Toxos e Froles


Rúa Magdalena, 220. Ferrol

Clases de percusion,baile,gaita


(Ultima actualización: 13-10-2017)

Obradoiro de percusión de man por Felisa Segade. Ferrol

- clases- Toxos e Froles-

Domingo 15 de outubro ás 10:00h

Lar De Toxos.

R/ Magdalena, 220 - 15402

Ferrol.

Este curso está enfocado cara aqueles instrumentos que forman parte da nosa tradición oral diferentes á pandeireta que normalmente se empregaban para acompañar ao canto, tales como: culleres, cunchas, ferriños, sacho, tixola, lata, pandeira, pandeiro e tambor de man.

(Ultima actualización: 08-09-2017)

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PALLETAS EN FERROL

- clases- Toxos e Froles-

Sábado 9 de setembro ás 10:00h

Lar De Toxos.

C/ Magdalena, 220 - 15402 Ferrol.

Ferrol.

Obradoiro de construción de palletas para gaita galega

(Ultima actualización: 14-06-2017)

Concerto-Presentación do disco de Óscar Ibáñez "Aires de Pontevedra" en Ferrol

- publicacions- Oscar Ibáñez- Toxos e Froles-

Mércores 14 de xuño ás 20:30h

Real Coro de Toxos e Froles.

Rúa Magdalena, 220.

Ferrol.

Óscar Ibáñez vai levar a cabo un concerto-presentación do seu último traballo discográfico "Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela", no que tocará a gaita propiedade de Ricardo Portela, coas que o gaiteiro de Viascón gravou os seus discos.

(Ultima actualización: 28-04-2017)

Obradoiro Instrumentos de corda con Carlos Beceiro en Ferrol

- clases- Toxos e Froles-

Sábado 29 de abril ás 10:00h

Real Coro de Toxos e Froles.

Ferrol.

Este obradoiro vai dirixido a instrumentistas de cualquera nivel musical.

Non se precisa saber ler unha partitura.

O material didáctico aportado será tamén con tablatura.

CONTIDO:

- Repertorio de música tradicional.

- Patróns rítmicos, arpexio, técnica de plectro.

- Formación de acordes, dixitación, melodía.

- Seguimento de melodías e ritmos tradicionais: xota, muiñeira, polka, ...

- Adaptación do repert(...)

2015

(Ultima actualización: 06-11-2015)

XI Ciclo Coros Galegos - A Coruña

- concertos- Cántigas da Terra- Cantigas e Agarimos- Toxos e Froles-

Logo de dez edicións, o Ciclo de Coros Galegos, históricos e novos, encara unha nova etapa no contexto do centenario dos mesmos.

Ducias de formacións son as creadas nas primeiras décadas do s. XX, case que todas desaparecidas. Hai agora 100 anos, nacen Toxos e Froles en Ferrol e Cántigas e Aturuxos en Lugo, de quen recentemente Ramón González e a editorial Ouvirmos sacaron á luz un importante traballo documental e sonoro, e do que nos últimos anos renace o novo e actual coro de Cántigas (...)

(Ultima actualización: 09-10-2015)

Real Coro Toxos e Froles en O Seixo (Mugardos)

- concertos- Toxos e Froles-

Lembrade: Mañán Sábado 10 de Outubro ás 20:30 horas o Real Coro Toxos e Froles estará actuando no Casino de O Seixo dentro da programación da celebración do 88 Aniversario da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.

(Ultima actualización: 11-09-2015)

Festa da Parrocheira en Ferrol Vello

- concertos- Toxos e Froles-

Do 11 ao 13 de Setembro

Sábado 12:

pasarrúas de Os Feroces da Galgueira

Domingo 13:

a partires das 20h, Real Coro Toxos e Froles na Igrexa do Socorro, e ás 21:30

ás 21.30 horas Xurxo Souto con "Océano para terrícolas", presentación musical do seu libro Contos do mar de Irlanda, e proxectarase o documental Voz gaiteiros do Mar

ás 23.00 horas actuacións de Manolo Bacalhau e Xurxo Souto

2014

(Ultima actualización: 21-02-2014)

III Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles.

- convocatorias- Toxos e Froles-

O vindeiro sábado 22 de Febreiro de 2014 ás 20:30 horas terá lugar no local da rúa Magdalena 220 de Ferrol o III Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles.

Participarán os seguintes grupos:

VEDOIRA DE LUGO

OS PICURRUCHOS DE LUGO

OS DE LONXE DE BARCELONA

XENTE NOVA DE FERROL

CHIQUIRINDAINA DE VIGO

A FOLLA DA HEDRA DE VIGO

VIRUTAS DE ÉBANO DE VIGO

SESTRELO DE MADRID

RUMBÍA DE PORTO DO SON

EFECTO POLILLA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

   Durante a del(...)

(Ultima actualización: 23-01-2014)

Programación do Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)

- concertos- Toxos e Froles-

- Sábado 25 de Xaneiro de 2014 ás 20:30 horas. Concerto de óscar Ibáñez & Tribo (Cuarteto).

- Sábado 22 de Febreiro de 2014 ás 20:30 horas. Concurso de Cuartetos Tradicionais.

 - Sábado 29 de Marzal de 2014 ás 20:30 horas. Concerto de Cantata Vernácula.

  Os actos son sempre con entrada libre e gratuita e serán no 1º andar do local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol).

2013

(Ultima actualización: 26-10-2013)

III Concurso de Dúos Gaita-Percusión organizado polo Real Coro

- convocatorias- Toxos e Froles-

Por terceiro ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu III Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos.

A final do concurso terá lugar no noso lar da Rúa Magdalena, o domingo 10 de novembro de 2013.

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción III Concurso de Dúos Gaita - Percusión

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste(...)

(Ultima actualización: 20-10-2013)

V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos"

- xornadas- Toxos e Froles-

O vindeiro Sábado 26 de Outubro (partires das 18h e con entrada libre e gratuíta) o Real Coro "Toxos e Froles" organiza no seu local social (rúa Magdalena 220 de Ferrol) o V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos".

Este ano contará coa presenza de:

- Antón Fernández, ex-presidente e corista da Agrupación "Cantigas e Agarimos" de Santiago de Compostela.

O obxectivo da súa charla será dar a coñece-la iniciativa de conqueri-la Declaración de Patrimonio Inmaterial da Humanida(...)

(Ultima actualización: 12-10-2013)

IX Ciclo de Coros Históricos - C.C. Ágora (A Coruña)

- concertos- Toxos e Froles- Cántigas da Terra-

20 de Outubro

- Coral de Ruada

- Homenaxe a E. Vilariño e A. Mato

- Cántigas da Terra

10 de Novembro

- Aires de Bergantiños

- Cántigas da Terra

24 de Novembro

- Toxos e Froles

- J.M. Yáñez (piano) e Victoria Á. Acón (voz)

- Cántigas da Terra

(Ultima actualización: 19-06-2013)

Taghaitai en Ferrol (Programa TOXOS: ESPALLANDO CULTURA)

- concertos- Taghaitai- Toxos e Froles-

O Real Coro "Toxos e Froles", no marco do programa "Toxos: Espallando Cultura", ó grupo Taghaitaí, formado por Manolo Maseda, Edelmiro Fernández, Lola de Riveira e Iván Costa.

O concerto será o vindeiro Sábado 29 de Xuño, ás 20:30 horas, no noso Local Social, na rúa Magdalena 220.

Estades convidados!!!

(Ultima actualización: 19-06-2013)

Escolas dos Toxos

- clases- Toxos e Froles-

Xa está aberto o prazo de inscripción nas escolas de música e baile tradicional do Toxos para o vindeiro curso 2013-14.

Apúntate. SON GRATUITAS.

Para tódalas idades.

(Ultima actualización: 31-05-2013)

98 Aniversario de Toxos E Froles (Ferrol)

- concertos- Toxos e Froles-

Sábado 1 de Xuño ás 20:30 horas

Festival 98 Aniversario, no que o Real Coro "Toxos e Froles" estará acompañado de Cántigas da Terra de A Coruña e o Rancho das Rendilheiras da Praça de Vila do Conde (Portugal).

Recolleranse alimentos en favor da Cociña Económica á entrada do evento.

(Ultima actualización: 15-05-2013)

Concertos no Toxos

- concertos- Toxos e Froles-

O Real Coro "Toxos e Froles" convídaos ao concerto que terá lugar no noso local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol) o vindeiro sábado 18 de Maio ás 20:30 horas. Nesta ocasión contamos coa presenza do Coro Aimil de Xinzo de Limia (Ourense).

Formado por un grupo de xente que gosta do canto popular como mostra do espíritu lúdico da música, recolle a herdanza musical dos coros galegos iniciada en 1883 polo pontevedrés Coro Aires da Terra e continuada polo Real Coro Toxos e Froles, Cántigas (...)

(Ultima actualización: 22-03-2013)

Davide Salvado continúa os concertos de Toxos e Froles (Ferrol)

- concertos- Davide Salvado- Toxos e Froles-

Xa está en marcha o seguinte evento que o Real Coro "Toxos e Froles" propón este ano 2013. O vindeiro Sábado 23 de Marzal ás 20:30 horas estará connosco Davide Salvado en concerto.

Coma ven sendo habitual, dita actuación será no 1º andar do noso local da rúa Magdalena 220.

(Ultima actualización: 23-01-2013)

II Concurso de Cuartetos Tradicionais en Ferrol

- - Concurso de Cuartetos- Toxos e Froles-

Sábado 23 de Febreiro de 2013

Rúa Magdalena, 220

Organiza: Real Coro "Toxos e Froles"

(Ultima actualización: 19-01-2013)

Concertos nos Toxos

- - Os Melidaos- Toxos e Froles-

O vindeiro Sábado 26 de Xaneiro ás 20:30 horas o Real Coro "Toxos e Froles" comeza o seu ciclo de actividades "Concertos no Toxos".

Trátase dun proxecto posto a andar neste ano 2013 co que pretenden promover e dinamiza-la cultura popular do noso país. Serán xornadas abertas a toda a xente que queira achegarse polo seu local da rúa Magdalena 220 en Ferrol. Os primeiros en acompañalos serán "Os Melidaos", grupo de Melide que amosará o seu novo traballo "Axudádeme a cantar".

2012

(Ultima actualización: 20-11-2012)

II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos (Ferrol)

- convocatorias- Toxos e Froles-

Por segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos

Esta iniciativa busca servir de axuda aos novos instrumentistas galegos na búsqueda de experienza á hora de enfrentarse a un público, xurado, ... o que sen dúbida resultará proveitoso para o seu futuro como músicos.

Ademáis, pensamos que pode ser un punto de encontro das diferentes inquedanzas e métodos de traballo das escolas de música tradicional que n(...)

(Ultima actualización: 18-10-2012)

Maghúa presentan o seu disco, Corricán

- concertos- aPenultima- Repichoca- Crechas- Toxos e Froles- Asociación Cultural Maghúa-

- Venres 19 de Outubro ás 23h na Repichoca (Orillamar, 18 - A Coruña)

- 3 de novembro, Centro Galego de Barcelona.

- 9 de novembro, tasca Rianxeira, Vigo (xunto con Abóbriga e Lagharteiras).

- 10 de novembro, Lume na Palleira, con Emílio Españadero....

- 20 de novembro, Casa das Crechas, Compostela.

- 24 de novembro, Livraria Aturuxo e Posada del Diablo (Madrid e Alcalá de Henares), Madrid.

- 25 de novembro, a partires das 12.00 horas, na Livraria Tenda Galega Aturuxo (C/Vallehermoso, 104,(...)

(Ultima actualización: 05-10-2012)

IV Congreso de Música Tradicional TERRA DE TRASANCOS

- xornadas- Terra de Trasancos- Toxos e Froles-

20 de Outubro ás 18h na Sede Social da rúa Magdalena 220

- Xosé V. Ferreirós (Milladoiro)

- Álvaro Seivane (Obradoiro Seivane)

- Mini e Mero

A ENTRADA É LIBRE E GRATUITA

(Ultima actualización: 16-03-2012)

I Concurso de Cuartetos Toxos e Froles

- convocatorias- Toxos e Froles-

O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos. A final do concurso terá lugar o vindeiro 24 de marzo, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1500 euros. O prazo para a entrega das solicitudes é o 16 de marzo.

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:

formulario de inscripción I Concurso de Cuartetos

Tamén podes(...)

(Ultima actualización: 09-02-2012)

Treixadura presenta ESA SÍ QUE É MUIÑADA en Pontevedra, Vilagarcía e Narón

- concertos- Treixadura- Toxos e Froles- Cantigas e Agarimos- Cántigas da Terra-

O grupo realizara unha xira por teatros que na que, de momento, están confirmados os concertos en Vilagarcía de Arousa e Narón, mentres se está a xestionar a presentación do novo disco noutras grandes cidades de Galicia

O vindeiro 11 de Febreiro Treixadura subirá ao escenario do Pazo da cultura de Pontevedra para presentar en directo o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada”. Un disco que toma forma dende o son máis tradicional do grupo, e os cantos populares, que ben souberon r(...)

2011

(Ultima actualización: 17-12-2011)

Treixadura reunirá a 1.500 persoas no Auditorio Mar de Vigo

- concertos- Treixadura- Toxos e Froles- Cantigas e Agarimos- Cántigas da Terra-

A Fundación Inade, Instituto Atlántico del Seguro organiza, para o próximo 17 de decembro, un concerto baixo o título “Gracias a ti”, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo.

Con esta celebración, a fundación Inade quere agradecer ao conxunto da sociedade a confianza depositada nos mediadores de seguros para proteger o seu patrimonio, as súas persoas e as súas responsabilidades a través de contratos coas entidades aseguradoras, así como a labor que teñen levado a cabo, e continúan a facer as pe(...)

(Ultima actualización: 17-10-2011)

Premio "Xabier Prado Lameiro" 2011 ao Colectivo Castro Floxo

- Coral de Ruada- Castro Floxo- Toxos e Froles-

O Xurado do premio "Xabier Prado Lameiro" ven de conceder o recoñecemento 2011 ao COLECTIVO CASTRO-FLOXO DE OURENSE "polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.".

ACTA DO XURADO.

_____________(...)

(Ultima actualización: 29-04-2011)

III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos

- xornadas- Toxos e Froles-

O Real Coro "Toxos e Froles" ven traballando dende o seu nacemento no ano 1915 en dar valor á nosa cultura popular galega, en tódalas súas manifestacións. O presente Congreso non é máis que outro gran de area da nosa longa historia para seguir a facer camiño de busca das nosas tradicións.

Agardámo-la vosa presenza para participar con nós desta experiencia, e dámo-lo noso máis sincero agradecemento a tódolos poñentes pola súa inestimable colaboración.

Dende o Real Coro "Toxos e Froles" tamén qu(...)

2010

(Ultima actualización: 01-10-2010)

XXII Xuntanza de Gaiteiros

- concertos- Airiños de Fene- Toxos e Froles-

Outubro 02/2010 20:00 horas na SCRD Agarimo de Sillobre

Homenaxe a Toxos e Frores ( Ferrol)

Local Social Agarimo de Sillobre

"O Real Coro “Toxos e Froles” e unha entidade da nosa bisbarra que foi fundado no ano 1.915 e é o decano dos coros galegos. Para nos é un orgullo adicarlle a nosa xuntanza a unha entidade da que poderíamos ser os seus bisnetos ou tataranetos. O “Toxos”, tal e como o coñecemos a maioría, foi e é un r(...)

2009

(Ultima actualización: 14-09-2009)

V CICLO DE COROS HISTÓRICOS

- concertos- Toxos e Froles- Cantigas e Agarimos- Cántigas da Terra-

O laureado Coro Cántigas da Terra organiza o V Ciclo de Coros Históricos coa colaboración do Concello da Coruña.

O Ciclo que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña componse de tres concertos, os días 4, 11 e 18 de outubro, que darán comezo os tres as 19:00 h e que contarán cos seguintes participantes:

Domingo, 4 de outubro

Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela

Grupo de baile Colexiata do Sar de Santiago de COmpostela

Cántigas da Terra da Coruña

Domingo, 11 de outubr(...)

2008

(Ultima actualización: 06-12-2008)

10 Decembro: Solidaridade con Cuba

- Lingua|Cultura|Denuncia- Toxos e Froles-

Acto Solidario con CubaMércores 10 de decembro ás 20:30no Teatro Jofre de FerrolTrátase de finaciar catro proxectos de vivendas e infraestruturas básicas, destruidas polo paso consecutivo de tres furacáns, principalmente en Pinar del Río, por un importe de 153.000 euros, que serán xestionados e fiscalizados pola ONG ACSUR las Segovias. O prezo da entrada son 6 euros. Organizado pola  Plataforma de Axuda Urxente a Cuba, formada por:ACSUR (...)