis emblemáticas da cidade, o Toural. Será un Baile Assalto pola noite precedido de tres obradoiros para todos os públicos.

12.30 h- Obradoiro de bailes agarrados con Montse Rivera. Música ao vivo: Ariel Ninas (Compostela)

17 h- Obradoiro de bailes europeos con Matias Tradball(...)

(Ultima actualizaci??13-05-2016)

Festa do 17 de maio (que se fai o 14) - Compostela

- concertos-

Quinta, 12 de maio

20h30 Apresentação do livro 'A imagem de Portugal na Galiza', de Carlos Quiroga (em colaboraçom com a AGAL - Associaçom Galega da Língua)

Sexta, 13 de maio (atividades organiçadas com ACentral Folque)

20h00 Apresentação do livro 'Método de acordeão diatónico', de Pedro Blanco.

22h00 Baile Asalto especial acordeom diatónico

Sábado, 14 de maio

11h00 Alborada com cabeçudos e cabeçudas polas ruas de Compostela.

11h30 Bicicletada pola língua. Desde a Alameda ata a praça (...)

(Ultima actualizaci??02-04-2016)

Baile Assalto e curso de mazurka na Gentalha (Compostela)

- Festa- aPenultima- Gentalha- aCentral Folque-

Venres 08 de abril

Baile Assalto d'aCentral Folque com String Fling desde Lisboa + oficina de mazurka previa.



(Ultima actualizaci??17-03-2016)

Lagharteiras na Rede de Músicas Soltas de Redondela

- concertos- aCentral Folque-

Sábado 19 de marzo

17 horas,. Aula maxistral e parola acompañadas de Carlos Álvarez na Sociedade Cultural do Viso

21 horas. Concerto no Multiusos da Xunqueira

Para o mes de marzo, a Rede de Músicas Soltas de Redondela pesca no caladoiro achegado de Mos a estas novas pandereteiras, Lagharteiras que presentan o seu primeiro disco homónimo, unha escolma de cantos, regueifas, xotas, muiñeiras e mazurcas con diversos toques de pandeireta recollidos da tradicional oral galega.

Cread(...)

2015

(Ultima actualizaci??17-09-2015)

cursos do pichel 2015/16 (Compostela)

- concertos-

A associaçom cultural a Gentalha do Pichel é um projeto autogerido, que se sustenta a partir do trabalho, ativismo e achegas económicas das pessoas associadas.

Os cursos, além de serem um espaço de convívio e aprendizagem, som umha ajuda económica para manter o centro social, por isto pedimos o teu compromisso à hora de fazer o pagamento no início de cada mês.

Sem matrícula. Depósito dumha mensalidade a maiores a começo do curso que será devolta no caso de avisar com um mês de antecedência(...)

(Ultima actualizaci??14-08-2015)

XVI Festa Folc de Vilariño (O Hío, Cangas do Morrazo)

- concertos-

Sábado 15 de agosto na Praia de Vilariño

Pelepau

Kepa Junkera

Chotokoeu

Cuchufellos

A Festa Folc contará este ano coa III Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, que arrancará ás once da mañá coa actuación da Treboada do Gato. Ás doce será o momento dunha sesión libre para que toda aquela persoa que o desexe poida subir a cantar e tocar sobre o escenario. Ás cinco da tarde será a presentación da colección de libros-CD “Chave Mestra” que edita aCentral Folque e ás sete o Obradoiro (...)

(Ultima actualizaci??23-04-2015)

aCentral Foque presenta “Florencio, cego dos Vilares” na Fonsagrada

- concertos- aCentral Folque-

O vindeiro venres 24 de abril, ás 20 h, no Salón de Actos (Os Chaos) da Fonsagrada, presentarase ao público o primeiro e único libro que afonda na historia do considerado como último xograr galego, Florencio, o cego dos Vilares. Unha coidada e rigorosa monografía iniciativa de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, acompañada dun CD con gravacións orixinais e inéditas do músico fonsagradino. Na mesa de presentación estará Antón Santamarina, autor, Ramon Pinheiro Almuinha, co-autor, e(...)

(Ultima actualizaci??02-04-2015)

XI Encontro Internacional de Zanfona en Rianxo

- concertos-

3 de abril no Auditorio de Rianxo

19:30 Presentación "Amadeo Goyanes"

20:30 Concerto ZdZ'15

4 de abril no Liceo Marítimo Rianxeiro

22:30 Baile Assalto ZdZ'15

4 e 5 de abril no Auditorio de Rianxo

11:00 Curso de zanfona: Tobie Miller

Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque e o Concello

de Rianxo que chega á súa XI edición consolidado como un referente internacional no seu

ámbito.

Na súa programación inclúense ofertas variad(...)

2014

(Ultima actualizaci??08-08-2014)

aCentral Folque toca en Irlanda

- aCentral Folque-

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular participará no Fleadh Cheoil na hÉireann, ou “Festival de Música de Irlanda“, que este ano ten lugar en Sligo, nove días de diferentes actividades sobre a música tradicional que pode chegar a congregar a máis de 400.000 persoas entre 0 10 e o 19 de agosto. aCentral Folque foi convidada a participar na performance da De Cuellar Suite , unha peza orquestral con máis de 50 músicos en palco sobre a fascinante historia e capítulo da Armada Invencíble (...)

(Ultima actualizaci??14-03-2014)

3º Baile Assalto da ELMPG na Gentalha (Compostela)

- Festa- aCentral Folque-

14 de marzo de 2014

Mais un Bailes Assaltos da ELMPG para Compostela. Este mes adicado especialmente aos bailes bretóns: an-dro, hunter dro, gavottes, rondes,... E haberá repaso ás danzas de outros meses (Circle Circassiene, Chapeloise, Schottish, Marzurka...) e por suposto tamén haberá muiñeiras, xotas, valses e pasodobles. Previamente ao baile, hai un obradoiro de aprendizaxe para estas danzas.

(Ultima actualizaci??04-02-2014)

2º Baile Assalto da ELMPG en Compostela

- concertos- aCentral Folque-

7 de Febreiro na Gentalha

En Compostela continúan os Grandes Bailes Assaltos da ELMPG. Este mes adicado continuamos adicando atención ás danzas en roda do centro de Europa onde repasaremos o Circle Circassiene, Chapeloise e Schottish e tamén haberá tempo para aprender a bourrée a 3 tempos e Marzurka. Por suposto tamén haberá muiñeiras, xotas, valses e pasodobles. Previamente ao baile, hai un obradoiro de aprendizaxe dirixido por Pili Conde (Danzalia Mundi). O músico encargado de dirixi(...)

(Ultima actualizaci??04-02-2014)

Curso de frauta e violino con Jean-Michel Veillon e Jacky Molard en Santiago de Compostela

- concertos- aCentral Folque-

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular organiza un curso especiai de frauta con Jean-Michel Veillon e outro de violino con Jacky Molard, estes mestres bretóns están de xira por Galiza e Asturies onde só farán estes obradoiros en Santiago de Compostela. Serán dous cursos de catro horas cada un o día domingo 16 de febreiro. 

(Ultima actualizaci??11-01-2014)

Rede de Músicas Soltas. Redondela 2014

-

PROGRAMA

- Acrobata: Ugia Pedreira & Fred Martins, 11 de xaneiro

- Radio Cos: concerto conversado, 15 de febreiro

- Caxade, 15 de marzo,

- Jazzologias, 12 de abril

- Narf: nas tardes escuras, 17 de maio,

- Kepa Junquera + Xabier Díaz: Galiza, 14 xuño

A Rede de Música Soltas de Redondela son concertos de presentación dos proxectos en activo da música popular feita en Galicia por músicos galegos. Así temos os novos discos de Caxade, Fran Pérez "Narf" e Radio Cos, actuación(...)

2013

(Ultima actualizaci??22-11-2013)

CICLO MONUMENTA. Igrexa do Mosteiro de Santa Marí­a de Armenteira. .Meis (Pontevedra)

- concertos-

23 de novembro . NOTICIEIRO FOLK 1932. RAMÓN PINHEIRO- MARTIN PAWLEY-COMISA BAL.

17:30 O Mosteiro de Armenteira na fita cinematográfica

Proxección do filme histórico “Noticieiro Folk 1932” con música ao vivo .

O 23 de novembro teremos a oportunidade de coñecer en detalle o valor artístico e histórico da igrexa de Santa María de Armenteira. Os máis pequenos indagarán activamente nas intervencións nas fachadas das igrexas, para despois coñecer, na visita guiada para todos os públicos, o con(...)

(Ultima actualizaci??05-11-2013)

Filme CANTADOR DE CHULA e colóquio com Katharina Döring esta quarta no local da Folque (Compostela)

- concertos- aCentral Folque-

Quarta-féria 6 Novembro - Horário 20 h

Local da Folque (Salvadas, 22 baixo. 15705)

Donativo 3 €

Confirmar asistencia!

Prazas limitadas (15 pessoas)

CANTADOR DE CHULA filme de Marcelo Rabelo (2009) baseado na pesquisa etnomusicológica de Katharina Döring.

O longa-metragem retrata o universo da chula, canto principal de algumas modalidades de sambas mais presentes no interior da Bahia, que se caracteriza por sua técnica vocal específica e pela improvisação de versos. A gravação do doc(...)

(Ultima actualizaci??30-10-2013)

Najla Shami en Ribadeo

- concertos- acentral folque-

Neste domingo 3 de novembro Najla Shami actuará en Ribadeo acompañada por Sérgio Tannus apresentando algún tema de Na lingua que eu falo. O concerto pertence ao ciclo "Músicas Posíbeis" que organizan aCentral Folque. Ás 19 horas no Teatro Cine.

Esta fin de semana a Concellaría de Cultura de Ribadeo segue coa súa programación do ciclo das Músicas Posíbeis, "unha aposta a favor da música de calidade, galega ou estranxeira, co denominador común de seren propostas pouco doadas de escoitar no(...)

(Ultima actualizaci??30-09-2013)

Matricula Aberta na Escola Livre da MPG

- concertos- aCentral Folque-

O curso para a Escola Livre da MPG comeza o luns 21 de outubro. Oito meses de aulas cun equipo de mestres que tocan profesionalmente nos palcos nas especialidades instrumentais da música popular: percusión, gaita, canto, frautas, sanfona, acordeón diatónico e violino. A matrícula pode ser tramitada online nesta web. Todos os detalles do funcionamento da escola poden ser consultados aquí ou no mail matricula[arroba]folque.com

(Ultima actualizaci??22-08-2013)

aCentral Folque convidada em Brasil ao seminário Músicas sem fronteira

- concertos- aCentral Folque-

aCentral Folque foi convidada ao seminário Músicas sem fronteira que tera lugar em Curitiba (Brasil) os próximos 22, 23 e 24 de agosto. Este é um Encontro Internacional de Experiências em Educação Musical com ênfase em repertórios tradicionais que traz à Curitiba educadores, músicos e pesquisadores que desenvolvem atividades ligadas à educação musical, oportunizando o relato e a troca de experiências nesta área com o público do evento. Na quinta-féria 22, participara como conferencista Ramon Pin(...)

CONCERTOS SUSPENDIDOS OU ADIADOS TRALA TRAXEDIA DO ACCIDENTE FERROVIARIO EN COMPOSTELA

-

- O Concello de Santiago comunica a suspensión de todas as actividades das Festas do Apóstolo.

- Aprázase a XXIX edición do Festival Intercéltico do Morrazo, que se ía desenvolver este venres 26 e sábado 27 de xullo na localidade de Moaña

- Queda Cancelado o evento Plazoleta Sons en Monterroso

- Aprazado o FESTIVAL DE ALBORADA en Bueu

- Tralos tráxicos acontecementos ocurridos o pasado día 24 en Santiago de Compostela, o Concello de Vigo ven de suspender toda a programación prevista (...)