(Ultima actualizaci??04-07-2019)

X Mostra Trazantes de Tenorio (Cerdedo)

- concertos- Trazantes de Tenorio- Cantigas de Elena- Xacarandaina-

Sábado 20 de xullo ás 19:30h no Adro de Tenorio

SFUS Ceifeiras e Campinos, A.C. Seixos Albos, Xacarandaina, As Cantigas de Elena, Son das Tabernas,...

(Ultima actualizaci??12-06-2019)

Foliada e Romarí­a do Lecer de Xacarandaina (A Coruña)

- Festa- Xacarandaina-

Sábado 15 e domingo 16 de xuño de xuño no Parque de Santa Margarita

15 de Xuño: Foliada:

19:30 h. Foliada infantil

21:30 h. Concerto de Xisco Feijoó Trio

23:00 h. Foliada

16 de Xuño: Romarí­a do Lecer

Clausura de Actividades da Asociación

Xogos Infantí­s

Sorteos e premios

Máis info e inscripcións en info@xacarandaina.com

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos- Xacarandaina-

Un ano máis presentamos xunto a ACF O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos o ciclo de Espectáculos de Baile e Música Tradicional, DANZA 3. Con esta edición de 2019 de Danza 3, colaboramos por sétimo ano consecutivo co colectivo XOC, traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio inmaterial.

Comezamos coa actuación dos Pandereteiros de Xacarandaina, Os do Fondo da Barra no RECINTO FERIAL DA ESTRADA o vindeiro 8 DE XUÑO ás 12.30h.

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??31-05-2019)

- concertos- Xacarandaina-

Domingo 2 de xuño no Pazo da Opera

O 15 de Xuño celebramos a nosa foliada infantil e a foliada no Parque de Santa Margarida . Se queredes anotarvos podedes facelo no noso correo : info@Xacarandaina.com

Ademais teremos concerto de @xisco.feijoo ás 21.30 horas.

Esperámosvos!

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-04-2019)

- concertos- Xacarandaina-

O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro.

Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gai(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

1ª Foliada de Carcaxí­a en Malpica

- Festa- Xiradela- Xacarandaina- Cantigas e Agarimos- Queiroga- Asociación Cultural Maghúa-

Sábado, 16 de marzo, a partires das 21h no Campo da Festa de Seaia (Malpica).

Grupos asistentes:

Os da Porfia

A.C.Malante

A. C. Xacarandaina

A.x. Xiradela

Escola do Alprende

AC Raigañas Cerqueda

Cantigas e Agarimos

A.C Arume de Caión

Argazo Baldaio

Asoc Veciños Leiloio

Nemeth Carballo

Inllar Couto

AC Maghúa Galiza

AC Queiroga

San Xulián de Seaia

Banda de Gaitas de Carballo

2018

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-12-2018)

- concertos-

Sábado, 29 de decembro, ás 23h

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero son dous referentes da música popular galega actual. Nas súas longas traxectorias como intérpretes, compositores, docentes ou investigadores, teñen formado parte de destacados grupos e proxectos como Leliadoura,Luvas Verdes , Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde Lamas & Romero, Nova Galicia de Danza, Xacarandaina, Orquestra de Jazz de Galicia, Aliboria ademáis de seren os autores da colección didáctica Pel & Madeira, e teren c(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.

Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.

As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)

“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza c(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-08-2018)

-

Proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo e organizado pola Asociación Cultural Peis d'hos, con obradoiros de música, baile e traxe tradicionais galegos, charlas e exposicións.

PROGRAMA:

28/08-02/09, Bueu: exposición do traxe tradicional de Lugo Traxandaina Traxe Tradicional

29/08, Moaña: Obradoiro de cestería ecolóxica con Mª Xosé Martínez

30/08, Bueu: Presentación da páxina web da APOI - Museo do Pobo Galego

31/08, Moaña: Obradoiro de gaita con Bruno Villamor de Cántigas e (...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-08-2018)

- concertos-

PROGRAMACIÓN COMPLETA DA ROMARÍA 2018!

Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas #maríapita18.

* Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe.

* Obradoiros e actuac(...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-08-2018)

-

Hoxe presentouse toda a programación das Festas de #maríapita18, e terán unha grande vinculación coa nosa música e baile.

Para comezar, o mércores 1 de agosto, A. C. Xacarandaina, A. C. Donaire, A.C. Son d'aquí, Asociación de Coros e Danzas Eidos e Af Aturuxo realizarán un pasarrúas polo centro da cidade a partir das 19:30h.

Rematarán todas as asociacións na praza de María Pita, onde ás 21:30h. Mercedes Peón será a pregoeira das nosas festas!

Ademais, o xoves 2 será ela a que se suba (...)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-07-2018)

- concertos-

Este sábado 14 de xullo volvemos con Danza 3, o ciclo de baile e música tradicional no que cxs amigxs de Xacarandaina e ACF O Fiadeiro, co apoio da Agadic. O coro, grupo de baile, grupo instrumental e pandereteiras de Cantigas e Agarimos estaremos ás 12.30h no Campo da Barreira no Concello de Allariz. Alí vos esperamos, ben sabedes que o sitio non defrauda!

(Ultima actualizaci??15-06-2018)

XVIII FOLIADA E ROMERIA DO LECER XACARANDAINA (A CORUÑA)

- concertos- festivais- Xacarandaina-

Sábado 16 de xuño

Anfiteatro Parque Santa Margarita, ACoruña.

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-04-2018)

- concertos-

Segue aberto o plazo de inscrición para o XXIX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA, que terá lugar o día 13 de maio no Centro Cultural Ágora de A Coruña.

Quedan á vosa disposición na nosa páxina web www.xacarandaina.com as bases do concurso e a forma de inscrición

Vémonos!

(Ultima actualizaci??19-01-2018)

Cerimonia VIII Premio X. Prado Lameiro (Ourense)

- concertos-

Venres 19 de xaneiro ás 20:30h

Teatro Principal de Ourense.

O acceso ao Teatro é libre ata completar aforo.

Actuarán: Grupo de Teatro Xabier Prado Lameiro, Colectivo Rebulir, Coral de Ruada.

A Asociación Cultural Rebulir recollerá o vindeiro venres día 19 de Xaneiro as 20:30 h. no Teatro Principal de Ourense o VIII Premio Xabier Prado Lameiro da Cultura Galega que otorga a Coral de Ruada. Deste xeito, a asociación ramirense súmase a outros nomes ilustres no eido da cultura tradicion(...)

2017

(Ultima actualizaci??15-12-2017)

Despedida 'O poder do arcabuz' na Coruña

- concertos- Xacarandaina-

Sábado 16 de decembro ás 20:00h

Teatro Colon A Coruña.

A Coruña.

Dous anos despois da súa exitosa estrea no mesmo lugar con dous cheos, despídese o musical creado por Quique Peón Cía e Xacarandaina con dúas funcións que terán lugar os días 16 e 17 de decembro no Teatro Colón da Coruña.

‘O Poder de Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media, percorreu nestes dous anos grandes auditorios de todo o país coa súa fórmula que com(...)

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

O Fiadeiro en Baltar

- concertos- O Fiadeiro-

AGRUPACIÓN O FIADEIRO

dentro do ciclo...

DANZA 3 - Folclore na rúa

Sábado 18 de novembro de 2017 ás 22:00h

Lugar: Baltar (no pabellón de deportes)

Entrada: de balde.

Organiza: Agadic, Concello de Baltar

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da C(...)

(Ultima actualizaci??29-09-2017)

Xesús Vaamonde & Xosé Lois Romero en Lugo

- concertos-

Sábado 30 de setembro ás 22:45h

Rua Irmáns Vilar Ponte.

Lugo.

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero son dous referentes da música popular galega actual. Nas súas longas traxectorias como intérpretes, compositores, docentes ou investigadores, teñen formado parte de destacados grupos e proxectos como Leliadoura,Luvas Verdes , Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde Lamas & Romero, Nova Galicia de Danza, Xacarandaina, Orquestra de Jazz de Galicia, Aliboria ademáis de seren os autores (...)

(Ultima actualizaci??25-08-2017)

Praza Miúda - Romaría de Santa Margarida (A Coruña)

- concertos- festivais-

Sábado 26 de agosto ás 11:00h

Praza de Lugo, 15004 A Coruña (A Coruña),

A Romaría de Santa Margarida expándese un ano máis por toda A Coruña! As máis pequenas teñen un espazovo sábado 26 de agosto na Praza de Lugo, que este ano rebautizamos como Praza Miúda. A partir das 11.00h e durante todo o día haberá obradoiros gratuítos, así como actuacións das asociacións da cidade e un pequeno petisco do concerto de Pablo Díaz. Debullamos o programa a continuación:

- 11.00h, Xandobela. Constr(...)

(Ultima actualizaci??17-06-2017)

Foliada de Xacarandaina (A Coruña)

- Festa-

Sábado 17 de xuño no Parque de Santa Margarida

(Ultima actualizaci??17-05-2017)

37º Concurso de baile tradicional Xacarandaina (A Coruña)

- concertos-

28 de maio no Palacio de la Ópera da Coruña.

(Ultima actualizaci??28-04-2017)

Día da Danza en A Coruña

- concertos- A. C. Donaire- A.C. Son d'aquí e A. C. Xacarandaina-

Venres 28, sábado 29 e domingo 30 de abril ás 18:30h

Praza de María Pita, A Coruña

O Concello da Coruña celebrará o Día da Danza 2017 con tres xornadas de actuacións na rúa, unha programación organizada en colaboración con tres entidades de música e baile tradicional locais, que se estenderá polas rúas da cidade desde o venres, 28 de abril, até o domingo 30.

Así, as asociacións culturais A. C. Donaire, A.C. Son d'aquí e A. C. Xacarandaina ofrecerán ao vivo unha escolma do seu traballo(...)

2016

(Ultima actualizaci??20-11-2016)

Monográfico sobre o maneo en Vigo

- concertos-

Sábado 26 de novembro ás 10:00h

Ceip Lope de Vega (R/ Emilia Pardo Bazán 121, Vigo).

O maneo é unha das variantes máis comúns da jota na comarca de Bergantiños. Cando na copla (punto), ten un toque diferenciado e característico o do resto das jotas de toda a xeografía galega. Tamén se extende, en menor medida a zona de Ordes (Tordoia e Trazo).

A música sempre é interpretada por pandeiretas.

Destaca, tamén, na realización dos puntos, xa que, adoitan facerse cuns adiante/atrás arrast(...)

(Ultima actualizaci??11-11-2016)

O Poder do Arcabuz en Compostela

- concertos-

Domingo 13 de novembro ás 20:30h

Auditorio de Galicia.

Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela.

Quique Peón Cía presenta o vindeiro domingo 13 de novembro en Compostela o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailarín(...)

(Ultima actualizaci??04-11-2016)

Maxia nos pés no Pazo, en Narón

- concertos-

Sábado 5 de novembro ás 20h

O poder do arcabuz - Quique Peón Cía e A. C. Xacarandaina

Sábado 26 de novembro ás 20h.

@Son - Nova Galega de Danza

Venda de entradas na billeteira do Pazo da Cultura de Narón ou

www.padroadodecultura.es

+info 981 102 897

(Ultima actualizaci??14-10-2016)

Feira Histórica Arteixo 1900

- concertos- triskell-

14, 15 e 16 de Outubro

VENRES 14

Pasarrúas con Fol de Veneno, é a noite actuación de Davide Salvado na Praza do Balneario

SABADO 15

A.C. Triskell na Taberna de Picadillo, no paseo fluvial e baixo carpa a partir das 14:00h.

Pasarrúas a cargo de Xacarandaina ás 17h que actuará as 19:30h no Anfiteatro, co seu espectáculo Danza 3.

(Ultima actualizaci??19-08-2016)

Romaría de Santa Margarida (A Coruña)

- concertos- festivais-

Concertos, obradoiros infantís de construción de instrumentos, mesas redondas e faladoiros entorno á música tradicional.

O sábado 27 de agosto

a xornada desenvolverase desde as 10.00 horas ata as 19.00 horas da tarde en distintas localizacións temáticas, cada unha especializada nun ámbito do folclore, antes de trasladarse ao parque de Santa Margarita. Así, a praza de Vigo recollerá toda a actividade realicionada co baile, con obradoiros de Luis Prego, Montse Rivera, Xabier Iglesias e Manolo (...)

(Ultima actualizaci??08-07-2016)

XVII Romaría Galega na Pontraga - Tordoia

- festivais-

Sábado 09 de xullo

A Pontraga , Numide - Tordoia

Xa están en marcha os preparativos para a gran romaría do vrao na Pontraga, unha festa sen ighual!

Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha miagha de folclore do noso, tomar un vermú, parmar, xoghar...e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer.

Este sábado 9 de xullo teremos parranda dende primeira hora:

pola mañanciña...Banda de Gaitas e Grupo Infantil Brisas do Quenllo

Sesión Vermú coa Cuadrilla do (...)

(Ultima actualizaci??18-06-2016)

Romaría do Lecer 2016 (A Coruña)

- Festa- Xacarandaina- festivais- Xacarandaina-

18 e 19 de xuño no Parque de Santa Margarida.

- Sábado 18: Foliada Infantil 19:00H./ Foliada Chocolatada 21:00H.

- Domingo 19: Romaría dende as 11 da mañá con música, baile, sorteos e moita festa!

Organiza:

A. C. Xacarandaina

(Ultima actualizaci??28-04-2016)

XVI Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira - Silleda)

- concertos-

O concurso de baile tradicional galego Azaloira, que vén organizando dende hai xa 16 anos o grupo Fortín da Pomba, volta á Bandeira o vindeiro domingo día 8 de maio.

O certame apostará, ao igual que o pasado ano, pola canteira das agrupacións galegas, con dúas categorías no concurso, que reunirá a un total de 17 agrupacións de diversos puntos de Galicia.

Así, na categoría A, (de 8 a 12 anos), participan Os Remuíños (da AC Mar de Arousa, de Bamio, Vilagarcía); dous grupos de Cantigas e Agar(...)

2015

(Ultima actualizaci??04-12-2015)

Actuación da agrupación O Fiadeiro en Rianxo

- concertos- -

A agrupación O Fiadeiro actuará o próximo venres 04 de decembro no auditorio de Rianxo co motivo do Ciclo Danza 3 promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Día: Venres 4 de decembro de 2015

Hora: 21.30

Lugar: Auditorio de Rianxo

Prezo: 5,00 euros

O Fiadeiro representará a VIII Edición “ESTA NOITE HAI UNHA FÍA” – NAS CATRO ESQUINAS

Neste espectáculo póñense de manifesto as diferenzas e similitudes nas festas populares ao longo dos catro puntos cardin(...)

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

Estrea de 'O Poder do Arcabuz' (Quique Peón Cía.) no Teatro Colón (A Coruña)

- concertos-

Os días 7 e 8 de decembro Quique Peón Cía estrea no Teatro Colón da Coruña o seu novo espectáculo: ‘O Poder de Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.

A obra, que forma parte do programa de residencias do Teatro Colón, “é unha proposta tradi(...)

(Ultima actualizaci??09-09-2015)

Asociacion Cultural Xacarandaina (A Coruña) Curso 2015/2016

- concertos- Xacarandaina-

(gaita, baile, pandeireta, acordeón, percusión)

En Xacarandaina xa estamos a preparar o vindeiro curso 2015-2016.Inicio de actividadesAs actividades comezarán o 1 de Outubro de 2015 e rematarán o 30 de Xuño de 2016.Actividades e condicións Podédesvos descarregar as condicións e horarios nas seguintes ligazóns:Horarios provisionaisCondicións Económicas 2015-2016Plazos e procedemento de mátricula Socios/as: desde o 1 de Setembro, de luns a venres de 18:00 h. a 21:00 h. Poderanse (...)

(Ultima actualizaci??18-06-2015)

Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)

- concertos- Xacarandaina-

Domingo, 21 de xuño no Centro Ágora

Nova edición do Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.

Este concurso consta dunha única modalidade dividida en tres categorías. Concederanse tres premios por categoría, que se determinarán pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.

Ademais haberá un único premio ao mellor bailador e á mellor bailadora, que se decidirán entre todas as persoas participantes das tres categorías. (...)

2014

(Ultima actualizaci??19-12-2014)

Cantadas de Nadal en A Coruña

- concertos- Xacarandaina-

Coma sempre o folclore volverá xermolar ó redor da rúa Florida, o 20 e 27 de decembro, sendo a Cantada de Nadal e Cantada de Fin de Ano respectivamente. Estades todos convidados para compartir, tocar e bailar neste tempo de ledicia

(Ultima actualizaci??29-08-2014)

Cantigas e Agarimos en Rianxo, e Xacarandaina en Sada - Danza 3

- Cantigas e Agarimos- Xacarandaina-

Sábado 30 de agosto

Cantigas e Agarimos en Rianxo (Praza Rafael Dieste)

Xacarandaina en Sada

(Ultima actualizaci??22-08-2014)

Danza 3 chega esta fin de semana ás rúas de Noia e Xove da man de Xacarandaina

- concertos-

A agrupación coruñesa actúa este sábado 23 en Noia e o domingo 24 en Xove

Consellería de Cultura e Educación propón para esta fin de semana dúas novas citas de ‘Danza 3. Folclore na rúa’, que terán lugar na tarde do sábado 23 en Noia e na do domingo 24 en Xove da man de Xacarandaina. A agrupación coruñesa protagoniza este ciclo xunto a Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e O Fiadeiro de Vigo.

En total, este programa para a difusión da danza e a música tradicionais desenvolverá n(...)