Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-09-2018)

- clases- Retrouso de Cela-

O cartel DEFINITIVO, con horarios e a incorporación de Alba Juncal como profe de iniciación adultos de canto e pandeireta. Botade un ollo aos horarios! Arrancan as aulas a comezos de outubro!!

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-09-2018)

- clases- Retrouso de Cela-

Ide decidindo a que vos ides apuntar este novo curso! Faremos unha versión cos horarios detallados. No entanto, principais novidades e ideas forza:

- Estreamos actividade especialmente orientada a rapazada de 3 a 5 anos, coa pandeireteira e diplomada en Maxisterio Infantil Noelia Villaverde. Será os mércores ás 17h

- Aula avanzada de percusión os martes ás 21h; ademais da de iniciación os sábados pola mañán.

- Temos un grupaso de pandeireteiras adolescentes ao que estamos interesados en inco(...)

(Ultima actualizaci??04-07-2018)

XVII Festival Retrouso (Cela. Bueu)

- Festa- Retrouso de Cela-

Sábado 14 de xullo no Eirado de Cela.

21:00h

Grupo Santaia de Oleiros

Retrouso de Cela

22:30h

V Retro-foliada con A.C. Amanexo, Cinco en Zocas, Trevellos e Choran as Pedras

FOLIADA ABERTA.

2017

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

VI Foliada da Chuva (Cela. Bueu)

- Festa- Retrouso de Cela-

Sábado 18 de novembro ás 21:30h

Escola vella do Torrecino (Cela-Bueu).

Xa está de volta a Foliada da Chuva de Retrouso, no xeitoso local de ensaio do Torrecino, en Cela (Bueu). Únete a botar unhas pesas e pasar un bo rato o sánado 18 de novembro.

Que non che enfríen os pés!

(Ultima actualizaci??08-07-2017)

XVI Festival Retrouso e IV Retro-Foliada (Cela - Bueu)

- Festa- Retrouso de Cela-

Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!!

Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 8 de xullo a partir das 21:00h.

Nesta XVI edición contaremos coa participación do grupo Pousos da Area de Marín e Andorinhos de Espargo que chegan dende a localidade de Aveiro, no país veciño.

Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta.

E tralo gran éxito acadado nos anos an(...)

(Ultima actualizaci??16-06-2017)

X Festival das Escolas Retrouso (Bueu)

- concertos- Retrouso de Cela-

Sábado 17 de xuño ás 19:00h

Centro Social Do Mar De Bueu.

Bueu.

Chegou a fin do curso. Tempo de repasar o aprendido e recoller froitos de tanto esforzo. O sábado 17 habemos facer unha mostra aberta da fermosura de músicas que soan nas aulas das Escolas Retrouso, con intervencións das aulas de acordeón, baile, canto, gaita e percusión e A Quinta Ferreña como grupo convidado.

2016

(Ultima actualizaci??30-12-2016)

Festival de Panxoliñas en Bueu

- Festa- Retrouso de Cela-

Venres 30 de decembro ás 20:00h

Centro Social Do Mar De Bueu.

Bueu.

As escolas de Retrouso e os grupos convidados faremos un repaso das distintas tradiciòns musicais arredor do Ciclo do Nadal ( cantares, paxoliñas, danzas...). Agardàmosvos a tod@s.

(Ultima actualizaci??23-12-2016)

Cantares e danzas do ciclo de nadal en Pontevedra

- xornadas- Trepia- Retrouso de Cela-

Venres 23 de decembro ás 19:30h

Asociación Cultural Trépia.

Antigo Conservatorio de Pontevedra.

Pontevedra.

Grupos da A.C. Trépia + A.C. Retrouso (Cela - Bueu)

19:30 h.: Praza 8 de marzo

19:45 h.: Tramo peonil da rúa Benito Corbal

20:00 h.: Praza da Peregrina

20:15 h.: Praza de Curros Enríquez

20:30 h.: Praza de Méndez Núñez

20:45 h.: Praza da Verdura

2015

(Ultima actualizaci??09-09-2015)

Asociación Cultural Retrouso de Cela (Bueu) - Curso 2015/2016

- clases- Retrouso de Cela-

Xa temos "no prelo" o cartel das Escolas Retrouso para o 2015 / 2016, nesta ocasión con super deseño de Mari Martínez (grazas!!). Va que son chulas as iconiñas?

Xa sabedes, se queredes aprender algo tradi, con garantías e profesorado cualificado, unídevos ás Escolas Retrouso.

As novidades deste ano:

- Patri Comedeiro estréase como profe de iniciación infantil de gaita (luns ás 17h)

- Queremos montar aula de iniciación de baile para adultos (luns ás 20.30h)

- Se hai máis demand(...)

(Ultima actualizaci??15-05-2015)

Foliada das Letras de Retrouso (Cela-Bueu)

- Festa- Retrouso de Cela-

Sábado 16 de maio

Foliada infantil ás 20.00h e aberta a tod@s desde as 21,30h. No local do ensaio de Retrouso, en Cela-Bueu, cuberto e amplo para botar uns bos bailes!

2014

(Ultima actualizaci??06-10-2014)

Baile para Foliadas nas Escolas Retrouso de Cela (Bueu)

- clases- Retrouso de Cela-

Sabes beillar "un algho" pero non te atreves a meterte nos bailes das foliadas ou concertos? Queres aprender pero non buscas saír actuar nin nada diso? Retrouso lanza Aulas de adultos de "Baile para Foliadas". Con Miguel Sotelo, e a partir de novembro. Vai gardando oco! Clases centradas en técnica, soltura e improvisación, tanto de soltos como de agharrados.

(Ultima actualizaci??21-08-2014)

Peitieiros acolle presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela dentro da Semana Cultura

- publicacions- Retrouso de Cela-

 Este xoves 21 de agosto, ás 20:30h, o Centro Cultural de Peitieiros acolle a presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela dentro da Semana Cultural, que precede o XXI Festival Folclórico Internacional. A presentación terá lugar no Salón do Centro Cultural e a entrada é libre.

 O proxecto “Elelelos”, músicas de tradición oral no Concello de Bueu, será presentado por Guillerme Ignacio produtor artístico do proxecto, profesor de perfeccionamento da aula de pandeireta de (...)

(Ultima actualizaci??04-04-2014)

Foliada en SalaSon (Cangas)

- Festa- aPenultima- Salason- Retrouso de Cela-

Venres, 04 de Abril / 23:00 h.

Abrirán a foliada os pandeireteiros Ferreñudos da AC Retrouso de Cela

(Ultima actualizaci??27-02-2014)

Peis D'hos - Festival infantil de música e baile tradicional (Cangas)

- concertos- Retrouso de Cela- Xacarandaina-

Sábado, 1 de marzo

Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión “peixe de hoxe”, en alusión ao peixe do día capturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares.

A finais do pasado ano 2013 nace en Cangas unha asociación cultural con esta denominación para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego.

Dende a asociación estamos a organizar a que será a nosa primeira actividade aberta ao público: “PEIS D'HOS. Festival infantil de músic(...)

2013

(Ultima actualizaci??14-12-2013)

Foliada dos Elelelos en Bueu

- concertos- aPenultima- AturuxoBar- Retrouso de Cela-

Sábado 14 de Nadal no Bar Aturuxo, de Bueu

Grande foliada no Aturuxo de Bueu, de cara á recta final da campaña de financiamento social do proxecto Elelelos (elelelos.com) de Retrouso de Cela.

(Ultima actualizaci??12-11-2013)

Conví­rtete en Mecenas do disco Elelelos: Músicas de tradición oral do Concello de Bueu

- publicacions- Retrouso de Cela-

Desde o 9 de novembro ata o 17 de decembro de 2013, Retrouso de Cela, coa túa axuda, ten a oportunidade de lograr algo moi grande: lanzar o primeiro disco de música tradicional en base a contribucións de mecenas a través de Internet.

A plataforma de crowdfunding Verkami aceptou a nosa idea e temos 40 dí­as para recadar entre vós 1600€. í‰ modo intercambio, case "unha prevenda", na que a cambio da contribución se ofrece, segundo o que esteas disposto a doar, un anticipo do disco, o disco mes(...)

(Ultima actualizaci??06-09-2013)

Escolas de Retrouso de Cela (Bueu)

- clases- Retrouso de Cela-

Bota a andar un novo curso nas Escolas Retrouso de Cela!!!

Acordeón, baile, canto e pandeireta, coro, gaita, linguaxe musical e percusión... todas estas actividades con mestres moi ben cualificados e repartidos en aulas con diferentes niveis e horarios flexibles.

E por se fora pouco, para novas inscricións, a matrícula o primeiro mes é de balde!!!!

Que máis se pode pedir? Non quededes na casa!! Animádevos e vinde aprender con nós!!!

(Ultima actualizaci??12-07-2013)

XII Festival Retrouso de Cela (Bueu)

- Festa- Retrouso de Cela-

Eirado de Cela, Bueu

Algo se coce en Cela...

Marmuran as veciñas que o vindeiro sábado 13 de xullo haberá moito movemento na parroquia e que o punto onde se concentrará toda a actividade será no eirado de Cela.

Parece ser que alguén vai montar un bochinche, con bebidas e comida... fálase tamén de que haberá camisetas moi chulas, e diferentes modelos, tallas e cores... tamén hai un ruxe ruxe de que incluso haberá un palco...

Non cabe dúbida, todo isto ten que ser obra da Asociación Cul(...)

(Ultima actualizaci??15-06-2013)

Festival das Escolas Retrouso

- clases- Retrouso de Cela-

Sabado 15 de Xuño no Centro Social do Mar, Bueu

As distintas escolas Retrouso (acordeón, baile, canto e pandeireta, gaita e percusión) amosarán parte do que fan durante o todo o ano.

2012

(Ultima actualizaci??10-09-2012)

Comezo das clases na Asociación Retrouso de Cela (Bueu)

- clases- Retrouso de Cela-

Gaita, Percusión, Pandeireta, Acordeón, Canto e Baile Tradicional

(Ultima actualizaci??20-08-2012)

XVII Encontro Folclórico Malveiras

- concertos- Malveiras- Trébede- Retrouso de Cela-

Sábado 25 de Agosto

Vilagarcía de Arousa

22:15h

Praza da Peixeria

A.C. Retrouso (Bueu)

A.C. Malveiras (Carril)

Trébede (Marín)

24h

Praza do Castro

Poboado da Noite Meiga; queimada, rosquillas, biscoitos e boa música

(Ultima actualizaci??19-06-2012)

XI FESTIVAL RETROUSO

- concertos- Festival Retrouso- Retrouso de Cela-

O vindeiro sábado 30 de xuño terá lugar o XI Festival Retrouso a partir das 21h. no adro de Cela (Bueu).

Este ano contaremos coa participación dos seguintes grupos:

- A.C. Retrouso de Cela (Bueu)

- Xeitu Grupu Tradicional (Uviéu, Asturies)

- Maianas pandereteiras da Maía (Ames)

- Carapaus (Santiago de Compostela)

Ver mapa máis grande

2011

(Ultima actualizaci??01-10-2011)

Novo curso das Escolas Retrouso 2011/2012

- clases- Retrouso de Cela-

En outubro arrincan as Escolas de baile e música tradicional Retrouso en Cela (Bueu).

Baile iniciación nen@s. Débora Pena. Xoves á tarde

Baile iniciación adult@s. María Casaleiro. Xoves á noite. (Pendente de creación de grupo, podería cambiar de día)

Baile perfeccionamento adult@s. Miguel Sotelo. Sábados de 10 a 12h.

Gaita. Cristóbal Prieto. Sábados de 11 a 13h.

Percusión. Alberto Costas. Xoves de 20.30 a 22h.

Canto e pandeireta iniciación (grupos de nen@s e adult@s). Tania G. Ruib(...)

(Ultima actualizaci??24-08-2011)

X Festival Retrouso en Cela (Bueu)

- concertos- Festival Retrouso- Abóbriga- Retrouso de Cela- Tarambainas-

O adiado festival de xullo vaise celebrar este domingo, 28 de agosto. Como coincide coa data da Festa dos Mozos de Cela (que non se celebran como tales), imos organizar antes do festival, ás 19h, as tradicionais "Vivas" nas que se repartirá viño aos asistentes.

Ás 20h empeza o festival. Actuarán:

Retrouso [gaita]

Trébede [baile]

Retrouso [baile]

Tarambainas [pandeireta]

Abóbriga [Charanga]

Non faltes!

(Ultima actualizaci??20-08-2011)

Velada final das XVI Noites de Folclore en Cangas

- concertos- Retrouso de Cela-

O sábado 20 de agosto van rematar as XVI Noites de Folclore, organizadas polo Concello de Cangas, coas tripla actuación do Grupo de Danzas Soavela, do Hio, da Asociación Cultural Retrouso de Cela, Bueu, e por último, do Rancho Foclórico e Recreativo de Godim-Régua, da zona do Douro portugués

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-07-2011)

- concertos- Retrouso de Cela- Tarambainas-

Retrouso [gaita]

Trébede [baile]

Retrouso [baile]

As Tarambainas [pandeireta]

Orquestra Os Modernos [Charanga]

2010

(Ultima actualizaci??05-10-2010)

Arrinca o novo curso Retrouso

- clases- Retrouso de Cela-

A Asociación Cultural Retrouso inicia esta semana o curso 2010/2011 das Escolas Retrouso, cunha ampla oferta de actividades vinculadas á cultura tradicional. Mantense o forte volume de clases programadas, xestionando nada menos que 17 grupos de alumnos e alumnas cada semana.

As actividades son baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, acordeón e canto coral. Todas elas con espazos reservados para iniciación ou perfeccionamento e algunhas consegmentación por idades.

As princ(...)

(Ultima actualizaci??15-07-2010)

A.C. Brisas do Quenllo » Blog Archive » Xa ta aquí­ a”¦XI Romarí­a Galega na Pontraga!!

- Festa- Pontagra- Rebulir- Brisas do Quenllo- Retrouso de Cela-

Xa temos o programa para a Romaría Galega que este ano facemos o dia 17 de xullo….

- Grupo de Baile e Banda de Gaitas Brisas do Quenllo

- Cuadrilla do Pan Quente

- Teatro con TalitaKumy

XI Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos…

- Rebulir (Ramirás – Ourense)

- O Carballo das Cen Polas (Reboreda – Redondela)

- Banda de Gaitas de Riotorto (Riotorto – Lugo)

- Escola Etnográfica de Cacia (Aveiro – Portugal)

- Retrouso de Cela (O Morrazo – Bueu)

- Brisas do Quenllo (A Pontra(...)

(Ultima actualizaci??07-07-2010)

IX Festivl Retrouso

- Festa- Retrouso de Cela- Vai de Roda-

Este sábado, 10 de xullo, a partir das 20.30h, no eirado de Cela (Bueu), actuarán o grupo de gaitas Retrouso, Cravos e Rosas (Portugal), Vai de Roda (Rianxo), o grupo de baile Retrouso e dous grupos folk: o dúo Pumar e Prieto e o cuarteto Os Cochenos.Actuarán o grupo de gaitas Retrouso, Cravos e Rosas (Portugal), Vai de Roda (Rianxo), o grupo de baile Retrouso e dous grupos folk: o dúo Pumar e Prieto e o cuarteto Os Cochenos.

2009

(Ultima actualizaci??07-11-2009)

Foliada dos Cativos en Bueu

- Festa- Foliada- Bueu- Retrouso de Cela-

Este sábado 7 de novembro Retrouso organiza no centro de Bueu, baixo carpa, a primeira Foliada dos Cativos. Empezará ás 17.30h da tarde, ao lado da praza de abastos de Bueu.

Haberá magosto popular e escenario con equipo de son aberto á libre participación.

Coa Foliada dos Cativos a idea é ofrecer un punto de encontro e unha oportunidade para que toquen e bailen os máis pequenos: que suban ao escenario, que fagan súa a festa, que vexan que outros rapaces e rapazas tamén tocan e bailan, que(...)

(Ultima actualizaci??29-09-2009)

Retrouso - Clases de música galega en Cela (Bueu)

- clases- Retrouso de Cela-

A Asociación Cultural Retrouso estivo esta fin de semana pendurando os carteis da súa planificación de Escolas Musicais para o novo curso 2009/2010.

Retrouso logra manter a súa numerosa oferta de actividades, centradas na música tradicional, pero que abarcan tamén a formación en linguaxe musical e coral.

Os cambios máis salientables esta tempada son a incorporación de Rubén Bastón como responsable da área de iniciación de baile tradicional para nenas e nenos. Tania García Ruibal encargara(...)

(Ultima actualizaci??06-07-2009)

VIII Festival Retrouso

- Festa- Festival- Baile Tradicional- Retrouso de Cela-

Este sábado, 11 de xullo, ás 21h, vaise celebrar o VIII Festival Retrouso, organizado pola Asociación Cultural Retrouso, no Eirado de Cela, en Bueu (O Morrazo).

No Festival, centrado no baile tradicional, actuarán o Etnográfico de Vila Praia de Âncora (Portugal), o grupo da Asociación Cultural Folklórica Andrés Laguna (Segovia) e a Rondalla de San Vicente de Esplús (Huesca), ademais do grupo anfitrión.

A partir das 22.30h, ao finalizar estas actuacións, abrirase o escenario á Foliada, para(...)

(Ultima actualizaci??30-06-2009)

VIII Festival Retrouso

- Festa- Retrouso de Cela-

Non vos perdandes a Foliada pois contaremos cos grupos de Huesca é Segovia,,menuda festaaa.....

(Ultima actualizaci??11-06-2009)

I Festival de Acordeón

- Festa- acordeón- Retrouso de Cela-

Será este sábado, ás 20h, no Centro Social do Mar de Bueu. Entrada de balde. Actuarán as alumnas e os alumnos de acordeón de Teresa Pedrouso na actividade deste instrumento na Asociación Cultural Retrouso.

2008

(Ultima actualizaci??01-12-2008)

III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir , o 20 de nadal en Ramirás

- Festa- Retrouso de Cela-

- Sábado día 20 de Decembro, no Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás),

III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir coa participación dos grupos:

Retrouso de Cela (Bueu), Brisas do Quenllo (Tordoia),

Etnográfico Vila Praia de Ancora (Portugal), Castro Floxo (Ourense)

e Rebulir (Ramirás)

Ademáis:

- Sábado día 27 de Decembro. Obradoiro de Xogos Bailados

para todas as idades as 17:00 h no Local de Rebulir.

- Sábado día 3 de Xaneiro. Inauguración da Exposición(...)

(Ultima actualizaci??29-09-2008)

Escolas Retrouso 2008/2009

- clases- Retrouso de Cela-

Este mércores 1 de outubro arrinca o curso 2008/2009 nas Escolas

Retrouso, da Asociación Cultural Retrouso.

A ambiciosa estrutura de profesorado do ano pasado mantense: con Cristóbal

Prieto como responsable do eido da gaita; Alberto Costas, da percusión,

Guillerme Ignacio, do canto tradicional e a pandeireta; Teresa Pedrouso, do

acordeón; e Margarita Pérez, do corpo de bailadores.

Como novidades, este ano emprendemos a creación dunha aula específica para

adultos que que(...)