Xiradela


       Información de discos na web:


Xiradela 
   Xiradela

Polígono Industrial de Sabón, Parcela nº5. Arteixo. Comarca de A Coruña

Clases de percusion,baile,pandeireta,gaita,acordeón cromático,guitarra

http://www.xiradela.es/



Qué opinas do local?





2015

(Ultima actualizaci??17-09-2015)

A.x. Xiradela (Arteixo) - Curso 2015/2016

- clases- Xiradela-

Novos horarios nos grupos de iniciación:

• Iniciación ao baile tradicional para nenos: luns de 16:00 a 17:00 h.

• Iniciación ao baile tradicional para adultos: luns de 20:00 a 21:00 h ou de 21:00 a 22:00 h.

• Iniciación á pandeireta para nenos: luns de 17:00 a 18:00 h.

• Iniciación á pandeireta para adultos: xoves de 21:00 a 22:00 h.

Se precisades máis información pasádevos polo local estes días, ou enviádenos mail a xiradela@yahoo.es. Animádevos!

2013

(Ultima actualizaci??18-10-2013)

XIV Feira Histórica Arteixo 1900: “As artes e os oficios” | Concello de Arteixo

- concertos- Xiradela-

O 18, 19 e 20 de outubro Arteixo vestirase de época para conmemorar as distintas manifestacións artísticas e profesións que deixaron unha profunda pegada na nosa historia. Tres días cun amplo programa de actividades que aglutina exposicións, performance, teatro, música folk e tradicional, música polas rúas, obradoiros, xogos populares, actividades deportivas, monicreques, postos de artesanía e de alimentación e moito máis.

PROGRAMACIÓN FOLK E TRADICIONAL:

Venres 18

Praza do Balneario

22(...)

(Ultima actualizaci??16-03-2013)

XIV Concurso de Música Tradicional en Arteixo

- convocatorias- Xiradela-

14 de Abril de 2013 no Centro Cívico de Arteixo

Organizan: Xiradela

2012

(Ultima actualizaci??05-07-2012)

XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

- convocatorias- Xacarandaina- Cantigas e Agarimos- Xiradela- Vai de Roda-

8 de xullo de 2012 no Pazo da Opera de A Coruña

CATEGORÍA A: ata 8 anos inclusive

- “D” Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos- Santiago ........... Moliñeira de Murias de Rao

- “Chipiricuetos” da A.X. Xiradela – Arteixo .............Muiñeira de Piñeiro de Xaviña (Coristanco)

- “A Telleira” do Centro Cultural A Ponte Vella - Teo .............Moliñeira das Nogais

CATEGORÍA B: de 9 A 12 anos inclusive

- “Carabullos” da A.C. Xacarandaina.............Muiñeira de Buscás (Ordes)

- “C” d(...)

(Ultima actualizaci??30-03-2012)

Cerqueda demostrará que hai canteira tradicional coa I Foliadiña

- concertos- Xiradela-

Por séptimo ano consecutivo, Cerqueda acollerá a VII Foliada que Raigañas celebrará este sábado 31 de marzo a partir das 22:00 da noite nas Escolas das Pozacas. Coma tódolos anos haberá carpa e este ano está confirmada a presencia dos seguintes grupos: Fol de Veneno, Media Ducia, Ferrado e Medio, Lume na Cachela, Pandereteiras de Xornes, gaiteiros de Xornes, Xiradela, Malante, etc. polo que a festa está asegurada e a música e o baile tamén, é unha cita á que non podereres faltar.

Coma sempre (...)

2010

(Ultima actualizaci??27-10-2010)

FESTIVAL DE CANTAREIRAS 2010 - Ferrol

- concertos- Cantareiras- Xiradela-

A Agrupación Folklórica e Cultural TERRA MEIGA, conxuntamente coa Asociación ALEN DE ANCOS – Grupo de Música Folk-, ven de organizar un Festival de CANTAREIRAS.

Celebrarase o vindeiro sábado 30 de octubre, na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester as 20,00 h.

Participarán, Agrupacións representativas do noso Folklore, como son:

Cantareiras ARUME de Carballo.- Pertenecen a Asociación Xuvenil de Berdillo en Carballo que naceo no ano 1985 co obxetivo de promover o asocia(...)

(Ultima actualizaci??16-10-2010)

Feira Histórica Arteixo 1900: “Arteixo e o estraperlo”

- xornadas- Xiradela-

Música, tradición, gastronomía, historia, xogos, bailes e, nesta ocasión, os estraperlistas como protagonistas.

A Feira Histórica Arteixo 1900 chega este ano a súa XI Edición cun programa repleto de actividades para todos os gustos e idades.

A alcaldesa do Concello, Pilar Souto, presentaba o evento esta mañá, acompañada polo Concelleiro de Cultura, Festas e Feiras, Xosé Andrés Gayoso, e a técnico de cultura, Sonia Iglesias, nun acto celebrado na sala de exposicións do Centro Cívico e Cul(...)

(Ultima actualizaci??12-02-2010)

I serán de entroido no Casco Vello de Vigo o 14 de Febreiro

- Festa- Serán- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos- Xiradela-

Estimad@s amig@s, temos o pracer de convidarvos ao I serán de entroido que se celebrará o domingo 14 de febreiro de 19.00 a 22.30 horas na Praza da Constitución, organizado pola ACF O Fiadeiro, coa colaboración da AVC Casco Vello e financiado pola Concellaría de Cultura do Concello de Vigo. Gustaríamos contar con tod@s vós para gozarmos xuntos da música tradicional da nosa terra e botar uns bailes nunha das prazas máis emblemáticas da cidade, no pleno corazón da zona vella de Vigo como é a pra(...)

2009

(Ultima actualizaci??17-10-2009)

4ª Ruada. A.X. Xiradela (18 de Outubro - 23:00h)

- Festa- Ruada- Arteixo- Xiradela-

Como todos estes anos o vindeiro 18 de Outubro a partir das 23:00h celebramos a 4ª Ruada ó carón do centro cí­vico de Arteixo. Esperamos a vosa visita.

(Ultima actualizaci??01-10-2009)

Curso de Percusión Tradicional organizado pola A.X.Xiradela en Arteixo

- clases- Xiradela-

Para solicitala ficha de inscripción enviar un mail a correo@xiradela.es

(Ultima actualizaci??04-06-2009)

XXIII Día da muiñeira en Arteixo

- Festa- Día da Muiñeira- Arteixo- Xiradela-

A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXIII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 14 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.

BASES DO XXIII DÍA DA MUIÑEIRA

1.Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.

2.Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.

3.Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.

4.A Muiñeira a bailar será a “M(...)

(Ultima actualizaci??17-04-2009)

Concurso de pandeireteir@s Xiradela

- convocatorias- Xiradela-

O X CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL na modalidade de pandeireta será o domingo 19 de abril, en horario de mañá e tarde, ás 11:00 e ás 16:30 h.

O lugar elixido para a súa celebración é o auditorio do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo, a carón do paseo fluvial. A entrada é gratuíta.

1ª Ás 11:00 h da mañá para as categorías A e C.

2ª Ás 16:30 h da tarde para as categorías B e D.

Grupos e orde na que actuarán no concurso na web de Malmequer

(Ultima actualizaci??23-02-2009)

X CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL DA A.X. XIRADELA

- convocatorias- Xiradela-

X CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL

GRUPOS DE PANDERETEIRAS

CUARTETOS DE GAITAS

GAITEIROS SOLISTAS

BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará de tres modalidades: grupos de pandereteiras, cuartetos de gaitas (deberán estar formados por: dúas gaitas, tambor e bombo) e gaiteiros solistas (poderán levar, ou non, un acompañamento de percusión).

3. Na modalidade(...)

1 comentario

(Ultima actualizaci??17-02-2009)

aCentral folque » Monográficos ‘09: gaita e canto, matrícula por separado

- clases- aCentral Folque- Xiradela-

Anunciamos que para os monográficos de gaita e canto, a matrícula pódese facer por separado naqueles apartados que máis vos presten. Así non teredes que asistir a todo o curso, se non queredes.

Lembrade que o prazo de preinscripción remata este venres 20 de febreiro.

Estas son as tarifas dos cursos por separado:

Monográfico de canto: 220 € (28 h)

- “Técnicas de canto en grupo” con Ramón Bermejo: 80 € (8 h)

- “Técnica vocal e interpertación” con Paulina Ceremuzynska:120 € (12 h)

- “(...)

2008

(Ultima actualizaci??11-11-2008)

MAGOSTO EN XIRADELA, 15 de Novembro

- Festa- Xiradela-

Estades todos invitados á festa do Magosto que se celebrará en

Xiradela o día 15 de Novembro ás 19:00h.

Haberá castañas e o Sing-Star para todos.

¡NON FALTEDES!

1999

O italiano Carlo Rizzo participa no Encontro de Pandeireta Internacional

- Xiradela-

A terceira edición do Encontro de Pandeireta que se celebrará mañá, domingo, faise internacional coa presenza, por primeira vez, dun instrumentista estranxeiro. Trátase do italiano Carlo Rizzo que, en palabras dunha das organizadoras deste encontro, Pilar Araújo, do Conservatorio de Folque de Lalín, intervén en concertos por todo o mundo tanto como solista como acompañando a distintos grupos. Agora mesmo ven de Brasil. O músico veneciano traballou todas as posibilidades sonoras da pandeireta, cr(...)