2019
HOMENAXE ao gaiteiro e musicólogo PERFECTO FEIJOO en Pontevedra Sábado día 31 de agosto ás 13:00h na Praza da Ferreria de Pontevedra HOMENAXE ao gaiteiro e musicólogo PERFECTO FEIJOO, polos Coros Galegos: Cantigas e Agarimos de Compostela, Coral De Ruada de Ourense, Cántigas da Terra da Coruña e Real Coro Toxos e Froles do Ferrol, aos 100 anos da homenaxe que os Coros Galegos fireron en vida do fundador do xa desaparecido coro Aires da Terra (1983-1914) de Pontevedra.
Festival 104 Aniversario do Real Coro Toxos e Froles (Ferrol) Sábado 1 de xuño ás 20h no Teatro Jofre Festival de canto, música e baile tradicional. Reparto de entradas no despacho de billetes do Teatro Jofre a partir do martes 28 de maio ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.
Obradoiro de Pandeira en Ferrol Domingo 24 de marzo no Lar De Toxos Obradoiro de pandeira impartido por Felisa Segade e Xermán Muiños Organiza: Real Coro Toxos e Froles
2018
14 Ciclo de Coros Galegos históricos e novos (A Coruña) 0 domingo 18 de novembro ás 19h. podedes asistir á segunda xornada do 14' Ciclo de Coros Galegos, Históricos e Novos. Este dia contaremos co Real Coro Toxos e Froles e a Agrupación Folclórica Ancoradoira . Pechará a xornada Cántigas da Terra. MODOS DE VENDA DE LOCALIDADES: - En taquilla unha hora antes do acto. - Anticipadas na Taquilla da Praza de Ourense, aberta de luns a vernes (excepto festivos) de 09:30 h. a 13:00 h. y de 16:30 h. a 19:30 h. - Anticipadas en: https://www.ticketea.com/(...)
Real Coro Toxos e Froles (Ferrol) - Curso 2018/2019 Xa temos os horarios das Escolas do Toxos 2018-19!!! E tamén vimos con algunha novidade!!! Este ano faremos dous grupos cos máis pequenos!!! Os martes de 18:15 a 19:00 horas un grupo con raparigos de 3 a 7 anos e outro cos de 8 anos en diante!!!... E a novidade é que despois de moito tempo voltamos recuperar a Escola de Encaixe de Bolillos: os mércores de 16:30 a 19:00 horas!!! Non vos despitedes e ídevos apuntando, non vaia ser que quededes sen praza!!! Para máis info(...)
2017
Obradoiro de percusión de man por Felisa Segade. Ferrol Domingo 15 de outubro ás 10:00h Lar De Toxos. R/ Magdalena, 220 - 15402 Ferrol. Este curso está enfocado cara aqueles instrumentos que forman parte da nosa tradición oral diferentes á pandeireta que normalmente se empregaban para acompañar ao canto, tales como: culleres, cunchas, ferriños, sacho, tixola, lata, pandeira, pandeiro e tambor de man.
RECURSOS INTERPRETATIVOS PARA BANDA DE GAITAS (FERROL) Domingo 24 de setembro ás 10:00h Lar De Toxos. R/ Magdalena, 220 - 15402 Ferrol.
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE PALLETAS EN FERROL Sábado 9 de setembro ás 10:00h Lar De Toxos. C/ Magdalena, 220 - 15402 Ferrol. Ferrol. Obradoiro de construción de palletas para gaita galega
Concerto-Presentación do disco de Óscar Ibáñez "Aires de Pontevedra" en Ferrol Mércores 14 de xuño ás 20:30h Real Coro de Toxos e Froles. Rúa Magdalena, 220. Ferrol. Óscar Ibáñez vai levar a cabo un concerto-presentación do seu último traballo discográfico "Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela", no que tocará a gaita propiedade de Ricardo Portela, coas que o gaiteiro de Viascón gravou os seus discos.
Festival 102 Aniversario de Toxos e Froles en Ferrol Sábado 27 de maio ás 20:30h Teatro Jofre Ferrol. Praza Galicia, S/N. Ferrol. Festival de Música, Canto, Baile e Teatro Galego no que se celebran os 102 anos do Real Coro Toxos e Froles e o centenario da entrega da 1ª bandeira galega ao Coro.
Obradoiro Instrumentos de corda con Carlos Beceiro en Ferrol Sábado 29 de abril ás 10:00h Real Coro de Toxos e Froles. Ferrol. Este obradoiro vai dirixido a instrumentistas de cualquera nivel musical. Non se precisa saber ler unha partitura. O material didáctico aportado será tamén con tablatura. CONTIDO: - Repertorio de música tradicional. - Patróns rítmicos, arpexio, técnica de plectro. - Formación de acordes, dixitación, melodía. - Seguimento de melodías e ritmos tradicionais: xota, muiñeira, polka, ... - Adaptación do repert(...)
2016
Lembrade Nós - Homenaxe á xeración Nós. En Ourense Sábado 5 de novembro partir das 20h no Liceo de Ourense. Real Coro Toxos e Froles Grupo de Baile Perfecto Feijoo Agrupación Abertal Coral De Ruada Entrada de balde
Presentación do coro Agarimos da Terra, no Balneario (Mondariz) Domingo 24 de abril ás 19h no Auditorio do Hotel Balneario de Mondariz Agarimos da Terra Bicarelo Pé de Pote Volta e Dalle Agarimos da Terra foi un coro creado no Balneario de Mondariz en 1916, nunha tradición que tivo a súa orixe en 1883 en Pontevedra seguindo o modelo acuñado polo boticario Perfecto Feijóo Poncet (o famoso dono do loro Ravachol) na agrupación Aires d’a Terra coa pretensión de dignificar as músicas aldeanas, no marco da recuperación do folclore, que creou un patrón de (...)
Novo obradoiro organizado polo Real Coro Toxos e Froles (Ferrol) O Real Coro Toxos e Froles vai levar a cabo un novo Obradoiro de Afinación e Ornamentación de Gaita Galega impartido polo mestre gaiteiro Suso Vaamonde. Dito curso terá lugar o Sábado 19 de Marzo en horario de 17:00 a 21:00 horas na sede da agrupación, na Rúa Magdalena, 220 de Ferrol. Como ven sendo norma na entidade a participación no mesmo é libre e gratuita. Mais información: info@toxosefroles.com Telf.: 650 788 374
2015
XI Ciclo Coros Galegos - A Coruña Logo de dez edicións, o Ciclo de Coros Galegos, históricos e novos, encara unha nova etapa no contexto do centenario dos mesmos. Ducias de formacións son as creadas nas primeiras décadas do s. XX, case que todas desaparecidas. Hai agora 100 anos, nacen Toxos e Froles en Ferrol e Cántigas e Aturuxos en Lugo, de quen recentemente Ramón González e a editorial Ouvirmos sacaron á luz un importante traballo documental e sonoro, e do que nos últimos anos renace o novo e actual coro de Cántigas (...)
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre en Ferrol O martes 27 de Outubro ás 20:30 horas no 1º andar do local social do Real Coro Toxos e Froles (Rúa Magdalena 220) terá lugar un ensaio-presentación do novo traballo discográfico de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, que leva por título “The tambourine man”. Ao remate da presentación asinarán discos ao público participante.
Real Coro Toxos e Froles en O Seixo (Mugardos) Lembrade: Mañán Sábado 10 de Outubro ás 20:30 horas o Real Coro Toxos e Froles estará actuando no Casino de O Seixo dentro da programación da celebración do 88 Aniversario da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega.
Festa da Parrocheira en Ferrol Vello Do 11 ao 13 de Setembro Sábado 12: pasarrúas de Os Feroces da Galgueira Domingo 13: a partires das 20h, Real Coro Toxos e Froles na Igrexa do Socorro, e ás 21:30 ás 21.30 horas Xurxo Souto con "Océano para terrícolas", presentación musical do seu libro Contos do mar de Irlanda, e proxectarase o documental Voz gaiteiros do Mar ás 23.00 horas actuacións de Manolo Bacalhau e Xurxo Souto
IV encontro de coros tradicionais Cantares no Miñor (Vigo) Cantares do Miñor, o Encontro de Coros Tradicionais celebrará a súa cuarta edición en Vigo. Será este sábado 7 de marzo, no auditorio do teatro García Barbón, coa entrada de balde. Cantares de Brión, con sede en Vincios, é a agrupación organizadora do evento: “Aínda que esta é unha comarca cunha forte tradición coral, o que non se dá son os coros tradicionais galegos, algo que espallou polo resto de Galicia coa Rexurdimento”, sinala Xosé Crego, presidente da Cantares e quen apunta como ao Orfeó(...)
2014
III Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles. O vindeiro sábado 22 de Febreiro de 2014 ás 20:30 horas terá lugar no local da rúa Magdalena 220 de Ferrol o III Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles. Participarán os seguintes grupos: VEDOIRA DE LUGO OS PICURRUCHOS DE LUGO OS DE LONXE DE BARCELONA XENTE NOVA DE FERROL CHIQUIRINDAINA DE VIGO A FOLLA DA HEDRA DE VIGO VIRUTAS DE ÉBANO DE VIGO SESTRELO DE MADRID RUMBÍA DE PORTO DO SON EFECTO POLILLA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Durante a del(...)
Programación do Real Coro Toxos e Froles (Ferrol) - Sábado 25 de Xaneiro de 2014 ás 20:30 horas. Concerto de óscar Ibáñez & Tribo (Cuarteto). - Sábado 22 de Febreiro de 2014 ás 20:30 horas. Concurso de Cuartetos Tradicionais. - Sábado 29 de Marzal de 2014 ás 20:30 horas. Concerto de Cantata Vernácula. Os actos son sempre con entrada libre e gratuita e serán no 1º andar do local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol).
2013
III Concurso de Dúos Gaita-Percusión organizado polo Real Coro Por terceiro ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu III Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos. A final do concurso terá lugar no noso lar da Rúa Magdalena, o domingo 10 de novembro de 2013. Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí: formulario de inscripción III Concurso de Dúos Gaita - Percusión Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste(...)
V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos" O vindeiro Sábado 26 de Outubro (partires das 18h e con entrada libre e gratuíta) o Real Coro "Toxos e Froles" organiza no seu local social (rúa Magdalena 220 de Ferrol) o V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos". Este ano contará coa presenza de: - Antón Fernández, ex-presidente e corista da Agrupación "Cantigas e Agarimos" de Santiago de Compostela. O obxectivo da súa charla será dar a coñece-la iniciativa de conqueri-la Declaración de Patrimonio Inmaterial da Humanida(...)
IX Ciclo de Coros Históricos - C.C. Ágora (A Coruña) 20 de Outubro - Coral de Ruada - Homenaxe a E. Vilariño e A. Mato - Cántigas da Terra 10 de Novembro - Aires de Bergantiños - Cántigas da Terra 24 de Novembro - Toxos e Froles - J.M. Yáñez (piano) e Victoria Á. Acón (voz) - Cántigas da Terra
Taghaitai en Ferrol (Programa TOXOS: ESPALLANDO CULTURA) O Real Coro "Toxos e Froles", no marco do programa "Toxos: Espallando Cultura", ó grupo Taghaitaí, formado por Manolo Maseda, Edelmiro Fernández, Lola de Riveira e Iván Costa. O concerto será o vindeiro Sábado 29 de Xuño, ás 20:30 horas, no noso Local Social, na rúa Magdalena 220. Estades convidados!!!
Xa está aberto o prazo de inscripción nas escolas de música e baile tradicional do Toxos para o vindeiro curso 2013-14. Apúntate. SON GRATUITAS. Para tódalas idades.
98 Aniversario de Toxos E Froles (Ferrol) Sábado 1 de Xuño ás 20:30 horas Festival 98 Aniversario, no que o Real Coro "Toxos e Froles" estará acompañado de Cántigas da Terra de A Coruña e o Rancho das Rendilheiras da Praça de Vila do Conde (Portugal). Recolleranse alimentos en favor da Cociña Económica á entrada do evento.
O Real Coro "Toxos e Froles" convídaos ao concerto que terá lugar no noso local social da rúa Magdalena 220 (Ferrol) o vindeiro sábado 18 de Maio ás 20:30 horas. Nesta ocasión contamos coa presenza do Coro Aimil de Xinzo de Limia (Ourense). Formado por un grupo de xente que gosta do canto popular como mostra do espíritu lúdico da música, recolle a herdanza musical dos coros galegos iniciada en 1883 polo pontevedrés Coro Aires da Terra e continuada polo Real Coro Toxos e Froles, Cántigas (...)
Davide Salvado continúa os concertos de Toxos e Froles (Ferrol) Xa está en marcha o seguinte evento que o Real Coro "Toxos e Froles" propón este ano 2013. O vindeiro Sábado 23 de Marzal ás 20:30 horas estará connosco Davide Salvado en concerto. Coma ven sendo habitual, dita actuación será no 1º andar do noso local da rúa Magdalena 220.
II Concurso de Cuartetos Tradicionais en Ferrol Sábado 23 de Febreiro de 2013 Rúa Magdalena, 220 Organiza: Real Coro "Toxos e Froles"
O vindeiro Sábado 26 de Xaneiro ás 20:30 horas o Real Coro "Toxos e Froles" comeza o seu ciclo de actividades "Concertos no Toxos". Trátase dun proxecto posto a andar neste ano 2013 co que pretenden promover e dinamiza-la cultura popular do noso país. Serán xornadas abertas a toda a xente que queira achegarse polo seu local da rúa Magdalena 220 en Ferrol. Os primeiros en acompañalos serán "Os Melidaos", grupo de Melide que amosará o seu novo traballo "Axudádeme a cantar".
2012
II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos (Ferrol) Por segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos Esta iniciativa busca servir de axuda aos novos instrumentistas galegos na búsqueda de experienza á hora de enfrentarse a un público, xurado, ... o que sen dúbida resultará proveitoso para o seu futuro como músicos. Ademáis, pensamos que pode ser un punto de encontro das diferentes inquedanzas e métodos de traballo das escolas de música tradicional que n(...)
Novos camiños para o vello folk galego - La Voz de Galicia A forza da música galega navega polo temporal da crise. Dixo Antón Vilar Ponte: «Interésanos máis un coro galego en Madrid que un deputado en Cortes por Galicia». «Tal foi a dedución feita por tan egrexio persoeiro a respecto do coro pontevedrés Aires d'a Terra, de grande sona a comezos do século XX. Tendo en conta que o propio Ponte era representante político galego en Madrid, maxinemos qué pensaría calquera daqueles devanceiros galeguistas ao respecto da brillante realidade que a nosa m(...)
Maghúa presentan o seu disco, Corricán - Venres 19 de Outubro ás 23h na Repichoca (Orillamar, 18 - A Coruña) - 3 de novembro, Centro Galego de Barcelona. - 9 de novembro, tasca Rianxeira, Vigo (xunto con Abóbriga e Lagharteiras). - 10 de novembro, Lume na Palleira, con Emílio Españadero.... - 20 de novembro, Casa das Crechas, Compostela. - 24 de novembro, Livraria Aturuxo e Posada del Diablo (Madrid e Alcalá de Henares), Madrid. - 25 de novembro, a partires das 12.00 horas, na Livraria Tenda Galega Aturuxo (C/Vallehermoso, 104,(...)
IV Congreso de Música Tradicional TERRA DE TRASANCOS 20 de Outubro ás 18h na Sede Social da rúa Magdalena 220 - Xosé V. Ferreirós (Milladoiro) - Álvaro Seivane (Obradoiro Seivane) - Mini e Mero A ENTRADA É LIBRE E GRATUITA
I Concurso de Cuartetos Toxos e Froles O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Cuartetos, con instrumentos tradicionais galegos. A final do concurso terá lugar o vindeiro 24 de marzo, na sede do Real Coro "Toxos e Froles", e está dotado dun premio único de 1500 euros. O prazo para a entrega das solicitudes é o 16 de marzo. Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico ( info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí: formulario de inscripción I Concurso de Cuartetos Tamén podes(...)
Treixadura presenta ESA SÍ QUE É MUIÑADA en Pontevedra, Vilagarcía e Narón O grupo realizara unha xira por teatros que na que, de momento, están confirmados os concertos en Vilagarcía de Arousa e Narón, mentres se está a xestionar a presentación do novo disco noutras grandes cidades de Galicia O vindeiro 11 de Febreiro Treixadura subirá ao escenario do Pazo da cultura de Pontevedra para presentar en directo o seu novo traballo discográfico “Esa si que é muiñada”. Un disco que toma forma dende o son máis tradicional do grupo, e os cantos populares, que ben souberon r(...)
CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais A Agupación Folclórica Cantigas e Agarimos e o Coro Tradicional Cantares do Brión, organizador do evento, actuarán o sábado 21 ás 20:30h no Auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar O sábado 21 de xaneiro, a partir das 20:30h, no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, celébrase o evento «CANTARES NO MIÑOR. I Encontro de Coros Tradicionais». No acto participarán a Agrupación Folclórica CANTIGAS E AGARIMOS, de Santiago de Compostela, e o Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN, do Centro Cult(...)