O Tear de Llerena


http://es.geocities.com/teardellerena

2011

(Ultima actualizaci??01-10-2011)

POLAFíA en Xirarga (Beariz)

- concertos- Polafía-

POLAFÍA en Xirarga (Beariz)Local Veciñal de DoadeSábado, 1 de outubro de 2011, ás 5 da tarde.Xirarguiña para cantar,Xirarguiña para cantar,anque non cantan moi altosábeno adoneirar.Historias, música, contos, cantos e memoria das tradicións dos lugares da parroquia de Xirarga e arredores.Coa participación das pandereteiras da Alén, Celso Fernández Sanmartín, Isidro Novo, O Tear de Llerena e moitas veciñas e veciños de Xirarga co seu saber contar e cantar.ENTRADA LIBREColaboran:Veciñas e veciños(...)

2010

(Ultima actualizaci??01-02-2010)

Presentación do Cd e homenaxe ao Ghaiteiro do Piñeiro (Aldán).

- Festa-

Moi boas.

Querémosvos convidar á presentación do Cd de José Fdez. Canosa, O Ghaiteiro do Piñeiro (tamén coñecido coma o Ghaiteiriño de Aldán), na que aproveitamos para xuntar a músicos amigos e amigos en xeral no Salasón (Cangas) e rendirlle homenaxe como mellor se lle pode rendir a este Ghaiteiro: con boa música da Terra.

Actuarán:

-Pandereteiros O Tear de Llerena (Pontevedra/Morraso).

-Sachadiço (O Hío, Cangas).

-Treixadura Gaiteiros e Orfeón.

-Os Carunchos.

-Pecharán os propios Airiño(...)

2009

(Ultima actualizaci??21-09-2009)

III Zumbadoiro en Lugo. FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL

- concertos- A Volta do Agro- Tear de Llerena- Gaita de Sarandón-

O Obradoiro de Cultura Tradicional A Volta do Agro organiza o sábado 26 de Setembro o III Zumbanocoiro en Lugo. Os concertos comezarán ás 19 h na Praza do Campo Castelo.

Trátase dun festival de música tradicional no que participarán: A Volta do Agro (Lugo), Bouba pandereteiras (Tordoia), O Tear de Llerena (Pontevedra), A Gaita de Sarandón (Vedra).

(Ultima actualizaci??11-06-2009)

1º Certame de pandereteiras adultas e Xuntanza de Bandas de Gaitas `San Xoán de Calo´ 2009

- Festa- gaitas- pandereteiras- xuntanza- Calo-

1º Certame de pandereteiras adultas

O vindeiro domingo día 14 de xuño ás 18 horas celebrarase na S.R. San Xoán de Calo o 1º Certame de pandereteiras (adultas).

Os grupos que actuarán son os seguintes:

O Tear de Llerena (de Pontevedra)

As Fiadeiras de Neaño (Cabana de Bergantiños)

Alborada do Eixo (Santiago de Compostela)

Relúa (A Coruña)

Ademais da presencia de Riscadela da S.R. de Calo

Xuntanza de Bandas de Gaitas "San Xoán de Calo" 2009

O sábado 20 de xuño ás 19 horas no(...)

(Ultima actualizaci??07-01-2009)

Tear de Llerena : 31 jan 09 : Lisboa [workshop de pandeireta galega e concerto]

- concertos-

O grupo galego "O Tear de Llerena" estará no dia 31 de Janeiro (sábado) no Centro Galego de Lisboa para a realização dum workshop de pandeireta galega, destinado a todos os que queiram conhecer o instrumento e os distintos ritmos na música galega, como também para aqueles que já sabem tocar e que querem aperfeiçoar a sua técnica.

À noite, a partir das 21h30, haverá concerto, sendo uma oportunidade a não perder para conhecer um pouco mais sobre a música tradicional galega, pela mão deste grupo (...)

2008

(Ultima actualizaci??24-09-2008)

Xornada de portas abertas no Tear de Llerena

- concertos-

A semana do 29 setembro ao 4 outubro O Tear de Llerena vai celebrar unhas xornadas de PORTAS ABERTAS no novo Local Social (Rua do Castañal, Nº 10 - Baixo, Ponte Vedra)

V Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

-

Imos pra Asturies!!!

O sábado 10 de Maio, ímoslle tod@s ata Asturies, gozar xa por quinta vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.

Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu (www.elsabil.net; tlf. 985 761 472). Dende alí, se chegades cedo, poderedes facer rutas turísticas pola marabillosa montaña astur; coidad(...)

1999

A cultura constrúese todos os días

- aPenultima- Repichoca-

Co lema "A cultura constrúese todos os días" dende o 3º pé invitámosvos a celebrar a Festa da Cultura por todo o alto, e conscientes de que o 17 de maio trascende as letras e convírtese na festa da nosa cultura, unha cultura pola que hai que traballar todos os días.

Para a xente que decidades celebrala con nós en A Coruña aí vos vai o programa:

Martes 16 de maio

22:00 A Repichoca

Festa-Concerto con "Nelson Lines. Aerolíneas Quinteiro" e "O Tear de Llerena"

Mércores 17 de maio

11:30 Q(...)